Activity

UN PASEO POLA COSTA: MOREIRA-NEMIÑA

Download

Trail photos

Photo ofUN PASEO POLA COSTA: MOREIRA-NEMIÑA Photo ofUN PASEO POLA COSTA: MOREIRA-NEMIÑA Photo ofUN PASEO POLA COSTA: MOREIRA-NEMIÑA

Author

Trail stats

Distance
8.12 mi
Elevation gain
807 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,122 ft
Max elevation
330 ft
TrailRank 
37
Min elevation
17 ft
Trail type
One Way
Coordinates
540
Uploaded
March 20, 2019
Recorded
March 2019
Share

near Queiroso, Galicia (España)

Viewed 327 times, downloaded 8 times

Trail photos

Photo ofUN PASEO POLA COSTA: MOREIRA-NEMIÑA Photo ofUN PASEO POLA COSTA: MOREIRA-NEMIÑA Photo ofUN PASEO POLA COSTA: MOREIRA-NEMIÑA

Itinerary description

Andaina costeira que une o Lugar de Moreira coa Praia de Nemiña. Percorreremos pola veira do mar unha distancia de a redor de 13 kilómetros, nun tempo aproximado de 4 horas, no que farase unha única parada no Faro Touriñán.
Xan Fernández Carrera ilústranos deste xeito, sobre alguns dos puntos de interés polos que pasaremos ao longo deste "paseo pola costa":
" CABO E FARO TOURIÑÁN
O cabo Touriñán é a punta máis occidental de Galicia, está situado a 9º 17’ 54’’ de lonxitude oeste, superando á do cabo Fisterra que se atopa a 9º 16’ 20’. Este promontorio está constituído por unha estreita península de algo máis de dous quilómetros de longo cun ancho que oscila entre os 750 m. na parte máis ancha, e uns 250 na máis estreita. A súa vexetacións está constituída por especies propias do monte baixo como toxo e queiroas, xa que os intensos ventos que baten neste saínte litoral impiden que medre vexetación de tipo arbóreo.

Todo o litoral que comprende a península do cabo, presenta unha morfoloxía moi accidentada con escarpados cantís que a converten nunha das zonas máis perigosas da costa galega. Na cara norte, fronte ao Vilán, está a punta do Gaboteiro, e un pouco máis ao leste a de Buxeradas, con perigosos baixos.
Pero o lugar máis perigoso para a navegación sitúase na chamada Laxe de Touriñán, Farelo ou Galluda, que se atopa a tres cuartos de milla ao oeste do cabo. Nos seus baixos embarrancaron numerosos barcos. A dificultade para pasar este lugar recóllese nesta cantiga popular:

Na parte oeste vemos o illote do Herboso ou Castelo, ao que se pode pasar a pé de marea baixa. Sobre el aséntanse os restos dun recinto castrexo.
O faro sitúase na punta occidental do promontorio. O edificio antigo é de cantería con forma cadrada, no que sobresae unha pequena torre octogonal, construíuse en 1898. Ao sur deste edificio, levantouse en 1981 a nova torre de formigón, de pouco gusto estético, que substituíu ao antigo faro.
No Plano Xeral de Alumado Marítimo do ano 1847, pensouse en instalar nesta punta de Touriñán un faro de 1ª orde, dándolle prioridade con respecto a Fisterra, pero finalmente será neste lugar onde se instale.
En 1879 tomouse a decisión de trasladar a Touriñán o sistema do antigo faro Vilán despois de proxectar xa a construción do novo. Os planos do edificio de Touriñán son obra do enxeñeiro Adolfo Pequeño, un dos redactores do proxecto do novo Vilán, e datan de 1884. A obra consistía nun edificio cuadrangular de 14 m. de lado, con tellado a catro vertentes, cunha pequena torre que a penas sobresae do vértice superior do tellado, cun balcón con varandas de ferro e unha lanterna de cristais planos e montantes verticais. Arredor desta torre octogonal que ocupaba o centro do edificio distribuíanse as dependencias para vivir os dous torreiros coas súas familias e outros espazos para o servizo. O faro emitía unha luz branca fixa cun alcance de 10 millas, producida por unha lámpada Mares de parafina e cun aparello óptico procedente do faro antigo do cabo Vilán.
No ano 1918 reformouse a óptica, producindo ocultación en grupos de 2 e 1 cada 15 segundos. Tamén se lle instalou unha nova lámpada que funcionaba con vapor de petróleo a presión, proxectando a luz ata vinte millas.
Será en 1981 cando se constrúa o novo faro, formado por unha torre cilíndrica de 3 m. de diámetro e 14 de altura, que funciona cunha lámpada de 1500 vatios e produce un sinal luminoso de 2 e 1 destello cada 15 segundos, que proxecta a unha distancia de 20 millas. Tamén dispón dunha sirena que emite en código morse o sinal da letra T, que o identifica.

A ALDEA DE CAMPOS
Este pequeno núcleo pertencente á parroquia de Touriñán é o lugar máis próximo ao faro. Nel podemos observar varias construcións tradicionais formadas por vivendas e outras edificacións adxacentes, que xunto cos seus hórreos, forman un pequeno conxunto de arquitectura rural.
Os habitantes desta aldea eran os veciños máis próximos que tiñan as familias dos torreiros que vivían na afastada vivenda do faro.
De Campos sae a pista, que bordeando a costa, chega a Nemiña.

MIRADOIRO DE FONTE ESPIÑEIRO
Este miradoiro construído recentemente, sitúase na aba oeste do monte Facho de Touriñán, un dos lugares onde se prendía unha lumeirada para comunicar a través de sinais de fume a chegada de invasións de piratería costeira. Este facho comunicaba ao sur co que había no monte do cabo A Nave e cabo Fisterra, e ao norte, co do monte Facho de Lourido, situado preto de Muxía.
Cada un destes fachos tiña ao seu servizo un número de homes que tiñan a obriga de xuntar a leña necesaria para prender o lume e estaban baixo as ordes dun facheiro, que era quen dirixía as operacións.
Desde este miradoiro de Fonte Espiñeiro domínase un amplo espazo costeiro que vai desde o cabo Touriñán ata o cabo A Nave.

PRAIA DE NEMIÑA E DESEMBOCADURA DO RÍO CASTRO
Este extensa e acolledora praia ocupa o fondo dunha pequena enseada ou seo que se abra entre a punta do Cusiñadoiro, ao norte, e a punta do Mellón de Lires, ao sur. Está orientada cara ao sudoeste, abrigada dos ventos de nordés, dominantes durante a primavera e o verán nesta costa.
Asociado a esta praia formouse un sistema dunar que se estende pola ladeira oeste e sur do monte de Nemiña, actualmente bastante colonizado pola vexetación. Na parte sur é onde as dunas acadan un maior desenvolvemento. Nesta mesma zona desemboca o río Castro, que nace nas terras altas da parroquia de Castrelo (Vimianzo) e fai de límites entre os concellos de Muxía e os de Dumbría e Cee. O seu nome procede do lugar de Castro, pertencente á parroquia de san Pedro de Coucieiro.
Xa preto da desembocadura, despois de Vaosilveiro, fai un pronunciado meandro para logo formar un pequeno esteiro antes da súa chegada ao mar. Este esteiro prolóngase a través da canle do regato de Lires, dando lugar a unha pequena ría. Nun saínte do terreo que se adentra neste esteiro, sitúase unha piscifactoría de troitas, que canaliza gran parte do caudal do río.
A praia de Nemiña, xunto co esteiro, constitúe un interesante espazo natural de notable valor xeolóxico, faunístico e botánico.
A importancia xeolóxica está na formación de dunas e placas eólicas que se estenden por aba do monte de Nemiña, e tamén na barra areenta que se formou na desembocadura do río.
Polo que respecta á flora destaca a variedade de plantas que medran sobre o complexo dunar tales como a correola de praia, a leiteira, o cardo de ribeira, o feo, a cebola das gaivotas, etc.
Tanto na zona da praia como na desembocadura do río viven numerosas aves. Aquí temos oportunidade de observar gran cantidade de gaivotas, algunhas garzas, abundantes garzotas e diversos tipos de anátidas."

Comments

    You can or this trail