Activity

VMLG.15.Negreira-A Banha-Brandomil-Brandoñas

Download

Trail photos

Photo ofVMLG.15.Negreira-A Banha-Brandomil-Brandoñas Photo ofVMLG.15.Negreira-A Banha-Brandomil-Brandoñas Photo ofVMLG.15.Negreira-A Banha-Brandomil-Brandoñas

Author

Trail stats

Distance
22.2 mi
Elevation gain
2,073 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,844 ft
Max elevation
1,150 ft
TrailRank 
15
Min elevation
559 ft
Trail type
One Way
Coordinates
496
Uploaded
October 11, 2022
Recorded
October 2022
Share

near Ceilán, Galicia (España)

Viewed 196 times, downloaded 25 times

Trail photos

Photo ofVMLG.15.Negreira-A Banha-Brandomil-Brandoñas Photo ofVMLG.15.Negreira-A Banha-Brandomil-Brandoñas Photo ofVMLG.15.Negreira-A Banha-Brandomil-Brandoñas

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 785 ft

ALBERGUE BERGANDO

https://www.alberguesjuveniles.es/Hostal-hostel-albergue-juvenil/Albergue-Bergando/BK4703286

PictographWaypoint Altitude 663 ft
Photo ofCapela da Virxe da Peregrina

Capela da Virxe da Peregrina



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
A capela ten planta rectangular con sancristía acaroada na cabeceira, e teito a dúas augas. Muros de perpiaño irregular e cachotaría, recebados e pintados en branco, agás na fachada, que leva cadeirado de granito nas esquinas e vai sen revocar. Esta remata en pequena espadana sobre base con molduras e acaba en pináculo con bóla. A porta ten arco oxival e no centro do muro da fachada leva unha ventá redonda para dar luz ao interior. Esta rodeada dunha carballeira e no seu entorno hai un cruceiro e unha fonte.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=40207)
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-15-a-banhabergando-zas-76634640#wp-76634643

PictographWaypoint Altitude 494 ft
Photo ofRefuxio de Covas
PictographWaypoint Altitude 636 ft
Photo ofPazo de Cores Photo ofPazo de Cores

Pazo de Cores



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Construído no século XVIII, de planta rectangular, muros de boa cantería e teito con cuberta de tella do país a dúas augas. Conta cunha edificación principal constituída pola casa señorial, as dependencias do persoal de servizo e unha capela privada. Todo o recinto está rodeado dun gran muro de perpiaño. Ten unha pedra armeira na fachada sur e á esquerda da solaina. A entrada principal do pazo faise a través dunha zona arborada que antecede aos xardíns que posúen unha boa colección de camelias. Á entrada de servizo atópanse dous hórreos, de 10 e 7 claros, respectivamente, o primeiro deles e un dos máis grandes de estilo Amaía, e vai construído sobre celeiro de perpiaño. Conta tamén dentro do recinto amurallado cunha horta con xardíns con grandes magnolios, xardíns de buxo, pombal e estanques.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=46693)


https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-15-a-banhabergando-zas-76634640#wp-76634649

PictographWaypoint Altitude 644 ft
Photo ofIgrexa de San Xoán de Barcala Photo ofIgrexa de San Xoán de Barcala

Igrexa de San Xoán de Barcala



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Igrexa de estilo barroco do século XVIII de nave rectangular, con presbiterio destacado da planta, e sancristía acaroada á cara norte. Muros de boa fábrica de sillería de granito e tellado a dúas augas agás na cabeceira. Fachada carente de adorno con pequena aresta que a enmarca e onde se abre unha porta alintelada, e unha ventá rectangular de bordes en chafrán para aumentar a entrada de luz ao interior. No medio unha fornela coa imaxe do San Xoán. Torre de campanario de tres corpos, o primeiro, de base cadrada que remata en cornixa saínte. O segundo leva catro columnas que compoñen catro ocos de arco de medio punto para poñer as campás e pináculos de bóla nas esquinas. O terceiro octogonal con catro ocos e rematado nunha pequena cúpula rematada en pináculo.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47773)


https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-15-a-banhabergando-zas-76634640#wp-76634651

PictographWaypoint Altitude 653 ft
Photo ofRestaurante Casa Salvador

Restaurante Casa Salvador

https://www.casasalvadorbarcala.es/                                  +34 981 88 62 44
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-15-a-banhabergando-zas-76634640#wp-76634652
https://www.casasalvadorbarcala.es/

PictographWaypoint Altitude 737 ft

Igrexa de Santa María de Ordoeste



Inclúe cruceiro e reitoral.
Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Igrexa construída en diferentes etapas pero no que destaca o estilo barroco e o neoclásico da torre do campanario. Dunha soa nave e co presbiterio destacado do resto do edificio na súa altura. Tellado a dúas augas e cuberta con tella do país. Fachada sinxela e carente de adornos onde se abre unha porta alintelada, con molduras nas xambas, e un gran van rectangular con cristais por enriba dela. No medio das dúas unha cruz de mármore, e rematando o cume unha cruz sinxela de pedra. Torre do campanario de tres corpos, acaroado á fachada, que arranca de base cadrada con pilastras e remata en cornixa saínte. O primeiro corpo leva catro columnas que compoñen catro ocos de arco de medio punto para poñer as campás. O segundo octogonal con catro ocos e o terceiro confórmao unha pequena cúpula rematada en pináculo de bóla. As esquinas do tellado van adornadas co mesmo elemento de decoración.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47515)

PictographWaypoint Altitude 684 ft

Igrexa Parroquial de San Cristovo de Corneira

Inclúe cruceiro e reitoral.

PictographWaypoint Altitude 1,051 ft

Igrexa de San Martiño de Fontecada



Catalogouno elixiovieites
Descrición:
Igrexa dunha soa nave e sancristía acaroada ao muro norte. O teito esta cuberto a dúas augas con tella curva do país. A fachada principal é moi sinxela e de esquema pentagonal con corpo central adiantado no eixo da porta e espadana. Nel vai a porta alintelada e enriba unha figura de San Martiño de Tours a cabalo, despois séguelle unha pequena ventá cadrada para dar luz ao interior. Na parte superior arranca a espadana con dous ocos de arcos de medio punto apoiados sobre piares e que acollen ás campás. Leva unha pequena balaustrada de pedra na parte inferior. Está coroada cun edículo con oco e dous pináculos piramidais nos extremos, e outro de bóla, no medio e con cruz de forxa no cume.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=50957)

PictographWaypoint Altitude 1,078 ft

Igrexa de Santo André da Pereira



Catalogouno Xose Troiano
Descrición:
Os templos de plano central son pouco habituais nesta zona, de aí a singularidade de San Andrés da Pereira. Retomando ancestrais disposicións formais con forma de cruz grega, esta igrexa presenta unha planta que parece ter os brazos de iguais dimensións, aínda que un pouco desvirtuados polos volumes anexos ó muro norte (sancristía e pequeno oratorio). No interior a capela maior e a nave cóbrense con bóveda de canón que descarga, directamente, nos muros de carga de cachotería. A cuberta é a tres augas na nave e a unha nos anexos. A fachada, pola contra, é de cantería. Esta última posúe unha disposición xa coñecida pero de grande orixinalidade na ornamentación, xa que a fornela que alberga a imaxe do santo titular está gardada por un frontón partido, na súa parte inferior, e un frontón curvo, na parte superior. Ademais unha parte dela é translúcida, a modo de transparente, recurso moi utilizado na arquitectura barroca. Esta ornamentación complétase cunha cornixa rematada en volutas e pináculos piramidais. O campanario, sobre unha base prismática, ofrece dous corpos. O primeiro con arcos de medio punto sobre machóns e un segundo, cupuliforme.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=16384)

PictographWaypoint Altitude 1,085 ft

Igrexa de San Cosme de Antes



Catalogouno Xose Troiano

Descrición:
O templo presenta unha planta de salón dividida en catro tramos por arcos faixóns e soporta unha bóveda de canón. Entre os faixóns dispóñense os lunetos. A capela maior con resalte no muro exterior cóbrese cunha bóveda de crucería con nervios con cinco claves. No interior aparece un gran retablo tallado en granito, dividido, no seu primeiro corpo, en tres panos. O central acubilla o sagrario e a ámbolos dous lados, as imaxes de San Cosme e San Damián. No segundo corpo ofrécenos unha única fornela rematada por un frontón triangular e con volutas rampantes a ámbolos lados. Un coro alto presenta un balaústre de pedra artificial que substitúe á antiga balaustrada de madeira. No Exterior a fachada organízase de forma xeométrica con porta de luz vertical, enmarcada por grosos baquetóns, van rectangular de luz e unha espadana de ous corpos que remata o conxunto engadida no século XX. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxar ás campás. O segundo aparece un frontón triangular curvado cun pequeno oco tamén de medio punto flanqueado por dous pináculos moldurados e rematado no seu centro con outro pináculo moldurado coroado cunha cruz de forxa sobre a bóla desta. Como en tantas igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos. Tamén cabe destacar un gran carballo apegado ó muro lateral sur polo seu enorme tamaño.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=48647)

PictographWaypoint Altitude 955 ft

Ponte de Brandomil



Catalogouno Xose Troiano
Código no catálogo da Xunta: GA15093011
Categoría do ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Descrición:
Esta ponte consta de catro arcos cunha luz de 8,20 metros tres deles e, outro máis pequeno. Os dous centrais, coinciden co curso do río, están formados por dúas roscas cuns vinte centímetros de voladizo. As bóvedas e os tímpanos son de sillería. Consérvase ben os pretís e un tramo de calzada que se alonxa por un dos seus extremos chegando a cruzar a estrada xeral.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=4449)

PictographWaypoint Altitude 1,008 ft

Camping Sta Mª de Brandoñas

campamentoturisticobrandonas@gmail.com 0034981191283/660476831

Comments

    You can or this trail