Activity

VMLG 13. Herbón-Padrón-Santiago

Download

Trail photos

Photo ofVMLG 13. Herbón-Padrón-Santiago Photo ofVMLG 13. Herbón-Padrón-Santiago Photo ofVMLG 13. Herbón-Padrón-Santiago

Author

Trail stats

Distance
18 mi
Elevation gain
1,506 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
692 ft
Max elevation
916 ft
TrailRank 
45
Min elevation
15 ft
Trail type
One Way
Coordinates
402
Uploaded
December 23, 2023
Recorded
December 2023
Share

near Herbón, Galicia (España)

Viewed 64 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofVMLG 13. Herbón-Padrón-Santiago Photo ofVMLG 13. Herbón-Padrón-Santiago Photo ofVMLG 13. Herbón-Padrón-Santiago

Itinerary description

Ruta de Mosteiro de Herbon a Catedral de Santiago pasando por:
- Iglesia de Santiago de Padrón (3.0 km)
- Igrexa de Iria Flavia (3.9 km)
- Santuario de la Esclavitud (8.9 km)
- Capela de San Martiño (14.6 km)
- Puente Rio Tinto (16.7 km)
- Capilla de Santa María Magdalena (20.7 km)
- A Merced de Conxo
- Ponte da Gradicela (24.9 km)
- Parque Eugenio Granell (25.9 km)
- Fonte dos Capitáns (26.6 km)
- Colegiata de sar (27.2 km)
- Albergue Seminario Menor (27.8 km)

Waypoints

Photo ofConvento Padres Franciscanos San Antonio de Herbón Photo ofConvento Padres Franciscanos San Antonio de Herbón Photo ofConvento Padres Franciscanos San Antonio de Herbón

Convento Padres Franciscanos San Antonio de Herbón

https://www.padronturismo.gal/es/disfruta/cultura-y-patrimonio/patrimonio-religioso/convento-de-san-antonio-de-herbon/

https://www.alberguescaminosantiago.com/camino-portugues/albergues/hospital-de-peregrinos-san-antonio-de-herbon-herbon-la-coruna/

https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2015/05/convento-de-s-antonio-de-herbon-padron.html
Cruceiro de Herbón              http://patrimoniogalego.net/?p=107949  Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base en escocia dá paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue en octogonal.
A continuación o capitel, decorado con volutas.
O conxunto remata cunha cruz florenzada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso; xunto a el aparece San Francisco abrazándoo. No reverso vemos a Virxe inmaculada apoiada nunha peaña e coroada por dous anxos situados no brazo horizontal da cruz.

Ao carón do cruceiro podemos ver o Convento de Santo Antonio de Herbón e un peto de ánimas.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”. https://cruceirosdegalicia.xyz/150650302.html
https://www.obaixoulla.gal/elementos/padron/elementos-relixiosos/cruceiro-de-herbon

PictographProvisioning Altitude 148 ft

Restaurante Casa Dios

https://maps.app.goo.gl/rgDqM9Ar3bxqGM4Q7

Photo ofIgrexa Santa Maria Iria Flavia Photo ofIgrexa Santa Maria Iria Flavia Photo ofIgrexa Santa Maria Iria Flavia

Igrexa Santa Maria Iria Flavia

http://patrimoniogalego.net/?p=8970 Catalogouno Xandlinathry Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
O primeiro templo de Iria foi arrasado no século X por Almanzor. Posteriormente, no XII, o arcebispo Xelmírez ordena a súa reconstrución, converténdoa en colexiata. Desta época só se conserva a portada principal gótica, xa que despois sufriu novas reformas. Así, a actual igrexa data dos séculos XVI e XVII, sendo unha das máis antigas de Galicia e o primeiro templo mariano do mundo. Tralo descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago o 25 de xullo do ano 813 por parte do bispo Teodomiro, a súa importancia decaeu, malia que a volvería a adquirir dentro do ámbito xacobeo.

A construción, de planta lonxitudinal e tres naves separadas por piares, conta na fachada con dúas destacadas torres escalonadas e unha portada na que se representa unha adoración dos reis magos. Posúe, ademais, dúas capelas acaroadas. A do lado sur, datada no XVII, é obra do arquitecto Melchor de Velasco; e a do lado norte, do XVIII, é a do Sagrario, dedicada á Virxe de Belén.

No adro son de salientar, ademais, a gran cantidade de antigos sartegos atopados. Ata 28 bispos tiveron aquí o seu lugar de repouso eterno, contando tamén con famosos coma Rosalía de Castro, hoxe soterrada en Santiago de Compostela, e Camilo José Cela, entre outros.

A colexiata foi suprimida en 1851, quedando o templo como parroquia.     http://patrimoniogalego.net/wp-content/uploads/2011/11/102_1053-2.jpg                                          Cruceiro http://patrimoniogalego.net/?p=74742  Sartegos de Santa MarÃa a Maior de Iria
http://patrimoniogalego.net/?p=90836                   Cruceiro do Adro de Iria http://patrimoniogalego.net/?p=74758

PictographWaypoint Altitude 56 ft
Photo ofPorta dos Marinos

Porta dos Marinos

https://www.obaixoulla.gal/index.php/elementos/padron/elementos-relixiosos/cruz-da-porta-dos-marinos

PictographWaypoint Altitude 83 ft

Vilar

Vilar

PictographReligious site Altitude 121 ft
Photo ofSantuario De La Virgen De La Exclavitud Photo ofSantuario De La Virgen De La Exclavitud

Santuario De La Virgen De La Exclavitud

https://maps.google.com/?cid=10951637603112795804              Catalogouno Xandlinathry  http://patrimoniogalego.net/?p=8976                      Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O monumental Santuario da Escravitude, situado a medio camiño entre Santiago e Padrón, data do século XVIII. Como elemento salientable na fachada principal, precedida por un atrio cunha grande escalinata de acceso, destacan as dúas torres de grande altura, rematada unha delas no século seguinte ao da construción. O templo posúe planta de cruz latina e unha única nave con cabeceira cuadrangular. Destaca, tanto en altura como en planta, o cruceiro, rematado nunha lanterna ao exterior.

Segundo a lenda, a finais do século XVI o párroco de Cruces mandou colocar no lugar, enriba dunha fonte, unha imaxe da Virxe co neno, en agradecemento aos favores recibidos da santa. Anos despois, xa no século XVIII, un home enfermo que se dirixía a Santiago para pedir curación da súa hidropesía, bebeu da fonte situada baixo a escalinata do adro, curándose ás 72 horas sen tratamento médico algún. O home, agradecido, dixo a seguinte frase que lle dou o nome o santuario: “Grazas, Virxe, que me libraches da escravitude do meu mal”. Máis adiante, a igrexa comezou a construírse cun carro de bois que o agraciado doou para levantar o edificio.

PictographWaypoint Altitude 156 ft
Photo ofCruceiro de Cruces

Cruceiro de Cruces

http://patrimoniogalego.net/?p=107237           Cruceiro que nace sobre un so chanzo de sección cadrada.
A súa base cúbica de arestas rebaixadas da paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas.
Un capitel cadrado da paso a unha cruz de arestas rebaixadas e sen imaxes.

Este cruceiro atópase no Camiño de Santiago.
https://www.obaixoulla.gal/elementos/padron/elementos-relixiosos/cruceiro-de-cruces
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1506514.html

PictographReligious site Altitude 161 ft
Photo ofIgrexa de Santa María de Cruces Photo ofIgrexa de Santa María de Cruces

Igrexa de Santa María de Cruces

Catalogouno Oscar Franco  http://patrimoniogalego.net/?p=107225  Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Edificación relixiosa feita a base de cantaría granítica, con planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas con pináculos nos extremos.
A fachada principal presenta porta de aceso enmarcada e con frontón recto partido. Máis arriba unha fiestra rectangular. O conxunto remata cunha torre campanario dun só corpo nun dos laterais.  https://www.obaixoulla.gal/elementos/padron/arquitectura-relixiosa/igrexa-de-santa-maria-de-cruces                                          Cruceiro II da Igrexa de Santa MarÃa de Cruces http://patrimoniogalego.net/?p=107233                 Cruceiro I da Igrexa de Santa MarÃa de Cruces http://patrimoniogalego.net/?p=107229

PictographProvisioning Altitude 64 ft

Taberna O Tallón

https://maps.app.goo.gl/Humh2EQQr1Ucwk7L9

PictographMonument Altitude 209 ft
Photo ofPazo do Faramello Photo ofPazo do Faramello Photo ofPazo do Faramello

Pazo do Faramello



www.pazofaramello.com
https://goo.gl/maps/vnwezHKb6b82   Catalogouno Xose Troiano http://patrimoniogalego.net/?p=97717  Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Pazo do Faramello é un edificio de comezos do século XVIII de estilo barroco compostelano civil, con marcadas influenzas italianas que delatan a súa orixe xenovesa do seu fundador, o Marqués de Piombino.
Situado en pleno corazón da Comarca do Sar, encóntrase equidistante en 12 km de Padrón e de Santiago de Compostela, e ademais é o derradeiro pazo atravesado polo Camiño de Santiago portugués antes de chegar á capital compostelana.
A finca abarca unha superficie de 126.000 m2 e o edificio principal supera os 2100 m2 magníficamente construidos. Destaca entre a élite dos grandes pazos galegos pola súa orixe industrial, xa que se fundou a partires da Real Fábrica de Papel do Faramello, 1710, pioneira e abandeirada da industria galega por máis de dous séculos e da cal, aínda se poden visitar os antigos muíños coas seus correspondentes apeiros.
O Pazo está construído en terrazas sobre o canón do río Tinto, adaptandose por tanto ó terreo, en principio tiña forma de “T” o cal engadiríase outra edificación pola súa parte norte. Consta de planta baixa máis un andar superior que está cinguido por unha fraga milenaria de carballeira xacobea en fráxil equilibrio, pero mantida en perfecto estado e en permanente recuperación. Este esforzo de conservación vese ampliamente recompensado coa asombrosa biodiversidade do lugar; lontras, búfos, garzas reais, parrulos silvestres, troitas, rás, esquíos, furóns, martiños pescador, raposos vermellos, especies amenazadas como o lagarto das silveiras de cor turquesa atopan no Faramello un reduto de protección. Ademais nos xardíns atópase un dos acibros máis antigos do país, símbolo que se inclúe no escudo do concello de Rois.
Abundan as referenzas históricas e literarias do Pazo, nas súas antigas cabaleirizas albergouse o arsenal contra as tropas francesas nas revoltas do 2 de xuño de 1808 e foron referenza literaria dalgúns dos máis ilustres escritores galegos (Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Cela…). Cabe destacar que é un dos entornos principais da novela de Alejandro Pérez Lugín “La casa de la Troya”, de 1915, reflexo estudiantil da nobreza compostelana e, na súa época, unha das novelas máis lidas do castelán.
Emblema galaico, cabe sinalar que o pazo descansa baixo os pés do lendario castro celta da Raina Lupa.
O Pazo do Faramello serviu de residencia estival da S.M. o Rei Alfonso XIII e do Infante D. Luís de Baviera nas súas visitas a Santiago.
O Señor do Faramello ostenta a honra, endexamais exercido, de poder entrar na Catedral de Santiago a cabalo, dereito outorgado por Privilexio Real no ano 1815. http://patrimoniogalego.net/?p=98041 http://patrimoniogalego.net/?p=98032
http://patrimoniogalego.net/?p=98037

Photo ofCastro lupario

Castro lupario

http://patrimoniogalego.net/?p=20702
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval, Descrición: Tamén é coñecido este castro co nome de Castro de Francos, por estar cerca do lugar da parroquia de Calo, que leva ese nome e pertence ao concello de Teo. Outro nome é o de castro de Beca (Brión) e tamén do Faramello (Rois) segundo a aldea que se tome de referencia. Administrativamente atópase dividido nos concellos de Rois e Brión, pertencendo a maior parte a este último. O recinto castramentado está a uns 140 metros de altitude, sobre un monte que domina o entorno e os vales do Sar e o río Tinto. Chégase a acrópole por un camiño empedrado pola zona norte, sendo esta a única entrada ao recinto coñecido como a “Eira dos Mouros”. Vemos rodeando o recinto unha muralla que está relativamente en bo estado e que ten alturas e ancho diferentes segundo o treito que atravesa. No seu interior está unha ampla plataforma de 1,4 ha. cruzada por murallas que posiblemente pertenceran a unha fortaleza medieval que dominaría o paso por unha antiga vía que atravesaba pola Ponte de Francos sobre o río Tinto en dirección ao val da Amaía. Atribúese a este castro a lenda medieval da residencia da raína Lupa, relacionado co mito xacobeo da traslación do Apóstolo a terras de Santiago. A descrición máis antiga que se coñece é a de M. Castellá Ferrer en 1610 (segundo nos apunta Clodio González Pérez no seu libro da historia e cultura de Brión): “Residía lupa en un castillo, y Fortaleza suya, rodeado de gruesa murallas, que aun tiene doce piez de ancho en algunas partes, dentro de la qual ay tanta capacidad, que cabe un escuadrón de quatro mil hombres, y más: aun ay oy día grandes pedaços della, en partes tiene altor de una pica (q. quiera Dios conservar estas memorias para honor de su Apóstol). Tenía el Castillo en medio desta plaça, cuyos cimientos se ven ora, y desde la entrada de la primera muralla se yva a el por una calle estrecha de ocho pies de ancho, hecha de uno, y otro lado con gruessa muralla..” Como sucede en moitas acrópoles houbo aquí unha parroquia documentada na idade media coñecida por San Antonini de Castro que foi unha das igrexas que recibiu diego Xelmírez do seu irmán Munio. Xa non existía no século XVII, pois en 1635 o visitador diocesano ordenou a súa destrución por estar en estado ruinoso, e que se puxera unha cruz no seu lugar. Fernando Acuña Castroviejo e Milagros Cavada realizaron a escavación máis documentada que se coñece. Atopáronse nel gravados esculturas cerámicas e moedas, e afirman que dentro da eira dos mouros hai restos de muros, entre os que destacan os dunha construción rectangular de case setenta metros de longo por uns corenta de ancho. Destacan tamén entre os achados unha talla de cabeza humana que estivo no museo das peregrinacións en Santiago de Compostela, agora en paradoiro descoñecido, segundo afirma Francisco Calo Lourido no seu libro “A Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa” . PXOM Rois: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349PB006.jpg PXOM Brión: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA002.pdf (páxina 9 de 24) http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf (páxina 6) Outros enlaces sobre: Gravuras en : http://www.csarmento.uminho.pt/docs/ndat/rg/RGVE1999_042.pdf (pax. 2) Lenda da Raiña: Lupa en “Mouros, Animas y Demonios” de Mar linares García, (páxina 57 e ss.) www.terrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=324&idNoticia=495166 https://www.rois.gal/es/conece-rois/patrimonio-cultural/patrimonio-arqueoloxico/

PictographMountain hut Altitude 241 ft
Photo ofAlbergue de Peregrinos de Teo

Albergue de Peregrinos de Teo

https://www.alberguescaminosantiago.com/camino-portugues/albergues/albergue-de-peregrinos-de-teo-de-la-xunta-de-galicia-o-faramello-la-coruna/

PictographTree Altitude 331 ft
Photo ofCarballeira de Francos

Carballeira de Francos

http://patrimoniogalego.net/?p=98057 Carballeira situada ó carón do Camiño Portugués a Santiago de Compostela. Nunha parte desta carballeira sitúase o Campo da Feira, onde se celebra a feira cabalar de San Martiño como cada 11 de novembro desde comenzos do século XVI. Comezaron sendo tres feiras en distintas épocas do ano, da que só se conserva a que se celebra en novembro. Ademais da actividade própia da feira, é tradición de toda bisbarra vir aquí a comer polbo. Esta feira foi moi importante en séculos pasados aproveitándose da proximidade da estación do tren de Osebe para exportar gando a toda península. Moi perto está o Cruceiro do século XII que está incluído no libro de Castelao e tamén a capela de San Martiño da Rúa de Francos.

PictographReligious site Altitude 811 ft
Photo ofCapela da Magdalena

Capela da Magdalena

http://patrimoniogalego.net/?p=50575                   Capela de planta rectangular con corpo engadido na cabeceira. Feita con muros de perpiaños e tellado a dúas augas. Na fachada leva porta alintelada e remata na parte superior en pequeno beirado cunha base cadrada da que arranca a espadana de dous corpos. O principal leva dous vans para as campás con arco de medio punto e o de enriba é un pequeno edículo con oco en forma de ovalo para adornar o cume e que remata con lados redondeados e unha cruz de forxa no cume . Tanto a espadana como os remates laterais da fachadas levan pináculos de bóla. Pola súa situación nun outeiro, esta ermida de orixe románica, era o punto no que vían as torres da catedral por vez primeira os peregrinos que facían o camiño Portugués.
Para algúns autores, o topónimo do Milladoiro , onde está a capela, lembra a existencia dun “humilladoiro” do Camiño de Santiago. Aquí os peregrinos que chegaban pola ruta marítima e o Camiño Portugués ao ver as torres da catedral compostelana, axeonllábanse e daban grazas a Deus por poder acabar o camiño.
Outros especialistas no camiño sinalan que recibiría o seu nome pola existencia dun “amilladoiro”, una morea de pedras que deixaban os peregrinos que facían o camiño. Os romeiros deixarían, no primeiro lugar de avistamento da Catedral, unha pedra traída desde a súa terra natal, para que fose testemuño da súa camiñada para que cando chegase o momento do Xuízo Final, as pedras falasen ao seu favor dando conta da súa devoción e peregrinaxe a Compostela  http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA009.pdf
(pax. 5 de 5 do pdf)
https://confrariadamadalena.wordpress.com/historia-do-milladoiro/

PictographReligious site Altitude 637 ft
Photo ofCruceiro do Churruchao Photo ofCruceiro do Churruchao

Cruceiro do Churruchao

http://cruceirosdegalicia.xyz/1507816.html

PictographReligious site Altitude 334 ft
Photo ofCapela do Santo Martiño / Capilla de San Martín Photo ofCapela do Santo Martiño / Capilla de San Martín

Capela do Santo Martiño / Capilla de San Martín

http://patrimoniogalego.net/?p=100204  Edificación feita a base de perpiaño granítico, con planta rectangular e cuberta a dúas e catro augas.
Na fachada podemos ver unha porta de acceso enmarcada, oco onde se podería ver unha imaxe, xanela e unha pequena espadana dun só oco con remate en cruz pétrea e pináculos de bóla nos extremos.
No seu adro existe un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/97527/2017/11/cruceiro-da-capela-de-san-martino-de-rua-de-francos/#comment-6241)   http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TEO/documents/27387CA302.pdf (Páxina 1)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

http://www.upmilladoiro.org/capilla-de-san-martino-de-francos/

PictographReligious site Altitude 675 ft
Photo ofIgrexa da Mercé de Conxo

Igrexa da Mercé de Conxo

http://parroquiadeconxo.blogspot.com/ 
http://www.mercedarios.net/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2021/03/01/virgen-conxo-700-anos-obra-taller-esculpio-salome/0003_202103S1C2991.htm?fbclid=IwAR0m0LOXxqmYNwXazKex3dt8P51exRQEu8uLI529hr6nUGWf79LH2jBHymY
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2020/06/15/hallan-talla-virgen-angeles-150-kilos-rio-sar/00031592214627892151675.htm http://parroquiadeconxo.blogspot.com/p/historia-de-conxo_19.html

PictographPark Altitude 660 ft
Photo ofSenda Río Sar - Parque peatonal 'Eugenio Granell'

Senda Río Sar - Parque peatonal 'Eugenio Granell'

https://compostelaverde.santiagodecompostela.gal/places/parque-eugenio-granell/

PictographReligious site Altitude 687 ft
Photo ofColexiata de Santa María de Sar

Colexiata de Santa María de Sar

https://www.wikiwand.com/es/Colegiata_de_Santa_Mar%C3%ADa_del_Sar   http://patrimoniogalego.net/?p=48836                   Tratase dun templo románico de planta basilical de tres naves do século XII no que traballou entre outros, o taller do Mestre Mateo. Ten adosado un elaborado claustro, pois orixinariamente foi un mosteiro da orde de San Agustiño, e sería o primeiro desta orde en Galicia.
Os muros, co paso do tempo vironse afectados pola presión, e no século XVIII, para evitar un posible derrubamento, acaroáronselle unha serie de arcobotantes de certa embergadura, visibles sobre todo pola parte exterior, que pasaron a darlle unha apariencia moi característica.
http://www.colegiatadesar.com/
http://cultura.xunta.es/imxd/programa/doc/1350635148121004BICGALICIA.pdf

PictographBridge Altitude 686 ft
Photo ofMuseo Da Colexiata Do Sar Photo ofMuseo Da Colexiata Do Sar

Museo Da Colexiata Do Sar

https://www.santiagoturismo.com/museos/museo-da-colexiata-do-sar

PictographMountain hut Altitude 843 ft
Photo ofAlbergue Seminario Menor

Albergue Seminario Menor

http://www.alberguesdelcamino.com/santiago/albergue-seminario-menor

PictographReligious site Altitude 860 ft
Photo ofSantuario da Virxe do Portal

Santuario da Virxe do Portal

https://www.santiagoturismo.com/rutas/convento-de-clausura-de-santa-maria-de-belvis
https://goo.gl/maps/Dgi7tAHQbrUqmLvk7                  

PictographReligious site Altitude 885 ft
Photo ofIgrexa de San Félix de Solovio Photo ofIgrexa de San Félix de Solovio Photo ofIgrexa de San Félix de Solovio

Igrexa de San Félix de Solovio

http://patrimoniogalego.net/?p=20634                   As orixes lexendarias deste templo relaciónano co oratorio onde o eremita Paio levaba unha vida de retiro e oración, cando, alá polo 813, unhas luminarias que considerou milagrosas indicáronlle a ubicación da tumba do apóstolo Santiago. A primeira igrexa, da época do bispo Sisando, foi destruída na azeifa de Almanzor, no 997, e máis tarde reconstruída polo arcebispo Xelmírez, no ano 1122, en estilo Románico.

Da fábrica románica non queda a penas nada. A portada conta cun arco de medio punto con dobre arquivolta decorada con lóbulos de ferradura, e unha chambrana de botóns engarzados con entrelazos. Apoiase en dous pares de finas columnas nos derrames, con basa sobre zócalo, fuste liso e capiteis pseudocorintios, con cimacio decorado con rosetas e grecas en zigue-zague. O tímpano, de estilo gótico, data de 1316 segundo consta na inscrición do lintel, e é obra do mestre F.París. Representa a Epifanía, coa Virxe no centro e o neno no colo, e á súa dereita os tres magos, un deles axeonllado e ofrecendo ao Neno un regalo. Ao outro lado aparecen San Xosé sentado sobre un escano e apoiado nun caxato, e outra figura axeonllada en actitude reverente, identificada como Xoan de Ben, o mecenas da obra.

No século XVII, a igrexa sufriu unha fonda remodelación da man do mestre Simón Rodríguez, prolongándose a nave central e engadindo dúas laterais, separadas con pilares. A nave central ten cuberta de madeira, mentres que as laterais e o presbiterio cúbrense de bóveda de aresta en tramos separados por arcos faixóns que descansan en ménsulas á altura da imposta. Tamén se construíu unha pequena torre de sinos no alto do pincho da fachada, erguida sobre unha pequena base cadrada, á que se lle suma un corpo con catro vans, decorados con placas que van aumentando o seu grosor ata soster unha cornisa voada, de xeito que a parte alta da torre ten máis volume que a súa base. A torre remátase cunha cupuliña de gallóns con parellas de pináculos en forma de piña nas esquinas. Este xogo de volumes invertidos, que xoga coa idea de inestabilidade e desequilibrio, será moi imitado noutros campanarios de Compostela e de Galicia, e dará sona ao arquitecto, que tivo en San Fiz o seu primeiro encargo importante.
Cruceiro de San Fiz de Solovio  http://patrimoniogalego.net/?p=87599 
   Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular ramatado cun bocel. O varal é cadrado con chafráns e cunha cartela con inscricións. Debaixo desta cartela, no varal, ten outra inscrición que pon: “ANO DE 1718” Ten un capitel cuadrangular moldurado que soporta unha cruz circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, as mans abertas e o pé dereito sobre o esquerdo. Ten a cabeza cara adiante cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e situada sobre unha peaña con cartela. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación ademáis, este cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Antigamente, coñecíase a este cruceiro como cruceiro de Ramírez, ergueuse en 1718, como ben marca no varal, na actual zona do ensanche, no contorno da praza Roxa. Foi trasladado logo á praciña de Fonseca e, anos máis tarde, ao lugar que hoxe o podemos ollar. Rosalía de Castro escribeu un poema sobre este cruceiro incluída no capítulo IV de Follas Novas.

PictographReligious site Altitude 902 ft
Photo ofIgrexa de San Benito do Campo

Igrexa de San Benito do Campo

http://patrimoniogalego.net/?p=19970                    Hai referencias á existencia dunha igrexa no lugar da Praza do Campo dende finais do século X, nos tempos de San Pedro Mezonzo. Este templo foi reconstruído por completo polo bispo Xelmírez no século XII en estilo románico, e posteriormente reformado no século XIV. Pero foi nos tempos do arcebispo Malvar, a finais do século XVIII, en que se decidiu a reforma completa do edificio, abaténdoo por completo e refacéndoo en estilo neoclásico, que é como se amosa hoxendía.

A traza do edificio é do arquitecto Melchor de Prado Mariño, seguindo as pautas do neoclasicismo imposto dende a Academia de Belas Artes de San Fernando. A fachada é dunha xeada sobriedade, enmarcada entre dúas grandes pilastras de perpiaño lisas, sen basa nin capitel, que sosteñen un entaboamento igualmente liso. Estre estas ábrese a porta, con arco alintelado, coroado por unha cornixa moldurada, e sobre ésta, un tragaluz semicircular. Sobre o entaboamento instálase un frontón triangular liso, sen decoración algunha, e sobre o pincho, érguese un pequeño campanario octogonal.

O interior conta cunha soa nave que, quizais como reminiscencia do primeiro edificio románico, cúbrese con bóveda de canón dividida por arcos faixóns en catro tramos. Os faixóns apóianse en pilastras adosadas aos muros, e entre elas ábrense pequenos nichos laterais enmarcados en arcos formeiros, que acollen altares e pinturas. A liña de imposta é remarcada por un amplo entaboamento. A iluminación procede dos lunetos abucinados que, sobre a imposta, se abren a través da bóveda, en cada un dos tramos en que se divide. O presbiterio sepárase da nave por un arco triunfal sostido por pilastras lisas, no que se pode ler en letras douradas as verbas do Salmo 84 “beati qui habitant in domo tua, domine, in sæculum sæculi laudabent te”. A ousía, semicircular, divídese en cinco tramos por pilastras, decorados cada un con pinturas. A bóveda tamén está pintada, aínda que a feluxe dos séculos escureceu a obra ata facela irrecoñecible.

No interior, ademais das interesantes pinturas, tamén se conservan vestigios da primeira igrexa románica, coma os tímpanos con escenas da Anunciación e da Epifanía, en relevo policromado. Tamén destacan as tallas barrocas de San Antón, San Xoán Bautista e San Xosé.

PictographReligious site Altitude 876 ft
Photo ofSanta Maria da Corticela Photo ofSanta Maria da Corticela

Santa Maria da Corticela

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26567/igrexa-de-santa-maria-a-antiga-da-corticela?langId=es_ES&tp=8&ctre=31   http://patrimoniogalego.net/?p=54577  Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
A igrexa de Santa María A Antiga formaba parte dun antigo mosteiro da “Corticela”, fundación do obispo Sisnando I, a finais do século IX, sen que se poida descartar unha orixe máis antiga, en relación co “descubrimento” da Tumba de Santiago. A primitiva Corticela tiña tres alturas dedicadas a San Esteban, San Silvestre e Santa Columba, advocacións que axiña desaparecerían e que pasaría á advocación de San Martiño, aló polo século X, levantando un oratorio ó final da centuria coa autorización do bispo Pedro de Mezonzo. Esta nova igrexa construíuse trala destrucción da primitiva polo caudillo musulmán Almanzor en agosto do ano 997. O primitivo templo prerrománico, seguindo o modelo da igrexa xacobea de Afonso III, consagrada no 899, a súa cabeceira organizaríase cun presbiterio cuadrangular, único e de amplas proporcións, que iluminaría unha aula de tres curtas naves, separadas por piares de sección rectangular, onde catro dos seus ábacos serven de soleira de cimentación a unha das columnas actuais. A cuberta de madeira cóbrese con teitume de madeira a dúas augas, as laterais faríano a unha.
O edificio existente mantén, a pesar das reconstrucións sufridas ó longo dos séculos, en particular a que seguíu á devastación de Almanzor, que debeu repetir fielmente a proposta inicial, e que tamén semella ter condicionado a efectuada a mediados do século XIII, que conforma a fábrica actual.
Da antiga fábrica, á parte o mantemento de boa parte da planta e a concepción xeral dos seus volumes, quedan os antes nomeados ábacos, descubertos durante a restauración feita no ano 1966.
Durante o episcopado de don Juán Arias (1238-1266), a Corticela sufreu unha profunda remodelación que parece manter unha parte significativa da antiga planta e dos seus alzados, malia reducirse a dous os tres tramos primitivos e de separarse mediante esveltas columnas, con capiteis de follas. Tamén se intensificou a iluminación cenital coa apertura de óculos sobre o arco triunfal do presbiterio e a portada occidental. A maior modificación posterior foi o engadido das dúas capelas laterais, de desiguais proporcións e absoluta austeridade ornamental que, paradoxicamente, reforzan a apariencia prerrománica do edificio.
A capela de san Nicolás do cruceiro catedralicio está estreitamente relacionada coa Corticela. Se a súa construcción obrigou a corta-la lonxitude das súas naves, finalmente converteuse en paso obrigado entre a Catedral e a antiga igrexa monacal, non sendo obstáculo sequera, as acusadas diferencias de nivel entre ambas, salvándose cunha sinxela escalinata sobre a que se levanta unha magnífica portada, unha pequena xoia dos seguidores do Mestre Mateo. As súas arquivoltas, de medio punto, presentan unha extraordinaria decoración vexetal que enmarca a Epifanía do tímpano. Como as figuras de María co Neno, Xosé e o primeiro dos Magos están tallados en pezas independentes encaixadas no tímpano, segundo a técnica empregada no propio Pórtico da Gloria.
Este fermoso templo, apéndice da catedral de Santiago é, dende tempo inmemorial, parroquia de estranxeiros e vascos. No seu interior, a planta basilical fórmana tres naves, ollando como a central adquire unha gran altura iluminándose con profundos ventanais; mentres cas naves laterais, tamén co artesonado de madeira e a unha vertente como xa comentaramos,fican moito máis baixas e ilumínanse a través dos ventanais abertos nos seus muros. Destaca tamén a pía bautismal gótica e bronces do escultor compostelano Jesús León, un sarcófago con lauda en “stola antropomórfica” do século VI, da necrópole cristiana, do subsolo da Catedral e máis detalles interesantes.

Comments

    You can or this trail