Variante senda río Almofrei (Portamuíños cos pasos desbordados de auga)
near Tombo, Galicia (España)
Viewed 185 times, downloaded 3 times
Trail photos
Itinerary description
Variante da ruta https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/senda-do-rio-almofrei-50692748. Co tremendo caudal co que baixaba o Almofrei (mes de xaneiro), os pasos de Portamuíños estaban non soamente cubertos, senón practicamente ilocalizábeis, traballo nos deu dar con eles totalmente mergullados. Así que seguimos pola marxe dereita do río (a beira esquerda en sentido contrario á corrente), gozando co río tan cheo, subindo de cando en vez ás rochas que vai rodeando a auga, até chegarmos á altura da zona das Fervenzas para alucinar co salto do río, cun panorama de auténtico río de montaña.
Non nos quedou pena ningunha por non poder cruzar en Portamuíños, a vista deste salto resultou realmente marabillosa. As fotos e o vídeo soamente dan unha idea aproximada do que atopamos.
Vídeo saltos As Fervenzas: https://www.youtube.com/watch?v=9q-4PppHj6Q.
Na ligazón inicial podedes acceder á ruta realizada no mes de maio, con moito menos caudal e cos pasos de Portamuíños accesibles (aínda que faltaba algún paso, arrastrado pola corrente, e tivemos que meternos na auga até os xeonllos).

Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments