Activity

Vimianzo-Cereixo

Download

Trail photos

Photo ofVimianzo-Cereixo Photo ofVimianzo-Cereixo Photo ofVimianzo-Cereixo

Author

Trail stats

Distance
6.83 mi
Elevation gain
430 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
850 ft
Max elevation
761 ft
TrailRank 
53
Min elevation
10 ft
Trail type
One Way
Coordinates
240
Uploaded
July 9, 2011
Be the first to clap
Share

near Vimianzo, Galicia (España)

Viewed 2847 times, downloaded 45 times

Trail photos

Photo ofVimianzo-Cereixo Photo ofVimianzo-Cereixo Photo ofVimianzo-Cereixo

Itinerary description

Ruta polo antigo camiño que ía de Vimianzo cara a ría de Camariñas, polos montes do oeste do Val de Soneira. Neles atoparemos unha necrópole megalítica (a Mina de Folías) e un castro prerromano (o castro do Croado), ademais dunhas magníficas vistas dende a peculiar Casa do Prado.
Así chegaremos ó pequeno lugar de Cereixo, unha vila cargada de historia, onde hai varias casas señoriais, unha igrexa prerrománica e un muíño de mareas. Todo conectado por un fermoso paseo fluvial.

Waypoints

PictographPanorama Altitude 482 ft
Photo ofPanorámica do Val de Vimianzo

Panorámica do Val de Vimianzo

Pa botarlle un último ollo ó val de Vimianzo e tomar aire pa subir a costiña

Photo ofCurro da Rapa das Bestas Photo ofCurro da Rapa das Bestas Photo ofCurro da Rapa das Bestas

Curro da Rapa das Bestas

Curro onde se celebra a Rapa das Bestas. A mediados do mes de xullo reúnense todos os cabalos que andan ceibes polo monte Faro e arredores e reúnense neste campo, o campo da Areosa. Logo xúntanse no curro, e córtanselle as crins dos cabalos. O máis bravo e famoso é o Rubio, que non se deixa coller tan fácilmente.

PictographTree Altitude 728 ft
Photo ofCampo da Areosa

Campo da Areosa

Campo rehabilitado pola Asociación do Monte Faro, onde se celebra a Rapa das Bestas.

Photo ofDolmen Mina de Folías Photo ofDolmen Mina de Folías

Dolmen Mina de Folías

A Mina de Folías trátase dun conxunto de tres mámoas, monumentos funerarios prehistóricos. Unha das mámoas atópase na outra beira da estrada, nunha finca privada inaccesible. Outro montículo é ben visible nesta finca. No seu cume déixase ver algunha lousa, no seu burato de profanación Por último, a terceira mámoa está escavada, deixando ver a anta. Pola tipoloxía debeu ser construido do 4000 ó 3000 a. C. A cámara era poligonal, aínda que só conserva cinco lousas verticais e a tampa.

Photo ofMámoa na Mina de Folías Photo ofMámoa na Mina de Folías Photo ofMámoa na Mina de Folías

Mámoa na Mina de Folías

A Mina de Folías trátase dun conxunto de tres mámoas, monumentos funerarios prehistóricos. Unha das mámoas atópase na outra beira da estrada, nunha finca privada inaccesible. Outro montículo é ben visible nesta finca. No seu cume déixase ver algunha lousa, no seu burato de profanación. Para chegar a el: O dolmen atópase dentro dunha finca ao lado da estrada. Non ten sinalización. Hai unha gran entrada para unha finca. Que non nos despiste, porque é a que está a súa esquerda. A que aparece na foto, entre pinos. Tan pronto como se entra á finca (ben situada na localización)de fronte á entrada apréciase un montículo, é unha mámoa. Logo, dende a mámoa hai que dirixirse cara a esquerda un pouco ata que vexamos o dolmen. Un pouco de traballo de exploración.

PictographPanorama Altitude 469 ft
Photo ofCasa do Prado

Casa do Prado

Unha casa que non ten problemas cos veciños... porque non os ten. É unha casa illada. O espectacular deste sitio son as súas vistas.

PictographPanorama Altitude 453 ft
Photo ofPanorámica dende a Casa do Prado Photo ofPanorámica dende a Casa do Prado

Panorámica dende a Casa do Prado

Espectacular panorámica. De dereita a esquerda: Os Penedos de Pasarela e Traba, os Penedos de Piñeo ou Braño, o río Grande, Carantoña, a Serra de Pena Forcada e o monte Croado. No cume deste último monte con forma de queixo de tetilla hai un castro.

Photo ofCastro do Croado Photo ofCastro do Croado Photo ofCastro do Croado

Castro do Croado

Se vos atrevedes a subir ó cumio deste monte, non vos arrepentiredes. As vistas son impresionantes: a ría de Camariñas, os Penedos de Pasarela ou os xigantes eólicos formando enormes ringleiras do Monte Redondo. O castro non está escavado, polo que non hai ruínas que ver desta cidá da que cantan: "Croado, Croado, quen me dera o teu reinado".

PictographPhoto Altitude 20 ft
Photo ofCereixo Photo ofCereixo

Cereixo

Chegamos ó fermoso conxunto histórico de Cereixo, á beira da desembocadura do río Grande na ría de Camariñas. Arrasado polos viquingos no século X, foi un importante porto cando era navegable e “cidade de vacacións” de fidalgos e nobres. Proba disto, as numerosas casas fidalgas do lugar, coma a barroca Vila Purificación.

PictographPhoto Altitude 23 ft
Photo ofVila Purificación

Vila Purificación

Casa fidalga barroca.

PictographPhoto Altitude 26 ft
Photo ofTorres de Cereixo Photo ofTorres de Cereixo

Torres de Cereixo

Datan do século XVI. Actualmente pertencen a don Santiago Fernández Puentes e é empregada como residencia. Presenta dúas torres de planta cadrada unidas por un corpo rectangular máis baixo. No interior existe unha árbore (un magnolio) tan antiga como o edificio. O material que predomina nesta construción é a pedra. O escudo está vinculado ós condes de Maceda e Taboada, no que se representan as armas dos Bermúdez, Novoa, Castro, Soutomaior, Mendoza e Villamaría, entre outros. Nas outras fachadas aparecen tres escudos, máis sinxelos, vinculados ás liñaxes máis antigas da casa: Moscoso, Carantoña, Caamaño, Guisamonde e Montenegro.

PictographPhoto Altitude 23 ft
Photo ofIgrexa románica de Santiago de Cereixo Photo ofIgrexa románica de Santiago de Cereixo Photo ofIgrexa románica de Santiago de Cereixo

Igrexa románica de Santiago de Cereixo

Data do século XII e é de estilo románico. Este templo foi posiblemente un lugar de parada dos peregrinos que chegaban por mar ó porto de Cereixo e se dirixían a pé a Santiago. Presenta nave única e capela rectangular. Soportando o beirado dispóñense unha serie de canaliños que presentan diferentes formas, temas e motivos. Estas imaxes plasman vicios e pecados, advertindo ó fiel que era indigno de entrar no espazo sagrado do interior do templo se caera en pecado o u c o m e t e r a a l g u n h a i m p u r e z a . No lado sur ábrese unha interesante porta románica onde cabe destacar unha creación única no románico de toda España e a primeira do mundo: a representación do traslado dos restos de Santiago nunha barca, acompañado polos seus sete discípulos.

PictographPhoto Altitude 20 ft

Hórreo

Un dos hórreos máis largos de Galicia.

PictographPhoto Altitude 26 ft
Photo ofMuíño de mareas Photo ofMuíño de mareas

Muíño de mareas

Data do século XVII. Ten dimensións adecuadas para desempeñar funcións de muíño e vivenda. A súa planta é rectangular, con cuberta a dúas augas na que se abren tres elementos abufardados. A entrada realízase polos lados curtos do volume, que queda unido á terra por dúas pasarelas. Pertencía ó afamado coreógrafo Rei de Viana, que contaba cun pergamiño que databa a construcción do muíño no ano 1679, sendo o principal dos que posuía o feudo dos Moscoso e Altamira. Con posterioridade pertenceu á Condesa da Torre, pero antes disto o muíño era cedido mediante foro a familias de campesiños que o explotaban e residían nel.

PictographMooring point Altitude 23 ft
Photo ofPorto de Cereixo Photo ofPorto de Cereixo

Porto de Cereixo

Malia que algúns o queiran converter en porto deportivo, as augas de Cereixo xa non son navegables para grandes barcos. Foi antigamente un porto moi importante de onde sacou o nome a vila veciña da Ponte do Porto.

PictographTree Altitude 26 ft

Carballo centenario

Algún energúmeno quería serrar este carballo porque lle estorbaba para pasar o camión da orquestra. Cousas da Galicia profunda...

PictographPhoto Altitude 10 ft
Photo ofPanorámica de Cereixo

Panorámica de Cereixo

Fermosa vista do montículo sobre o que se ergue Cereixo.

Comments

    You can or this trail