Activity

VMLG.12.Cuntis-Herbón

Download

Trail photos

Photo ofVMLG.12.Cuntis-Herbón Photo ofVMLG.12.Cuntis-Herbón Photo ofVMLG.12.Cuntis-Herbón

Author

Trail stats

Distance
12.71 mi
Elevation gain
1,224 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,706 ft
Max elevation
1,090 ft
TrailRank 
42
Min elevation
1,090 ft
Trail type
One Way
Coordinates
389
Uploaded
December 9, 2023
Recorded
December 2023
Be the first to clap
Share

near Cuntis, Galicia (España)

Viewed 50 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofVMLG.12.Cuntis-Herbón Photo ofVMLG.12.Cuntis-Herbón Photo ofVMLG.12.Cuntis-Herbón

Itinerary description

Ruta de Igrexa de Santa María dos Baños de Cuntis a Mosteiro de Herbon pasando por:
Vilariño, Bragaña, Magán, Martores - Capela dos Martores (10.6 km), Laceiras, Fenteira, Confurco, Rio Umia, Albergue de Herbón
-

Waypoints

Photo ofCastro de Castrolandín Photo ofCastro de Castrolandín

Castro de Castrolandín

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/castrolandin/


Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco) o 08-07-2011
Rating: 4.83/5 (0 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=2542/#respond))
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro
Cronoloxía: Idade do Ferro
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Castrolandín
Propiedade: Descoñecida, Pública
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta: GA36015009
Categoría do ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles: Nestas escavacións atópanse restos como vasos romanos e outros útiles.
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
É un poboado fortificado da segunda metade da Idade do Ferro a uns 245 m. de altitude. Posúe unha croa planta oval cun diámetro duns 100 m. e defendido por varios tramos de parapetos. Nos anos 2004, 2005 e 2006 realízanse as primeiras escavacións arqueolóxicas e iníciase a musealización do xacemento.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=2542)

PictographMuseum Altitude 537 ft

Concello de Cuntis

http://www.concellodecuntis.es/

PictographReligious site Altitude 518 ft
Photo ofCruceiro nos xardíns do Balneario de Cuntis Photo ofCruceiro nos xardíns do Balneario de Cuntis

Cruceiro nos xardíns do Balneario de Cuntis



Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco) o 04-11-2016
Rating: 0/5 (0 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=90070/#respond))
Tipo de ben: Cruceiro
Cronoloxía: Descoñecida
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Cuntis
Propiedade: Descoñecida
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta:
Categoría do ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Cruceiro que nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base, de sección cuadrangular moldurada, dá paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. O capitel tipo toscano da paso a unha cruz de sección cadrada coas arestas achafranadas e remates en botóns. As caras rebaixadas están decoradas. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo sobre peaña no reverso. Baixo as imaxes aparecen uns pequenos anxos. Este cruceiro atópase nos xardíns do balneario de Cuntis.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=90070)

PictographReligious site Altitude 541 ft
Photo ofIgrexa de Santa María dos Baños de Cuntis Photo ofIgrexa de Santa María dos Baños de Cuntis

Igrexa de Santa María dos Baños de Cuntis



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano) o 12-06-2014
Rating: 0/5 (1 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=61642/#respond))
Tipo de ben: Igrexa
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Cuntis
Propiedade: Privada
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta:
Categoría do ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Igrexa de planta de cruz latina situada no centro da vila, no seu interior distribúense seis altares con numerosas imaxes relixiosas de importante valor artístico, talladas por escultores como Gambino, Xosé Ferreiro, Francisco Asorey e Uxío Souto. Destacan entre outras pezas a Dolorosa, a Virxe do Carme, o Cristo Xacente e todo o conxunto de imaxes localizadas no altar maior. Foi reconstruída na primeira metade do Século XVIII a partires da fábrica da súa predecesora románica, moi posiblemente do século XI, cando formaba parte do cenobio do mosteiro de Santa María de Termis e pola doazón que lle fai o Arcebispo Xelmírez a Dona Urraca no ano 1116 coa sinatura do Abade de Cuntis como vicario de Xelmirez. Nas súas inmediacións acháronse sepulturas do altomedievo e incluso da época sueva. Destaca tamén nun sillar do muro septentrional do cruceiro, no exterior, dunha inscrición dunha lápida sepulcral cunhas dimensións de 143 cm de longo por 41 cm de ancho. Segundo recolle Figueira Valverde "esta inscrición achouse cavando os cimentos da igrexa nova. E di así: ERA 1116 et 2Ids Martii memori credens Abbas Adulfus fecimus". Existen diversas interpretacións tanto para a súa lectura como para a súa trancrición. Segundo García Romero pódese ler: "+ ERA . T . C XVI : ET III + DS MMRIA R EO + CELES ABB . + . ADAVLFVS : FECIMVS". Transcribíndoa da seguinte maneira: O ano 1078 tres días antes dos Idus de Marzo fixemos memoria o célebre Adaulfo". García Carro transcríbea así: "ERA . I. C . XVI : ET III IDS MR. MEMORIA CRES . ABBA + ADAULFVS : FECIMUS". Na súa fachada destaca a torre cuadrangular apegada á esquerda da fachada que na súa parte dereita ten unha espadana dun corpo e un só oco con arco medio punto sostido por machóns moldurados onde leva a campá. Séguelle unha cornixa moldurada cun acroterio piramidal no medio flanqueado por dous pináculos piramidais con bóla. A torre, formada por tres corpos, arranca dende abaixo chagando á altura co cume do teito da nave onde se sitúa o segundo corpo cinguido por unha fermosa balaustrada de tipo compostelano. Neste segundo que arranca con arcos de medio punto sobre piares moldurados que soportan as campás; o derradeiro corpo fórmao un tambor de planta hexagonal con seis arcos de medio punto, cinguido tamén por unha balaustrada igual ca inferior e coroado por unha lanterna cos nervos remarcados. No máis alto fica rematado por un pináculo con bóla.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=61642)

PictographMuseum Altitude 538 ft
Photo ofO Hospitalillo Photo ofO Hospitalillo

O Hospitalillo



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano) o 12-06-2014
Outra denominación: Pazo de Ximonde e Casa Grande dos Castro
Rating: 0/5 (0 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=61650/#respond))
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...)
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Praza das árbores
Propiedade: Pública
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta:
Categoría do ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Pazo fundado no século XVII, foi asilo dos pobres, que podían tomar os baños gratuitamente no balneario. É propiedade da Xunta de Galicia dependendo do concello por cesión. Coñecida tamén como a Casa Grande dos Castro, é unha das arquitecturas señoriais máis importantes do núcleo urbán cuntiense. Localizada ó carón da igrexa parroquial, nun dos lados que conforma a cuadrangular Praza das árbores, serve esta antiga morada fidalga de Casa da Cultura municipal e leva o nome dun dos fillos ilustres de Cuntis, Roberto Blanco Torres. A edificación sufriu numerosos cambios estruturais, como así o demostran as cicatrices marcadas na pedra. No século XVII xa estaba en pé, no entanto será a finais do XVIII cando se acometan as obras que lle outorgarán maior fermosura aos seus muros e á fachada principal. É un edificio barroco de planta rectangular, que conta cunha altiva cheminea, grandes "ventás de aire", un amplo balcón e dúas fermosas pedras armeiras na súa fachada principal. Foi a residencia do II Conde, D. Pedro María de Cisneros, cando ía ó Balneario de Cuntis, polos seus males reumáticos, balneario que contribuíu a mellorar e modernizar.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=61650)

PictographReligious site Altitude 554 ft
Photo ofIgrexa do convento benedictino de San Bieito de Cuntis Photo ofIgrexa do convento benedictino de San Bieito de Cuntis Photo ofIgrexa do convento benedictino de San Bieito de Cuntis

Igrexa do convento benedictino de San Bieito de Cuntis

Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco)
Descrición:
Edificación feita en pedra granítica, con planta de cruz latina con engadidos posteriores. Na súa fachada principal, de estilo neoclásico, podemos ver unha porta de acesocon arco de medio punto. Sobre ela aparece unha fornela presidida pola imaxe do patrón. Máis arriba unha ventá cadrada e un frontón moldurado con remates en pináculos de copa nos laterais e cruz de ferro no cume. No interior podemos destacar o altar maior (que olla cara ao solpor). Tamén destacan varias imaxes, como un San Bieito e a súa irmá, Santa Escolástica, xunto ao popular "Demo de Pereira", escultura na que se representa ao arcanxo San Miguel que mata a Satanás. O aceso ao recinto realízase por medio dun portalón coroado cunha cruz de pedra e un par de pináculos. No adro podemos ver un cruceiro de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/90065/2016/11/cruceiro-de-animas-do-convento/) Esta igrexa forma parte do convento de clausura creado no ano 1868 por Carme Baliñas de Castro, unha fidalga natural destas terras, logo de tomar os hábitos.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=90305)

PictographReligious site Altitude 548 ft
Photo ofCruceiro de ánimas do convento Photo ofCruceiro de ánimas do convento Photo ofCruceiro de ánimas do convento

Cruceiro de ánimas do convento



Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco)
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres grosos chanzos coas arestas rebaixadas. A súa base aparece decorada con caveiras nos vértices e unha serpe. A continuación o varal, de sección octogonal que perde corpo a medida que sube. No capitel, profusamente decorado, podemos ver tres cabezas de anxos. O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Dolorosa cunha espada cravada no peito no reverso. O peto de ánimas, de tipo aberto, aparece pegado ao cruceiro. Nel podemos ver un retablo con varias imaxes entre as que destacan a pomba do Espírito Santo, San Francisco e a Virxe. Na parte baixa aparecen cinco almiñas, unha delas con cordón. O retablo, que no pasado estivo policromado, posúe unhas inscricións hoxe ilexibles. Aos pés do retablo podemos ver o caixón das esmolas. Este elemento etnográfico atópase no adro do Convento de San Bieito de Pereira de Cuntis.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=90065)

PictographFountain Altitude 579 ft

Fonte de Trasponte

Fonte de Trasponte

PictographFountain Altitude 588 ft

Fonte de Ran

Fonte de Ran

Photo ofPetróglifo do outeiro do Forno da Tella Photo ofPetróglifo do outeiro do Forno da Tella Photo ofPetróglifo do outeiro do Forno da Tella

Petróglifo do outeiro do Forno da Tella



Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco)
Descrición:
Estación de arte rupestre descuberta no ano 1998 composta por dúas laxas de pedra granítica. O conxunto posúe gravados de diferente tipo, entre eles 18 cérvidos e 10 combinacións circulares”. A poucos metros do lugar existen máis petróglifos, hoxe cubertos pola maleza. No pasado o lugar sufriu extracción de pedra.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=90337)

Photo ofPetroglifos dos Mouchos

Petroglifos dos Mouchos

ÁREA DA RAN Petróglifos como os do Outeiro do Forno da Tella I outórganlle a Cuntis un importante valor no tocante aos gravados rupestres. Nel, numerosas combinacións circulares atópanse en distintas rochas, porén un dos grupos máis espectaculares amosa unha "procesión" de cérvidos que foxen dun suposto inimigo. Noutra parte desta laxe, con todo naturalismo elaboraronse outros tres (quizais bramando) e animais dispersos en actitude de busca de alimento. Algo máis ao nacente deste conxunto está o Outeiro do Forno da Tella II, no que atopamos un cervo e varios motivos circulares. No Outeiro de Vales encontrámonos con multitude de combinacións circulares, algunhas adaptadas á propia fisionomía dos penedos. Pódese contemplar incluso un pseudolabirinto, relacionado con outros motivos semellantes ou de tipo xeométrico. Non moi lonxe está o Outeiro da Costa de Vales, no que tan só un par de agrupacións circulares dan testemuño do labor espiritual e artístico da cultura da Idade do Bronce. No Monte do Moucho, próximo á estrada de Calvos a Teaño, hai un gran promontorio rochoso que ten na súa superficie unha gran combinación circular, a modo de elipse, con dúas cazoletas como centros, que lle asignan unha clara aparencia da face do animal que lle dá nome a este outeiro. Igualmente, círculos con cazoletas interiores, coviñas e outros motivos espállanse neste fermoso penedo. Na elevación denominada das Moreiras atopáronse, cando menos, até tres estacións rupestres diferentes e no Outeiro das Campás aparecen varias combinacións circulares, numerosas pías naturais e abundantes cazoletas. O motivo central confórmano unha serie de círculos concéntricos tendentes á forma elíptica, sobre uns 6 aneis traspasados por varios radios, o que lle asigna un aspecto semellante ao dunha grande arañeira.

PictographFountain Altitude 717 ft

Fonte

Fonte

PictographWaypoint Altitude 754 ft

Vilariño

Vilariño

PictographProvisioning Altitude 902 ft

Bar

Bar

PictographWaypoint Altitude 911 ft

Bragaña

Bragaña

PictographReligious site Altitude 893 ft
Photo ofIgrexa de San Fiz de Estacas Photo ofIgrexa de San Fiz de Estacas Photo ofIgrexa de San Fiz de Estacas

Igrexa de San Fiz de Estacas



Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco) o 21-09-2016
Rating: 0/5 (0 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=89118/#respond))
Tipo de ben: Igrexa
Cronoloxía: Século XIX
Parroquia: Estacas (San Fiz)
Lugar: O Casal
Propiedade: Pública, Privada
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta:
Categoría do ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta, Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles: No interior, o retablo do altar maior, datado a comezos do século XX, posúe as imaxes de Cristo crucificado, a Virxe do Rosario, San Xoán Bautista e San Fiz.
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Edificación do século XIX en estilo neoclásico feita a base de cadeirado granítico labrado e escuadrado. Posúe planta rectangular cunha soa nave, e teitume a dúas augas con pináculos nos extremos. Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso enmarcada e, por riba dela, unha fornela con arco de medio punto que acolle unha imaxe do patrón. Máis arriba unha fiestra cadrada con derrame interno. No cume da fachada aparece unha cruz pétrea de remate. No lateral da fachada destaca unha torre campanario de tres corpos. O interior da igrexa ten cuberta de bóveda de canón e unha cornixa corrida con molduras barrocas. O retablo do altar maior, de comezos do século XX, posúe as imaxes de Cristo crucificado, a Virxe do Rosario, San Xoán Bautista e San Fiz. Esta igrexa presenta a curiosidade de que o sagrario en lugar de mirar ao nacente faino ao poñente. En torno a ela podemos ver un viacrucis, un cruceiro e un pazo abacial.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=89118)

PictographWaypoint Altitude 947 ft

Magán

Magán

PictographProvisioning Altitude 912 ft

O Cuberto

O Cuberto

PictographReligious site Altitude 916 ft
Photo ofCruz de Magán Photo ofCruz de Magán

Cruz de Magán



Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco) o 22-09-2016
Rating: 0/5 (0 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=89216/#respond))
Tipo de ben: Cruceiro
Cronoloxía: Descoñecida
Parroquia: Estacas (San Fiz)
Lugar: Magán
Propiedade: Pública
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta:
Categoría do ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Ao carón da capela de Santa Lucía pódese ver esta cruz, situada nun muro dunha propiedade privada. Nace sobre unha base cadrada coas arestas rebaixadas. O varal é de sección octogonal, e a cruz de sección cadrada. Nela destacan varios gravados que representan a Paixón, entre todos eles unha escaleira e un círculo.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=89216)

PictographReligious site Altitude 929 ft
Photo ofCapela de Santa Lucía Photo ofCapela de Santa Lucía Photo ofCapela de Santa Lucía

Capela de Santa Lucía



http://www.concellodecuntis.es/index.php/ermidas-capelas-e-santuarios/santa-lucia-de-magan
Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco) o 22-09-2016
Rating: 0/5 (0 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=89210/#respond))
Tipo de ben: Igrexa
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)
Parroquia: Estacas (San Fiz)
Lugar: Magán
Propiedade: Pública, Privada
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta:
Categoría do ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta, Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Capela feita a base de cachotería granítica, con planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas. Na fachada principal pódese ver a porta de aceso protexida cun enreixado metálico de recente factura. Aos lados da mesma aparecen dúas pequenas fiestras cadradas con derrame interno, hoxe tapiadas. Por riba da porta unha fiestra cadrada con derrame interno. O conxunto remata cunha espadana dun só oco con cruz de ferro no cume. No interior destacan dúas imaxes: a de santa Lucía e a de San Bieito. Esta capela, da que xa se ten noticia da súa existencia dende o século XVI, estivo vinculada ata o ano 1836 ao señorío do mosteiro bieito de San Martiño Pinario, razón polo que aínda na actualidade se conserva unha imaxe do patriarca San Bieito.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=89210)

PictographFountain Altitude 985 ft

Fonte

Fonte

PictographReligious site Altitude 1,222 ft
Photo ofCapela dos Milagres de Requián Photo ofCapela dos Milagres de Requián Photo ofCapela dos Milagres de Requián

Capela dos Milagres de Requián



Catalogouno elixiovieites (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/elixiovieites) o 10-12-2016
Rating: 0/5 (0 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=90821/#respond))
Tipo de ben: Ermida
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)
Parroquia: Frades (Santa María)
Lugar: Requián
Propiedade: Privada
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta:
Categoría do ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Moi bo
Descrición:
Capela construída no século XVIII, aproveitando un lugar de paso por esta zona dos peregrinos que ían cara a Santiago. Ten planta de cruz latina e está feita a base de sillería e perpiaño granítico. Cuberta de tella curva no teito que vai a dúas augas, agás na caída dos corpos do transepto que vai a tres. Porta alintelada e recercada con molduras nas xambas e con orelleiras caixeadas nas esquinas superiores. Fachada con pouca decoración que amosa un van cadrado con derrame no centro, e riba del, adornos de placas na base da espadana. Remata o cume do hastial con sobrepenas e pináculos de bóla nas esquinas. Espadana de dous corpos sobre base rectangular na cimeira da fachada. Leva dous vans para as campás con arcos de medio punto e adornos de pequena balaustrada. Remata a parte superior con gablete moldurado e pináculos de bóla en esquinas, e outro no cume, do que se levanta unha cruz de forxa con catavento. Ao seu carón podemos apreciar unhas sobreiras de gran porte. A romaxe dos Milagres de Requián celébrase o 28 de agosto, convocando a milleiros de romeiros. A carón do templo hai unha fonte presidida pola imaxe da Virxe e que ten ademais na parte traseira un lugar para poñer as velas e candeas.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=90821)


https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/santuariorequian/

PictographReligious site Altitude 802 ft
Photo ofCruceiro dos Martores

Cruceiro dos Martores



Catalogouno Oscar Franco (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/oscar-franco) o 22-07-2020
Rating: 0/5 (0 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=107221/#respond))
Tipo de ben: Cruceiro
Cronoloxía: Descoñecida
Parroquia: Valga (San MIguel)
Lugar: Os Martores
Propiedade: Pública
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta:
Categoría do ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta, Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Cruceiro que nace sobre catro chanzos de secciíon cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas presenta inscricións de difícil lectura polo seu grado de erosión. O varal comeza en sección cadrada (na que podemos ver relevos cos símbolos da Paixón), e segue en sección octogonal. O capitel, de forma troncopiramidal investida con molduras, da paso a unha cruz tipo latina na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Vrxe sobre peaña no reverso.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=107221)

PictographWaypoint Altitude 790 ft

Os Martores

Os Martores

PictographReligious site Altitude 728 ft
Photo ofCapela dos Martores (San Mamede) Photo ofCapela dos Martores (San Mamede) Photo ofCapela dos Martores (San Mamede)

Capela dos Martores (San Mamede)



Catalogouno Xoán Xosé Vicente (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xoanxose) o 05-12-2016
Outra denominación: Capela de San Mamede dos Martores
Rating: 0/5 (2 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=90679/#respond))
Tipo de ben: Ermida
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII)
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: Mártores, Os
Propiedade: Pública, Privada
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta: GA36056007
Categoría do ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles: Ara romana dedicada ó deus Mercurio. Tampa de sartego de época alto-medieval. Varios sartegos de pedra con formas antropomorfas de época alto-medieval
Tradición oral: Segundo a teoría do bispo D. José Guerra Campos, natural de Ames, no seu traballo “Exploraciones arqueológicas en torno al sepulcro del Apostol Santiago” de 1982 sinala o lugar de Os Martores na parroquia pontevedresa de San Miguel de Valga, como a localización máis posible para o enterramento de Prisciliano, pois existen alí uns sarcófagos antropomorfos que poden datar do século IV, e na toponimia do lugar, “Os Martores”, que pode ser unha reminiscencia da toponimia de “Os Mártires” con que se coñecía ós mortos en Tréveris. En apoio de esta teoría podemos engadir un aporte documental: na sentencia definitiva do concilio de Toledo celebrado no ano 400 dise: “Na cidade de Toledo pertencente á provincia Carthaginensis, os bispos reúnense en Sínodo: segundo as actas, Simposio e Dictinio xunto a outros bispos galegos, seguidores de Prisciliano, asinaron unha declaración na que condenaban a súa nefasta herexía, así coma ó seu autor. Ademais tomáronse diversas medidas que concernían á disciplina eclesiástica. Neste mesmo concilio participou o bispo Ortigio, que fora ordenado en Celenis, sendo exiliado a causa da súa fe católica baixo a presión dos priscilianistas.” Estas actas son interesantes porque nos lembran a importancia do priscilianismo durante os séculos IV e V en Aquis Celenis, posiblemente a actual Caldas de Reis da que seguramente dependía a actual Valga. Guerra Campos menciona o lugar de Os Martores como unha posibilidade que debe ser investigada, posiblemente para afastar a teoría de que os restos que se atopan na Catedral de Santiago sexan os do propio Prisciliano, pero non deixa de lembrar que non existe un topónimo como “Martores” en toda Galicia aínda que si existe presenza similar como “Os Martices” en varios concellos. Sulpicio Severo, na súa crónica “Chronicorum Libri Duo” que é unha fonte de información moi importante para entender a controversia prisciliana na Galia, di que cando os corpos dos mártires foron traídos ás Hispanias eran cinco os executados en Tréveris: Prisciliano, Felicísimo, Armenio, Latroniano e Eucrocia e que foron traídos entre os anos 385 d.C. e o 400 d.C. celebrándose as exequias con grande esplendor e que incluso empezaron a venerarse como mártires , considerándose relixioso en extremo xurar no nome de Prisciliano. Segundo o bispo Hidacio (c. 400 - c. 469) despois da execución do mártir “a herexía priscinialista invadiu Galicia”.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Templo construído sobre outro anterior, posiblemente alto-medieval. O edificio actual do século XVII, consta de planta rectangular e muros de cachote con algún perpiaño, agás o da portada que é toda de perpiaño, cunha sinxela espadana que aloxa unha solitaria campá con tellado a dúas augas con tella do país. Na parte dereita da fachada ten un pousadoiro. Nunha restauración nos anos 50 atopouse unha ara romana, do século I d.C, dedicada ó deus Mercurio. Ó seu carón hai unha necrópole de época sueva con sartegos con formas antropomorfas e unha tampa que está apoiada sobre unha parede exterior.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=90679)

PictographReligious site Altitude 746 ft
Photo ofCruz do Verde

Cruz do Verde



Catalogouno elixiovieites (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/elixiovieites) o 01-02-2017
Rating: 0/5 (2 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=92841/#respond))
Tipo de ben: Cruceiro
Cronoloxía: Descoñecida
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: As Laceiras
Propiedade: Pública
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta:
Categoría do ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Cruz de granito dunha soa peza sobre un bloque de pedra irregular que lle serve de base. A sección é cuadrangular no arranque e tórnase oitavado no desenvolvemento polo rebaixe das arestas. Os extremos dos brazos rematan cuarteados. A súa altura total acada uns 2,3 m. aproximadamente. Formaba parte dun camiño sacramental que atravesaba os lugares dos Martores, Os Vilares, e As laceiras. Só se conserva esta xunto coa da aldea das Laceiras.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=92841)

PictographReligious site Altitude 806 ft
Photo ofCruz das Laceiras

Cruz das Laceiras



Catalogouno elixiovieites (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/elixiovieites) o 01-02-2017
Rating: 0/5 (2 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=92849/#respond))
Tipo de ben: Cruceiro
Cronoloxía: Descoñecida
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: As Laceiras
Propiedade: Pública
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta:
Categoría do ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Cruz de granito dunha soa peza sobre un bloque granítico irregular. A sección é cuadrangular con catro acanaladuras que percorren as arestas. Remata os brazos da cruz con extremos potenzados. Segundo a ficha do PXOM “formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba o núcleo dos Martores, Vilares e As Laceiras. Ultimamente só se conserva esta e a Cruz de Verde, no cruce dos Vilares con Laceiras.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=92849)

PictographFountain Altitude 823 ft
Photo ofFonte

Fonte

Fonte

Photo ofCastro dos Vilares

Castro dos Vilares



Catalogouno elixiovieites (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/elixiovieites) o 09-12-2016
Outra denominación: Castro de Valga
Rating: 0/5 (0 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=90805/#respond))
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro
Cronoloxía: Idade do Ferro
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: Os Vilares
Propiedade: Privada
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta: GA36056005
Categoría do ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Castro a unha altitude de 275 m. dominando unha valgada atravesada polo río Valga e rodeada polos montes Lagoa ao norte , Outeiro da Trigueira ao sur, e monte Ouroso e Outeiro da Carballeira ao leste. Nesta contorna atópanse as aldeas das Laceiras, Os Vilares e Os Martores. Componse dun recinto central elevado de forma redondeada duns 60 m. de diámetro e protexido por un parapeto dunha altura que oscila entre 1 e 2 m. aproximadamente, sendo de maior altura pola banda leste e oeste. Cara á parte exterior esta defensa configura un terraplén dunha caída duns 4 m. que rematan nun foso moi colmatado. Esta primeira liña defensiva compleméntase cun gran contrafoso a modo de muralla terrea que o percorre por toda a zona norte, e a continuación vemos unha segunda liña de foso, profunda e encaixada duns 4 m. de altura e 3 de ancho, pola cal parece que houbo unha corredoira para acceder ao monte. Na zona nordés hai unha entrada en pendente que dá acceso á coroa, e unha pequena zona de terraza ou antecastro que cae en pendentes menos acusadas que as da zona norte. Na zona sur o recinto remata no núcleo da aldea dos Vilares. A segunda imaxe desta ficha é un LIDAR-PNOA cedido por ING-Xunta de Galicia (CDIX).
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=90805)

Photo ofPetróglifo dos Penoucos de Campo Redondo Photo ofPetróglifo dos Penoucos de Campo Redondo Photo ofPetróglifo dos Penoucos de Campo Redondo

Petróglifo dos Penoucos de Campo Redondo



Catalogouno David Abella (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/david-abella) o 06-09-2011
Outra denominación: Eira dos Mouros / Chan da Lagoa / Pedra da Serpe
Rating: 4.75/5 (2 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=4697/#respond))
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre
Cronoloxía: Idade do Bronce
Parroquia: San Miguel de Valga
Lugar: Os Vilares
Propiedade: Comunal
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta: GA36056001
Categoría do ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM), Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral: Existe unha cancionciña recollida no 1979 de man do antigo alcalde de Pontecesures, Xosé Piñeiro Ares: "Campo Redondo, Campo Redondo, onde culebras e serpentes non teñen sono".
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Rocha alongada, en sentido NL-SO no que se inscribiron varios grupos de círculos concéntricos (de entre 4 e 6 círculos) con cazoleta central, do que xorden surcos a modo de radios. Hoxe consérvanse só catro deles, tres dos cales teñen un único radio. O maior é o situado máis centralmente na rocha, e contén 5 radios que parten da cazoleta central e sobrepasan o motivo concéntrico. Os radios que saen cara a parte inferior acadan aos outros dous grupos, e presentan un trazado sinuoso, similar a un serpentiforme. Aparecen tamén formas circulares illadas, asociadas a surcos que parten do seu perímetro. Outro gran grupo de motivos rupestres que destaca son os serpentiformes situados lonxitudinalmente na rocha, sobresaíndo os da súa parte esquerda, de tamaño considerable. Pequenas cazoletas, círculos concéntricos con cazoleta central, e algún surco en forma de arco, completan os motivos representados nesta estación rupestre.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=4697)

Photo ofPedra das Serpes II

Pedra das Serpes II



Catalogouno Manuel (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/manuel) o 23-11-2012
Outra denominación: Monte dos Vilares, Eira dos Nouros, Penoucos do Campo Redondo
Rating: 5/5 (0 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=29304/#respond))
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre
Cronoloxía: Neolítico
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: Os Vilares
Propiedade: Descoñecida
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta: GA36056015
Categoría do ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta, Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza?: Non
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Bo
Descrición:
Afloramento pétreo situado no cumio do outeiro no que atopamos a coñecida como Pedra das Serpes. Nunha superficie horizontal atopamos en torno a 20 coviñas e un posible círculo simple. NA mesmA contornA atópase outro petróglifo: http://patrimoniogalego.net/index.php/4697/2011/09/petroglifo-dos-penoucos-de-campo-redondo/
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=29304)

PictographWaypoint Altitude 794 ft

Fenteira

Fenteira

PictographReligious site Altitude 774 ft

Ermida de San Xoan

https://maps.app.goo.gl/FMkCnrkEhpSXgtRy5

PictographWaypoint Altitude 488 ft

Confurco

Confurco

PictographFountain Altitude 517 ft

Fonte de Confurco

Fonte de Confurco

PictographReligious site Altitude 309 ft
Photo ofCruz de Moroño Photo ofCruz de Moroño

Cruz de Moroño

Moroño

PictographFountain Altitude 303 ft

Fonte

Fonte

PictographFountain Altitude 245 ft

Fuente

Fuente

PictographReligious site Altitude 136 ft
Photo ofIgrexa de Santa María de Herbón Photo ofIgrexa de Santa María de Herbón Photo ofIgrexa de Santa María de Herbón

Igrexa de Santa María de Herbón

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/comarca-do-sar/padron/iglesia-santa-maria-herbon/
http://patrimoniogalego.net/index.php/85929/2016/05/santa-maria-de-herbon/
http://patrimoniogalego.net/index.php/107949/2020/10/cruceiro-de-herbon/

Photo ofAlbergue AGACS. Mosteiro San Antonio de Herbón Photo ofAlbergue AGACS. Mosteiro San Antonio de Herbón Photo ofAlbergue AGACS. Mosteiro San Antonio de Herbón

Albergue AGACS. Mosteiro San Antonio de Herbón

https://www.amigosdelcamino.com/la-asociacion/hospitalidad-agacs/albergue-de-peregrinos-san-antonio-de-herbon

PictographProvisioning Altitude 148 ft

Restaurante Casa Dios

Restaurante Casa Dios

Comments

    You can or this trail