Activity

Viapará, Monsacro, La Collá, Foz de Morcin (Asturias)

Download

Trail photos

Photo ofViapará, Monsacro, La Collá, Foz de Morcin (Asturias) Photo ofViapará, Monsacro, La Collá, Foz de Morcin (Asturias) Photo ofViapará, Monsacro, La Collá, Foz de Morcin (Asturias)

Author

Trail stats

Distance
8 mi
Elevation gain
2,310 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,678 ft
Max elevation
3,331 ft
TrailRank 
39
Min elevation
603 ft
Trail type
One Way
Moving time
3 hours 21 minutes
Time
5 hours 53 minutes
Coordinates
2103
Uploaded
January 20, 2024
Recorded
January 2024
Be the first to clap
Share

near Porcío, Asturias (España)

Viewed 15 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofViapará, Monsacro, La Collá, Foz de Morcin (Asturias) Photo ofViapará, Monsacro, La Collá, Foz de Morcin (Asturias) Photo ofViapará, Monsacro, La Collá, Foz de Morcin (Asturias)

Itinerary description

SITUACIÓN: Morcín (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Área Recreativa de Viapará (692 m)

ACCESO: Na autoestrada A – 66, coller a saída 35 e logo seguir pola estrada N – 630 ata a AS – 231 con dirección a Morcín – Riosa.

HORARIOS: 4 ou 5 horas DESNIVEIS: (Ruta fácil 436 m de subidas / 866 m de baixadas)

(Ruta media 580 m de subidas / 1.032 m de baixadas)          

DISTANCIAS: 10 ou 12, 5 km

DIFICULTADES: Baixa ou Media                       TIPO DE RUTAS: Travesías

COTA MÍNIMA: Llugar de Baxo (240 m)   

COTA MÁXIMA: Horcada La Muezca (962 m) Pico Romiru (1.052 m)

MAPA: I.G.N. – 52 – II

SINOPSE: A ermida de Santiago ou de arriba é un templo relixioso baixo a advocación de Santiago Apóstolo no concello de Morcín, preto do pico Monsacro ou Romiru. Esta ermida ten maior relevancia e peculiaridade ca súa veciña a ermida de La Magdalena.

            A nave da capela é octogonal, abovedada e de ábside semicircular. A fachada está resaltada sendo de arco de medio punto. Tamén crese que estivo pintada. Cando se restaurou aproveitouse para realizar unhas escavacións. No interior atopamos o pozo de Santo Toribio, a cova do Ermitaño e un altar románico primitivo. A capela é de pedra e o solo interior de rocha da capela crese que é da propia montaña. 

 

DESCRICIÓN DAS RUTAS: Saímos os dous grupos do cruce de pistas que hai á entrada do albergue Mirador del Angliru. A pista que sae pola dereita de formigón lévanos ata El Sabuñal, lugar onde se divide en dúas (760 m). Seguimos pola esquerda logo de pasar unha cancela baixando lixeiramente cara a Covarriella.

            Na parte baixa remata o formigón, subindo agora por pista de grava que logo dunha pechada curva á dereita, remata na parte alta da cabana de Covariella. A partir de aquí pasa a ser un camiño que vai pola parte superior dos prados ata unha curva pechada á esquerda na que saímos deste camiño para seguir o carreiro de menos entidade que sae pola dereita.

           O carreiro evidente, vaise achegando as rochas facendo varios zigzags ata empoleirarnos na Horcada La Muezca (962 m.); punto máis alto da ruta (1).

            Desde este lugar xa podemos ver a capela de Santiago e a poboación de Oviedo ao fondo pero non a capela da Madalena que aparecerá logo de camiñar uns metros.

            Mentres se segue de fronte cara á capela da Madalena, a xente da ruta (2) xira á esquerda seguindo as sinais marelas. Acadamos o primeiro cume de La Fayona (1.020 m) continuando o camiño para baixar a un pequeno cimbro desde o que subimos ao segundo cume do día, o Cuitu Romiru ou Monsacro (1.052 m).

            Desde aquí podemos baixar directamente á capela da Madalena ou seguir cara ao oeste ata o cume de Llanu Villar (1.057 m). Desde este cume bordeamos en dirección norte para baixar á capela de Santiago, lugar onde dará a volta o grupo (1).

            Desde a capela de Santiago sae unha pista en dirección sur deixando á dereita a capela da Madalena e á esquerda o pico La Granda que de paso, tamén podemos subir.

            Logo, o camiño para toda a xente baixa, con acusada pendente e case todo de formigón, por debaixo da liña de alta tensión ata Los Llanos onde entramos na parte superior da poboación. Chegamos a unha explanada con bancos e miradoiro onde collemos un estreito camiño, tamén de formigón, que  baixa á estrada asfaltada. Unha vez na estrada, seguimos á esquerda ata seguinte curva, logo de pasar o cartel de entrada a Los Llanos,  onde debemos abandonala collendo un camiño de terra, á esquerda, que nos vai levar pola parte superior de Otura pasando xunto á unha zona de escalada.

            O camiño segue ata un cimbro próximo onde hai unha antena que logo de pasala o camiño perde altura facendo varios zigzags para seguir ata o lugar de La Collá. Nas primeiras casas da poboación, xiramos á dereita collendo a pista asfaltada que baixa ata Les Maces onde remata o asfalto.

       Seguimos baixando agora por un carreiro que sae á pista asfaltada que sobe a La Collá. Baixamos uns metros por esta pista ata a curva que fai á esquerda. Neste lugar aparecen unha sinais á dereita, que é por onde collemos. Este carreiro baixa á estrada AS – 231 que vai a Morcín. Cruzamos á beira contraria para camiñar un quilómetro pola beirarrúa ata o Llugar de Baxo onde se sitúan o polideportivo e o colexio público de La Foz. 

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 2,019 ft
Photo ofInicio de ruta

Inicio de ruta

PictographWaypoint Altitude 2,404 ft
Photo ofVista panorama del Alto L'Angliru

Vista panorama del Alto L'Angliru

PictographWaypoint Altitude 2,663 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 2,891 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographMountain pass Altitude 3,026 ft
Photo ofHorcada La Muezca

Horcada La Muezca

PictographMountain pass Altitude 3,216 ft
Photo ofHorcada La Muezca

Horcada La Muezca

PictographSummit Altitude 3,162 ft
Photo ofLa Fayona

La Fayona

PictographWaypoint Altitude 2,992 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 2,591 ft
Photo ofCapela

Capela

PictographWaypoint Altitude 2,812 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 2,574 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 2,012 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 1,635 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 1,512 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 1,073 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

Comments

    You can or this trail