Activity

Val glaciar de Prada. *Manzaneda (Maceda de Trives)

Download

Trail photos

Photo ofVal glaciar de Prada. *Manzaneda (Maceda de Trives) Photo ofVal glaciar de Prada. *Manzaneda (Maceda de Trives) Photo ofVal glaciar de Prada. *Manzaneda (Maceda de Trives)

Author

Trail stats

Distance
11.05 mi
Elevation gain
1,043 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,043 ft
Max elevation
3,729 ft
TrailRank 
51
Min elevation
2,700 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 51 minutes
Time
7 hours 25 minutes
Coordinates
3184
Uploaded
July 21, 2020
Recorded
July 2020
Be the first to clap
Share

near San Miguel, Galicia (España)

Viewed 595 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofVal glaciar de Prada. *Manzaneda (Maceda de Trives) Photo ofVal glaciar de Prada. *Manzaneda (Maceda de Trives) Photo ofVal glaciar de Prada. *Manzaneda (Maceda de Trives)

Itinerary description

Ruta moi bonita polo val de orixe glaciar de Prada. O nome venlle da aldea hoxe deshabitada que está na cabeceira do val, no circo do antigo glaciar.
Comeza en San Miguel de Bidueira, a carón da impoñente igrexa barroca. Aquí hai un panel informativo. Está composta de dous bucles cunha breve parte común na aldea de Requeixo. Deste modo visítase tamén a aldea de Placín na volta. Estas tres aldeas son grandes e con boa construción, e aínda se ven algo poboadas.
O outro bucle faise subindo polo lado esquerdo do regato de Requeixo (a nosa dereita segundo subimos) e retórnase polo lado contrario. Non hai inconveniente e facelo ao revés mais así está ben.
No destino atopamos as ruínas de Prada, unha aldea de certa entidade composta por dous barrios. Algunhas construcións aínda conservan o teito pero con serio risco de caer dun día para outro. Unha tristura porque o entorno vese rico e fértil...
Nesta zona está as mellores mostras de glaciarismo de Galiza (xunto coas que caen en Vilariño de Conso). É un val de fondo chan e nos lados, en en varios puntos transversalmente, atopamos morenas laterais ou frontais. Nos paneis informativos chantados en varios puntos existe información sobre estes elementos do relevo, vexetación, antrópicos, etc.
O trazado descorre por camiños de carro que neste momento (aínda) está rozados. Algunhas partes son calzadas antigas. Nalgún punto, entre San Miguel e Requeixo, e tamén entre Placín e San Miguel, corre auga polas corredoiras (atención ao calzado, sobre todo en tempo de augada). Como se ve nos datos, o desnivel é moderado e non hai grandes subidas e baixadas. Hai algunhas zonas de sombra É unha ruta, polo tanto, acaída para persoas cunha mediana forma física e experiencia camiñando. Está sinalizada, incluso a variante ata Placín, porén o treito de Placín a San Miguel non o está e convén levar GPS (non ten moita perda tampouco).
En resumo unha ruta moi, moi recomendable.

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,925 ft
Photo ofInicio Photo ofInicio Photo ofInicio

Inicio

Na entrada da aldea, vindo da capital municipal, pódese estacionar sen dificultada. Tamén noutros recantos da poboación.

PictographMonument Altitude 2,844 ft
Photo ofPombal

Pombal

PictographPanorama Altitude 2,728 ft
Photo ofVista Photo ofVista

Vista

PictographInformation point Altitude 3,001 ft
Photo ofLetreiro Photo ofLetreiro Photo ofLetreiro

Letreiro

PictographMonument Altitude 3,006 ft
Photo ofRequeixo Photo ofRequeixo Photo ofRequeixo

Requeixo

PictographIntersection Altitude 3,189 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographIntersection Altitude 3,310 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPanorama Altitude 3,441 ft
Photo ofPanorámica do val Photo ofPanorámica do val Photo ofPanorámica do val

Panorámica do val

PictographWaypoint Altitude 3,479 ft
Photo ofEstante Photo ofEstante

Estante

PictographInformation point Altitude 3,479 ft
Photo ofPoste

Poste

(Mellor seguir pola pista)

PictographBridge Altitude 3,501 ft
Photo ofVao e pontón Photo ofVao e pontón Photo ofVao e pontón

Vao e pontón

PictographRuins Altitude 3,595 ft
Photo ofPrada, un barrio. Photo ofPrada, un barrio. Photo ofPrada, un barrio.

Prada, un barrio.

Barrio situado no lado esquerdo do regueiro. Está totalmente en ruínas.

PictographRuins Altitude 3,656 ft
Photo ofPrada, barrio da dereita do regueiro Photo ofPrada, barrio da dereita do regueiro Photo ofPrada, barrio da dereita do regueiro

Prada, barrio da dereita do regueiro

Máis grande e mellor conservado (ou menos derruido). Aquí está a capela e algunha casa grande e de boa construción.

Photo ofMorena Photo ofMorena Photo ofMorena

Morena

Photo ofMorena frontal Photo ofMorena frontal

Morena frontal

Entullos arrastrados polo xeo ata este punto, onde se detivo a lingua glaciar finalmente.

PictographBridge Altitude 3,029 ft
Photo ofPontón Photo ofPontón

Pontón

PictographIntersection Altitude 3,000 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographBridge Altitude 3,065 ft
Photo ofVao e pontón Photo ofVao e pontón

Vao e pontón

PictographReligious site Altitude 3,073 ft
Photo ofIgrexa de San Bartolomeu, Requeixo. Photo ofIgrexa de San Bartolomeu, Requeixo. Photo ofIgrexa de San Bartolomeu, Requeixo.

Igrexa de San Bartolomeu, Requeixo.

PictographIntersection Altitude 2,997 ft
Photo ofVariante

Variante

Comeza o bucle cara Placín. Non querendo facelo, pódese regresar polo camiño de ida que é algo máis curto.

PictographIntersection Altitude 3,052 ft
Photo ofDereita!

Dereita!

PictographIntersection Altitude 2,967 ft
Photo ofDereita Photo ofDereita Photo ofDereita

Dereita

Deixar a devasa da liña de alta tensión e coller un camiño, non moi visible, pola dereita (En dirección a unha torrreta alta)

PictographIntersection Altitude 2,810 ft
Photo ofPlacín, atravesar e seguir de fronte Photo ofPlacín, atravesar e seguir de fronte

Placín, atravesar e seguir de fronte

PictographReligious site Altitude 2,786 ft
Photo ofIgrexa

Igrexa

PictographMonument Altitude 2,756 ft
Photo ofForno Photo ofForno Photo ofForno

Forno

PictographFountain Altitude 2,821 ft
Photo ofPozas de rego e lavadoiro Photo ofPozas de rego e lavadoiro

Pozas de rego e lavadoiro

PictographLake Altitude 2,836 ft
Photo ofLamarella

Lamarella

Treito de camiño encharcado.

Comments

    You can or this trail