Activity

VMLG.14.RUTA ARRIEIRA SANTIAGO - Seilán

Download

Trail photos

Photo ofVMLG.14.RUTA ARRIEIRA SANTIAGO - Seilán Photo ofVMLG.14.RUTA ARRIEIRA SANTIAGO - Seilán Photo ofVMLG.14.RUTA ARRIEIRA SANTIAGO - Seilán

Author

Trail stats

Distance
15.64 mi
Elevation gain
1,916 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,742 ft
Max elevation
932 ft
TrailRank 
46
Min elevation
140 ft
Trail type
One Way
Coordinates
361
Uploaded
June 25, 2021
Recorded
June 2021
Be the first to clap
Share

near Ceilán, Galicia (España)

Viewed 337 times, downloaded 19 times

Trail photos

Photo ofVMLG.14.RUTA ARRIEIRA SANTIAGO - Seilán Photo ofVMLG.14.RUTA ARRIEIRA SANTIAGO - Seilán Photo ofVMLG.14.RUTA ARRIEIRA SANTIAGO - Seilán

Itinerary description

Catálogo de Patrimonio realizado sobre el trabajo de PATRIMONIO GALEGO (http://patrimoniogalego.net/).

(https://images.app.goo.gl/EnnjtWm7GUi6dE8YA).

Via Mariana Lusogalaica. (http://viamarianalusogalaica.eu/).

Concello de Santiago.
• http://santiagodecompostela.gal/
• https://www.santiagoturismo.com/?lg=gal


Concello de Ames
• https://www.concellodeames.gal/gl
• https://www.concellodeames.gal/gl/ames/caminos-de-santiago
• https://www.concellodeames.gal/gl/ames/patrimonio-popular-e-artistico

Waypoints

PictographReligious site Altitude 870 ft

Catedral de Santiago de Compostela

Catedral de Santiago de Compostela

PictographTree Altitude 766 ft
Photo ofCarballeira de San Lourenzo

Carballeira de San Lourenzo



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Preto do convento de San Lourenzo, fundado no século XII nunha carballeira moi mesta á beira do río Sarela, aínda podemos ver hoxe en día este fermoso espazo. Esta anterga carballeira ten grandes exemplares de "quercus robur", moitos deles ocos polo tronco. Este lugar do barrio de San Lourenzo é un punto de xuntanza e de celebracións moi coñecido e referente en Santiago. Entre as árbores podemos ver dous cruceiros e unha fonte e é paso obrigado dos peregrinos cando saen da cidade e comezan a ruta dende Santiago a Fisterra, para completar a ruta do Camiño De Santiago cara o Atlántico.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=11753)

PictographReligious site Altitude 761 ft
Photo ofCruceiro da Carballeira de San lourenzo Photo ofCruceiro da Carballeira de San lourenzo

Cruceiro da Carballeira de San lourenzo



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
O cruceiro vai sobre plataforma cuadrangular de dous chanzos e unha base circular. O fuste é cadrado, no comezo e no remate, e octogonal no resto, por rebaixe de arestas. Cruz con brazos cuadrangulares coas imaxes de Cristo crucificado e no reverso a Virxe da Piedade. Cristo inclina a cabeza á dereita e ten pano de pureza anoado á dereita. Está ao lado leste do muro do pazo de San Lourenzo de Trasouto.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=34130)

PictographReligious site Altitude 743 ft
Photo ofMosteiro de San Lourenzo de Trasouto Photo ofMosteiro de San Lourenzo de Trasouto

Mosteiro de San Lourenzo de Trasouto



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Mandouno construír o Bispo Zamora, de orixe galego, Martín Arias no século XIII, sendo nos seus comezos unha pequena igrexa para unha comunidade de sacerdotes.Fracasando o proxecto por falta de diñeiro, pasou a propiedade dos franciscanos ata a desamortización de Mendizábal do 1936. No século XV faise a primeira transformación arquitectónica, pois o conde de Altamira converte o eremitorio en mosteiro cedéndolle tamén terras á orde franciscana e dándollo en usufructo. No século XIX a Duquesa de Medina de las Torres transformao en residencia .Hoxe é propiedade dos duques de Soma. Conserva as naves románicas do primeiro edificio, aínda que sufriu numerosas reformas. No século XVIII constrúese o claustro, a sancristía e o cruceiro, transformándose nunha igrexa de planta de cruz latina con unha nave de catro tramos e bóveda de canón. O claustro presenta dúas alturas con arcos de medio punto. En 1760 faise unha fornela na portada lateral coa imaxe de San Lourenzo. Contén un fermoso retablo de mármore de Carrara do século XVI , traído do convento de San Francisco de Sevilla. Declarouse Monumento Histórico Artístico no ano 1979. Na actualidade fanse actividades de hostalería en algunha das súas dependencias.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=11873)

PictographRuins Altitude 670 ft
Photo ofMuíño de San Domingos

Muíño de San Domingos



Catalogouno danivgm
Tradición oral: Naquela época os muíños que se atopaban nas marxes do río Sarela servían para moer trigo e facer fariña, así como outros bens para a alimentación; non só das aldeas próximas senón que tamén da vila Santiago de Compostela. Nestes lugares non só se moía, tamén se compartían contos e cantares durante o traballo, é dicir, gracias á utilización dos muíños, podíase desenvolver a tradición oral de música e lendas.
Descrición:
Situado no lugar de San Domingos, trátase dun muíño de dúas plantas con vivenda grande; tamén ten unha bóveda de medio canón onde se atopaban a moas ou rodas (que eran tres). Funcionou ata hai uns quince anos, estando tamén habitado. Este conxunto conta cun horréo de madeira pintado de branco con listóns en negro. Forma parte do parque fluvial de Santiago de Compostela. Actualmente, é propiedade da Universidade de Santiago de Compostela (USC), como parte do seu Xardín Botánico, o que fixo que quedase en desuso e abandonado. Un incendio destruíu as cubertas, exceptuando a bóveda pétrea.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=108111)

PictographFountain Altitude 525 ft
Photo ofFonte do Piñeiro de Villestro

Fonte do Piñeiro de Villestro

Fonte do Piñeiro de Villestro

PictographReligious site Altitude 497 ft
Photo ofA Pedra da Legua Photo ofA Pedra da Legua

A Pedra da Legua



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Cruceiro emprazado sobre un penedo de superficie achanzada e lixeiramente convexa. Amosa pequeno varal e unha cruz sen figuración e cos extremos dos brazos potenzados. O varal é de sección octogonal, agás en comezo e remate. Tanto este coma a cruz están realizados nunha soa peza de granito. Nas súas seccións cadradas figuran as inscricións: na inferior “ESTA CRUS LA PSo”, e na superior baixo a cruz “Ano 1760”. A rocha na que se asenta presenta tres gravados moi erosionados, que segundo o traballo realizado polos membros do “Colectivo A Rula” sobre este elemento, serían: un grupo de tres letras, de posible lectura “IUI” cunha cruz patada de tipo visigótico a súa esquerda; unha ringleira de caracteres alfabetiformes moi erosionados na zona superior da laxe, pero que parecen ter a transcrición “DMRCTIOI” , [D(E)M(A)RC(A)TIOI]; e no borde inferior esquerdo outro grupo, apenas apreciable, e cun estilo máis descoidado, pero que ten a data lexible IXVII, (ou ben, apreciando o detalle do X levando unha vírgula no extremo superior dereito, que equivalería a XL). Entón a data da era hispánica sería 1047, e da cristiá 1009. A pedra co cruceiro está próximo ao trazado do camiño medieval de Santiago a Noia e as inscricións terían que ver co indicador dos límites da cidade de Santiago e a natureza de demarcación ou fito da antiga rede viaria. Estes fitos terían a súa orixe nos espazos engadidos por privilexios reais, ao terreo onde estaba a catedral apostólica por medio de “xiros” ou lonxitude medida en circunferencias a partires desta. A foto secundaria desta ficha coas incricións é cortesía de Colectivo A Rula
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=83002)

PictographReligious site Altitude 490 ft
Photo ofCapela de San Miguel de Roxos Photo ofCapela de San Miguel de Roxos

Capela de San Miguel de Roxos



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
A igrexa ten planta rectangular con sancristía acaroada ao lado esquerdo. Os muros están pintados de branco e o teito vai a dúas augas. A fachada está feita a base perpiaños de granito de forma irregular, con porta alintelada que leva na parte de enriba un pequeno óculo con molduras. Remata con espadana de dous ocos con arcos de medio punto e con pináculos nos extremos, no cume desta, un edículo triangular con oco e rematado en cruz. A capela substitúe a outra máis antiga que estaba máis a carón da estrada e a poucos metros cara o sur.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=62616)

PictographReligious site Altitude 483 ft
Photo ofCruceiro de Roxos Photo ofCruceiro de Roxos

Cruceiro de Roxos



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
O cruceiro levántase sobre plataforma cadrada cunha base cúbica con arestas superiores molduradas. Varal octogonal, agás no comezo e remate. O capitel está adornado con motivos vexetais, volutas e caras de anxos nas catro caras. Na cruz, de sección circular e con cartela, vai un cristo crucificado con pano de pureza a dereita.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=62622)

PictographRuins Altitude 514 ft

Muíño da Barrosa

Muíño da Barrosa

PictographBridge Altitude 476 ft
Photo ofPontella do Rio Roxos

Pontella do Rio Roxos

Pontella do Rio Roxos (https://goo.gl/maps/qhNUcfQeTXCDr3CP6)

Photo ofPetróglifo do Valado Photo ofPetróglifo do Valado

Petróglifo do Valado



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Gravado situado sobre unha laxe irregular de gran tamaño, a unha altitude de 162 m. e a uns 100 m. de distancia da marxe dereita do río Roxos. Formaría parte da estación de petróglifos da Devesa da Rula e estaría por debaixo da media de altitude dos demais gravados. De temática xeométrica, destaca polo gravado de círculos concéntricos que podemos ver nun extremo do penedo.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=87647)

Photo ofPetróglifo do Rexío Photo ofPetróglifo do Rexío

Petróglifo do Rexío



Catalogouno Lansbricae
Descrición:
Emprázase sobre un "rechán en aba de dorsal". "Fragmentado por actividades extractivas tradicionais evidentes na súa área nor-nordés." Ata aquí a descripción do catálogo. Consérvanse dúas rochas con gravuras, de pequenas dimensións e moi alteradas polos traballos de cantería tradicionais. A rocha más o norte sobresae moi pouco sobre o terreo e conserva unha combinación de círculos concéntricos con coviñas no interior moi desgastada. Está realizada aproveitando unha protuberancia da rocha. A segunda rocha atópase moi próxima a esta. É de maiores dimensións e volume. Conserva dúas combinacións de, polo menos, dous círculos concéntricos unidos por un trazo, e numerosas coviñas (tanto dentro como fora dos círculos), sucos de entrada/saída, e varios círculos simples demenores dimensións e con coviñas no interior. Unha das combinacións circulares consérvase só en parte o situarse nun extremo da laxe e ter sido obxecto do labor dos canteiros.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=1932)

Photo ofPetróglifo Agro do Campo I

Petróglifo Agro do Campo I



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Petróglifo gravado nunha rocha chá e a rentes do terreo da contorna. Atópase no trazado dun camiño e os motivos máis salientables no penedo son dúas coviñas e un cruciforme. A segunda imaxe da ficha, de Colectivo A Rula, é o resultado do incendio e do paso da maquinaria para apagar o incendio que arrasou esta paraxe o día 29 de Xullo de 2016.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=87992)

Photo ofPetróglifo Agro do Campo 2

Petróglifo Agro do Campo 2



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Laxe de 5 m. no eixo N-S e 3 m. no eixo E-W. Os motivos localizados son unicamente 6 coviñas illadas de diferentes tamaños, entre 5-7 cm. Está a unha altitude de 176 m., ao sur e na parte baixa do monte San Miguel. Nesta zona hai dúas estacións máis de gravados, en dirección noroeste-sueste nun espazo duns 80 m. e a carón do camiño de Santiago cara a Fisterra, sendo esta a que está colocada no lugar intermedio, entre Agro do Campo 1, o cal ten unicamente visible dúas coviñas na laxe do camiño que sube cara o alto do monte, e Agro do Campo 3, con motivos de coviñas, cazoletas, cruciformes e círculos. Información descritiva : Colectivo A Rula, foto da ficha: Horizonte Norte, S.L
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=97000)

Photo ofPetróglifos de Agro do Campo 3

Petróglifos de Agro do Campo 3



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Os gravados dos petróglifos de Agro do campo 3 distribúense en tres afloramentos rochosos casi a ras do chan, a pouca distancia entre eles e moi cerca da estrada por onde pasa o camiño de Santiago cara a Fisterra. Entre os motivos podemos apreciar coviñas, cazoletas, sucos liñais, cruciformes e ata unha combinación de círculos concéntricos no grupo de rochas que están máis lonxe da estrada e a maior altitude cos outros dous. O motivo máis representado son as coviñas e cazoletas, cerca de medio cento entre os diferentes paneis. Hai cazoletas de ata 10 cm. de diámetro e 4 de profundidade e pequenas coviñas que non chegan aos 5 cm. e apenas 1 de fondo. En dous paneis hai cruciformes de diferentes tamaños, unha de 33 por 21 cm., na parte vertical dun chanzo dunha rocha e outra de 15 por 13 inscrita dentro dun círculo moi irregular e delimitada por coviñas e sucos.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96901)

PictographMonument Altitude 326 ft
Photo ofRelevo de Ventosa Photo ofRelevo de Ventosa

Relevo de Ventosa



Catalogouno Manuel
Descrición:
Descuberta por X. M. Barreira Rodríguez, forma parte do muro exterior da vivenda nº 88 da aldea de Ventosela, no camiño de Fisterra. Trátase dun relevo con motivos xeométricos que puideran ser medievais, aínda que non se pode desbotar a posibilidade de pertencer á Idade do Ferro. Tamén se observa unha inscrición parcialmente destruída e de cronoloxía medieval.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=86524)

PictographFountain Altitude 218 ft
Photo ofLavadeiro

Lavadeiro



Fuente (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-14-marouvellas-adovento-74955399#wp-74955412)
by Luis do Freixo (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=382089)
Coordinates (lat,lon): 42.881134,-8.639688
Elevation: 68 meters




Upload your waypoints to wikiloc.com → (https://www.wikiloc.com/wikiloc/upload.do)

PictographReligious site Altitude 238 ft
Photo ofIgrexa de Santo Estevo de Covas Photo ofIgrexa de Santo Estevo de Covas

Igrexa de Santo Estevo de Covas


A Igrexa. Parroquia de Covas (https://www.concellodeames.gal/gl/ames/patrimonio-popular-e-artistico/aquitectura-relixiosa/igrexa-parroquia-de-covas)
Na actualidade presenta planta de cruz seudogrega, froito dunha reforma recente. A fábrica antiga constaba de nave única, rectangular e con cabeceira cadrada, á que se lle engadiron dous brazos co propósito de aumentar a súa capacidade. Esta modificación levouse a cabo a finais dos anos setenta do século XX, xunto coa construción da sancristía no lado setentrional da cabeceira. A capela maior é de fins do século XVIII ou dos primeiros anos do XIX. A nave edificouse contra 1800 e debeu ter a cuberta de madeira. A fachada é moi sinxela, sen apenas elementos decorativos. Esta sobriedade e a ausencia de placas pétreas permiten datala no século XIX. Na decoración interior predomina a sinxeleza dos seus elementos, presididos por un retablo maior de finais do XVIII ou principios do XIX, cuxo nicho central acolle unha imaxe policromada de Santo Estevo. Outros datos: O cruceiro, que se atopa no campo da festa, conta cunha cruz de sección cuadrangular e os seus brazos son do tipo denominado "florenzado" con botón central. No anverso pode apreciarse un Cristo crucificado, e no reverso, unha Inmaculada coroada coas mans unidas en oración.
Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Igrexa de planta rectangular á que lle foron engadidos dous corpos laterais e unha sancristía na capela maior. Feita a base cadeirado regular de granito e con tellado a dúas augas. Na fachada amosa porta rectangular e un van cadrado, cos lados en chafrán, para dar luz ao interior do templo. Remata nos extremos con adornos de pináculos e no centro arranca a espadana con ocos para dúas campás de arcos de medio punto. Ten un corpo máis arriba con extremos con pináculos, un oco con arco e rematado nunha cruz. No lado esquerdo á altura da espadana hai unha escaleira protexida por varanda de ferro para ter acceso as campás.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=36479)

PictographReligious site Altitude 243 ft
Photo ofCruceiro da Igrexa de Covas Photo ofCruceiro da Igrexa de Covas

Cruceiro da Igrexa de Covas



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Cruceiro con plataforma triangular de dous chanzos na que vai unha base tamén triangular e onde que se alza o varal . Este é de sección cadrada en comezo e remate, sendo no resto de sección octogonal. Capitel con caras de anxos nos catro lados no que se ergue unha cruz con brazos potenzados e cartela, cun cristo que apoia os pés nunha caveira. No reverso vai unha virxe cun manto en actitude de orar. Diante del hai unha mesa que podería facer de altar. Na base do varal podemos ver unha incrición de difícil lectura, pero onde parece apreciarse a data 1693.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=74391)
(https://www.concellodeames.gal/es/ames/patrimonio-popular-e-artistico/aquitectura-relixiosa/igrexa-parroquia-de-covas)

PictographRuins Altitude 236 ft
Photo ofMuiños do Luceiro Photo ofMuiños do Luceiro

Muiños do Luceiro

PictographRuins Altitude 161 ft

Muíño de Augapesada

Muíño de Augapesada

PictographBridge Altitude 157 ft
Photo ofPonte de Augapesada Photo ofPonte de Augapesada Photo ofPonte de Augapesada

Ponte de Augapesada



A Batalla de Altamira (https://www.dacoruna.gal/index.php/download_file/36057/0/)
Catalogouno elixiovieites r
Descrición:
Situada na parroquia de Ames, esta ponte de Augapesada está no trazado do antigo Camiño Real de Santiago a Fisterra. É unha ponte de cantería con arco de medio punto rebaixado. Rasante alombada de trazado curvo e calzada de grandes lousas de pedra. Posúe un van e dous vertedoiros. Nalgúns libros e documentos datan a construción como romana e noutros como medieval. Permite atravesar o regueiro de Augapesada, que desemboca no Sar. Fito importante no paso da ruta xacobea que vai cara a Fisterra e cun grado de protección integral, no PXOM de Ames non se data a súa cronoloxía, pero algúns traballos sobre itinerarios das vías romanas nomean a Augapesada como un lugar de paso cara as terras noroccidentais de Galicia.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=3521)

PictographMonument Altitude 187 ft
Photo ofHórreo en Pousada 2

Hórreo en Pousada 2



Catalogouno elixiovieites

Descrición:
Estrutura dun hórreo de tipo Amaía apoiado sobre tres cepas e cun tornarratos perimetral en forma de mesa. Está acaroada a un muro, e baixo el vai un pequeno celeiro de madeira que por un lado dá ao camiño. Seis linteis soportan o tellado con cuberta de tella que remata nos penais con sobrepenas cunha cruz cimeira
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=74329)

PictographRuins Altitude 182 ft
Photo ofHórreo en Pousada

Hórreo en Pousada



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Hórreo apoiado sobre catro cepas, de perfís redondeados as do medio, e sobre unha plataforma que o ergue do nivel do chan. Tornarratos perimetral en forma de mesa, onde apoia a cámara. Esta vai construída con doelas e faixas de madeira entre oito linteis verticais de pedra que sosteñen a estrutura da cuberta, tamén toda ela de madeira. Leva gran beirado cara os extremos e está acaroada a un muro, e baixo el vai un pequeno celeiro de madeira que por un lado dá ao camiño.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=74335)

PictographCastle Altitude 184 ft
Photo ofCasa Photo ofCasa Photo ofCasa

Casa

PictographReligious site Altitude 185 ft
Photo ofCruceiro en Pousada Photo ofCruceiro en Pousada

Cruceiro en Pousada



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
O cruceiro atópase no alto dun muro, a carón do camiño que atravesa a aldea de Pousada. Levántase sobre base cuadrangular de arestas superiores molduradas, onde parece poñer “A devoción de Antonio Rodríguez ano 1910” . Varal de sección octogonal, agás no remate que vai cadrada. Capitel con moldura curva e con adorno de acanaladuras. Sobre el vai unha cruz de sección octogonal cos brazos de extremos potenzados.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=74325)

PictographReligious site Altitude 355 ft
Photo ofCapela de San Xoanciño Photo ofCapela de San Xoanciño Photo ofCapela de San Xoanciño

Capela de San Xoanciño


(https://www.concellodeames.gal/gl/ames/patrimonio-popular-e-artistico/aquitectura-relixiosa/pousada-parroquia-de-ames) Este templo foi fundado por Urraca de Pousada, e levantouse entre os anos 1607 e 1635. Orixinalmente estaba consagrado a san Xoán Bautista e san Isidro, pero co tempo este último perdeu influencia. No século XVIII construíuse un novo edificio impulsado por Xoán de Samamed, que financiou, xunto a outras persoas, as obras no ano 1740. Este feito está recollido nunha inscrición situada no lintel da entrada. Hai constancia de que xa nesa época a tutela estaba limitada ao san Xoán, así como da celebración da romaría na noite do 23 de xuño que chegou ata os nosos días. O edificio presenta planta de salón e o seu interior responde aos principios de austeridade e funcionalidade que rexen a arquitectura popular. Ata finais do século XX contaba cun modesto retablo que foi desmontado e gardado para levar a cabo labores de reparación. Consérvanse as imaxes que albergaba, entre as que se atopa unha da Asunción, tamén coñecida como Virxe da Pena, datada a principios do século XVII, época de construción da primeira capela. Outros datos: No contorno da ermida existen dúas fontes ás que se atribúen propiedades excepcionais. Un pouco máis afastado está o campo da festa, e no centro deste atópase un sinxelo cruceiro. Neste punto teñen lugar as celebracións propias da noite do san Xoán.
Catalogouno elixiovieites Descrición: Segundo o cartel explicativo da entrada : " Da antiga capela téñense noticias do século XVII e estaba baixo a advocación de San Xoán e San Isidro e quizá fora Urraca de Pousada a súa fundadora. No século XVIII procedeuse a remodelación por Xoán de Samamed e outra xente”. No XIX fixéronse melloras e engadíuselle a sancristía e o adro. Tamén son de esas datas as tallas da Virxe de Lourdes, a Virxe do Rosario e o San Xoán. A capela amosa nave única con un pórtico na entrada de teito a tres augas e sostido por columnas de pedra apoiadas sobre un muro con bancos corridos. A fachada está feita de perpiaño de granito e ten no cume espadana para a campá que remata en frontón triangular con pináculos. O resto dos muros son de mampostería e o teito do edificio vai a dúas augas. A porta principal ten no lintel gravado un texto recordando a data da construción e o seu promotor. Fai uns meses roubáronlle a campá e arrincáronlle o pináculo esquerdo da fachada que está tirado no teito.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=25696)





PictographReligious site Altitude 368 ft
Photo ofCruceiro de San Xoanciño Photo ofCruceiro de San Xoanciño

Cruceiro de San Xoanciño



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Atópase a uns cen metros da capela de San Xoanciño e está no medio dun espazo asfaltado que serve para aparcar e poder xirar os coches. O cruceiro aséntase sobre dúas gradas, unha delas case totalmente enterrada, de sección cadrada e feitas de cachotería, e unha base . Desta base arranca o varal octogonal de pouca altura, en comparación coa maioría dos cruceiros da comarca, que remata nun capitel moldurado e coa plataforma para asentar a cruz. Esta parece máis nova que o resto do cruceiro e non corresponde coa que estaba na foto da ficha do pxom de 2002, que tiña todos os brazos simétricos . A nova cruz vai cos brazos en segmentos de forma octogonal e con remates potenzados
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=25806)

PictographFountain Altitude 469 ft
Photo ofPegariños. Fonte, Lacenas e Cruceiro Photo ofPegariños. Fonte, Lacenas e Cruceiro

Pegariños. Fonte, Lacenas e Cruceiro

Cruceiro

PictographFountain Altitude 669 ft
Photo ofFonte da Costa Photo ofFonte da Costa

Fonte da Costa



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
A fonte está feita cun pequeno muro de pezas de perpiaño escuadrado que leva no centro un frontón curvo onde hai unha placa tallada en pequeno relevo saínte. Esta ten gravadas unhas letras de difícil lectura polo erosionado dos seus trazos. Unha pedra que sobresae na parte baixa verte auga por un suco tallado en horizontal cara unha pía rectangular a ras de chan. Ao redor da fonte hai un espazo empedrado e enmarcado cun pequeno muro e onde se sitúa unha mesa de pedra feita con tres laxes. Esta fonte está a carón do camiño de Santiago cara a Fisterra, despois de subir a costa de Mar de Ovellas dende Augapesada.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=97049)

Photo ofMámoa do Monte da Pena

Mámoa do Monte da Pena



Catalogouno elixiovieites
Outra denominación: Mámoa da Costa de Mar de Ovellas. Mámoa de Morousos

Descrición:
Mámoa situada entre os montes da Pena e da Costa, a 450 m ao leste da aldea de Carballo. Está nun lugar chan subindo a estrada pola costa de Mar de Ovellas dende o lugar de Aguapesada, a uns 50 m á esquerda do camiño da ruta ruta Xacobea cara a Fisterra. Ao cortar os eucaliptos da contorna o lugar amosa unha ampla visión, cara o leste, da Depresión Meridiana na zona das parroquias de San Tomé de Ames e Santo Estevo de Covas, e chegándose a divisar o Pico Sacro (Boqueixón). O túmulo de terra ten uns 20 metros de diámetro e amosa un cono de profanación duns 2 metros de longo por 1 m de fondo. Non ten esteos visibles. Elévase 1.60 m da contorna chan na que se atopa. A 50 metros ao leste existe un afloramento granítico de considerable altura que dá nome ao lugar da Pena. A localización do novo túmulo foi confirmado polo servizo de Arqueoloxía do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Esta mámoa estaría formando xunto con outras 5 inventariadas formando unha liña dende o norte, 3 Mámoas no Toxal, norte do lugar de Carballo ( http://patrimoniogalego.net/?s=mamoa+do+toxal+ ), ao sur (2 Mámoas chamada de Picotos, 800 m leste de Portanxil), nunha distancia de 1.3 km aproximadamente e a uns 270 m de altitude.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=97984)

PictographReligious site Altitude 887 ft
Photo ofCruceiro de Susavila

Cruceiro de Susavila

Cruceiro de Susavila

PictographRuins Altitude 701 ft
Photo ofCasa Reitoral de Santa María de Trasmonte Photo ofCasa Reitoral de Santa María de Trasmonte

Casa Reitoral de Santa María de Trasmonte



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
A casa atópase actualmente en ruínas e non se pode adiviñar a súa estrutura. Podemos ver na ficha do pxom do concello Ames de 2002 que era una casa de planta rectangular e teito a dúas augas, feita de cachotería e poucas ventás. No muro este ten un van redondo feito de pezas de perpiaño de granito cun escudo coa data que parece ser 1710 e un epígrafe en latín. Todo entorno está totalmente inzado de maleza
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=29538)



PictographReligious site Altitude 693 ft
Photo ofIgrexa de Santa María de Trasmonte Photo ofIgrexa de Santa María de Trasmonte Photo ofIgrexa de Santa María de Trasmonte

Igrexa de Santa María de Trasmonte



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Igrexa de mediados do século XVIII de planta rectangular con dous corpos de diferente tamaño acaroado a ambos lados do edificio. Tellado a dúas augas, excepto na caída da zona da entrada e na cabeceira do edificio que vai a tres. Campanario de estilo barroco que arranca na esquina dereita da entrada dende o chan, con escaleira de caracol no seu interior para acceder ata as campás. A torre componse de dous corpos rematados por unha cúpula de sillería sobre un tambor. Primeiro corpo liso e cerrado, coroado por unha cornixa sobre a que se asenta o segundo corpo coas campás e coas esquinas apilastradas, sobre este corpo vai a cúpula. Porta principal con moldura sobre o lintel. Ten enriba a imaxe da Virxe da Asunción nunha fornela enmarcada en pilastras con volutas e rematada en pináculos e outros motivos decorativos.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=25001)

PictographReligious site Altitude 725 ft
Photo ofCruceiro de Trasmonte

Cruceiro de Trasmonte



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Cruceiro que se levanta sobre plataforma de catro chanzos, dos cales un deles atópase enterrado. Pedestal prismático de arestas superiores biseladas. Fuste de sección octogonal rematado en capitel con gravado de rostros nas súas catro caras, das que se irradian un trazado de liñas rectas ata compor un semicírculo ao seu redor. Cruz de sección cadrada na que vai un Cristo coa cabeza tallada en proporción desigual con respecto ao corpo, no reverso, unha Virxe de trazos rectilíneos co corpo dun Cristo estendido ao largo dos brazos da cruz. Ao seu carón hai unha mesa de pedra que serve de pequeno altar.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=94111)

PictographBridge Altitude 467 ft
Photo ofPonte Maceira Photo ofPonte Maceira

Ponte Maceira


A Ponte Maceira. Parroquia de Agrón (https://www.concellodeames.gal/gl/ames/patrimonio-popular-e-artistico/aquitectura-civil/ponte-maceira-parroquia-de-agron) Esta ponte de orixe medieval construíuse para poder cruzar o río Tambre. Está formada por un tramo principal de cinco arcos de cantaría e dúas arcadas de aliviadoiro para as épocas de enchentes. A feitura medieval dedúcese do arco central, que é oxival, e dos tallamares. A súa forma quedou determinada pola altura que necesitou alcanzar a bóveda central para salvar o espazo entre os dous piares que se apoian nas rochas do leito do río. Esta ponte foi o paso principal do río Tambre ata o século XIX, pois era a única que se mantiña en pé entre Sigüeiro e Ponte Nafonso, xa que as outras dúas pontes existentes, Portomouro e Ons, estaban xa derruídas no século XVII. Outros datos: Moi preto da ponte atópase un muíño de maquía con tres moa. Este muíño posuía unha vivenda na parte superior, que na actualidade está reconvertida en cafetería e restaurante. Neste fermoso enclave os peregrinos que realizan o Camiño de Fisterra-Muxía despídense das terras amienses. Na contorna da Ponte Maceira comezou a que actualmente se coñece co nome de batalla de Altamira ou da Ponte Maceira, un dos episodios máis cruentos da disputa entre os Altamira e o arcebispo de Santiago polas terras e dominio do val da Maía, o 13 de xuño de 1471
Catalogouno elixiovieites
Tradición oral: “Contan que a ponte se derrubou cando os soldados romanos perseguían os discípulos de Santiago, que pediran un lugar digno para enterrar o seu mestre, entón as augas abríronse para facilitar a fuxida dos que se consideraban elixidos de Deus e logo arrastraron os romanos río abaixo “. Da páxina do concello de Ames:
Descrición:
Ponte formada cun tramo principal de cinco arcos feitos de sillería granítica e construído, segundo algúns autores, aproveitando os piares dunha ponte de época romana. Catro arcos son de medio punto e o central, de maior altura e con máis tramo de luz, é de forma oxival. Posúe un tramo de acceso no que se abren dúas arcadas de vertedoiro e protexe a súa estrutura da corrente con catro grandes rompeaugas a base de fieiras de sillería de forma escalonada. A calzada, con peralte ata o centro do arco central, mide uns 100 m. de lonxitude. Os pretís de mampostería e rematados con perpiaños, teñen dous pequenos lenzos de muros máis elevados no seu centro. Foi construído no século XIV por petición da Mitra Compostelá e reformado no XVIII. Durante o medievo permitía cruzar o Tambre dende Santiago cara ás terras noroccidentais de Galicia. Este lugar foi un dos escenarios da chamada Batalla de Altamira en 1471, entre o señorío arcebispal de Fonseca II que gobernaba dende Rocha Forte (Santiago) e a liñaxe dos Moscoso que exercían o seu poder dende as Torres de Altamira (Brión) para facerse co control das terras da Amaía. As tropas eclesiáticas acabaron derrotadas. Neste enclave, segundo conta a Historia Compostelana, librouse tamén unha batalla entre o arcebispo Xelmírez e Pedro Froilaz, o conde de Traba. Esta ponte era o límite dos seus respectivos señoríos. No lugar Ponte Maceira atópase un conxunto monumental ben conservado, constituído por un poboado da época medieval, un antigo muíño, unha presa, a capela de San Brais do século XVIII e o pazo de Baladrón, construído nos anos 50. Esta ponte é paso obligado da ruta Xacobea cara a Fisterra. Nun outeiro situado a 300 metros ao suroeste da ponte, está o castro de Piñor.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=3128)

PictographReligious site Altitude 683 ft
Photo ofIgrexa Parroquial de Santa María de Portor Photo ofIgrexa Parroquial de Santa María de Portor

Igrexa Parroquial de Santa María de Portor

Catalogouno Elixio Vieitez. A igrexa foi construída no século XII e sufriu reformas noutras épocas. A fachada da Torre segundo se pode ler nos perpiaños do muro foi feita no 1858. Os muros son de cadeirado e cachotería de granito e o teito vai a dúas augas cuberto con tella do país. Dúas liñas dividen a fachada en tres corpos, o central coa porta alintelada e unha fornela coa imaxe da Virxe encima e cunha ventá cadrada para dar luz ao interior. Remata este corpo en cornixa saínte e redondeada, que segue nos outros dous en sentido horizontal, e unha cruz no cume. No corpo esquerdo vai a torre do campanario que arranca con base cadrada e despois da cornixa outro corpo con ocos rematados en arco de medio punto onde van as campás. Enriba deste, outro octogonal con vans rematados en arco dan paso a unha cúpula rematada en pináculo. A parte dereita da fachada remata en forma de pirámide. No que foi a obra románica pódense ver os adornos característicos deste estilo, sobre todo en portas e cornixas do teito, como canzorros con motivos xeométricos, e arcadas cegas nos muros. Voltamos por 3ª vez ao Camiño Xacobeo ata chegar á Ponte Vella, do século XIII, situada na Ponte Maceira. Cruzamos a ponte e o lugar e collemos a dereita ata chegar á igrexa de Santa María de Portor, de estilo románico do século XIII. Inclúe reitoral. (http://patrimoniogalego.net/index.php/31317/2013/01/igrexa-de-santa-maria-de-portor/)

PictographReligious site Altitude 701 ft
Photo ofCruceiro en Portor Photo ofCruceiro en Portor

Cruceiro en Portor



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
O cruceiro componse dun varal que vai sobre pedestal cuadrangular e remata en capitel con adornos de molduras. Sobre este apousenta unha cruz simple sen figuración e cos brazos de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Ao seu carón hai unha mesa feita cunha peza de granito coas arestas redondeadas e dous perpiaños que lle serven de pés .
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47939)

PictographPicnic Altitude 704 ft

Bar O Cruceiro

Bar O Cruceiro

PictographMountain hut Altitude 785 ft

ALBERGUE BERGANDO

+34659447204. https://goo.gl/maps/UUz3aHmyc7qatuSN8 https://www.alberguesjuveniles.es/Hostal-hostel-albergue-juvenil/Albergue-Bergando/BK4703286

Comments

    You can or this trail