Activity

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 5: de SALCEDO (Pobra de Brollón) a VILAMOR (Courel)

Download

Trail photos

Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 5: de SALCEDO (Pobra de Brollón) a VILAMOR (Courel) Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 5: de SALCEDO (Pobra de Brollón) a VILAMOR (Courel) Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 5: de SALCEDO (Pobra de Brollón) a VILAMOR (Courel)

Author

Trail stats

Distance
9.66 mi
Elevation gain
2,205 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,093 ft
Max elevation
2,951 ft
TrailRank 
29
Min elevation
2,951 ft
Trail type
One Way
Time
7 hours 11 minutes
Coordinates
1470
Uploaded
May 30, 2022
Recorded
May 2022
Be the first to clap
Share

near Salcedo, Galicia (España)

Viewed 43 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 5: de SALCEDO (Pobra de Brollón) a VILAMOR (Courel) Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 5: de SALCEDO (Pobra de Brollón) a VILAMOR (Courel) Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 5: de SALCEDO (Pobra de Brollón) a VILAMOR (Courel)

Itinerary description

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL
RUTA DO OSO CAVERNARIO
DO CAMIÑO DE SANTIAGO POLO LOR AO SIL E VOLTA POLOS VALES DO POÑENTE

Que mellor área xeográfica natural en Galicia que a Serra do Courel para facer un treking. É o único espazo natural galego coa categoría de geoparque e como tal foi recoñecido pola UNESCO no 2019. Neste geoparque deseñamos a ruta do Oso Cavernario que consta de sete etapas das que a segunda, a terceira e a metade da cuarta corresponden coa antiga Baixada do Lor, ruta que historicamente une O Cebreiro, nos altos da Serra de Rañadoiro, polo que decorre a parte de máis altitude do Camiño de Santiago ata a desembocadura do Lor no Sil en Augasmestas (Quiroga). A segunda parte da cuarta etapa e as tres últimas consisten en subir polo Courel do Poñente percorrendo en parte bacías do Loureiro e do Lóuzara, ámbolos dous afluentes do Lor. Para a primeira etapa danse dúas alternativas diferentes, a primeira que vai ao encontro do Lor por Esperante e que ten uns 4 quilometros de estrada, e a segunda por Noceda e a mina da Toca.
O nome da ruta “Oso Cavernario” ven de que o Courel foi poboado por osos dende hai moitos milenios e como proba están a cantidade de osamentas de oso cavernario atopadas nas covas do Courel, moitas sitas a vista de paxaro de onde discorre a ruta.

Etapa ORIGEN DESTINO SEGUNDO orux maps
DISTANCIA DESNIVEL + DESNIVEL -

1A por Esperante Hospital da Condesa Seoane do Courel 18,71 km 437 m 1041 m
1A por A Toca Hospital da Condesa Seoane do Courel 17,7 km 620 m 1224 m
2 Seoane do Courel Froxán 22,51 km 699 m 872 m
3 Froxán Conceado do Lor 18,29 km 540 m 737 m
4 Conceado de Lor Vilachá de Salvadur 16,54 km 633 m 430 m
5 Salcedo Vilamor 15,63 km 650 m 607 m
6 A Pendella Paderne 22,17 km 1180 m 693 m
7 Paderne Hospital da Condesa 21,49 km 1130 m 790 m
TOTAL 135,34 km 5269 m 5170 m

Etapa 5: de SALCEDO (Pobra de Brollón) a VILAMOR (Courel)

Nesta camiñada imos ir do Courel do Poñente ao Courel tradicional a traveso de valgadas, fragas, aldeas recónditas e costentos tesos. Para elo seguiremos a bacía alta do Loureiro, o afluente máis longo do Lor, para logo cruzar os altos da Serra da Trapa e chegar á conca do Lor. Pasaremos e coñeceremos unha das máis xenuínas e ben conservadas altas aldeas do Courel como é Mazo Santigoso.
Saíremos de Salcedo xusto a carón da fonte sita preto do museo antropolóxico. Por camiños tradicionais chegaremos a aldea de Domiz onde comezaremos unha prolongada baixada cara o río Loureiro. Chegaremos os edificios da ferrería de Loureiro que conta cunha espectacular fábrica e cunha chusca egrexia cun característico furado circular pétreo. Cruzarémolo río, por unha pontella. Seguemos polo seu afluente, o río do Mazo, ata un miradoiro en alto sobre a devesa. Ao pouco aparecen as cabanas do Mazo, un conxunto dunhas 20 cabanas das que a metade son sequeiros e que se empolican sobre a ladeira da montaña. Chegamos logo a aldea de Mazo Santigoso. Este casarello é moi cuco, estando ben conservado. Nunha das casa vivía ata hai non moito un gaiteiro que nos lembraba que O Courel é terra de músicos. Uns camiños antigos de chan granítico, coas rodeiras dos carros, comunica coa aldea de Parada de Montes, máis nos desviarémonos antes pola Ponteciña que atravesa o rego de Lombán. Unha subida intensa nos leva a unha golada entre os montes da Trapa. So queda unha continua baixada e estarmos en Vilamor.

DATOS DE INTERESE.
En Vilamor Casa Comerciante (Tf: 982 155100) ofrece aloxamento e mantenza. Tamén alí reside Carlos un dos taxistas do Courel (por se se necesita, tf: 655862587)

Waypoints

PictographFerry Altitude 1,976 ft

A Ponteciña

PictographWaypoint Altitude 1,788 ft

Albariza museo

PictographWaypoint Altitude 2,301 ft

Alxibe

06-DIC-18 11:07:50

PictographWaypoint Altitude 1,945 ft

As Cabanas Do Mazo (Ruinas)

PictographWaypoint Altitude 1,977 ft

Capela de San .Miguel

PictographWaypoint Altitude 1,772 ft

Castro do Vilar

PictographWaypoint Altitude 2,290 ft

Cova da Moura

PictographWaypoint Altitude 2,035 ft

Cruce Froxan

06-DIC-18 9:45:46

PictographWaypoint Altitude 2,305 ft

Cruce6

06-DIC-18 11:26:03

PictographWaypoint Altitude 2,036 ft

Domiz1

PictographWaypoint Altitude 1,509 ft

FERRARIA DE LOUREIRO

PictographWaypoint Altitude 1,941 ft

Fonte e Museo

PictographWaypoint Altitude 2,039 ft

Fonte lavadeiro

PictographWaypoint Altitude 2,899 ft

Golada

06-DIC-18 10:32:58

PictographWaypoint Altitude 2,899 ft

Golada serra da Trapa

06-DIC-18 10:32:58

PictographWaypoint Altitude 2,186 ft

Igrexa de Vilamor

PictographWaypoint Altitude 1,651 ft

Mirador da devesa de Loureiro

PictographWaypoint Altitude 1,648 ft

Ponte Arrastradoira

PictographFerry Altitude 1,494 ft

Ponte sobre o Río de Loureiro

PictographFerry Altitude 1,873 ft

Pontella do Caleiro

PictographWaypoint Altitude 1,531 ft

Presa da Central do Loureiro

PictographWaypoint Altitude 1,904 ft

Salcedo

PictographWaypoint Altitude 2,002 ft

Vilamor

Comments

    You can or this trail