Activity

VMLG.13b.Herbon -Brion- Negreira

Download

Author

Trail stats

Distance
23.92 mi
Elevation gain
2,251 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,745 ft
Max elevation
924 ft
TrailRank 
15
Min elevation
7 ft
Trail type
One Way
Coordinates
581
Uploaded
December 24, 2023
Recorded
December 2023
Be the first to clap
Share

near Herbón, Galicia (España)

Viewed 30 times, downloaded 2 times

Itinerary description

Ruta de Herbón a Albergue de Negreira pasando por:
- Igrexa de Iria Flavia (3.5 km)
- Santuario de la Esclavitud (8.7 km)
- Faramello
- Ponte Paradela (14.6 km)
- Ponte Vidaloiso (17.8 km)
- Igrexa de Santa Minia (24.8 km)
- Torres de Altamira (27.2 km)
- Igrexa de Trasmonte (29.8 km)
- Ponte Maceira (31.9 km)
- Igrexa de Santa María de Portor (33.3 km)
- Albergue Negreira (37.3 km)

Waypoints

PictographBridge Altitude 248 ft

Puente medieval sobre Río Tinto



Puente Romano De Paradela
https://goo.gl/maps/Wi5t416YnFN2  Catalogouno Xandlinathry http://patrimoniogalego.net/?p=5186 Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:
Antiga ponte de posible orixe romana ou medieval que se ergue sobre o río Tinto na zona divisoria dos concellos de Brión e Teo. É moi posible que formara parte do camiño dos peregrinaxes en dirección a Santiago de Compostela e tamén das rutas de comercio antigas para salvar o paso polo río.
Trátase dunha pequena construción de cantaría de granito cun só arco de case cinco metros de lonxitude.
Hoxe en día é unha area de lecer, e curiosamente o Camiño de Santiago non se aproxima ata aquí. Pode que sexa por motivos de conservación, pero debería ser un monumento digno de ser visitado e non olvidado.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TEO/documents/27387CA621.pdf

Castro Lupario



https://goo.gl/maps/xX1SmqiDCsp  Catalogouno elixiovieites http://patrimoniogalego.net/?p=20702   Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición:
Tamén é coñecido este castro co nome de Castro de Francos, por estar cerca do lugar da parroquia de Calo, que leva ese nome e pertence ao concello de Teo. Outro nome é o de castro de Beca (Brión) e tamén do Faramello (Rois) segundo a aldea que se tome de referencia. Administrativamente atópase dividido nos concellos de Rois e Brión, pertencendo a maior parte a este último. O recinto castramentado está a uns 140 metros de altitude, sobre un monte que domina o entorno e os vales do Sar e o río Tinto. Chégase a acrópole por un camiño empedrado pola zona norte, sendo esta a única entrada ao recinto coñecido como a “Eira dos Mouros”. Vemos rodeando o recinto unha muralla que está relativamente en bo estado e que ten alturas e ancho diferentes segundo o treito que atravesa. No seu interior está unha ampla plataforma de 1,4 ha. cruzada por murallas que posiblemente pertenceran a unha fortaleza medieval que dominaría o paso por unha antiga vía que atravesaba pola Ponte de Francos sobre o río Tinto en dirección ao val da Amaía. Atribúese a este castro a lenda medieval da residencia da raína Lupa, relacionado co mito xacobeo da traslación do Apóstolo a terras de Santiago. A descrición máis antiga que se coñece é a de M. Castellá Ferrer en 1610 (segundo nos apunta Clodio González Pérez no seu libro da historia e cultura de Brión): “Residía lupa en un castillo, y Fortaleza suya, rodeado de gruesa murallas, que aun tiene doce piez de ancho en algunas partes, dentro de la qual ay tanta capacidad, que cabe un escuadrón de quatro mil hombres, y más: aun ay oy día grandes pedaços della, en partes tiene altor de una pica (q. quiera Dios conservar estas memorias para honor de su Apóstol). Tenía el Castillo en medio desta plaça, cuyos cimientos se ven ora, y desde la entrada de la primera muralla se yva a el por una calle estrecha de ocho pies de ancho, hecha de uno, y otro lado con gruessa muralla..”
Como sucede en moitas acrópoles houbo aquí unha parroquia documentada na idade media coñecida por San Antonini de Castro que foi unha das igrexas que recibiu diego Xelmírez do seu irmán Munio. Xa non existía no século XVII, pois en 1635 o visitador diocesano ordenou a súa destrución por estar en estado ruinoso, e que se puxera unha cruz no seu lugar.
Fernando Acuña Castroviejo e Milagros Cavada realizaron a escavación máis documentada que se coñece. Atopáronse nel gravados esculturas cerámicas e moedas, e afirman que dentro da eira dos mouros hai restos de muros, entre os que destacan os dunha construción rectangular de case setenta metros de longo por uns corenta de ancho. Destacan tamén entre os achados unha talla de cabeza humana que estivo no museo das peregrinacións en Santiago de Compostela, agora en paradoiro descoñecido, segundo afirma Francisco Calo Lourido no seu libro “A Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa” .

PictographWaypoint Altitude 179 ft

Cruceiro de Beca

http://patrimoniogalego.net/?p=100209
Catalogouno Oscar Franco  Descrición:
Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base, de sección cúbica e arestas rebaixadas, dá paso a un varal de sección octogonal que remata nun astrágalo.
O capitel moldurado posúe relevos de volutas e anxos cos ás nas catro caras.
O conxunto remata nunha cruz florenzada con cotón central. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe Inmaculada coas mans entrelazadas no reverso.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA008.PDF (Páxina 11)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1501306.html

PictographWaypoint Altitude 189 ft

Petróglifo do Monte Pumariño

Catalogouno ELIXIOVIEITES http://patrimoniogalego.net/index.php/79574/2015/11/petroglifo-do-monte-pumarino/ Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Petróglifo que se compón dunha serie de 15 combinacións de círculos concéntricos de diferentes tamaños, entre 2 e 4 círculos, varios círculos simples, liñas e sucos que unen as combinacións, e pequenas agrupacións de coviñas, máis dúas pequenas cruces. Posiblemente haxa máis motivos na laxe, pero baixo a terra. Algúns deles poderían haber desaparecio pola cimentación da torreta do tendido eléctrico que hai ao seu carón. Os gravados están moi erosionadas.
A foto principal é da autoría de Colectivo A Rula (https://colectivoarula.wordpress.com/) http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA028.pdf
pax. 24

PictographWaypoint Altitude 174 ft

Cruceiro de Chave de Ponte

http://patrimoniogalego.net/index.php/25579/2012/09/cruceiro-de-chave-de-ponte/

PictographBridge Altitude 92 ft

Ponte Vidaloiso

Ponte Vidaloiso

PictographWaypoint Altitude 195 ft

Vila Romana de Cirro

Catalogouno elixiovieites  http://patrimoniogalego.net/?p=25926  Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Nun eido particular atopáronse no ano 1963, no lugar Cirro, na leira de Tallas,os restos dun hypocaustum (forno de calefacción) con pavimento de baldosas de barro vermello así como os comezos das pilastras elaboradas con ladrillos cadrados. O achado foi datada nos séculos II e IV. No informe que Chamoso Lamas fixo en Xaneiro de 1964 pódese ler que unha vez examinados os restos podíase manifestar que era un Hypocaustum pavimentado con grandes baldosas de ladrillo que servía para quecer o aire co lume que se acendía na contigua exedra de cantería. Tamén apareceron os arranques das columnas, repartidos simetricamente, formados por pequenos ladrillos cadrado que sostiñan o pavimento superior da cámara. Está nunha finca privada o que dificulta a visita e a obtención de fotos.Tamén se consideraba que era este hypocaustum o achado romano máis cercano aos restos atopados da mesma época nas escavacións da catedral de Santiago. Foto El Correo Gallego xanerio de 1964 http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
(pax. 27)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA023.pdf
(3 de 3)
plano
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/22239pl105.jpg
( na aldea de Cirro, no punto coa referencia X-10)
Sobre as vías romanas por esta zona
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2374

PictographWaypoint Altitude 167 ft

Aguas Ferreas

http://patrimoniogalego.net/index.php/45690/2013/06/fonte-de-augas-ferras/  Descrición:
Entre as aldeas de Soigrexa e Estrar hai un manancial de augas ferras. A fonte vai nun espazo cadrado con chan de pedra e rodeado de muros de contención para evitar o seu afundimento, dado que está máis baixo que o terreo. Ten unhas escaleiras para baixar á fonte, que se compón dunha pequena fronte de pedra composta por un perpiaño que remata con forma redonda, e do que sae unha pequena canle tallada nunha pedra pola cal verte a auga. Unha das características destas fontes é o tinguido de óxido férrico nas pedras en que cae a auga. Esta fonte pasa por deitar manar auga medicinal debido a condición e composición das súas augas. A pouca distancia desta fonte existe outra de augas sulfurosas ao pé do Balneario do Tremo e con acceso público. Páxina do pxom do Brión do 2003
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA004.pdf
( pax 29 de 31)

PictographWaypoint Altitude 227 ft

Pazo do Armental

http://patrimoniogalego.net/index.php/27449/2012/10/pazo-do-armental/  Descrición:
O pazo está entre as aldeas de Soigrexa e Senín e pertence a familia Rivero de Aguilar. A edificación é de planta rectangular tipo bloque e cuberto a catro augas. Feita de perpiaño e con disposición regular de vans acompañados de escudos heráldicos. Perpendicular ao centro da edificación sitúase un corredor elevado protexido por unha varanda de pedra que comunica o pazo coa magnífica finca. Unha ampla arcada debaixo do corredor comunica dous patios definidos pola edificación. Outras elementos que compoñen o conxunto son : a casa vivenda do caseiro, pendellos, hórreo, fontes, cruceiros, un pombal octogonal, ademáis de bancos e mesas de pedra. Ten unha boa forxa metálica nos portais de acceso.
E un bo exemplo da tipoloxía de pazo que podemos ver polo país. A ficha do pxom de Brión recomenda a inclusión deste pazo dentro das unidades didácticas que teñan por obxecto o desenvolvemento da materia do Coñecemento do Medio
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA022.pdf
( páxinas 19, 20, 21,22 de 28)

PictographWaypoint Altitude 271 ft

SANTUARIO DE LOS ANGELES

http://patrimoniogalego.net/index.php/6390/2011/10/igrexa-de-santa-maria-dos-anxeles/ Catalogouno elixiovieites Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A freguesía de Santa María dos Ánxeles foi chamada ata o s. XVI como Santa María de Pérros. Coa penetración do castelán, este topónimo, foi considerado inxurioso e substituíuse o topónimo, que parecía denominar aos cans, polo nome dunha pequena aldea, Os Ánxeles, na que había unha capela, que foi clausurada e a súa imaxe trasladada á igrexa parroquial. A igrexa actual foi construída no s. XVIII. Gloria Gende Franqueira distingue dúas tempadas no actual templo, a primeira dende 1748 ata 1755, e a segunda, dende 1772 a 1778. O proxecto poidérase deber a Francisco Antonio Fernández Sarela, pai do máis coñecido Clemente Fernández Sarela, autor da fachada da Casa do Cabido na praza da Quintana. A súa planta é rectangular e dunha única nave con ábsidas laterais. O máis representativo é a súa fachada principal, que segue o esquema das igrexas barrocas do rural galego. Nesta aparece unha grande portada sobre a que se abre unha fornela coa imaxe da Virxe. Sobre esta disponse un reloxo. O conxunto aparece franqueado por unha torre campanario de estilo barroco.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA005.pdf (Pax 4)
http://patrimoniogalego.net/?p=27461 http://patrimoniogalego.net/?p=27549

PictographWaypoint Altitude 215 ft

Cruceiro do Campo das Bailas

http://patrimoniogalego.net/index.php/27549/2012/10/cruceiro-do-campo-da-bailas/

PictographWaypoint Altitude 295 ft

Centro de salud de Brión

http://sergas.es/
+34 981 88 77 01

PictographWaypoint Altitude 317 ft

Casa do Campo

Catalogouno ELIXIOVIEITES http://patrimoniogalego.net/index.php/26225/2012/09/casa-do-campo/#respond  Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A casa Campo ten planta rectangular, pero constituída por dous corpos. Un deles está elevado a modo de Torre e é máis curto que o outro, amosa no primeiro andar unha gran balconada de forxa con dúas ventás . No outro corpo as ventás e as portas están estruturando a fachada dunha maneira rítmica e simétrica . Feita con cachote de diverso tamaño e con perpiaño de labra no contorno dos vans. O edificio contribúe coa súa traza horizontal e o seu sobrio deseño ao entorno da Carballeira de Santa Minia.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA012.pdf (21 de 53)

PictographReligious site Altitude 383 ft

Ermida e Carballeira De Santa Minia

http://patrimoniogalego.net/index.php/2221/2011/06/ermida-e-carballeira-de-santa-minia-2/ (http://patrimoniogalego.net/index.php/2221/2011/06/ermida-e-carballeira-de-santa-minia-2/ )                                                       Catalogouno elixiovieites Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A Ermida adícase a Santa Minia, mártir traída da catacumba romana de Santa Inés por Luis Tobío, que nacera en Lamiño o 1 de setembro de 1781.
O corpo da santa chegou a Brión o 1 de agosto de 1848, aínda que o arcebispo Frei Rafael Vélez dispuxo que a urna fose exposta na igrexa parroquial para que tódolos veciños puideran venerala. A Santa non tivo unha capela propia ata pasados vinte anos, cando se habilitou o novo templo, de planta rectangular e aínda sen rematar.
Entre 1851 e 1857 construíuse a nave e a sancristía e en 1905 fíxose unha nova urna para as reliquias da Santa e os altares laterais, adicados á Virxe de Luján e á de Lourdes.
Esta carballeira era o lugar elixido para as festas, xuntanzas de veciños, mitins políticos…, sendo memorable o acto de adhesión do concello ó levantamento contra o xeneral Espartero do 29 de xuño de 1843.   http://www.concellodebrion.org/ocio_turismo/que_ver.html                     https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/rois/2018/09/26/brion-celebra-santa-minia-cinco-dias-fiesta/0003_201809S26C79914.htm

PictographWaypoint Altitude 551 ft

Ermida de San Clemente

Catalogouno elixiovieites http://patrimoniogalego.net/index.php/27697/2012/10/capela-de-san-clemente/  Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A capela atópase á beira dun antigo camiño empedrado que ía desde a aldea de Quintáns a Igrexa de San Fins. É de planta rectangular e ten unha gran arcada no lugar onde se supón que estaría a porta. Ten ao seu carón unha fonte cunha pequena imaxe do santo, moi deteriorado e da que só queda da orixinal a parte de abaixo, e o resto está acabado en cemento. Está protexido por unha reixa de ferro.
A capela está en ruína total e enriba dos muros que quedan en pé nacen eucaliptos e carballos que están rebentando as pedras e esborrallándo os seus lenzos. Ten ao seu redor unha gran selva de fentos e de bosque moi mesto e o lugar é moi abondoso en auga..                                          Cruceiro
http://patrimoniogalego.net/?p=100348

PictographWaypoint Altitude 763 ft

Capela de San Fiz

http://patrimoniogalego.net/index.php/29967/2012/12/capela-de-san-fiz/

Torres De Altamira

Catalogouno elixiovieites http://patrimoniogalego.net/index.php/3410/2011/08/torres-de-altamira/ Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A primeira Fortaleza de altamira construiuse no século IX sobre os restos dun antigo castro que dominaba o Val da Amaía. Esta estivo en pé ata o 1073, en que foi arrasada por Gonzáles de Moscoso. As torres foron reedificadas ao longo da baixa idade media.
Pertenceu á familia dos Moscoso dende o século XV en diante. Son derrocadas polas revoltas irmandiñas entre os anos 1431-1469. Reedificadas e de novo asediadas polas tropas do arcebispo Fonseca no ano 1471.
Estas torres conforman un dos centros máis influentes e poderosos de poder do feudalismo galego, lugar de inacables litixios e espectaculares batallas entre a Mitra Compostelana e os señores de Moscoso, ata o difinitivo acordo entre ambos no ano 1554.
Os restos que se conservan da fortaleza foron construídos pouco despois do asedio de 1471 e datan da época do autonomeado conde de Altamira, o señor don López Sánchez de Ulloa e Moscoso, que se concedeu a si mesmo o Condado no ano 1455 para celebrar un importante triunfo militar sobre as hostes do arcebispo de Santiago, e viviu nelas dende o ano 1480 ata o século XIX. A familia Moscoso, máis tarde trasladouse ao próximo pazo de Trasouteiro.
O abandono por parte dos señores da Casa e un dos primeiros pasos para a ruína. A quebra financiera da duquesa de Baena, dona Luísa Osorio de Moscoso, fai que teña que vender o castelo , as leiras e os foros. Os sucesivos compradores empregaron as pedras para novas construcións, como o templo de Santa Minia de Brión. Os perpiaños da capela dos Reis Magos foron empregados para construír unha corte para o gando.
A planta das ruínas deste castelo ten forma de polígono regular, rodeado de varios torreóns rectangulares, defendidos por numerosas seteiras e troneiras. Destaca do conxunto unha torre defensiva que estaba coroada por matacáns voadizos sobre ménsulas con arquiños. No interior pechábase con bóveda de canón. Había un paseo de rolda, patio de honra e de armas e un alxibe que aínda se pode ver hoxe en día. Consérvase unha boa parede do que foran as residencias pacegas, cunha porta de arco de medio punto lixeiramente apuntado e, por enriba, outra porta máis estreita cun arco conopial que se corresponde co primeiro andar. Esta parte tiña dúas plantas e baixo, está feito con perpiaño de excelente factura. Tamén se conservan os restos da poderosa Torre de Homenaxe, que debía acadar os tres metros de grosor nos lenzos.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA011.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA028.PDF
http://www.infobrion.com/brionpobo/arquitectura.php?id=320

PictographWaypoint Altitude 661 ft

Igrexa de San Fins de Brión

http://patrimoniogalego.net/?p=22041Catalogouno elixiovieites                        Igrexa de San Fins de Brión http://patrimoniogalego.net/?p=2987                      Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa de San Fins probablemente ocupe o solar doutra que estaba en obras no ano 1334, para a que deixou unha esmola de douscentos soldos Rui Soga no seu testamento, según Carré Aldao no libro “Geografía General del reino de Galicia” Barcelona, s.a.,II, p,472. O edificio medieval, igual que moitos, foi substituído polo actual que se comezou a construír cara a 1731. Conta con planta de cruz latina, cunha única nave que está abovedada. A fachada é sinxela, destacando a porta con orelleiras, flanqueada por pilastras estriadas sobre a que está a imaxe de San Fins. Ao lado esquerdo ten unha maxestuosa torre de campás. E entre os retábulos sobresae o do presbiterio, datado sobre o 1735, do que foi autor Luis Parcero.                                                                                                   Reitoral http://patrimoniogalego.net/?p=22033
Cruceiro  http://patrimoniogalego.net/?p=14711  Pombal http://patrimoniogalego.net/?p=22041

PictographWaypoint Altitude 605 ft

Cruceiro da igrexa de San Fins de Brión

http://patrimoniogalego.net/index.php/14711/2012/03/cruceiro-da-igrexa-de-san-fins-de-brion/

PictographWaypoint Altitude 732 ft

Pazo de Leboráns. Mirador sobre arcos na horta do pazo



Catalogouno elixiovieites
http://patrimoniogalego.net/index.php/25008/2012/08/pazo-de-leborans/
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Pazo é unha antiga mansión señorial defensiva do século XVIII de planta rectangular e cun brazo curto que vai a unha torre que parece ser máis antiga que o resto do edificio e que podería datar do século XVI. Feito a base de sillería e cun escudo na fachada das familias Caamaño e Leis. Presenta unha porta principal con arco no brazo que dá á torre. Balcóns e corredores sobre modillóns de pedra. Todo o recinto está cerrado con tapia con pilastras labradas e con reixa de ferro forxado. Ten tamén un pombal e unha capela dentro dos seus terreos. Conta tamén cun gran xardín.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA016.pdf
(pax. 2 de 7 do pdf)
Web do concello de Ames
http://www.concellodeames.gal/areas_turismo_e_patrimonio_arquitectura_civil.php?idioma=es
http://patrimoniogalego.net/?p=28470  http://patrimoniogalego.net/?p=29967  http://patrimoniogalego.net/?p=32906
Pazo de Leboráns. Mirador sobre arcos na horta do pazo (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948691)
by Elixio Vieites (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=2792035)
Coordinates (lat,lon): 42.883677,-8.686827
Elevation: 227 meters




Upload your waypoints to wikiloc.com → (https://www.wikiloc.com/wikiloc/upload.do)



PictographWaypoint Altitude 792 ft

Leboráns escudo das Torres de Altamira



http://patrimoniogalego.net/index.php/28470/2012/11/escudo-da-fonte-de-leborans/#respond

Leboráns escudo das Torres de Altamira (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948695)
by Elixio Vieites (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=2792035)
Coordinates (lat,lon): 42.883055,-8.688576
Elevation: 239 meters




Upload your waypoints to wikiloc.com → (https://www.wikiloc.com/wikiloc/upload.do)

PictographReligious site Altitude 699 ft

Igrexa de Trasmonte



Seguimos o Camiño pola Portela de Villestro, Ventosa, Castiñeiro do Lobo e Carballo; e apartamos de dito Camiño, á esquerda, para pasar pola igrexa de Santa María de
Trasmonte, do século XVIII. Inclúe cruceiros e reitoral https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlga-14-faramello-brion-ceilan-50903603#wp-50903608                                                      Catalogouno elixiovieites
http://patrimoniogalego.net/index.php/25001/2012/08/igrexa-de-santa-maria-de-trasmonte/ Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de mediados do século XVIII de planta rectangular con dous corpos de diferente tamaño acaroado a ambos lados do edificio. Tellado a dúas augas, excepto na caída da zona da entrada e na cabeceira do edificio que vai a tres. Campanario de estilo barroco que arranca na esquina dereita da entrada dende o chan, con escaleira de caracol no seu interior para acceder ata as campás. A torre componse de dous corpos rematados por unha cúpula de sillería sobre un tambor. Primeiro corpo liso e cerrado, coroado por unha cornixa sobre a que se asenta o segundo corpo coas campás e coas esquinas apilastradas, sobre este corpo vai a cúpula.
Porta principal con moldura sobre o lintel. Ten enriba a imaxe da Virxe da Asunción nunha fornela enmarcada en pilastras con volutas e rematada en pináculos e outros motivos decorativos.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA009.pdf
(pax.4 de 5)
http://patrimoniogalego.net/index.php/94111/2017/04/cruceiro-de-trasmonte/ (http://patrimoniogalego.net/index.php/94111/2017/04/cruceiro-de-trasmonte/ ) http://patrimoniogalego.net/index.php/29538/2012/11/casa-reitoral-de-santa-maria-de-trasmonte/
Igrexa de Trasmonte (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948686)
by Elixio Vieites (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=2792035)
Coordinates (lat,lon): 42.892127,-8.683298
Elevation: 213 meters




Upload your waypoints to wikiloc.com → (https://www.wikiloc.com/wikiloc/upload.do)





PictographWaypoint Altitude 624 ft

Castro: Castro de Piñor

Castro: Castro de Piñor

PictographBridge Altitude 470 ft

Ponte Maceira



Catalogouno elixiovieites
http://patrimoniogalego.net/index.php/3128/2011/07/a-ponte-maceira/#respond
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ponte formada cun tramo principal de cinco arcos feitos de sillería granítica e construído, segundo algúns autores, aproveitando os piares dunha ponte de época romana. Catro arcos son de medio punto e o central, de maior altura e con máis tramo de luz, é de forma oxival. Posúe un tramo de acceso no que se abren dúas arcadas de vertedoiro e protexe a súa estrutura da corrente con catro grandes rompeaugas a base de fieiras de sillería de forma escalonada. A calzada, con peralte ata o centro do arco central, mide uns 100 m. de lonxitude. Os pretís de mampostería e rematados con perpiaños, teñen dous pequenos lenzos de muros máis elevados no seu centro.
Foi construído no século XIV por petición da Mitra Compostelá e reformado no XVIII. Durante o medievo permitía cruzar o Tambre dende Santiago cara ás terras noroccidentais de Galicia.
Este lugar foi un dos escenarios da chamada Batalla de Altamira en 1471, entre o señorío arcebispal de Fonseca II que gobernaba dende Rocha Forte (Santiago) e a liñaxe dos Moscoso que exercían o seu poder dende as Torres de Altamira (Brión) para facerse co control das terras da Amaía. As tropas eclesiáticas acabaron derrotadas.
Neste enclave, segundo conta a Historia Compostelana, librouse tamén unha batalla entre
o arcebispo Xelmírez e Pedro Froilaz, o conde de Traba. Esta ponte era o límite dos seus respectivos señoríos.
No lugar Ponte Maceira atópase un conxunto monumental ben conservado, constituído por un poboado da época medieval, un antigo muíño, unha presa, a capela de San Brais do século XVIII e o pazo de Baladrón, construído nos anos 50. Esta ponte é paso obligado da ruta Xacobea cara a Fisterra.
Nun outeiro situado a 300 metros ao suroeste da ponte, está o castro de Piñor.
“Contan que a ponte se derrubou cando os soldados romanos perseguían os discípulos de Santiago, que pediran un lugar digno para enterrar o seu mestre, entón as augas abríronse para facilitar a fuxida dos que se consideraban elixidos de Deus e logo arrastraron os romanos río abaixo “.
Da páxina do concello de Ames:
http://www.concellodeames.gal/areas_turismo_e_patrimonio_arquitectura_civil.php
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA016.pdf
(pax. 6 de 7)

Ponte Maceira (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948678)
by Elixio Vieites (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=2792035)
Coordinates (lat,lon): 42.905307,-8.694906
Elevation: 140 meters


Enlaces : http://historiadegalicia.gal/2017/03/ponte-maceira-historica-ponte-que-viviu-batallas-medievais-na-procura-bic/ http://patrimoni... ">read more → (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948678)

Upload your waypoints to wikiloc.com → (https://www.wikiloc.com/wikiloc/upload.do)



PictographReligious site Altitude 494 ft

Ermida de San Brais

Ermida de San Brais

PictographReligious site Altitude 680 ft

Igrexa de Santa María de Portor

Igrexa Parroquial de Santa María de Portor
(http://patrimoniogalego.net/index.php/31317/2013/01/igrexa-de-santa-maria-de-portor/)
Catalogouno Elixio Vieitez.
A igrexa foi construída no século XII e sufriu reformas noutras épocas. A fachada da Torre segundo se pode ler nos perpiaños do muro foi feita no 1858. Os muros son de cadeirado e cachotería de granito e o teito vai a dúas augas cuberto con tella do país. Dúas liñas dividen a fachada en tres corpos, o central coa porta alintelada e unha fornela coa imaxe da Virxe encima e cunha ventá cadrada para dar luz ao interior. Remata este corpo en cornixa saínte e redondeada, que segue nos outros dous en sentido horizontal, e unha cruz no cume. No corpo esquerdo vai a torre do campanario que arranca con base cadrada e despois da cornixa outro corpo con ocos rematados en arco de medio punto onde van as campás. Enriba deste, outro octogonal con vans rematados en arco dan paso a unha cúpula rematada en pináculo. A parte dereita da fachada remata en forma de pirámide. No que foi a obra románica pódense ver os adornos característicos deste estilo, sobre todo en portas e cornixas do teito, como canzorros con motivos xeométricos, e arcadas cegas nos muros.
Voltamos por 3ª vez ao Camiño Xacobeo ata chegar á Ponte Vella, do século XIII, situada na Ponte Maceira. Cruzamos a ponte e o lugar e
collemos a dereita ata chegar á igrexa de Santa María de Portor, de estilo románico do século XIII. Inclúe reitoral.
http://patrimoniogalego.net/?p=47939

PictographWaypoint Altitude 662 ft

Saleiróns

Saleiróns

PictographWaypoint Altitude 630 ft

Pazo de Albariña

Pazo de Albariña

PictographMonument Altitude 489 ft

Pazo do Cotón

Catalogouno elixiovieites   http://patrimoniogalego.net/?p=1687  Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Fortaleza medieval que sufriu importantes reformas, as máis significativa no século XVII, manténdose os cubos das antigas murallas enmarcando as diversas partes do edificio. Está vinculado aos familias de Luaces e Mariño de Lobeira. Destacan a galería de pedra, que atravesa a rúa principal da vila, con tripla arcada ameada, balaustradas e miradoiros; as rexas torres, que deixan claros o seu pasado militar, e doce escudos. A galería une as dependencias do pazo coa capela de San Mauro, construída no século XVIII
Nesta galería de pedra que cruza a rúa, atópanse instalados uns salóns, e dende alí pódese apreciar como transcorre a vida dos habitantes da vila e dos camiñantes que se dirixen a Santiago.
A capela de San Mauro ten unha estrutura de tres naves, separadas por grandes piares. Atesoura un retablo neogótico e imaxes antigas de San Amaro e un talle da virxe Santa Lucía, que mide corenta centímetros e foi esculpida con longa melena entrelazada.

PictographMountain hut Altitude 561 ft

Albergue Municipal de Peregrinos de Negreira

Albergue Municipal de Peregrinos de Negreira

Comments

    You can or this trail