Activity

Tres pontes medievais

Download

Trail photos

Photo ofTres pontes medievais Photo ofTres pontes medievais Photo ofTres pontes medievais

Author

Trail stats

Distance
10.66 mi
Elevation gain
144 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
98 ft
Max elevation
141 ft
TrailRank 
60
Min elevation
38 ft
Trail type
One Way
Time
4 hours 29 minutes
Coordinates
1174
Uploaded
September 6, 2017
Recorded
September 2017
Be the first to clap
Share

near Salvatierra de Miño, Galicia (España)

Viewed 1730 times, downloaded 21 times

Trail photos

Photo ofTres pontes medievais Photo ofTres pontes medievais Photo ofTres pontes medievais

Itinerary description

O río Tea recolle as súas primeiras augas na Serra do Suído e tamén no Faro de Avión e logo duns 50 quilómetros faise tributario do Miño ao seu paso por Salvaterra. Aquí, no parque d´A Canuda deste concello empeza o noso doado roteiro.

Nun curto primeiro treito, logo de atravesar esta área de lecer, imos pola beira do Miño por un vizoso paseo ata acadar a desembocadura do Tea, a altura da illa de Fillaboa. A partir de agora o percorrido será sempre augas enriba pola mesma beira do Tea e durante uns cinco quilómetros o camiño é ancho, quizáis sen moito atractivo, mais compensado polo paso por algunhas praias fluviais, áreas de lecer e a fermosa ponte baixo-medieval de Fillaboa, de orixe romana.

Pasada a área recreativa d´O Pego o que era un vieiro trócase nun angosto sendeiro de pescadores que, baixo unha capa arborada case que contínua durante uns cinco quilómetros, levarános ata o casco urbano de Ponteareas.

Neste derradeiro tramo hai que citar o paso pola ponte medieval de orixe romana d´As Partidas, con praia fluvial baixo as súas arcadas, as áreas de lecer de Angoares e de Castiñeira e, xa a piques de rematar, outra ponte baixo-medieval, a d´Os Remedios, tamén chamada de San Roque e que deu nome a vila de Ponteareas, onde rematamos a nosa xeira.

View more external

Waypoints

PictographPicnic Altitude 98 ft
Photo ofArea lecer Angoares Photo ofArea lecer Angoares

Area lecer Angoares

Área recreativa as beiras do río Tea ao seu paso pola parroquia de Angoares.

PictographPicnic Altitude 113 ft
Photo ofArea lecer Castiñeira

Area lecer Castiñeira

Área de lecer as beiras do río Tea.

PictographPicnic Altitude 76 ft
Photo ofArea lecer Cordeiro Photo ofArea lecer Cordeiro

Area lecer Cordeiro

Área de lecer as beiras do Tea, na parroquia de Alxén, Salceda de Caselas.

PictographPicnic Altitude 64 ft
Photo ofArea lecer O Pego

Area lecer O Pego

Área de lecer na marxe esquerda do río Tea.

PictographPicnic Altitude 72 ft
Photo ofArea lecer Partidas Photo ofArea lecer Partidas

Area lecer Partidas

Área recreativa ao carón da ponte d´As Partidas. Ten praia fluvial.

PictographPicnic Altitude 66 ft
Photo ofArea lecer Ramallas

Area lecer Ramallas

Área recreativa na beira esquerda do río Tea.

PictographPhoto Altitude 63 ft
Photo ofCamiño Photo ofCamiño Photo ofCamiño

Camiño

Vieiro pola beira dos ríos Miño e Tea.

PictographReligious site Altitude 117 ft
Photo ofCapela San Roque

Capela San Roque

Ermida preto da ponte d´Os Remedios, Pontereas.

PictographWaypoint Altitude 83 ft
Photo ofComezo Tea

Comezo Tea

Punto de inicio do roteiro, no parque d´A Canuda en Salvaterra de Miño.

PictographRiver Altitude 46 ft
Photo ofDesembocadura Tea Photo ofDesembocadura Tea Photo ofDesembocadura Tea

Desembocadura Tea

Desembocadura do río Tea no Miño, en Fillaboa, Salvaterra.

PictographTree Altitude 72 ft
Photo ofFraga Photo ofFraga

Fraga

Bosque mixto nas beiras do río Tea.

PictographPhoto Altitude 81 ft
Photo ofIlla Fillaboa Photo ofIlla Fillaboa

Illa Fillaboa

Pequeno illote no río Miño, a altura da desembocadura do Tea.

PictographRuins Altitude 63 ft
Photo ofMuiño Photo ofMuiño

Muiño

Muíño en ruínas as beiras do río Tea.

PictographPicnic Altitude 72 ft
Photo ofParque A Canuda

Parque A Canuda

Área de lecer no casco urbano de Salvaterra de Miño.

PictographBridge Altitude 110 ft
Photo ofPasarela Photo ofPasarela

Pasarela

Pasarela de madeira nas marxes do río Tea.

PictographBridge Altitude 85 ft
Photo ofPonte das Partidas Photo ofPonte das Partidas

Ponte das Partidas

Ponte baixo-medieval sobre o río Tea. De orixe romana.

PictographBridge Altitude 49 ft
Photo ofPonte de Fillaboa Photo ofPonte de Fillaboa Photo ofPonte de Fillaboa

Ponte de Fillaboa

Ponte baixo-medieval sobre o río Tea. De orixe romana.

PictographBridge Altitude 120 ft
Photo ofPonte dos Remedios Photo ofPonte dos Remedios Photo ofPonte dos Remedios

Ponte dos Remedios

Ponte medieval tamén chamada de San Roque. No centro de Ponteareas.

PictographWaypoint Altitude 129 ft
Photo ofPonteareas

Ponteareas

Vila da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado.

PictographBeach Altitude 116 ft
Photo ofPraia As Searas

Praia As Searas

Praia fluvial no río Tea.

PictographBeach Altitude 55 ft
Photo ofPraia O Pego

Praia O Pego

Praia fluvial no río Tea.

PictographRiver Altitude 84 ft
Photo ofRego da Bouza Photo ofRego da Bouza

Rego da Bouza

Pequeno tributario do Tea pola marxe esquerda.

PictographRiver Altitude 50 ft
Photo ofRio Miño Photo ofRio Miño

Rio Miño

O principal río de Galicia.

PictographRiver Altitude 55 ft
Photo ofRio Tea Photo ofRio Tea Photo ofRio Tea

Rio Tea

Afluente do río Miño pola marxe dereita.

PictographRuins Altitude 71 ft
Photo ofRuinas Photo ofRuinas

Ruinas

Edificación en ruínas nas beiras do río Tea.

PictographPhoto Altitude 66 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

Sendeiro de pescadores pola beira esquerda do río Tea.

Comments

    You can or this trail