Activity

Un balcón as Illas Sisargas

Download

Trail photos

Photo ofUn balcón as Illas Sisargas Photo ofUn balcón as Illas Sisargas Photo ofUn balcón as Illas Sisargas

Author

Trail stats

Distance
7.21 mi
Elevation gain
797 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
797 ft
Max elevation
272 ft
TrailRank 
67 4.7
Min elevation
24 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 7 minutes
Coordinates
1324
Uploaded
September 23, 2019
Recorded
September 2019
  • Rating

  •   4.7 1 review
Be the first to clap
3 comments
Share

near Malpica, Galicia (España)

Viewed 1207 times, downloaded 44 times

Trail photos

Photo ofUn balcón as Illas Sisargas Photo ofUn balcón as Illas Sisargas Photo ofUn balcón as Illas Sisargas

Itinerary description

Fronte ao cabo do Santo Hadrián, no concello de Malpica de Bergantiños, atópase o arquipélago das Sisargas formado polas illas Grande, Chica e Malante, amais de pequenos illotes como son Chalreu, Xoceiro, A Chan, María, Gateira e outros.

Na Grande érguese o faro, agora con funcionamento a control remoto, pero con presenza humana desde o seu ano de construción no ano 1853 ata o 2002, sendo unha das lanternas máis antigas da Costa da Morte. Semella que houbo tamén unha capela con advocación a Santa Mariña e que foi derruída por incursións piratas na Idade Media.

Outras edificacións nesta illa son o Faro Vello -que foi unha construción provisional para suplir ao faro orixinal durante a súa remodelación- e o edificio da “Vaca Vella” que dispuña dun sistema acústico de aviso que funcionaba nos días de néboa. A illa Grande posúe un embarcodoiro, unha pequena praia ao sur e un reducido piñeiral que medra con dificultade na parte máis alta.

A Malante sitúase ao este da Sisarga Grande, presentando a parte norte máis abrupta e a sur de perfil máis suave. A Sisarga Chica asoma ao sur da illa Malante.

O arquipiélago goza de protección ao estar incluído na Rede Natura 2000, sendo asemesmo Zona de Especial Conservación e Protección de Aves. Teñen presenza aquí as gaivotas escuras e tridáctilas, os araos dos cons e os corvos mariños. É posible visitalo contratando embarcación en Malpica.

O noso percorrido, circular, podémolo comezar na praia de Canido, ao final do paseo marítimo de Malpica. O primeiro treito irá polo interior e neste curto tramo só podemos reseñar o modesto pazo de Sorrío e un cruceiro en Cepido.

Axiña conectamos en Beo co Camiño dos Faros, que faremos camiñando cara o norte para chegar a Malpica, sempre polo bordo costeiro. Pasaremos por riba de varios cantís e fronte ao cabo do Santo Hadrián -no extremo máis septentrional da península de Beo- e a uns 1200 metros da costa, emerxen as Sisargas.

Achegámonos a remozada capela do Santro Hadrián, con abraiantes vistas, e de camiño a Malpica poderemos beber na fonte deste santo, na de Navenllos ou na do areal de Seaia. Desde esta praia só resta percorrer un quilómetro para acadar o punto de saída na praia de Canido, en Malpica.

Nota:

Adrian Abella faime unhas interesantísimas aclaracións que transcribo no apartado de comentarios sobre o roteiro.

View more external

Waypoints

PictographPhoto Altitude 59 ft
Photo ofBanco

Banco

Banco no cabo do Santo Hadrián.

PictographPhoto Altitude 152 ft
Photo ofBeo

Beo

Lugar no concello de Malpica de Bergantiños.

PictographPhoto Altitude 162 ft
Photo ofCamiño 1

Camiño 1

Camiño por riba da praia de Canido.

PictographPhoto Altitude 178 ft
Photo ofCamiño 2

Camiño 2

Camiño entre Sorrío e Beo.

PictographPhoto Altitude 134 ft
Photo ofCamiño Faros Photo ofCamiño Faros Photo ofCamiño Faros

Camiño Faros

Camiño litoral pola Costa da Morte. Entre Malpica e Fisterra.

PictographPhoto Altitude 68 ft
Photo ofCantil 1

Cantil 1

Cantil no Camiño dos Faros.

PictographPhoto Altitude 99 ft
Photo ofCantil 2 Photo ofCantil 2

Cantil 2

Cantil no Camiño dos Faros.

PictographPhoto Altitude 80 ft
Photo ofCantil 3 Photo ofCantil 3

Cantil 3

Cantil no Camiño dos Faros.

PictographReligious site Altitude 258 ft
Photo ofCapela Sto Hadrian Photo ofCapela Sto Hadrian

Capela Sto Hadrian

Capela con advocación a Santo Hadrián.

PictographWaypoint Altitude 62 ft
Photo ofComezo Malpica

Comezo Malpica

Punto de comezo na praia de Canido, Malpica.

PictographReligious site Altitude 167 ft
Photo ofCruceiro Cepido

Cruceiro Cepido

Cruceiro en Cepido, Beo.

PictographFountain Altitude 131 ft
Photo ofFonte 1

Fonte 1

Fonte de auga potable en Seaia.

PictographFountain Altitude 40 ft
Photo ofFonte 2

Fonte 2

Fonte no areal de Seaia.

PictographFountain Altitude 43 ft
Photo ofFonte 3

Fonte 3

Fonte por riba da praia de Canido, en Malpica.

PictographFountain Altitude 137 ft
Photo ofFonte de Navenllos

Fonte de Navenllos

Fonte de auga potable.

PictographFountain Altitude 193 ft
Photo ofFonte Sto Hadrian

Fonte Sto Hadrian

Fonte por debaixo da capela do Santo Hadrián.

PictographPicnic Altitude 41 ft
Photo ofMesas

Mesas

Área de lecer na praia de Beo.

PictographMonument Altitude 134 ft
Photo ofPazo Sorrio

Pazo Sorrio

Pazo no lugar de Sorrío, Malpica.

PictographBeach Altitude 62 ft
Photo ofPraia Canido Photo ofPraia Canido

Praia Canido

Praia no extremo do paseo marítimo de Malpica.

PictographBeach Altitude 37 ft
Photo ofPraia de Beo Photo ofPraia de Beo

Praia de Beo

Praia en Beo.

PictographBeach Altitude 66 ft
Photo ofPraia de Seaia Photo ofPraia de Seaia Photo ofPraia de Seaia

Praia de Seaia

Areal no lugar de Seaia, Malpica.

PictographPhoto Altitude 192 ft
Photo ofSeaia Photo ofSeaia

Seaia

Lugar do concello de Malpica de Bergantiños.

PictographPanorama Altitude 116 ft
Photo ofVistas Malpica Photo ofVistas Malpica Photo ofVistas Malpica

Vistas Malpica

Vistas de Malpica, por riba da praia de Canido.

PictographPanorama Altitude 93 ft
Photo ofVistas Sisargas Photo ofVistas Sisargas Photo ofVistas Sisargas

Vistas Sisargas

Vistas as Illas Sisargas desde o Cabo do Santo Hadrián.

Comments  (3)

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Jan 27, 2020

    Agradezo moitísimo a Adrian Abella as seguintes aclaracións e precisións sobre o meu comentario do roteiro:

    "Pode que algún nome exista e eu non o coñeza, pero, por exemplo, do cruceiro de Cepido só existe o lugar, xa que o cruceiro non està alí nin o recordan os veciños ós que lle preguntei.
    En canto ós illotes, pedras e meixóns que mencionas:
    Xoceiro, non sei onde o sitúas e pode que sexa con outro nome polo que eu o coñezo (O Magnánimo ?).
    A María (con artigo)
    Gateira, creo que te refieres a: A Galera.
    En xeral, os mapas e cartas mariñas van herdando erros dunhas a outras.

    Eu sempre me refiro ós nomes ancestrais dos vellos mariñeiros do porto de Malpica, do que fixen unha recollida que puxen en Internet en diferentes formatos xa que os percebeiros de Barizo poden variar algúns e os mariños do Ferrol soen entender e divulgar con moitas máis diferencias nas súas cartas.

    Afondando máis:

    "Sisargas", sen artigo e en singular, ou mellor "A Illa". 'Estou en Sisargas' se non es do porto de Malpica, 'Estou na Illa' se es de Malpica.
    Pero A Illa é unha soa, e cando sobe a marea pártese en tres: A Grande, A Mediana e A Pequena. Ni 'Chica', nin 'Malante', é sempre co artigo diante.

    O cabo de San Adrián non existe para os vellos lobos de mar deste porto:
    Pedra de Áreas é a punta onde remata O Monte de Beo (de 'beccu' posiblemente) lugar mítico dende miles de anos e cheo de tesouros antropolóxicos, entre eles pero non único da lenda e romaría de Santo Adrâo, ata a Idade Moderna, ou Adrián/Hadrián xa nos últimos centos de anos.
    Nun documento do século XV San Adrāo do Mar ou San Adrián do Monte de Beo pagaba impostos reais conxuntamente con Santa (Maria) de Zezarga: quinientos mrs. (500 maravedís ó ano). Polo que podes eliminar o de "Semella que"."

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Jan 29, 2020

    Adrian Abella fai este novo comentario:

    "Acabo de ver as fotos, algunha é moi impresionante e novedosa.
    A da cruz non é de Cepido, senón A Cruz do 'Lugar da Crus' en Beo, de antigüedade descoñecida para os veciños.
    O de Cepido estaría no camiño de Pontella, frente ó cruce da actual estrada á ermida de San Adrián."

  • Photo of rgpato
    rgpato Aug 18, 2023

    I have followed this trail  verified  View more

    Todo perfecto ata a volta. É recomendable facer o último tramo pola estrada, porque os camiños non están moi limpos de maleza.

You can or this trail