Activity

VMLG 14a.Patrimonio. Teo-Brión - Negreira

Download

Trail photos

Photo ofVMLG 14a.Patrimonio. Teo-Brión - Negreira Photo ofVMLG 14a.Patrimonio. Teo-Brión - Negreira Photo ofVMLG 14a.Patrimonio. Teo-Brión - Negreira

Author

Trail stats

Distance
15.66 mi
Elevation gain
1,759 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,457 ft
Max elevation
924 ft
TrailRank 
45
Min elevation
77 ft
Trail type
One Way
Coordinates
408
Uploaded
December 24, 2023
Recorded
December 2023
Be the first to clap
Share

near Cornide, Galicia (España)

Viewed 65 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofVMLG 14a.Patrimonio. Teo-Brión - Negreira Photo ofVMLG 14a.Patrimonio. Teo-Brión - Negreira Photo ofVMLG 14a.Patrimonio. Teo-Brión - Negreira

Itinerary description

Ruta de Albergue de Teo a Albergue de Negreira pasando por:
- Ponte Paradela (1.0 km)
- Ponte Vidaloiso (4.3 km)
- Igrexa de Santa Minia (11.3 km)
- Torres de Altamira (13.5 km)
- Igrexa de Trasmonte (16.1 km)
- Ponte Maceira (18.6 km)
- Igrexa de Santa María de Portor (19.9 km)
- Albergue Alecrin (24.0 km)
- Pazo do Cotón (24.6 km)

Waypoints

PictographMountain hut Altitude 248 ft
Photo ofAlbergue de Peregrinos de Teo

Albergue de Peregrinos de Teo

https://www.alberguescaminosantiago.com/camino-portugues/albergues/albergue-de-peregrinos-de-teo-de-la-xunta-de-galicia-o-faramello-la-coruna/

PictographCastle Altitude 209 ft
Photo ofPazo do Faramello Photo ofPazo do Faramello Photo ofPazo do Faramello

Pazo do Faramello

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-13-herbon-padron-santiago-156309939#wp-156309949
www.pazofaramello.com
https://goo.gl/maps/vnwezHKb6b82
Catalogouno Xose Troiano http://patrimoniogalego.net/?p=97717
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición: O Pazo do Faramello é un edificio de comezos do século XVIII de estilo barroco compostelano civil, con marcadas influenzas italianas que delatan a súa orixe xenovesa do seu fundador, o Marqués de Piombino. Situado en pleno corazón da Comarca do Sar, encóntrase equidistante en 12 km de Padrón e de Santiago de Compostela, e ademais é o derradeiro pazo atravesado polo Camiño de Santiago portugués antes de chegar á capital compostelana. A finca abarca unha superficie de 126.000 m2 e o edificio principal supera os 2100 m2 magníficamente construidos. Destaca entre a élite dos grandes pazos galegos pola súa orixe industrial, xa que se fundou a partires da Real Fábrica de Papel do Faramello, 1710, pioneira e abandeirada da industria galega por máis de dous séculos e da cal, aínda se poden visitar os antigos muíños coas seus correspondentes apeiros. O Pazo está construído en terrazas sobre o canón do río Tinto, adaptandose por tanto ó terreo, en principio tiña forma de “T” o cal engadiríase outra edificación pola súa parte norte. Consta de planta baixa máis un andar superior que está cinguido por unha fraga milenaria de carballeira xacobea en fráxil equilibrio, pero mantida en perfecto estado e en permanente recuperación. Este esforzo de conservación vese ampliamente recompensado coa asombrosa biodiversidade do lugar; lontras, búfos, garzas reais, parrulos silvestres, troitas, rás, esquíos, furóns, martiños pescador, raposos vermellos, especies amenazadas como o lagarto das silveiras de cor turquesa atopan no Faramello un reduto de protección. Ademais nos xardíns atópase un dos acibros máis antigos do país, símbolo que se inclúe no escudo do concello de Rois. Abundan as referenzas históricas e literarias do Pazo, nas súas antigas cabaleirizas albergouse o arsenal contra as tropas francesas nas revoltas do 2 de xuño de 1808 e foron referenza literaria dalgúns dos máis ilustres escritores galegos (Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Cela…). Cabe destacar que é un dos entornos principais da novela de Alejandro Pérez Lugín “La casa de la Troya”, de 1915, reflexo estudiantil da nobreza compostelana e, na súa época, unha das novelas máis lidas do castelán. Emblema galaico, cabe sinalar que o pazo descansa baixo os pés do lendario castro celta da Raina Lupa. O Pazo do Faramello serviu de residencia estival da S.M. o Rei Alfonso XIII e do Infante D. Luís de Baviera nas súas visitas a Santiago. O Señor do Faramello ostenta a honra, endexamais exercido, de poder entrar na Catedral de Santiago a cabalo, dereito outorgado por Privilexio Real no ano 1815.
http://patrimoniogalego.net/?p=98041
http://patrimoniogalego.net/?p=98032
http://patrimoniogalego.net/?p=98037

PictographBridge Altitude 248 ft
Photo ofPuente medieval sobre Río Tinto Photo ofPuente medieval sobre Río Tinto

Puente medieval sobre Río Tinto



Puente Romano De Paradela

https://goo.gl/maps/Wi5t416YnFN2>
http://patrimoniogalego.net/?p=5186
Catalogouno Xandlinathry
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval, Descrición: Antiga ponte de posible orixe romana ou medieval que se ergue sobre o río Tinto na zona divisoria dos concellos de Brión e Teo. É moi posible que formara parte do camiño dos peregrinaxes en dirección a Santiago de Compostela e tamén das rutas de comercio antigas para salvar o paso polo río. Trátase dunha pequena construción de cantaría de granito cun só arco de case cinco metros de lonxitude. Hoxe en día é unha area de lecer, e curiosamente o Camiño de Santiago non se aproxima ata aquí. Pode que sexa por motivos de conservación, pero debería ser un monumento digno de ser visitado e non olvidado. http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TEO/documents/27387CA621.pdf

Photo ofCastro Lupario

Castro Lupario



https://goo.gl/maps/xX1SmqiDCsp>
Castro lupario http://patrimoniogalego.net/?p=20702
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición: Tamén é coñecido este castro co nome de Castro de Francos, por estar cerca do lugar da parroquia de Calo, que leva ese nome e pertence ao concello de Teo. Outro nome é o de castro de Beca (Brión) e tamén do Faramello (Rois) segundo a aldea que se tome de referencia. Administrativamente atópase dividido nos concellos de Rois e Brión, pertencendo a maior parte a este último. O recinto castramentado está a uns 140 metros de altitude, sobre un monte que domina o entorno e os vales do Sar e o río Tinto. Chégase a acrópole por un camiño empedrado pola zona norte, sendo esta a única entrada ao recinto coñecido como a “Eira dos Mouros”. Vemos rodeando o recinto unha muralla que está relativamente en bo estado e que ten alturas e ancho diferentes segundo o treito que atravesa. No seu interior está unha ampla plataforma de 1,4 ha. cruzada por murallas que posiblemente pertenceran a unha fortaleza medieval que dominaría o paso por unha antiga vía que atravesaba pola Ponte de Francos sobre o río Tinto en dirección ao val da Amaía. Atribúese a este castro a lenda medieval da residencia da raína Lupa, relacionado co mito xacobeo da traslación do Apóstolo a terras de Santiago. A descrición máis antiga que se coñece é a de M. Castellá Ferrer en 1610 (segundo nos apunta Clodio González Pérez no seu libro da historia e cultura de Brión): “Residía lupa en un castillo, y Fortaleza suya, rodeado de gruesa murallas, que aun tiene doce piez de ancho en algunas partes, dentro de la qual ay tanta capacidad, que cabe un escuadrón de quatro mil hombres, y más: aun ay oy día grandes pedaços della, en partes tiene altor de una pica (q. quiera Dios conservar estas memorias para honor de su Apóstol). Tenía el Castillo en medio desta plaça, cuyos cimientos se ven ora, y desde la entrada de la primera muralla se yva a el por una calle estrecha de ocho pies de ancho, hecha de uno, y otro lado con gruessa muralla..” Como sucede en moitas acrópoles houbo aquí unha parroquia documentada na idade media coñecida por San Antonini de Castro que foi unha das igrexas que recibiu diego Xelmírez do seu irmán Munio. Xa non existía no século XVII, pois en 1635 o visitador diocesano ordenou a súa destrución por estar en estado ruinoso, e que se puxera unha cruz no seu lugar. Fernando Acuña Castroviejo e Milagros Cavada realizaron a escavación máis documentada que se coñece. Atopáronse nel gravados esculturas cerámicas e moedas, e afirman que dentro da eira dos mouros hai restos de muros, entre os que destacan os dunha construción rectangular de case setenta metros de longo por uns corenta de ancho. Destacan tamén entre os achados unha talla de cabeza humana que estivo no museo das peregrinacións en Santiago de Compostela, agora en paradoiro descoñecido, segundo afirma Francisco Calo Lourido no seu libro “A Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa” . PXOM Rois: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349PB006.jpg
PXOM Brión: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA002.pdf (páxina 9 de 24)
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf (páxina 6) Outros enlaces sobre: Gravuras en : http://www.csarmento.uminho.pt/docs/ndat/rg/RGVE1999_042.pdf (pax. 2) Lenda da Raiña: Lupa en “Mouros, Animas y Demonios” de Mar linares García, (páxina 57 e ss.) www.terrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=324&idNoticia=495166
https://www.rois.gal/es/conece-rois/patrimonio-cultural/patrimonio-arqueoloxico/

Photo ofPetróglifo do Monte Pumariño

Petróglifo do Monte Pumariño

http://patrimoniogalego.net/index.php/79574/2015/11/petroglifo-do-monte-pumarino/
Catalogouno elixiovieites Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición: Petróglifo que se compón dunha serie de 15 combinacións de círculos concéntricos de diferentes tamaños, entre 2 e 4 círculos, varios círculos simples, liñas e sucos que unen as combinacións, e pequenas agrupacións de coviñas, máis dúas pequenas cruces. Posiblemente haxa máis motivos na laxe, pero baixo a terra. Algúns deles poderían haber desaparecio pola cimentación da torreta do tendido eléctrico que hai ao seu carón. Os gravados están moi erosionadas. A foto principal é da autoría de Colectivo A Rula (https://colectivoarula.wordpress.com/)
http://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_Petr%C3%B3glifo-do-M-Pumari%C3%B1o-1.jpg

PictographReligious site Altitude 174 ft
Photo ofCruceiro de Chave de Ponte

Cruceiro de Chave de Ponte

http://patrimoniogalego.net/index.php/25579/2012/09/cruceiro-de-chave-de-ponte/
Catalogouno elixiovieites Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición: O cruceiro érguese sobre plataforma de tres chanzos superpostos e basa de arestas rebaixadas. Varal circular de notable altura que remata en capitel de inspiración xónica, máis sen respectar os seus cánones. Un ábaco con concavidades en cada un dos seus lados serve de peana a unha cruz florenzada e sen motivo figurativo. Ao seu carón hai unha mesa de pedra de recente construción .
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA008.pdf (páxina 8 de 31)
http://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_CIMG1605.jpg

PictographIntersection Altitude 102 ft
Photo ofChave do Carballo

Chave do Carballo

https://maps.app.goo.gl/AkysHu6NPoXEsDGb6 Cruceiro de Chave do Carballo https://cruceirosdegalicia.xyz/1501323.html

PictographBridge Altitude 92 ft
Photo ofPonte Vidaloiso

Ponte Vidaloiso

https://maps.app.goo.gl/NKH5LiEXUDFYBkF9A

PictographFountain Altitude 167 ft
Photo ofAguas Ferreas

Aguas Ferreas

http://patrimoniogalego.net/index.php/45690/2013/06/fonte-de-augas-ferras/
Catalogouno elixiovieites Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición: Entre as aldeas de Soigrexa e Estrar hai un manancial de augas ferras. A fonte vai nun espazo cadrado con chan de pedra e rodeado de muros de contención para evitar o seu afundimento, dado que está máis baixo que o terreo. Ten unhas escaleiras para baixar á fonte, que se compón dunha pequena fronte de pedra composta por un perpiaño que remata con forma redonda, e do que sae unha pequena canle tallada nunha pedra pola cal verte a auga. Unha das características destas fontes é o tinguido de óxido férrico nas pedras en que cae a auga. Esta fonte pasa por deitar manar auga medicinal debido a condición e composición das súas augas. A pouca distancia desta fonte existe outra de augas sulfurosas ao pé do Balneario do Tremo e con acceso público.

PictographReligious site Altitude 215 ft
Photo ofCruceiro do Campo das Bailas

Cruceiro do Campo das Bailas

http://patrimoniogalego.net/index.php/27549/2012/10/cruceiro-do-campo-da-bailas/
Catalogouno elixiovieites Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición: O esvelto cruceiro érguese no medio do campo onde se celebran as festas parroquiais. Está asentado sobre unha gran plataforma octogonal de cinco chanzos, o superior está agrandado cara a fronte para facer de pousadoiro. Despois está a basa, moi alta e de perfís cóncavos e convexos. A continuación elévase o fino varal no que están labrados as ferramentas da paixón: coroa, látigo, esqueira e martelo. O varal remata en capitel sinxelo, só con molduras, o que lle segue o conxunto formado pola cruz, coa imaxe de Cristo por un lado moi ben labrada e na que se distinguen trazos anatómicos, coma as costelas, e o pano de pureza anoado á dereita. No reverso a Virxe da Soedade, coas mans xuntas sobre o peito e a cabeza cuberta co manto. Clodio González Pérez dátao no 1765 porque coida que é a obra que se lle encargou ao escultor Xacinto López que está no AHDS (Arquivo Histórico Diocesano, Santiago de Compostela) libro de fábrica da parroquia dos Ánxeles, folio 46.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA021.pdf ( pax. 8 de 39.ficha individual nº 3)

PictographReligious site Altitude 271 ft
Photo ofSANTUARIO DE LOS ANGELES Photo ofSANTUARIO DE LOS ANGELES

SANTUARIO DE LOS ANGELES

http://patrimoniogalego.net/index.php/6390/2011/10/igrexa-de-santa-maria-dos-anxeles/
Catalogouno elixiovieites Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición: A freguesía de Santa María dos Ánxeles foi chamada ata o s. XVI como Santa María de Pérros. Coa penetración do castelán, este topónimo, foi considerado inxurioso e substituíuse o topónimo, que parecía denominar aos cans, polo nome dunha pequena aldea, Os Ánxeles, na que había unha capela, que foi clausurada e a súa imaxe trasladada á igrexa parroquial. A igrexa actual foi construída no s. XVIII. Gloria Gende Franqueira distingue dúas tempadas no actual templo, a primeira dende 1748 ata 1755, e a segunda, dende 1772 a 1778. O proxecto poidérase deber a Francisco Antonio Fernández Sarela, pai do máis coñecido Clemente Fernández Sarela, autor da fachada da Casa do Cabido na praza da Quintana. A súa planta é rectangular e dunha única nave con ábsidas laterais. O máis representativo é a súa fachada principal, que segue o esquema das igrexas barrocas do rural galego. Nesta aparece unha grande portada sobre a que se abre unha fornela coa imaxe da Virxe. Sobre esta disponse un reloxo. O conxunto aparece franqueado por unha torre campanario de estilo barroco. Brión, Historia Economía Cultura Arte Clodio Gonzalez Pérez ISBN 84-89129-09-6 Ed. Toxosoutos http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA005.pdf (Pax 4)

Centro de salud de Brión

http://sergas.es/
+34 981 88 77 01

PictographCastle Altitude 317 ft
Photo ofCasa do Campo

Casa do Campo

http://patrimoniogalego.net/index.php/26225/2012/09/casa-do-campo/#respond
Catalogouno elixiovieites Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición: A casa Campo ten planta rectangular, pero constituída por dous corpos. Un deles está elevado a modo de Torre e é máis curto que o outro, amosa no primeiro andar unha gran balconada de forxa con dúas ventás . No outro corpo as ventás e as portas están estruturando a fachada dunha maneira rítmica e simétrica . Feita con cachote de diverso tamaño e con perpiaño de labra no contorno dos vans. O edificio contribúe coa súa traza horizontal e o seu sobrio deseño ao entorno da Carballeira de Santa Minia.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA012.pdf (21 de 53)

PictographReligious site Altitude 383 ft
Photo ofErmida e Carballeira De Santa Minia Photo ofErmida e Carballeira De Santa Minia Photo ofErmida e Carballeira De Santa Minia

Ermida e Carballeira De Santa Minia

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/rois/2018/09/26/brion-celebra-santa-minia-cinco-dias-fiesta/0003_201809S26C79914.htm
Catalogouno elixiovieites
http://patrimoniogalego.net/index.php/2221/2011/06/ermida-e-carballeira-de-santa-minia-2/
Cronoloxía: Século XIX, Descrición: A Ermida adícase a Santa Minia, mártir traída da catacumba romana de Santa Inés por Luis Tobío, que nacera en Lamiño o 1 de setembro de 1781. O corpo da santa chegou a Brión o 1 de agosto de 1848, aínda que o arcebispo Frei Rafael Vélez dispuxo que a urna fose exposta na igrexa parroquial para que tódolos veciños puideran venerala. A Santa non tivo unha capela propia ata pasados vinte anos, cando se habilitou o novo templo, de planta rectangular e aínda sen rematar. Entre 1851 e 1857 construíuse a nave e a sancristía e en 1905 fíxose unha nova urna para as reliquias da Santa e os altares laterais, adicados á Virxe de Luján e á de Lourdes. Esta carballeira era o lugar elixido para as festas, xuntanzas de veciños, mitins políticos…, sendo memorable o acto de adhesión do concello ó levantamento contra o xeneral Espartero do 29 de xuño de 1843.

PictographReligious site Altitude 551 ft
Photo ofErmida de San Clemente

Ermida de San Clemente

http://patrimoniogalego.net/index.php/27697/2012/10/capela-de-san-clemente/
Catalogouno elixiovieites Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición: A capela atópase á beira dun antigo camiño empedrado que ía desde a aldea de Quintáns a Igrexa de San Fins. É de planta rectangular e ten unha gran arcada no lugar onde se supón que estaría a porta. Ten ao seu carón unha fonte cunha pequena imaxe do santo, moi deteriorado e da que só queda da orixinal a parte de abaixo, e o resto está acabado en cemento. Está protexido por unha reixa de ferro. A capela está en ruína total e enriba dos muros que quedan en pé nacen eucaliptos e carballos que están rebentando as pedras e esborrallándo os seus lenzos. Ten ao seu redor unha gran selva de fentos e de bosque moi mesto e o lugar é moi abondoso en auga.

PictographCastle Altitude 643 ft
Photo ofPazo de Trasouteiro

Pazo de Trasouteiro

http://patrimoniogalego.net/index.php/7401/2011/10/pazo-de-trasouterio/
Catalogouno elixiovieites Cronoloxía: Época Baixomedieval, Descrición: Situado no lugar Trasouteiro, está a moi pouca distancia das Torres de Altamira. Ten unha ampla vista cara o Val da Amaía. Está amurallado e éntrase por unha porta con arcada de pedra. Vai construído a base de cadeirado e cachotería. Foi coñecido como pazo dos Condes de Altamira, e algúns historiadores queren atribuír ao século XIV as partes máis antigas do edificio, pero sufriu moitas reformas posteriores, sobre todo no século XVII. Martínez Barbeito coida que quizá fora erexido, como moi tarde, nos tempos do conde Lope de Moscoso e Ruíz de Castro (entre os séculos XVI e XVII). A planta é rectangular con baixo e dous andares, e como elemento destacable a solaina orientada cara o sur. Despois da venda das Torres de Altamira, para este pazo viñeron varios obxectos, como o retábulo da capela, coa representación dos Reis Magos, e tamén unha fonte renacentista (na actualidade desaparecida por roubo).Foi vendido polo conde de Altamira en 1873 a Domingo Barbeira, que botara varios anos en Cuba, e desde entón pertence aos seus herdeiros. Hoxe o pazo está moi deteriorado e a súa decadencia acentuouse ao caerlle o teito. O que antes era unha finca con frutais e árbores ornamentais agora é practicamente un lugar cheo de maleza.
Mina de Auga http://patrimoniogalego.net/?p=100354
Fonte http://patrimoniogalego.net/?p=7371

PictographReligious site Altitude 661 ft
Photo ofIgrexa de San Fins de Brión

Igrexa de San Fins de Brión

http://patrimoniogalego.net/?p=22041 Catalogouno elixiovieites
Igrexa de San Fins de Brión http://patrimoniogalego.net/?p=2987
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa de San Fins probablemente ocupe o solar doutra que estaba en obras no ano 1334, para a que deixou unha esmola de douscentos soldos Rui Soga no seu testamento, según Carré Aldao no libro “Geografía General del reino de Galicia” Barcelona, s.a.,II, p,472. O edificio medieval, igual que moitos, foi substituído polo actual que se comezou a construír cara a 1731. Conta con planta de cruz latina, cunha única nave que está abovedada. A fachada é sinxela, destacando a porta con orelleiras, flanqueada por pilastras estriadas sobre a que está a imaxe de San Fins. Ao lado esquerdo ten unha maxestuosa torre de campás. E entre os retábulos sobresae o do presbiterio, datado sobre o 1735, do que foi autor Luis Parcero.
                                                Reitoral http://patrimoniogalego.net/?p=22033
Cruceiro http://patrimoniogalego.net/?p=14711
Pombal http://patrimoniogalego.net/?p=22041

PictographReligious site Altitude 605 ft
Photo ofCruceiro da igrexa de San Fins de Brión Photo ofCruceiro da igrexa de San Fins de Brión

Cruceiro da igrexa de San Fins de Brión

http://patrimoniogalego.net/index.php/14711/2012/03/cruceiro-da-igrexa-de-san-fins-de-brion/
Catalogouno elixiovieites
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición: Atópase nunha encrucillada fronte ao pombal da casa reitoral que agora está en ruínas e na entrada do adro da igrexa de San Fins de Brión. Ten un pousadoiro diante e dúas grandes pedras troncocónicas que según Claudio Rodríguez poderían proceder das veciñas torres de Altamira. Está sobre plataforma triangular de tres chanzos, e ten unha basa da que sae o fuste. O capitel ten volutas angulares e no medio de cada unha uns querubíns coas ás recollidas. A cruz de sección circular con nós imitando a madeira e con Cristo con amplo pano de pureza, e acompañado por detrás coa Virxe Dolorosa coas mans cruzadas sobre o peito. O cruceiro data do segunda metade século XVIII.

PictographReligious site Altitude 763 ft
Photo ofCapela de San Fiz

Capela de San Fiz

http://patrimoniogalego.net/index.php/29967/2012/12/capela-de-san-fiz/
Catalogouno elixiovieites
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición: A capela de San Fiz está formando parte do entorno do pazo de Leboráns, situado na parroquia de Trasmonte, unha antiga mansión señorial defensiva do século XVIII. De muros de cachotería coa fachada rebocada totalmente lisa e carente de calquera adorno. Porta alintelada de perpiaño de granito. Na parte superior amosa unha espadana para a campá de formas redondeadas e con adornos xeométricos que acaba en pináculo de bóla e unha cruz de forxa

Photo ofTorres De Altamira Photo ofTorres De Altamira Photo ofTorres De Altamira

Torres De Altamira

http://patrimoniogalego.net/index.php/3410/2011/08/torres-de-altamira/
Catalogouno elixiovieites
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición: A primeira Fortaleza de altamira construiuse no século IX sobre os restos dun antigo castro que dominaba o Val da Amaía. Esta estivo en pé ata o 1073, en que foi arrasada por Gonzáles de Moscoso. As torres foron reedificadas ao longo da baixa idade media. Pertenceu á familia dos Moscoso dende o século XV en diante. Son derrocadas polas revoltas irmandiñas entre os anos 1431-1469. Reedificadas e de novo asediadas polas tropas do arcebispo Fonseca no ano 1471. Estas torres conforman un dos centros máis influentes e poderosos de poder do feudalismo galego, lugar de inacables litixios e espectaculares batallas entre a Mitra Compostelana e os señores de Moscoso, ata o difinitivo acordo entre ambos no ano 1554. Os restos que se conservan da fortaleza foron construídos pouco despois do asedio de 1471 e datan da época do autonomeado conde de Altamira, o señor don López Sánchez de Ulloa e Moscoso, que se concedeu a si mesmo o Condado no ano 1455 para celebrar un importante triunfo militar sobre as hostes do arcebispo de Santiago, e viviu nelas dende o ano 1480 ata o século XIX. A familia Moscoso, máis tarde trasladouse ao próximo pazo de Trasouteiro. O abandono por parte dos señores da Casa e un dos primeiros pasos para a ruína. A quebra financiera da duquesa de Baena, dona Luísa Osorio de Moscoso, fai que teña que vender o castelo , as leiras e os foros. Os sucesivos compradores empregaron as pedras para novas construcións, como o templo de Santa Minia de Brión. Os perpiaños da capela dos Reis Magos foron empregados para construír unha corte para o gando. A planta das ruínas deste castelo ten forma de polígono regular, rodeado de varios torreóns rectangulares, defendidos por numerosas seteiras e troneiras. Destaca do conxunto unha torre defensiva que estaba coroada por matacáns voadizos sobre ménsulas con arquiños. No interior pechábase con bóveda de canón. Había un paseo de rolda, patio de honra e de armas e un alxibe que aínda se pode ver hoxe en día. Consérvase unha boa parede do que foran as residencias pacegas, cunha porta de arco de medio punto lixeiramente apuntado e, por enriba, outra porta máis estreita cun arco conopial que se corresponde co primeiro andar. Esta parte tiña dúas plantas e baixo, está feito con perpiaño de excelente factura. Tamén se conservan os restos da poderosa Torre de Homenaxe, que debía acadar os tres metros de grosor nos lenzos
https://www.wikiloc.com/hiking-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948696

PictographCastle Altitude 732 ft
Photo ofPazo de Leboráns. Mirador sobre arcos na horta do pazo

Pazo de Leboráns. Mirador sobre arcos na horta do pazo



http://patrimoniogalego.net/index.php/25008/2012/08/pazo-de-leborans/

Pazo de Leboráns. Mirador sobre arcos na horta do pazo
https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948691)
by Elixio Vieites Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición: O Pazo é unha antiga mansión señorial defensiva do século XVIII de planta rectangular e cun brazo curto que vai a unha torre que parece ser máis antiga que o resto do edificio e que podería datar do século XVI. Feito a base de sillería e cun escudo na fachada das familias Caamaño e Leis. Presenta unha porta principal con arco no brazo que dá á torre. Balcóns e corredores sobre modillóns de pedra. Todo o recinto está cerrado con tapia con pilastras labradas e con reixa de ferro forxado. Ten tamén un pombal e unha capela dentro dos seus terreos. Conta tamén cun gran xardín.
https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=2792035)
C
https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948696


PictographMonument Altitude 792 ft
Photo ofLeboráns escudo das Torres de Altamira Photo ofLeboráns escudo das Torres de Altamira Photo ofLeboráns escudo das Torres de Altamira

Leboráns escudo das Torres de Altamira


http://patrimoniogalego.net/index.php/28470/2012/11/escudo-da-fonte-de-leborans/#respond
Cronoloxía: Século XX,
Descrición: A fonte e lavadoiro de Leboráns pasaría por unha fonte normal e sen moito valor arquitectónico se non fora porque enriba do seu cano está un escudo que con toda seguridade foi sacado das Torres de Altamira e pertencería os escudos de Altamira e os López de Ulloa e Moscoso. No anaco de escudo da fonte pódense apreciar dous dragantes que podería ser leóns ou dragóns e o que parece ser un campo de barras. Recordemos que as ruínas das Torres de Altamira foron vendidos no 1872 e dedicadas a canteira para fornecer de pedra a construcións da zona , entre elas a igrexa de Santa Minia. No 1973 foron compradas pola Deputación da Coruña.
Leboráns escudo das Torres de Altamira (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948695)
by Elixio Vieites (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=2792035)




https://www.wikiloc.com/hiking-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948696

PictographCastle Altitude 227 ft
Photo ofPazo do Armental

Pazo do Armental

http://patrimoniogalego.net/index.php/27449/2012/10/pazo-do-armental/
Catalogouno elixiovieites
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición: O pazo está entre as aldeas de Soigrexa e Senín e pertence a familia Rivero de Aguilar. A edificación é de planta rectangular tipo bloque e cuberto a catro augas. Feita de perpiaño e con disposición regular de vans acompañados de escudos heráldicos. Perpendicular ao centro da edificación sitúase un corredor elevado protexido por unha varanda de pedra que comunica o pazo coa magnífica finca. Unha ampla arcada debaixo do corredor comunica dous patios definidos pola edificación. Outras elementos que compoñen o conxunto son : a casa vivenda do caseiro, pendellos, hórreo, fontes, cruceiros, un pombal octogonal, ademáis de bancos e mesas de pedra. Ten unha boa forxa metálica nos portais de acceso. E un bo exemplo da tipoloxía de pazo que podemos ver polo país. A ficha do pxom de Brión recomenda a inclusión deste pazo dentro das unidades didácticas que teñan por obxecto o desenvolvemento da materia do Coñecemento do Medio

PictographReligious site Altitude 699 ft
Photo ofIgrexa de Trasmonte Photo ofIgrexa de Trasmonte Photo ofIgrexa de Trasmonte

Igrexa de Trasmonte

Sta Mª de Trasmonte https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-14-ruta-arrieira-santiago-seilan-76635732#wp-76635769
http://patrimoniogalego.net/index.php/29538/2012/11/casa-reitoral-de-santa-maria-de-trasmonte/#respond Trasmonte. Parroquia de Trasmonte
(https://www.concellodeames.gal/es/ames/patrimonio-popular-e-artistico/aquitectura-relixiosa/trasmonte-parroquia-de-trasmonte)
Esta iglesia es un interesante ejemplo de la arquitectura del último barroco. Si bien la parroquia de Trasmonte es de origen altomedieval, la actual iglesia se levantó, en diversas fases, en la primera mitad del siglo XVIII. En la segunda mitad del siglo se amplió la nave y se construyeron una fachada nueva, las dos capillas laterales y la tribuna. Se instaló, también, un nuevo retablo. Con reparaciones menores, el edificio permaneció con esta traza hasta el siglo XX, período en que se sustituyó el viejo techo de madera por la cubierta abovedada de ladrillo y cemento. Presenta planta de cruz latina, conformada al añadirse las capillas laterales en los años setenta del siglo XVIII. Rematan el edificio, en el occidente, la torre-campanario y la fachada principal. En ella, las dos ventanas superiores, la puerta, y, especialmente, el ornamentado nicho que alberga la imagen de la Asunción, muestran un claro deseo de embellecimiento y énfasis monumental propio del barroco. El retablo mayor está dedicado al Tránsito de la Virgen y fecha de 1770. El retablo de la Natividad puede datarse en el primer tercio del siglo XVIII. En él destacan una imagen sediente de Santiago, inspirada en la imagen del Apóstol del altar mayor de la catedral compostelana. Merece ser señalado, por su interés histórico, el relieve pétreo en el que se representa el escudo de la Orden Cisterciense dispuesto en la parte alta del muro situado tras el púlpito. Este elemento ratifica el derecho de patronato del monasterio de Toxosoutos, más tarde priorato dependiente de Sobrado dos Monxes, sobre este templo.
Otros datos: El crucero se asienta del lado de la escuela por lo que es de suponer que esta localización no es la original. Según algunos investigadores es anterior a 1616. El varal es octogonal y sobre el se asienta un capitel con hojas de helecho, cabezas aladas de ángel y representaciones de la "Santa Faz". La cruz tiene los brazos achaflanados y está remata con bolos. En el anverso acoge la imagen de Xesús crucificado, a sus pies están la Virgen María y san Xoán; en el reverso una Piedad que se apoya en una peana con un ángel. La escuela fue financiada por la "Sociedad Riveras del Tambre y Valle de la Mahía" integrada por emigrantes residentes en Cuba. En un predio colindante con el atrio de la iglesia, y separada por una parte del cementerio, se encuentra la casa rectoral. Actualmente está en ruinas, pero aun es posible apreciar el escudo de armas, sobre el que destaca un yelmo caballeresco, que nos informa del año de construcción (1710) y del párroco que acometió las obras (Juan Ruiz).
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-14-ruta-arrieira-santiago-seilan-76635732#wp-76635769
Rectoral (http://patrimoniogalego.net/?p=29538)
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-14-ruta-arrieira-santiago-seilan-76635732#wp-76635768
Cruceiro https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-14-ruta-arrieira-santiago-seilan-76635732#wp-76635770 (http://patrimoniogalego.net/?p=94111)
Catalogouno elixiovieites (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/elixiovieites) Descrición: Cruceiro que se levanta sobre plataforma de catro chanzos, dos cales un deles atópase enterrado. Pedestal prismático de arestas superiores biseladas. Fuste de sección octogonal rematado en capitel con gravado de rostros nas súas catro caras, das que se irradian un trazado de liñas rectas ata compor un semicírculo ao seu redor. Cruz de sección cadrada na que vai un Cristo coa cabeza tallada en proporción desigual con respecto ao corpo, no reverso, unha Virxe de trazos rectilíneos co corpo dun Cristo estendido ao largo dos brazos da cruz. Ao seu carón hai unha mesa de pedra que serve de pequeno altar.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=94111)

PictographBridge Altitude 470 ft
Photo ofPonte Maceira Photo ofPonte Maceira

Ponte Maceira



http://patrimoniogalego.net/index.php/3128/2011/07/a-ponte-maceira/#respond

Ponte Maceira (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948678)
by Elixio Vieites (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=2792035)
C

Enlaces : http://historiadegalicia.gal/2017/03/ponte-maceira-historica-ponte-que-viviu-batallas-medievais-na-procura-bic/
http://patrimoni... ">read more → (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948678)

Catalogouno elixiovieites (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/elixiovieites)
Outra denominación: A Ponte Vella Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII) Parroquia: Agrón (San Lourenzo) Portor (Santa María)
Tradición oral: “Contan que a ponte se derrubou cando os soldados romanos perseguían os discípulos de Santiago, que pediran un lugar digno para enterrar o seu mestre, entón as augas abríronse para facilitar a fuxida dos que se consideraban elixidos de Deus e logo arrastraron os romanos río abaixo “. Da páxina do concello de Ames:
http://www.concellodeames.gal/areas_turismo_e_patrimonio_arquitectura_civil.php Descrición: Ponte formada cun tramo principal de cinco arcos feitos de sillería granítica e construído, segundo algúns autores, aproveitando os piares dunha ponte de época romana. Catro arcos son de medio punto e o central, de maior altura e con máis tramo de luz, é de forma oxival. Posúe un tramo de acceso no que se abren dúas arcadas de vertedoiro e protexe a súa estrutura da corrente con catro grandes rompeaugas a base de fieiras de sillería de forma escalonada. A calzada, con peralte ata o centro do arco central, mide uns 100 m. de lonxitude. Os pretís de mampostería e rematados con perpiaños, teñen dous pequenos lenzos de muros máis elevados no seu centro. Foi construído no século XIV por petición da Mitra Compostelá e reformado no XVIII. Durante o medievo permitía cruzar o Tambre dende Santiago cara ás terras noroccidentais de Galicia. Este lugar foi un dos escenarios da chamada Batalla de Altamira en 1471, entre o señorío arcebispal de Fonseca II que gobernaba dende Rocha Forte (Santiago) e a liñaxe dos Moscoso que exercían o seu poder dende as Torres de Altamira (Brión) para facerse co control das terras da Amaía. As tropas eclesiáticas acabaron derrotadas. Neste enclave, segundo conta a Historia Compostelana, librouse tamén unha batalla entre o arcebispo Xelmírez e Pedro Froilaz, o conde de Traba. Esta ponte era o límite dos seus respectivos señoríos. No lugar Ponte Maceira atópase un conxunto monumental ben conservado, constituído por un poboado da época medieval, un antigo muíño, unha presa, a capela de San Brais do século XVIII e o pazo de Baladrón, construído nos anos 50. Esta ponte é paso obligado da ruta Xacobea cara a Fisterra. Nun outeiro situado a 300 metros ao suroeste da ponte, está o castro de Piñor.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=3128)

PictographReligious site Altitude 494 ft

Ermida de San Brais

Ermida de San Brais

Castro: Castro de Piñor

Catalogouno ELIXIOVIEITES Cronoloxía: Idade do Ferro, Descrición: O castro de Piñor sitúase no alto do Cuoto do Outeiro, un lugar elevado con respecto do sistema orográfico ao que pertence. As condicións naturais defensivas son excelentes ao poder divisar os lugares circundantes e contar co río Tambre como unha barreira natural. O recinto está defendido en todo o seu perímetro por un parapeto, moi visible pola na banda leste, e máis esmorecido no resto. As terras de labranza comprendidas entre o castro e o sector oeste case fixeron desaparecer as defensas por esta banda. En xeral atópase en mal estado de conservación.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA004.pdf (páxina 4 de 8 )
http://www.concellodeames.org/info.php?informacion=90&idioma=gl&sec=96 Plano de pendente Lidar 2010 (dereita abaixo, en Piñor)
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0405.pdf
http://patrimoniogalego.net/?p=19512

PictographReligious site Altitude 683 ft
Photo ofIgrexa Parroquial de Santa María de Portor Photo ofIgrexa Parroquial de Santa María de Portor

Igrexa Parroquial de Santa María de Portor

Voltamos por 3ª vez ao Camiño Xacobeo ata chegar á Ponte Vella, do século XIII, situada na Ponte Maceira. Cruzamos a ponte e o lugar e collemos a dereita ata chegar á igrexa de Santa María de Portor, de estilo románico do século XIII. Inclúe reitoral.
http://patrimoniogalego.net/index.php/31317/2013/01/igrexa-de-santa-maria-de-portor/
http://patrimoniogalego.net/index.php/47939/2013/08/cruceiro-en-portor/
Igrexa Parroquial de Santa María de Portor
Catalogouno Elixio Vieitez.
A igrexa foi construída no século XII e sufriu reformas noutras épocas. A fachada da Torre segundo se pode ler nos perpiaños do muro foi feita no 1858. Os muros son de cadeirado e cachotería de granito e o teito vai a dúas augas cuberto con tella do país. Dúas liñas dividen a fachada en tres corpos, o central coa porta alintelada e unha fornela coa imaxe da Virxe encima e cunha ventá cadrada para dar luz ao interior. Remata este corpo en cornixa saínte e redondeada, que segue nos outros dous en sentido horizontal, e unha cruz no cume. No corpo esquerdo vai a torre do campanario que arranca con base cadrada e despois da cornixa outro corpo con ocos rematados en arco de medio punto onde van as campás. Enriba deste, outro octogonal con vans rematados en arco dan paso a unha cúpula rematada en pináculo. A parte dereita da fachada remata en forma de pirámide. No que foi a obra románica pódense ver os adornos característicos deste estilo, sobre todo en portas e cornixas do teito, como canzorros con motivos xeométricos, e arcadas cegas nos muros. Voltamos por 3ª vez ao Camiño Xacobeo ata chegar á Ponte Vella, do século XIII, situada na Ponte Maceira. Cruzamos a ponte e o lugar e collemos a dereita ata chegar á igrexa de Santa María de Portor, de estilo románico do século XIII. Inclúe reitoral.
(http://patrimoniogalego.net/index.php/31317/2013/01/igrexa-de-santa-maria-de-portor/)

PictographReligious site Altitude 697 ft
Photo ofCruceiro de Portor Photo ofCruceiro de Portor

Cruceiro de Portor

http://patrimoniogalego.net/index.php/47939/2013/08/cruceiro-en-portor/
Catalogouno elixiovieites
Descrición: O cruceiro componse dun varal que vai sobre pedestal cuadrangular e remata en capitel con adornos de molduras. Sobre este apousenta unha cruz simple sen figuración e cos brazos de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Ao seu carón hai unha mesa feita cunha peza de granito coas arestas redondeadas e dous perpiaños que lle serven de pés . Imaxes:
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47939)

PictographProvisioning Altitude 704 ft
Photo ofBar O Cruceiro

Bar O Cruceiro

https://maps.app.goo.gl/JjitAkQyRoMQhxp39

PictographMonument Altitude 490 ft
Photo ofPazo do Cotón Photo ofPazo do Cotón

Pazo do Cotón

http://patrimoniogalego.net/?p=1687
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Fortaleza medieval que sufriu importantes reformas, as máis significativa no século XVII, manténdose os cubos das antigas murallas enmarcando as diversas partes do edificio. Está vinculado aos familias de Luaces e Mariño de Lobeira. Destacan a galería de pedra, que atravesa a rúa principal da vila, con tripla arcada ameada, balaustradas e miradoiros; as rexas torres, que deixan claros o seu pasado militar, e doce escudos. A galería une as dependencias do pazo coa capela de San Mauro, construída no século XVIII
Nesta galería de pedra que cruza a rúa, atópanse instalados uns salóns, e dende alí pódese apreciar como transcorre a vida dos habitantes da vila e dos camiñantes que se dirixen a Santiago.
A capela de San Mauro ten unha estrutura de tres naves, separadas por grandes piares. Atesoura un retablo neogótico e imaxes antigas de San Amaro e un talle da virxe Santa Lucía, que mide corenta centímetros e foi esculpida con longa melena entrelazada.
http://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_Pazo-do-Cot%C3%B3n.jpg

https://concellodenegreira.gal/index.php/es/turismo/que-ver/patrimonio?id=412

PictographMountain hut Altitude 526 ft
Photo ofAlbergue Alecrín (Negreira)

Albergue Alecrín (Negreira)

Albergue Alecrín (Negreira)

PictographMountain hut Altitude 571 ft
Photo ofAlbergue de Peregrinos Negreira

Albergue de Peregrinos Negreira

https://www.caminodesantiago.gal/pt/recurso/280380571/albergue-de-peregrinos-de-negreira

Comments

    You can or this trail