Activity

VMLG.16.Caminho Arriero.05-06.Brandomil-Berdoias

Download

Trail photos

Photo ofVMLG.16.Caminho Arriero.05-06.Brandomil-Berdoias Photo ofVMLG.16.Caminho Arriero.05-06.Brandomil-Berdoias Photo ofVMLG.16.Caminho Arriero.05-06.Brandomil-Berdoias

Author

Trail stats

Distance
13.05 mi
Elevation gain
627 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
833 ft
Max elevation
1,358 ft
TrailRank 
50
Min elevation
745 ft
Trail type
One Way
Coordinates
398
Uploaded
April 25, 2021
Recorded
April 2021
Be the first to clap
Share

near Brandomil, Galicia (España)

Viewed 379 times, downloaded 27 times

Trail photos

Photo ofVMLG.16.Caminho Arriero.05-06.Brandomil-Berdoias Photo ofVMLG.16.Caminho Arriero.05-06.Brandomil-Berdoias Photo ofVMLG.16.Caminho Arriero.05-06.Brandomil-Berdoias

Itinerary description

Rexistro de Patrimonio en Baiñas realizado por Roberto Roget, Asociación de Veciños de Baiñas e Concello de Vimianzo...Baiñas no Camiño.. https://www.facebook.com/bainasnocamino...
Rexistro de Patrimonio en Brandomil realizado por Enrique Iglesias, Asociación Cultural Grandimirum e Concello de Zás...https://www.facebook.com/BrandomilOficial...
Patrimonio Galego.. http://patrimoniogalego.net/..

TRACK: (https://www.alltrails.com/es/explore/map/vmlg16-brandomil-berdoias)

Waypoints

INFO de BRANDOMIL

CONCELLO DE ZAS. . http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/portada/gl. .BRANDOMIL ROMANO. .https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiro-brandomil-romano-34766363

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofCastro de Brandomil Photo ofCastro de Brandomil Photo ofCastro de Brandomil

Castro de Brandomil



Catalogouno Manuel Rial Descrición:
Cruzando a ponte de ascendencia romana sobre o río Xallas chegamos ás murallas do castro de Brandomil. Trátase dun castro romanizado de tipo mixto, con características dos de chaira e dos de outeiro. A croa deste castro, que hoxe ten uso agrario, é bastante plana. As murallas (a maior parte artificiais) non teñen moita altura cara ao interior, pero si no exterior, sobre todo na parte que dá ao Xallas, a máis inaccesible. Conserva parte do foxo neste lado. Ao carón deste castro posiblemente pasaba a vía romana número XX per loca maritima e nela estaba a mansión Grandimirum que se pode identificar con Brandomil. E así o proba a abundancia de achádegos romanos nas inmediacións do lugar.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=6640)

PictographBridge Altitude 0 ft
Photo ofPonte de Brandomil Photo ofPonte de Brandomil Photo ofPonte de Brandomil

Ponte de Brandomil



Catalogouno Xose Troiano Descrición:
Esta ponte consta de catro arcos cunha luz de 8,20 metros tres deles e, outro máis pequeno. Os dous centrais, coinciden co curso do río, están formados por dúas roscas cuns vinte centímetros de voladizo. As bóvedas e os tímpanos son de sillería. Consérvase ben os pretís e un tramo de calzada que se alonxa por un dos seus extremos chegando a cruzar a estrada xeral.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=4449)

Photo ofIgrexa de San Pedro de Brandomil Photo ofIgrexa de San Pedro de Brandomil

Igrexa de San Pedro de Brandomil

Igrexa de San Pedro de Brandomil

PictographOvernight Altitude 0 ft
Photo ofCampo da Festa

Campo da Festa

Lugar para os animales

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofCidade romana de Brandomil Photo ofCidade romana de Brandomil

Cidade romana de Brandomil



Catalogouno Manuel Rial
Tradición oral: A explicación que dan os veciños de Brandomil para poder entender de onde saen tantas "paredes" e pedras cando traballan nas súas leiras é que a aldea foi afundida. Como contan as lendas de asolagamentos de antigas cidades, nesta tamén parece ser que un desastre arrasou coa anterior vila hai moitos séculos, ou que incluso os seus cimentos viñéronse abaixo e quedaron soterrados baixo as beiras do Xallas. De aí lle vén o nome, segundo contan aínda os vellos, "Van dio-mil" que quere dicir "Van dous mil" mortos nese afundimento ou desastre.

Descrición:
En Brandomil erguíase unha cidade romana de ó redor de 25 hectáreas. Cruzada, de seguro, pola vía XX per loca maritima, que ía de Braga a Astorga pola parte costeira da Gallaecia e subía cara Brigantium. A vía daba esta volta cara o Finisterrae para chegar ata as minas que se explotaban moi preto dalí, coma o pozo de Limideiro. Nas escavacións de hai catro anos atopáronse moedas, cerámicas africanas de diferentes épocas, xoias, vidros, aras, placas, frontón de mausoleos… Todo isto quedará como mostra da importante cidade que foi Brandomil, onde se estableceron membros da Administración imperial; E como todas as estradas, tiña que ter unha parada para repoñerse; sobre todo tendo en conta como eran antes os camiños e os días que podía levar facer esas viaxes. A mansio Grandimiro ou Glandomiro foi localizada en Brandomil por varios historiadores como esa estación na vía XX.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=25063)

PictographWaypoint Altitude 0 ft

1. Restos de Muros

Posible edificio termal

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo of2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas Photo of2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas Photo of2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas

2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas



Na casa situada en fronte a igrexa, ó outro lado da carretera, atopamos no xardín distintos restos romanos usados como adornos.



PictographRuins Altitude 0 ft
Photo of3. Gran capitel cuadrangular Photo of3. Gran capitel cuadrangular Photo of3. Gran capitel cuadrangular

3. Gran capitel cuadrangular



Capitel cuadrangular, de forma troncopiramidal invertida. Componse cun groso bocel, listel liso e escocia.
Está reutilizado como remate nunha esquina do muro do atrio da igrexa parroquial.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo of4 Estela funeraria Photo of4 Estela funeraria

4 Estela funeraria



A estela funeraria atópase rota na metade da inscripción, da que só se ven as últimas letras das dúas primeiras líneas. Contra o remate semella haber unha cabeza antropomorfa dun busto togado.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo of5. Fuste de columna de granito Photo of5. Fuste de columna de granito

5. Fuste de columna de granito



Dado as súas grandes dimensións varios estudiosos identificárono como un miliario anepigráfico. Hoxe en día a función de fuste de columna parece a máis probable.
É unha peza de gran formato, cilíndrica aínda que lixeiramente con forma de cono e arredondada. Ten unha fendadura lonxitudinal rebaixada, así como varios ocos, que pode indicar que foi reutilizada como piar

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo of6. Basa / Capitel

6. Basa / Capitel



Esta peza, de granito, está formada por unha simple moldura redondeada dende onde arranca un fuste levemente en forma de cono.
Reutilizado de banqueta na porta da casa.

PictographWaypoint Altitude 0 ft

7. Camiño de Trapeso

Restos de construccións

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo of8. Basa / Capitel Photo of8. Basa / Capitel Photo of8. Basa / Capitel

8. Basa / Capitel



Moldura convexa e redondeada, de granito, con un resalte cilíndrico a modo de colariño.
Reutilizado como chanzo para subir a un cabazo.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo of9. Basa / Capitel toscano Photo of9. Basa / Capitel toscano

9. Basa / Capitel toscano



Basa ou capitel toscano, de granito de gran fino. É unha peza moi ben traballada con ábaco, toro e escocia. Apréciase un estreito filete, duns 5 ou 6 mm de separación entre o toro e a escocia.
Reutilizado como chanzo para subir ó cabazo.

PictographWaypoint Altitude 0 ft

10. Basa/Capitel

10. Basa/Capitel

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo of11. Ara votiva a deusa Fortuna

11. Ara votiva a deusa Fortuna



Conserva a base e a cornixa por todos os lados. Mide 40 cm (alto), 22 - 19 (ancho) e 13 - 10 (groso).
A inscripción di o seguinte:
FONTIUN-
AE M[arcus] SE[mpronius?]
AGATON
EX V[oto]
Atópase in situ no xardín desta casa.

PictographWaypoint Altitude 0 ft

13. Pedra do Altar

Restos de estructuras murarias de época romana

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo of12. Basa / Capitel Photo of12. Basa / Capitel Photo of12. Basa / Capitel

12. Basa / Capitel



Basa ou capitel de granito. Moldura convexa redondeada e cun resalte cilíndrico a modo de colariño.
Reutilizado como chanzo para subir ó cabazo.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofMina de ouro do Limideiro Photo ofMina de ouro do Limideiro Photo ofMina de ouro do Limideiro

Mina de ouro do Limideiro



Descrición:
No ano 138 a. C., o procónsul Décimo Xuño Bruto chega ás ribeiras do Miño emprendendo a conquista da Gallaecia. Como tódolos invasores, o seu afán sería sobre todo o de recadar ouro. Coa Galiza conquistada, esta pasa a constituír un inmenso couto mineiro romano, limitado polo mar e pola liña Braga-Astorga-Lugo, gardada pola VII Legia Gémina. Estes xacementos foron inmensamente explotados ata a caída do imperio romano. Limideiro é unha desas minas de ouro explotadas ó aire libre polos romanos nunha zona de banda milonítica sendo o seu paraxénese, Mispiquel, Au. A mina abarca un amplo territorio formando un gran oco a modo de lagoa da que mesmo se di que se pode pescar, dado que nela desemboca un regato. Na actualidade, aos pés da mina, por onde desauga, hai unha especie de lavadoiro onde van a limpar as cisternas con restos de augas fecais e demais restos.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=12217)

Photo ofCruceiro dos Currais

Cruceiro dos Currais

https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipOE-_nHMvlCflGlqrjqz7dfpaY-5a-LpSQtPu2i=w1440-h1440-pd

Photo ofIgrexa de Santa María de Brandoñas

Igrexa de Santa María de Brandoñas

https://goo.gl/maps/3oYok8anuzhL5a8K7
https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipMCeHoJvdCt0EI1r_f7cTBQqBRG5rGVmvZjxGGZ=w1440-h1440-pd

PictographMountain hut Altitude 0 ft
Photo ofCamping Sta Mª de Brandoñas Photo ofCamping Sta Mª de Brandoñas Photo ofCamping Sta Mª de Brandoñas

Camping Sta Mª de Brandoñas

campamentoturisticobrandonas@gmail.com 0034981191283/660476831

Photo ofCruceiro de Brandoñas

Cruceiro de Brandoñas

https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipNxzTqahSy1HgjwtcevbXyCIJz-_lqYyWK2NJts=w1440-h1440-pd

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Necrópole megalítica (6 mámoas)

Necrópole megalítica (6 mámoas)

Photo ofBaiñas

Baiñas

Baiñas

Centro de Acollida de ORBELLIDO

Centro de Acollida de ORBELLIDO

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofNecrópole megalítica de Cabral

Necrópole megalítica de Cabral



https://www.google.com/maps/dir//43.0333755,-9.029468/@43.0332479,-9.030166,596m/data=!3m1!1e3..
-Descrición:
A arca de Rabós principia un rico conxunto monumental, con 20 mámoas máis, que se estende cara o Leste ao longo de 1 quilómetro. A mámoa ou medoña é un amoreamento artificial de terra, para agochar a estrutura pétrea do dolmen, lugar de enterramentos característico da cultura megalítica. Casualmente ou non, no centro deste extenso campo de mámoas, foi construído o actual cemiterio da parroquia de Baíñas.

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofArca do Rabós

Arca do Rabós



Dolmen Arca de Rabós..
https://www.google.com/maps/dir//43.0374384,-9.020407/@43.0374795,-9.0208308,211m/data=!3m1!1e3
-Descrición:
Son os restos dun monumento megalítico funerario do período Neolítico, situado no lugar de Rabós, que conserva 3 chantas do corredor e parte da tampa. Xunto coa Pedra da Arca, fai parte da Ruta dos Dolmens da Terra de Soneira, cun total de 9 lugares lendarios que conforman unha das áreas máis prolíficas de todo o arco atlántico europeo para este tipo de construcións.

Catalogouno Manuel Rial.
Desde o chan do Cabral a Rabós e Baíñas sitúase un extenso campo de mámoas, caracterizado por terreos con pequenas lombas topográficas e terreos húmidos con brañas. Unha típica paisaxe megalítica que deixa ao descuberta no Rabós parte dunha anta: a Arca. Conserva parte da tampa da cámara poligonal, que está soportada por dous esteos inclinados cara ao interior. Si se conserva parte do corredor (tres chantas verticais) orientado cara ao leste nesta mámoa profundamente profanada.
Segundo Ramón Boga, a cámara tería sete esteos, dos que só se conservan dous. Tamén di que se poden conservar gravados no seu interior.


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=5951)

Photo ofCruceiro de Orbellido Photo ofCruceiro de Orbellido

Cruceiro de Orbellido



Catalogouno Xosé Troiano. Cruceiro de tipo crucifixo. Ten a plataforma enterrada e o seu pedestal, cuadrangular, é de formigón. O varal, cadrado con chafráns, é de granito. O capitel, rectangular, é de formigón, ó igual ca cruz, rectangular. Polo anverso represéntase a Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita con coroa de espiñas. Ten as mans abertas e o pano de pureza anoado á dereita. Enriba da cabeza, un cartel coas siglas INRI. Polo reverso non posúe imaxe.http://patrimoniogalego.net/index.php/12332/2012/01/cruceiro-do-orbellido/

Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO BAIÑAS Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO BAIÑAS

Centro de Acollida de Peregrinos. INFO BAIÑAS

ALBERGUE BAIÑAS. (https://goo.gl/maps/DEqmeGgY9981rZzK8). Lugar do Outeiro. Centro Cultural Josefina e Ramón. Tel 0034 606625927 e 682712072 Asociación Baiñas no Camiño. (https://www.facebook.com/bainasnocamino/) 10 camas literas. Cuarto de baño con ducha. Zona de cocina. Microondas

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCasetas da Feira de Baiñas

Casetas da Feira de Baiñas



https://www.google.com/maps/dir//43.0288873,-9.0175831/@43.0288634,-9.0179588,250m/data=!3m1!1e3..
-Descrición:
A Feira de Baíñas foi un importante mercado comarcal entre os séculos XVIII e XX e aínda se conservan varias casetas tradicionais -aínda que tapiadas as súas partes superiores- onde se gardaban as mercadorías.

Photo ofIgrexa de Santo Antoíño de Baíñas Photo ofIgrexa de Santo Antoíño de Baíñas Photo ofIgrexa de Santo Antoíño de Baíñas

Igrexa de Santo Antoíño de Baíñas



https://www.google.com/maps/dir//43.0281618,-9.0190666/@43.0282904,-9.0191659,354m/data=!3m1!1e3..
-Descrición:
Con orixe no século XIII e estilo románico rural, o corpo actual da igrexa é unha nave de cantería con torre e campanario, froito de sucesivas reformas. Do templo orixinal conserva, por exemplo, uns chamativos canzorros con motivos sexuais. Interesante engadido medieval, na fachada norte, é o tímpano con relevo de figura ecuestre. No interior consérvanse varias esculturas relixiosas de madeira do século XVIII.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofMosteiro de Sto. Antoiño de Baiñas

Mosteiro de Sto. Antoiño de Baiñas



https://www.google.com/maps/dir//43.0280486,-9.0189143/@43.0282055,-9.0192401,211m/data=!3m1!1e3...
-Descrición:
A igrexa de Santo Antoíño pertencía a un mosteiro bieito cluniacense, con mencións documentais de hospedaxe á peregrinación desde o século XII, conformando un completo conxunto arquitectónico (actualmente en ruínas). Na antiga casa reitoral consérvanse unhas impoñentes dovelas da abadía e na igrexa poden observarse outros restos coma contrafortes, arcos ou as bancadas de pedra do altar, que ocuparían os freires durante os oficios litúrxicos.

Photo ofCruceiro da Igrexa de Sto. Antoiño Photo ofCruceiro da Igrexa de Sto. Antoiño

Cruceiro da Igrexa de Sto. Antoiño



https://www.google.com/maps/dir//43.0281997,-9.0193162/@43.0281904,-9.0194752,105m/data=!3m1!1e3..
-Descrición:
Cruceiro de pedra sobre plataforma de tres chanzos e fuste octogonal, con capitel decorado e imaxes de Cristo e Virxe nas respectivas caras do crucifixo.

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofEira de mallar

Eira de mallar

https://www.google.com/maps/dir//43.0274697,-9.0194562/@43.0275154,-9.0195908,149m/data=!3m1!1e3..
-Descrición:
Coñecida como "eira do Castaño", trátase dun enlousado de pedra duns 30 metros cadrados, onde se levaba a cabo a malla. A malla é unha tarefa agrícola ancestral, consistente en bater cereais contra o chan para extraer o gran, manualmente (por grupos de xente armada con manlle) ou mediante animais de tiro. Esta aira ten un cerramento de chantas de pedra, unha canle de drenaxe e un cuberto.

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofHorreos de Baiñas

Horreos de Baiñas



https://www.google.com/maps/dir//43.0286102,-9.0201834/@43.0285475,-9.0198594,211m/data=!3m1!1e3..
-Descrición:
O núcleo de Baíñas conta con 14 hórreos catalogados, agrupados en 2 conxuntos: 7 unidades no conxunto Norte e outros 7 no Sur. Todos en cantería completa de pedra (agás a cuberta lixeira) e estilo fisterrán, oscilan entre os 5 e os 7 esteos de lonxitude (agás 2 con celeiro).

PictographOvernight Altitude 0 ft
Photo ofPolodeportivo de Baiñas

Polodeportivo de Baiñas

Campamento Base

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofConxunto de muíños de Cabral

Conxunto de muíños de Cabral



https://www.google.com/maps/dir//43.0331771,-9.0353545/@43.0339978,-9.0389979,1685m/data=!3m1!1e3..
-Descrición:
Subindo o monte de Cabral e bordeando o río homónimo, desde Baíñas, atópanse 3 muíños hidráulicos consecutivos (un deles con teito de lousa). Conservan a edificación de mampostería e o cano por onde recibían a auga que, mediante un sistema impulsor de madeira, facía xirar as moas ou pedras de moer o gran para obter fariña.

PictographRuins Altitude 0 ft

Mámoa nº2

Mámoa nº2

Photo ofCruceiro de Cabral

Cruceiro de Cabral



https://www.google.com/maps/dir//43.0350643,-9.0389645/@43.0352531,-9.0395951,250m/data=!3m1!1e3..
-Descrición:
Cruceiro de pedra, semellante ao da igrexa de Baíñas, illado no alto do monte. Aos pés deste cruceiro venerábase a Virxe Cabralexa e, ocultos nesta zona boscosa, están os restos das Casas de Cabral. Estas, serían o destino final dos últimos monxes do mosteiro de Baíñas, tras a súa desaparición no século XIX.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofMámoa nº1 Photo ofMámoa nº1

Mámoa nº1

Mámoa nº1

Photo ofGRIXOA

GRIXOA



O LUGAR DE GRIXOA
..http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Grixoa.pdf..
No que se refire a Casas- Vivenda do lugar de Grixoa podemos citar: A casa do Varelo e a da Chasca. A do Varelo que aínda conserva na súa fachada principal 4 pousadoiros ornamentados de antigas lacenas de abellas. E tamén dispón de construcións adxectivas coma eira e cabana, cortes do gando, lacenas de abellas, unha alvariza lineal, cabazo de tipo do arco fisterrán...
A casa da Chasca (do Cancela) que aínda ten o patín de acceso ó sobrado onde ,noutros tempos, se facían panilladas nas que participaban mulleres do Grixoa e de lugares veciños, así como foi espazo para o baile. Na súa fachada leste hai lacenas de abellas.

- En canto a cosntrucións de transformación do gran: eiras, muíños e fornos. Grixoa conserva hoxe 4 eiras: unha, terrea; e tres, de chans lousados. E 8 fornos.

- No tocante a construcións de almacenamento de gran, Grixoa ten 14 cabazos, todos eles do tipo arco fisterrán: algúns da variedade rústica; e, a maioría, da variedade soneira...

- No que se refire a construcións de cría e habitación de animais ten 17 lacenas de abellas, e 1 alvariza lineal.

- Con respecto ás construcións do territorio, Grixoa conserva exemplos de camiños, valados, e pasos coma os portelos do camiño da escola e da misa, cara Berdoias...

- Como construción de Relixiosidade: a cruz de Grixoa ou do Varelo, no comezo do camiño cara a vella igrexa hai tempo desaparecida.

Photo ofRomar

Romar



..http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Romar.pdf..

- En canto a cosntrucións de transformación do gran, Romar conseva hoxe 5 eiras, dúas delas incompletas. E 8 fornos.,
PDF
- No tocante a construcións de almacenamento de gran, Romar ten 13 cabazos, case todos eles do tipo arco fisterrán : a gran maioría, da variedade soneira; e un, da variedade rústica. Así mesmo, hai un exemplar de cabazo, sen pés, sobre repisa maciza e outro construído enteiramente de ladrillo.

- No que se refire a construcións de cría e habitación de animais ten 17 lacenas de abellas, tres delas activas.
- En construcións de aproveitameto da auga: a fonte e lavadoiro de Romar
43.04759, -9.07841

Photo ofA Casanova

A Casanova



http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Casanova.pdf
A Casanova é do grupo dos lugares máis pequenos da parroquia, de 4 veciños. Do seu Patrimonio material:
PDF
Dentro das construcións de transformación do gran, conserva:
4 eiras, sendo a eira circular de Rúa, a que está completa, un fermoso exemplo de adaptación ó medio, co seu chan dunha rocha alisada in situ.
Un pequeno muíño de regato
Dous fornos

No tocante a construcións de almacenamento do gran, ten 3 exemplares de vellos cabazos do tipo arco fisterrán, da variedade soneira rústica e soneira

Con respecto a pequenas construcións de cría e habitación de animais conseva tres lacenas de abellas.

Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO de Berdoias. Paquita +34 655 04 57 35

Centro de Acollida de Peregrinos. INFO de Berdoias. Paquita +34 655 04 57 35


(https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294059)

(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Berdoias.pdf)

(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-17-patrimonio-de-berdoias-norte-69556257)

(XXIV). MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
AS CASAS-VIVENDA NO LUGAR DE BERDOIAS
Berdoias ten 45 casas-vivenda, aínda que delas permanecen habitadas, na actualidade, tan só 22.
Preto dun 85% destas casas son de pedra, que, si as sumamos ás súas construcións adxectivas (28 cabazos, 8 eiras, 18 fornos, 18 lacenas das abellas, 7 muíños… etc ) fan do lugar toda unha rica e variada mostra da arquitectura popular tradicional.
Quedan exemplares de vellas casas-vivenda que xa se atopan nun estado máis ou menos ruínoso, como:
-As casas da Rata e das Ribeiras que xa tan só manteñen “en pé” restos dagúns muros, a piques de caer. Quedan como tesouros das dúas, algunhas das súa construcións complementarias: os dous cabazos, os pozos, os fornos, e a carón da da Rata conserva rehabilitadas unha eira e unha cabana.
- A Casa Grande de Alonso de Lema II, datada de 1607, que ten problemas de cuberta, pero que conserva todos os muros exteriores; e tamén a construción anexa, noutrora destinada a corte do gando; o chan da eira e o cabazo.
- A casa do Patín (ou do Gandiño), que perdeu a cuberta a causa dun incendio a comezos dos anos 80, pero que aínda conserva os seus muros exteriores. É unha construción con dous teitos a dúas augas, compartindo un desaugadoiro central de pedra. Dos elementos máis singulares desta casa, ó longo da súa fachada norte, é a escaleira cun patín, noutrora pechado polos laterais e cuberto, que daba acceso ó sobrado. Na dependencia destinada a cociña aínda se mantén en pé a lareira, unha cheminea de considerables dimensións, xunto cun forno moi ben conservado. E nunha das paredes do sobrado perdura tamén unha lareira con cheminea, para calefacción.
(Boa parte da documentación deste texto procede do traballo de campo " Inventario do Patrimonio Etnográfico sobre o concello de Vimianzo" feito en 1993 por Xosé María Lema, Roberto Mouzo e Moncho Gándara.)

Comments

    You can or this trail