Activity

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 6: De VILAMOR (ou A Pendella) a PADERNE.

Download

Trail photos

Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 6: De VILAMOR (ou A Pendella) a PADERNE. Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 6: De VILAMOR (ou A Pendella) a PADERNE. Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 6: De VILAMOR (ou A Pendella) a PADERNE.

Author

Trail stats

Distance
13.78 mi
Elevation gain
3,878 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,415 ft
Max elevation
4,201 ft
TrailRank 
32
Min elevation
1,616 ft
Trail type
One Way
Time
7 hours 6 minutes
Coordinates
3875
Uploaded
May 30, 2022
Recorded
May 2022
Be the first to clap
Share

near Pendella, Galicia (España)

Viewed 48 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 6: De VILAMOR (ou A Pendella) a PADERNE. Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 6: De VILAMOR (ou A Pendella) a PADERNE. Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 6: De VILAMOR (ou A Pendella) a PADERNE.

Itinerary description

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL
RUTA DO OSO CAVERNARIO
DO CAMIÑO DE SANTIAGO POLO LOR AO SIL E VOLTA POLOS VALES DO POÑENTE

Que mellor área xeográfica natural en Galicia que a Serra do Courel para facer un treking. É o único espazo natural galego coa categoría de geoparque e como tal foi recoñecido pola UNESCO no 2019. Neste geoparque deseñamos a ruta do Oso Cavernario que consta de sete etapas das que a segunda, a terceira e a metade da cuarta corresponden coa antiga Baixada do Lor, ruta que historicamente une O Cebreiro, nos altos da Serra de Rañadoiro, polo que decorre a parte de máis altitude do Camiño de Santiago ata a desembocadura do Lor no Sil en Augasmestas (Quiroga). A segunda parte da cuarta etapa e as tres últimas consisten en subir polo Courel do Poñente percorrendo en parte bacías do Loureiro e do Lóuzara, ámbolos dous afluentes do Lor. Para a primeira etapa danse dúas alternativas diferentes, a primeira que vai ao encontro do Lor por Esperante e que ten uns 4 quilometros de estrada, e a segunda por Noceda e a mina da Toca.
O nome da ruta “Oso Cavernario” ven de que o Courel foi poboado por osos dende hai moitos milenios e como proba están a cantidade de osamentas de oso cavernario atopadas nas covas do Courel, moitas sitas a vista de paxaro de onde discorre a ruta.

Etapa ORIGEN DESTINO SEGUNDO orux maps
DISTANCIA DESNIVEL + DESNIVEL -

1A por Esperante Hospital da Condesa Seoane do Courel 18,71 km 437 m 1041 m
1B por A Toca Hospital da Condesa Seoane do Courel 17,7 km 620 m 1224 m
2 Seoane do Courel Froxán 22,51 km 699 m 872 m
3 Froxán Conceado do Lor 18,29 km 540 m 737 m
4 Conceado de Lor Vilachá de Salvadur 16,54 km 633 m 430 m
5 Salcedo Vilamor 15,63 km 650 m 607 m
6 A Pendella Paderne 22,17 km 1180 m 693 m
7 Paderne Hospital da Condesa 21,49 km 1130 m 790 m
TOTAL 135,34 km 5269 m 5170 m

ETAPA 6: De VILAMOR (ou A PENDELLA) a PADERNE

Poderemos evitar un treito de piche dende Vilamor ata A Penella de 3,5 km se collemos o taxi de Carlos (opcional). Pouco despois de Touzón cruzaremos a ponte de Sudrios sobre o Lóuzara pouco antes da desembocadura no Lor. Seguiremos o Lóuzara pola súa marxe esquerda, cruzando o ferrruxinoso rego de Augas Rubias. Máis arriba baixamos a ver o magnífico arco da Vella, un acueduto sobre o Lóuzara que levaba auga á ferrería de Lousadela e aos prados próximos. Máis adiante topámonos coa que seguramente e mellor poza do Courel, unha queda de auga atravesada por unha ponte que nos leva a ferrería, hoxe en día en ruínas. Outra ponte e comezamos a subida distanciandonos máis e más do leito do río. Así chegamos a aldea de Cortes, moi ben conservada con casa realmente fermosas e habitada so por dúas ou tres persoas.
Comezamos a coller altura sobre o Lóuzara unha pista que sube e sube sen parar. Desviámonos á aldea de Gamiz de un habitante para coller auga na súa fonte lavadeiro. As magnificas vistas do val do Lóuzara pódennos deixar albiscar dúas aldeas no fondo do val, a fermosa Santalla Dabaixo, mágoa de non podela visitar- e a gandeira Santalla Darriba coa súa cova de pagada sona. Seguimos subindo ata que damos co alto da Pedra que separa as bacías do Lóuzara e do Lor e que asemade fai linde entre os concellos de Samos e de Folgoso do Courel. Cambiamos de dirección baixando cara o leste polo val do río Pequeño, pasando pola aldea de Pedrafita ata chegar ao fin de etapa en Paderne. Foi aldea de músicos, de gaiteiros e acordeonistas como reza no monumento que ollaremos. Tamén foi terra de cereais do que dan testemuña as varias airas que atoparemos. Paderne é un paraíso do turismo rural con dúas casas rurais que ofrecen aloxamento.

DATOS DE INTERESE
En Paderne hay dúas casa de Turismo rural que ofrecen aloxamento e mantenza: Casa Caselo (tf: 982 16 57 68) e Casa das Triegas (tf: 982 185 110).
No caso de querer evitar o tramo inicial de piche (3,5 km) ata a Pendella, podemos contactar co taxi de Carlos en Vilamor (tf: 655 86 25 87)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 3,742 ft

Alto da Pedra

PictographWaypoint Altitude 2,108 ft

Cartel Rut CASELA SANTALLA

18-ABR-21 13:46:33

PictographWaypoint Altitude 1,743 ft

Cascafa

PictographWaypoint Altitude 1,837 ft

Cortes

PictographWaypoint Altitude 2,980 ft

Desvío a Fonte Gamiz

18-ABR-21 15:54:13

PictographWaypoint Altitude 1,772 ft

Desvío..

PictographWaypoint Altitude 1,606 ft

Ferrería de Lousadela

PictographWaypoint Altitude 2,913 ft

Fonte Gamiz

18-ABR-21 16:01:56

PictographWaypoint Altitude 2,887 ft

Paderne.

PictographWaypoint Altitude 3,616 ft

Pedrafita do Courel.

PictographWaypoint Altitude 1,539 ft

Ponte Arco Vella

PictographWaypoint Altitude 1,444 ft

Ponte de Sudrios

PictographFerry Altitude 1,598 ft

Ponte e Poza

17-ABR-21 14:13:29

PictographWaypoint Altitude 1,539 ft

Ponte Traspando

PictographWaypoint Altitude 1,385 ft

Ponte Valdomir

PictographFerry Altitude 1,605 ft

Ponte4

PictographWaypoint Altitude 1,647 ft

Puente32

PictographWaypoint Altitude 1,537 ft

Rego P Rubias

17-ABR-21 15:42:05

PictographWaypoint Altitude 1,509 ft

Valle del río Lóuzara.,

PictographWaypoint Altitude 1,537 ft

Zona de albarizas

PictographWaypoint Altitude 1,575 ft

Zona de Albarizas.

PictographWaypoint Altitude 1,633 ft

Zona de albarizas..

PictographWaypoint Altitude 1,640 ft

Zona de albarizas:

Comments

    You can or this trail