Activity

VMLG.15. PATRIMONIO. A Banha(Bergando)-Zas

Download

Trail photos

Photo ofVMLG.15. PATRIMONIO. A Banha(Bergando)-Zas Photo ofVMLG.15. PATRIMONIO. A Banha(Bergando)-Zas Photo ofVMLG.15. PATRIMONIO. A Banha(Bergando)-Zas

Author

Trail stats

Distance
19.19 mi
Elevation gain
1,962 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,759 ft
Max elevation
1,150 ft
TrailRank 
38
Min elevation
509 ft
Trail type
One Way
Coordinates
440
Uploaded
June 25, 2021
Recorded
June 2021
Be the first to clap
Share

near Ceilán, Galicia (España)

Viewed 389 times, downloaded 26 times

Trail photos

Photo ofVMLG.15. PATRIMONIO. A Banha(Bergando)-Zas Photo ofVMLG.15. PATRIMONIO. A Banha(Bergando)-Zas Photo ofVMLG.15. PATRIMONIO. A Banha(Bergando)-Zas

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 785 ft

ALBERGUE BERGANDO

https://www.alberguesjuveniles.es/Hostal-hostel-albergue-juvenil/Albergue-Bergando/BK4703286

PictographWaypoint Altitude 812 ft

Granxa Bergando

Granxa Bergando

PictographReligious site Altitude 663 ft
Photo ofCapela da Virxe da Peregrina

Capela da Virxe da Peregrina



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
A capela ten planta rectangular con sancristía acaroada na cabeceira, e teito a dúas augas. Muros de perpiaño irregular e cachotaría, recebados e pintados en branco, agás na fachada, que leva cadeirado de granito nas esquinas e vai sen revocar. Esta remata en pequena espadana sobre base con molduras e acaba en pináculo con bóla. A porta ten arco oxival e no centro do muro da fachada leva unha ventá redonda para dar luz ao interior. Esta rodeada dunha carballeira e no seu entorno hai un cruceiro e unha fonte.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=40207)

PictographReligious site Altitude 665 ft
Photo ofCruceiro da capela da Peregina en Seilán

Cruceiro da capela da Peregina en Seilán



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
O cruceiro está cerca da capela da Peregrina e ao da lado beirarrúa da carballeira. Elévase sobre tres chanzos pero un está enterrado no chan. Pedestal cuadrangular cos ángulos biselados que lle dan forma de corte piramidal. O varal é de sección octogonal, pero comeza e remata en cadrada. Capitel con molduras e adornos de estrías sobre o que vai unha cruz sinxela de sección cadrada e cun pequeno pedestal.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=40213)

PictographBridge Altitude 548 ft
Photo ofPonte dos Aguillóns Photo ofPonte dos Aguillóns

Ponte dos Aguillóns



Catalogouno Cristina Campos Castro
Descrición:
Trátase dunha ponte feita por dous veciños de Duomes, lugar de O Seilán, para facilitar o acceso ao muíño e comunicar as parroquias de Sanamede do Monte, San Cibrán e Covas. Está suxeita por seis pés, tres agrupacións de pedra por unha banda e tres pola outra. Na súa superficie ten pequenas laxas de pedra para que a xente poida pasar máis comodamente; e finalmente nos seus laterais conta cun peitoril tamén de pedra para poder pasar sobre ela sen correr ningún perigo.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=108152)

PictographReligious site Altitude 564 ft
Photo ofCruceiro de Covas Photo ofCruceiro de Covas

Cruceiro de Covas



Catalogouno Silvia Mariño
Descrición:
De lado do campanario parroquial atópase este fermoso cruceiro en Santa María de Covas. Diante do cal loce unha mesa. Dicir que se ergue sobre unha plataforma de tipo artificial e de forma cuadrangular, formada por catro chanzos. E carecendo de pedestal, sobre estes medra un fuste de tipo poligonal e de considerable altura. A continuación vai coroado cun capitel de estilo xónico, con volutas nas catro esquinas. A forma deste, máis a do fuste podemos enmarcalas dentro do estilo Barroco. Sobre o capitel, a cruz con forma de cruz latina, cos brazos desiguais e cuadrangulares. No anverso vemos un cristo crucificado, os brazos en paralelo á cruz, unha perna inclinada sobre a outra, viste co pano de pureza, cabelos longos e barbas. En canto o reverso, represéntase unha piedade co seu fillo morto nos brazos. A virxe vai cuberta por un longo manto da cabeza aos pés, este con bastantes dobras e engurras, trazos típicos usados no Barroco para dar sensación de movemento e naturalidade. Sobre a figura do fillo, dicir que está un pouco desproporcionado en canto ao tamaño, colgándolle así as pernas e a cabeza. Non se pode datar con certeza esta obra pero si dicir que ten trazoss de estilo Barrocos, figuras que buscan a expresión, a naturalidade, e a sensación de realismo.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=97025)

PictographWilderness hut Altitude 494 ft
Photo ofRefuxio de Covas

Refuxio de Covas

Refuxio de Covas. (https://goo.gl/maps/SoUGjwNm1ecx5YG98)

PictographReligious site Altitude 526 ft
Photo ofCruceiro de Santa María de Covas

Cruceiro de Santa María de Covas



Inclúe dous cruceiros, campanario e pombal. Polo antigo Camiño Real para chegamos por Triáns á igrexa de Santa María de Cobas, onde antigamente había un hospital de peregrinos. ATENCIÓN NO HAY PASO
Catalogouno Xose Troiano
Descrición:
Cruceiro de tipo "De Cruz" con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico rematado con chafráns. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten uns adornos nos chafráns. O seu capitel é cuadrangular con escocia. A súa cruz é cuadrangular e recrucetada cos brazos en chafrán e con remates florenzados con botón central. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=107899)

PictographCastle Altitude 636 ft
Photo ofPazo de Cores Photo ofPazo de Cores

Pazo de Cores



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Construído no século XVIII, de planta rectangular, muros de boa cantería e teito con cuberta de tella do país a dúas augas. Conta cunha edificación principal constituída pola casa señorial, as dependencias do persoal de servizo e unha capela privada. Todo o recinto está rodeado dun gran muro de perpiaño. Ten unha pedra armeira na fachada sur e á esquerda da solaina. A entrada principal do pazo faise a través dunha zona arborada que antecede aos xardíns que posúen unha boa colección de camelias. Á entrada de servizo atópanse dous hórreos, de 10 e 7 claros, respectivamente, o primeiro deles e un dos máis grandes de estilo Amaía, e vai construído sobre celeiro de perpiaño. Conta tamén dentro do recinto amurallado cunha horta con xardíns con grandes magnolios, xardíns de buxo, pombal e estanques.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=46693)

PictographTree Altitude 646 ft
Photo ofCarballo de Cores

Carballo de Cores



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Carballo centenario ao lado do Pazo de Cores que non está dentro do libro Árbores e formacións senlleiras de Galicia. Co seu gran porte merecería esa mención así como outros que existen en Galicia e que cuxa inclusión está a ser solicitada por asociacións medioambientais.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=46702)

PictographReligious site Altitude 644 ft
Photo ofIgrexa de San Xoán de Barcala Photo ofIgrexa de San Xoán de Barcala

Igrexa de San Xoán de Barcala



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Igrexa de estilo barroco do século XVIII de nave rectangular, con presbiterio destacado da planta, e sancristía acaroada á cara norte. Muros de boa fábrica de sillería de granito e tellado a dúas augas agás na cabeceira. Fachada carente de adorno con pequena aresta que a enmarca e onde se abre unha porta alintelada, e unha ventá rectangular de bordes en chafrán para aumentar a entrada de luz ao interior. No medio unha fornela coa imaxe do San Xoán. Torre de campanario de tres corpos, o primeiro, de base cadrada que remata en cornixa saínte. O segundo leva catro columnas que compoñen catro ocos de arco de medio punto para poñer as campás e pináculos de bóla nas esquinas. O terceiro octogonal con catro ocos e rematado nunha pequena cúpula rematada en pináculo.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47773)

PictographProvisioning Altitude 653 ft
Photo ofRestaurante Casa Salvador

Restaurante Casa Salvador

www.casasalvadorbarcala.es                                     +34 981 88 62 44

PictographReligious site Altitude 651 ft
Photo ofCruceiro da igrexa de San Xoán de Barcala Photo ofCruceiro da igrexa de San Xoán de Barcala

Cruceiro da igrexa de San Xoán de Barcala



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Cruceiro de plataforma con tres chanzos que remata en pedestal cúbico con molduras, de onde arranca o varal. Este é de sección octogonal agás no comezo e no remate. Capitel con volutas nas esquinas e cabezas de anxos no centro das caras. Cruz de sección cilíndrica onde vai un cristo de boa talla e unha virxe coas mans en actitude de orar. O conxunto está rodeado dunha cadea apoiada en catro bolardos de metal.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47786)

PictographReligious site Altitude 737 ft
Photo ofIgrexa de Santa María de Ordoeste

Igrexa de Santa María de Ordoeste



Inclúe cruceiro e reitoral.
Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Igrexa construída en diferentes etapas pero no que destaca o estilo barroco e o neoclásico da torre do campanario. Dunha soa nave e co presbiterio destacado do resto do edificio na súa altura. Tellado a dúas augas e cuberta con tella do país. Fachada sinxela e carente de adornos onde se abre unha porta alintelada, con molduras nas xambas, e un gran van rectangular con cristais por enriba dela. No medio das dúas unha cruz de mármore, e rematando o cume unha cruz sinxela de pedra. Torre do campanario de tres corpos, acaroado á fachada, que arranca de base cadrada con pilastras e remata en cornixa saínte. O primeiro corpo leva catro columnas que compoñen catro ocos de arco de medio punto para poñer as campás. O segundo octogonal con catro ocos e o terceiro confórmao unha pequena cúpula rematada en pináculo de bóla. As esquinas do tellado van adornadas co mesmo elemento de decoración.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47515)

PictographReligious site Altitude 684 ft
Photo ofIgrexa Parroquial de San Cristovo de Corneira Photo ofIgrexa Parroquial de San Cristovo de Corneira

Igrexa Parroquial de San Cristovo de Corneira

Inclúe cruceiro e reitoral. (https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/191121000174/igrexa-parroquial-de-san-cristovo-de-corneira?langId=es_ES&tp=8&ctre=31). Descripción Fue construida en el tercero tercio del S XVIII, aunque posteriormente se acometieron diversas modificaciones como la construcción de la capilla mayor en el XIX. En la fachada principal encontramos la puerta con lintel, la figura del patrón alojada en una hornacina y una pequeña ventana circular. Sobresale la espadaña, que contiene dos arcos de medio punto con su respectiva campa, cornisa abajo y arriba de este conjunto, y finaliza en forma triangular, con un pináculo en cada vértice y una cruz central.

PictographWilderness hut Altitude 669 ft

O Local

O Local

PictographWilderness hut Altitude 671 ft
Photo ofAlbergue Corneira

Albergue Corneira



PictographReligious site Altitude 1,054 ft
Photo ofCruceiro en San Martiño de Fontecada Photo ofCruceiro en San Martiño de Fontecada

Cruceiro en San Martiño de Fontecada



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Cruceiro sobre plataforma de tres chanzos, sendo o primeiro máis amplo e alto, e unha base prismática. O varal de sección cadrada, en comezo e remate, e octogonal no resto. O capitel leva adorno de volutas nas esquinas. A cruz de sección cadrada e de remates potenzados leva un Cristo polo anverso, e unha virxe con coroa e co neno no brazo polo reverso.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=50962)

PictographReligious site Altitude 1,051 ft
Photo ofIgrexa de San Martiño de Fontecada Photo ofIgrexa de San Martiño de Fontecada

Igrexa de San Martiño de Fontecada



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Igrexa dunha soa nave e sancristía acaroada ao muro norte. O teito esta cuberto a dúas augas con tella curva do país. A fachada principal é moi sinxela e de esquema pentagonal con corpo central adiantado no eixo da porta e espadana. Nel vai a porta alintelada e enriba unha figura de San Martiño de Tours a cabalo, despois séguelle unha pequena ventá cadrada para dar luz ao interior. Na parte superior arranca a espadana con dous ocos de arcos de medio punto apoiados sobre piares e que acollen ás campás. Leva unha pequena balaustrada de pedra na parte inferior. Está coroada cun edículo con oco e dous pináculos piramidais nos extremos, e outro de bóla, no medio e con cruz de forxa no cume.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=50957)

PictographCastle Altitude 1,051 ft
Photo ofCasa Reitoral de San Martiño de Fontecada

Casa Reitoral de San Martiño de Fontecada



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Edificio de planta rectangular e dúas alturas, cun corpo engadido na banda oeste. Feito con muros de perpiaños recebados e pintados de branco, agás nos esquinais e piares das ventás onde amosa sillares ben labrados en cantería de granito. Teito a dúas augas e cuberta de tella do país. Na segunda planta amosa ventás enrasadas de dúas follas e na planta baixa ábrense pequenos vans cadrados cerca da porta principal. Ten dependencias anexas e na horta hai un hórreo
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=50992)

PictographMonument Altitude 1,054 ft
Photo ofHórreo en San Martiño.1

Hórreo en San Martiño.1



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Hórreo de planta rectangular, tellado a dúas aguas e apoiado sobre un celeiro de mampostería que remata nun beirado de laxes que fai de tornarratos á cámara. É moi parecido ao estilo Ponteceso ou Carballo, pola situación da cámara e a súa feitura, pero esta vai feita coa mesma técnica construtiva que os hórreos tipo fisterra, con fileiras de perpiaño de pouco canto, como único elemento estrutural dos muros e sen apenas físgoas de ventilación. Os cumes dos penais están feitos de ladrillo e cemento, así como os adornos que os coroan. Ten unha entrada nun penal.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=50999)

PictographMonument Altitude 1,053 ft
Photo ofHórreo en San Martiño. 2

Hórreo en San Martiño. 2



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Hórreo tipo fisterra coa cámara feita con perpiaños irregulares de pouco grosor postos en ringleiras superpostas, sendo a única ventilación a que pasa a través das pezas de pedra. Está sostido por 5 pares de pés feitos con piares de perpiaños de sección cadrada, onde apoian os tornarratos cuadrangulares. Sobre estes van os linteis horizontais da base da cámara. As esquinas están compostas de pedras de cores máis claros que o resto. Os penais rematan nunha peza de granito de forma triangular para compor o cume do tellado, onde se apoian sobrepenas para apartar a auga da chuvia. O tellado vai a dúas. Nas cimeiras, leva unha cruz de pedra e un pináculo.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=51005)

PictographReligious site Altitude 1,123 ft

Capela da Purísima Concepción (Fontecada)

Inclúe cruceiro, casa e hórreo.

Photo ofCastro da Pallota

Castro da Pallota



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
O que debeu ser un castro con dúas grandes terrazas pola banda oeste, coas defensas e muros moi visibles sobresaíndo da contorna ata fai pouco tempo, segundo os veciños da zona, está hoxe case desfeito. Podemos apreciar ben na foto do voo americano do 1956 o que debía ser a súa configuración, aínda que xa estaba modificado polas labores agrícolas. Os traballos de reparcelación agraria e a apertura de pistas deixaron só a croa do castro, pero está foi modificada e case non se aprecian as defensas debido as agresión sufridas polos movementos de terra. Está a 342 m. de altitude e nunha estremeira leste da penichán na que se sitúan os concellos de Mazaricos e Santa Comba no seu límite con Negreira. Pola banda nordés ten unha gran pendente cara un pequeno val polo que discorre un regueiro, e que podemos apreciar na foto principal que acompaña a esta ficha. A croa, de forma ovoide, tería uns 130 metros no seu lado máis longo e na ortofoto do 56 apréciase unha entrada pola banda sur, atravesando unha das terrazas ou antecastros. Está a 1,8 km ao nordés do asentamento do Cornado e a mesma do castro de Castroverde, ao sueste, cerca de Espesedo. Estes últimos pertencerían ao concello de Negreira.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=50756)

PictographReligious site Altitude 1,078 ft
Photo ofIgrexa de Santo André da Pereira Photo ofIgrexa de Santo André da Pereira

Igrexa de Santo André da Pereira



Catalogouno Xose Troiano
Descrición:
Os templos de plano central son pouco habituais nesta zona, de aí a singularidade de San Andrés da Pereira. Retomando ancestrais disposicións formais con forma de cruz grega, esta igrexa presenta unha planta que parece ter os brazos de iguais dimensións, aínda que un pouco desvirtuados polos volumes anexos ó muro norte (sancristía e pequeno oratorio). No interior a capela maior e a nave cóbrense con bóveda de canón que descarga, directamente, nos muros de carga de cachotería. A cuberta é a tres augas na nave e a unha nos anexos. A fachada, pola contra, é de cantería. Esta última posúe unha disposición xa coñecida pero de grande orixinalidade na ornamentación, xa que a fornela que alberga a imaxe do santo titular está gardada por un frontón partido, na súa parte inferior, e un frontón curvo, na parte superior. Ademais unha parte dela é translúcida, a modo de transparente, recurso moi utilizado na arquitectura barroca. Esta ornamentación complétase cunha cornixa rematada en volutas e pináculos piramidais. O campanario, sobre unha base prismática, ofrece dous corpos. O primeiro con arcos de medio punto sobre machóns e un segundo, cupuliforme.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=16384)

PictographReligious site Altitude 1,073 ft
Photo ofCruceiro da Pereira (1)

Cruceiro da Pereira (1)



Catalogouno Xose Troiano
Descrición:
Cruceiro de tipo de Cruz con plataforma cadrangular de dous chanzos e pedestal caadrangular rematado con mediacana. O varal é cadrado e achafranado cun capitel e cruz cadrangulares. A plataforma e o varal son de granito e o capitel e a cruz son de formigón. Amosa un mal estado de conservación.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=16395)

PictographReligious site Altitude 1,073 ft
Photo ofCruceiro da Pereira (2)

Cruceiro da Pereira (2)



Catalogouno Xose Troiano
Descrición:
Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico cunha inscrición que vén sendo a data do cruceiro (25/7/2003). O varal empeza cadrado para logo ser octogonal ata o capitel. Este ten astrágalo circular e liso con volutas, frores e follas de carballo. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. A súa cruz é leñosa con nós e polo anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara adiante cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza está suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans cruzadas sobre o peito e nun pedestal de rochas. O cruceiro é todo de granito cun moi bó estado de conservación.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=16400)

PictographTree Altitude 1,086 ft
Photo ofCarballo de San Cosme de Antes

Carballo de San Cosme de Antes



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
O impresionante carballo (quercus robur) está no adro da parroquial e posiblemente estivera alí antes que a igrexa. O carballo é unha árbore que está ao carón de algunhas ermidas ou igrexas e teñen moitas veces lendas relacionadas co culto a eses lugares. Está en bo estado de conservación e moi cerca do muro do templo.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=26929)

PictographReligious site Altitude 1,085 ft
Photo ofIgrexa de San Cosme de Antes

Igrexa de San Cosme de Antes



Catalogouno Xose Troiano

Descrición:
O templo presenta unha planta de salón dividida en catro tramos por arcos faixóns e soporta unha bóveda de canón. Entre os faixóns dispóñense os lunetos. A capela maior con resalte no muro exterior cóbrese cunha bóveda de crucería con nervios con cinco claves. No interior aparece un gran retablo tallado en granito, dividido, no seu primeiro corpo, en tres panos. O central acubilla o sagrario e a ámbolos dous lados, as imaxes de San Cosme e San Damián. No segundo corpo ofrécenos unha única fornela rematada por un frontón triangular e con volutas rampantes a ámbolos lados. Un coro alto presenta un balaústre de pedra artificial que substitúe á antiga balaustrada de madeira. No Exterior a fachada organízase de forma xeométrica con porta de luz vertical, enmarcada por grosos baquetóns, van rectangular de luz e unha espadana de ous corpos que remata o conxunto engadida no século XX. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxar ás campás. O segundo aparece un frontón triangular curvado cun pequeno oco tamén de medio punto flanqueado por dous pináculos moldurados e rematado no seu centro con outro pináculo moldurado coroado cunha cruz de forxa sobre a bóla desta. Como en tantas igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos. Tamén cabe destacar un gran carballo apegado ó muro lateral sur polo seu enorme tamaño.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=48647)

PictographReligious site Altitude 1,086 ft
Photo ofCruceiro da Igrexa de San Cosme de Antes Photo ofCruceiro da Igrexa de San Cosme de Antes

Cruceiro da Igrexa de San Cosme de Antes



Catalogouno Xose Troiano
Descrición:
Cruceiro de tipo "De Cruz" con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado con cuarto bocel inverso. Ten unha mesa separada apegada a plataforma. O varal é octogonal comezando en cadrado levando un capitel cuadrangular con astrágalo octogonal e liso. O capitel vai moldurado con cuarto bocel e mediacana. Ten unha cruz romboidea con remates florenzados, un círculo no centro e tres imaxes no anverso da cruz que semellan ser o Cristo, a Virxe e outro personaxe aniñado ós pés de Cristo. O cruceiro é todo de granito cun estado de conservación regular a mala. Está moi desgastado.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=48659)

Photo ofCastro de Calabanda.

Castro de Calabanda.



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
O castro encóntrase a 600 m. do castro de Brandomil, pero na marxe esquerda e a 380 metros do río Xallas, enriba do lugar de Acalabanda e a 330 m. de altitude. O seu estado é moi malo, pois a parte interior da croa, duns 95 m. de diámetro, foi utilizada coma canteira para conseguir pedra. O parapeto está moi rebaixado na parte leste e sur e serve de límite entre as propiedades agrícolas. Está na liña de demarcación entre os concellos de Zas e Mazaricos. A abundancia de arborado e vexetación fai que sexa moi difícil a súa observación e só se fai visible o parapeto da zona norte e leste. na segunda foto podemos ver un mapa de pendentes Lidar do ano 2009 onde se aprecian os dous castros.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=49021)

PictographBridge Altitude 955 ft
Photo ofPonte de Brandomil Photo ofPonte de Brandomil Photo ofPonte de Brandomil

Ponte de Brandomil



Catalogouno Xose Troiano
Código no catálogo da Xunta: GA15093011
Categoría do ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Descrición:
Esta ponte consta de catro arcos cunha luz de 8,20 metros tres deles e, outro máis pequeno. Os dous centrais, coinciden co curso do río, están formados por dúas roscas cuns vinte centímetros de voladizo. As bóvedas e os tímpanos son de sillería. Consérvase ben os pretís e un tramo de calzada que se alonxa por un dos seus extremos chegando a cruzar a estrada xeral.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=4449)

PictographReligious site Altitude 981 ft
Photo ofIgrexa Parroquial de San Pedro de Brandomil Photo ofIgrexa Parroquial de San Pedro de Brandomil

Igrexa Parroquial de San Pedro de Brandomil



https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipO-DJgFUQaFwwz4xvKQKMz_IQfUSaVT9l0F2BLP=w2560-h1440-pd

Photo ofCidade romana de Brandomil

Cidade romana de Brandomil


CIRCUITO ROMANO. (https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiro-brandomil-romano-34766363)
Catalogouno Manuel Rial Tradición oral: A explicación que dan os veciños de Brandomil para poder entender de onde saen tantas "paredes" e pedras cando traballan nas súas leiras é que a aldea foi afundida. Como contan as lendas de asolagamentos de antigas cidades, nesta tamén parece ser que un desastre arrasou coa anterior vila hai moitos séculos, ou que incluso os seus cimentos viñéronse abaixo e quedaron soterrados baixo as beiras do Xallas. De aí lle vén o nome, segundo contan aínda os vellos, "Van dio-mil" que quere dicir "Van dous mil" mortos nese afundimento ou desastre. En Brandomil erguíase unha cidade romana de ó redor de 25 hectáreas. Cruzada, de seguro, pola vía XX per loca maritima, que ía de Braga a Astorga pola parte costeira da Gallaecia e subía cara Brigantium. A vía daba esta volta cara o Finisterrae para chegar ata as minas que se explotaban moi preto dalí, coma o pozo de Limideiro. Nas escavacións de hai catro anos atopáronse moedas, cerámicas africanas de diferentes épocas, xoias, vidros, aras, placas, frontón de mausoleos… Todo isto quedará como mostra da importante cidade que foi Brandomil, onde se estableceron membros da Administración imperial; E como todas as estradas, tiña que ter unha parada para repoñerse; sobre todo tendo en conta como eran antes os camiños e os días que podía levar facer esas viaxes. A mansio Grandimiro ou Glandomiro foi localizada en Brandomil por varios historiadores como esa estación na vía XX. Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=25063)
(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011)
1. https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011
2. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294018
3. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294019
4. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294020
5. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294021
6. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294022
7. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294023
8. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294024
9. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294025
10. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294026
11. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294027
12. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294028
13. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294030


Photo ofCastro de Brandomil Photo ofCastro de Brandomil

Castro de Brandomil



Catalogouno Manuel Rial
Código no catálogo da Xunta: GA-15093011
Descrición:
Cruzando a ponte de ascendencia romana sobre o río Xallas chegamos ás murallas do castro de Brandomil. Trátase dun castro romanizado de tipo mixto, con características dos de chaira e dos de outeiro. A croa deste castro, que hoxe ten uso agrario, é bastante plana. As murallas (a maior parte artificiais) non teñen moita altura cara ao interior, pero si no exterior, sobre todo na parte que dá ao Xallas, a máis inaccesible. Conserva parte do foxo neste lado. Ao carón deste castro posiblemente pasaba a vía romana número XX per loca maritima e nela estaba a mansión Grandimirum que se pode identificar con Brandomil. E así o proba a abundancia de achádegos romanos nas inmediacións do lugar.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=6640)

PictographWaypoint Altitude 981 ft

Gran capitel cuadrangular



Capitel cuadrangular, de forma troncopiramidal invertida. Componse cun groso bocel, listel liso e escocia.
Está reutilizado como remate nunha esquina do muro do atrio da igrexa parroquial.

PictographWaypoint Altitude 993 ft

Pedra do Altar

Restos de estructuras murarias de época romana

PictographWaypoint Altitude 984 ft

Ara votiva a deusa Fortuna



Conserva a base e a cornixa por todos os lados. Mide 40 cm (alto), 22 - 19 (ancho) e 13 - 10 (groso).
A inscripción di o seguinte:
FONTIUN-
AE M[arcus] SE[mpronius?]
AGATON
EX V[oto]
Atópase in situ no xardín desta casa.

PictographWaypoint Altitude 982 ft

Fuste de columna de granito



Dado as súas grandes dimensións varios estudiosos identificárono como un miliario anepigráfico. Hoxe en día a función de fuste de columna parece a máis probable.
É unha peza de gran formato, cilíndrica aínda que lixeiramente con forma de cono e arredondada. Ten unha fendadura lonxitudinal rebaixada, así como varios ocos, que pode indicar que foi reutilizada como piar

PictographWaypoint Altitude 986 ft

Camiño de Trapeso

Restos de construccións

Comments

    You can or this trail