Vial OP 010 Bembrive Beade.
near Mosteiro, Galicia (España)
Viewed 232 times, downloaded 3 times
Trail photos
Itinerary description
É o trazado proxectado no PXOM de Vigo para o futuro vial OP 010, que cruzará varias parroquias de Vigo, principalmente Bembrive e Beade.
pasará por enriba do rego Eifonso, e preto do Barxa, afectando a estes entornos. Pasará por enriba da zona do camiño da devesa, en matamá, onde comezan moitas rutas en BTT. E sobre todo, pasará por enriba das casas da veciñanza, e dividirá estas parroquias rurais en dous.
O trazado é aproximado, fixeno a partires das imaxes publicadas na prensa. Máis por moito que me trabuque, o impacto nas zonas que marco vai ser brutal. Deixo algunas fotos nos waypoints.
É realmente necesario este vial? houbo estudo paisaxistico, patrimonial ou ambiental?
NON o VIAL
máis info no FB da asociacion contra o vial:
https://m.facebook.com/people/Afectados-Vial-Beade-Vigo/100075931505546/
Waypoints
Carreiros da Bici
Pequenos carreiros que levan a Matamá que quedarán destruidos ou profundamente alterados polo Vial.
Bosqueciño sobre a Devesa
Aquí o vial irá soterrado. mais non se estudiou que pasará cos acuiferos, co ruido, co movemento de terras....
Carreiros cara Matamá
Estes carreiros van quedar moi cerca do vial. despois das obras non serán o que son.
Barxa e muiño
Este pequeno salto e o muiño quedarán entre dous viais: o actual Clara Campoamor e a proxectado OP 010
Bosqueciño baixo instituto
O vial sairá a altura desta zona do tunel para pasar por baixo de Beade.
Carreiros outeiro
En principio nesta zona irá soterrado.pero sen estudio de como afectará.
Rego Barxa
O vial non pasará xusto por enriba do rego Barxa, pero si preto da súa contorna. Todo parece indicar que afectará a este entorno natural que temos ben preto de Vigo.
Beade Brea
Preto desta zona está unha fonte antiga, que coincide xusto no trazado do vial, e unhas casas que ainda agora se están a construir.
Vistas Bembrive
O vial atravesará estes campos, co desastrre paisaxistico que eso supón.
Eifonso
O río Eifonso ten nesta zona un par de muiños, e unhas canalizacións. Veranse afectados por estar moi próximas ao trazado.
vial-010 (2)
Para entrar en baruxans pasará por enriba ou moi preto das casas. E sobre os campos.
Vista a Alba e Cepudo dende Bembrive
Zona que se verá estropeada, xa que é onde engancha coa autovía A55
You can add a comment or review this trail
Comments