Activity

VMLG.16.Zas-Vimianzo.2021

Download

Author

Trail stats

Distance
13.63 mi
Elevation gain
640 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
866 ft
Max elevation
1,360 ft
TrailRank 
4
Min elevation
743 ft
Trail type
One Way
Coordinates
333
Uploaded
August 13, 2022
Recorded
August 2022
Be the first to clap
Share

near Brandomil, Galicia (España)

Viewed 208 times, downloaded 49 times

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 955 ft

Ponte de Brandomil



Catalogouno Xose Troiano
Cronoloxía: Época Altomedieval

Descrición:
Esta ponte consta de catro arcos cunha luz de 8,20 metros tres deles e, outro máis pequeno. Os dous centrais, coinciden co curso do río, están formados por dúas roscas cuns vinte centímetros de voladizo. As bóvedas e os tímpanos son de sillería. Consérvase ben os pretís e un tramo de calzada que se alonxa por un dos seus extremos chegando a cruzar a estrada xeral.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=4449)

PictographWaypoint Altitude 994 ft

INFO de BRANDOMIL



CONCELLO DE ZAS. . (http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/portada/gl). .BRANDOMIL ROMANO. .(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiro-brandomil-romano-34766363)

PictographWaypoint Altitude 955 ft

Camping Sta Mª de Brandoñas

campamentoturisticobrandonas@gmail.com 0034981191283/660476831

PictographWaypoint Altitude 968 ft

Cruceiro de Orbellido



Catalogouno Xosé Troiano. Cruceiro de tipo crucifixo. Ten a plataforma enterrada e o seu pedestal, cuadrangular, é de formigón. O varal, cadrado con chafráns, é de granito. O capitel, rectangular, é de formigón, ó igual ca cruz, rectangular. Polo anverso represéntase a Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita con coroa de espiñas. Ten as mans abertas e o pano de pureza anoado á dereita. Enriba da cabeza, un cartel coas siglas INRI. Polo reverso non posúe imaxe. (http://patrimoniogalego.net/index.php/12332/2012/01/cruceiro-do-orbellido/)

PictographWaypoint Altitude 965 ft

INFO Baiñas

INFO Baiñas

PictographWaypoint Altitude 1,030 ft

Centro de Acollida de Peregrinos. INFO Baiñas

ALBERGUE BAIÑAS. (https://goo.gl/maps/LJWMBj4a4ZSmSX7Y6). Lugar do Outeiro. Centro Cultural Josefina e Ramón. Tel 0034 606625927 e 682712072 Asociación Baiñas no Camiño. (https://www.facebook.com/bainasnocamino/). 10 camas literas, cuarto de baño con ducha zona de cocina.Microondas

PictographWaypoint Altitude 868 ft

GRIXOA



O LUGAR DE GRIXOA.
(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Grixoa.pdf)
No que se refire a Casas- Vivenda do lugar de Grixoa podemos citar: A casa do Varelo e a da Chasca. A do Varelo que aínda conserva na súa fachada principal 4 pousadoiros ornamentados de antigas lacenas de abellas. E tamén dispón de construcións adxectivas coma eira e cabana, cortes do gando, lacenas de abellas, unha alvariza lineal, cabazo de tipo do arco fisterrán...
A casa da Chasca (do Cancela) que aínda ten o patín de acceso ó sobrado onde ,noutros tempos, se facían panilladas nas que participaban mulleres do Grixoa e de lugares veciños, así como foi espazo para o baile. Na súa fachada leste hai lacenas de abellas.

- En canto a cosntrucións de transformación do gran: eiras, muíños e fornos. Grixoa conserva hoxe 4 eiras: unha, terrea; e tres, de chans lousados. E 8 fornos.

- No tocante a construcións de almacenamento de gran, Grixoa ten 14 cabazos, todos eles do tipo arco fisterrán: algúns da variedade rústica; e, a maioría, da variedade soneira...

- No que se refire a construcións de cría e habitación de animais ten 17 lacenas de abellas, e 1 alvariza lineal.

- Con respecto ás construcións do territorio, Grixoa conserva exemplos de camiños, valados, e pasos coma os portelos do camiño da escola e da misa, cara Berdoias...

- Como construción de Relixiosidade: a cruz de Grixoa ou do Varelo, no comezo do camiño cara a vella igrexa hai tempo desaparecida.

PictographWaypoint Altitude 832 ft

Romar



(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Romar.pdf)

- En canto a cosntrucións de transformación do gran, Romar conseva hoxe 5 eiras, dúas delas incompletas. E 8 fornos.,
PDF
- No tocante a construcións de almacenamento de gran, Romar ten 13 cabazos, case todos eles do tipo arco fisterrán : a gran maioría, da variedade soneira; e un, da variedade rústica. Así mesmo, hai un exemplar de cabazo, sen pés, sobre repisa maciza e outro construído enteiramente de ladrillo.

- No que se refire a construcións de cría e habitación de animais ten 17 lacenas de abellas, tres delas activas.
- En construcións de aproveitameto da auga: a fonte e lavadoiro de Romar
43.04759, -9.07841

PictographWaypoint Altitude 823 ft

A Casanova



http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Casanova.pdf
A Casanova é do grupo dos lugares máis pequenos da parroquia, de 4 veciños. Do seu Patrimonio material:
PDF
Dentro das construcións de transformación do gran, conserva:
4 eiras, sendo a eira circular de Rúa, a que está completa, un fermoso exemplo de adaptación ó medio, co seu chan dunha rocha alisada in situ.
Un pequeno muíño de regato
Dous fornos

No tocante a construcións de almacenamento do gran, ten 3 exemplares de vellos cabazos do tipo arco fisterrán, da variedade soneira rústica e soneira

Con respecto a pequenas construcións de cría e habitación de animais conseva tres lacenas de abellas.

PictographWaypoint Altitude 830 ft

Berdoias



(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Berdoias.pdf)

(XXIV). MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-16-patrimonio-de-berdoias-sur-71073552)
AS CASAS-VIVENDA NO LUGAR DE BERDOIAS
Berdoias ten 45 casas-vivenda, aínda que delas permanecen habitadas, na actualidade, tan só 22.
Preto dun 85% destas casas son de pedra, que, si as sumamos ás súas construcións adxectivas (28 cabazos, 8 eiras, 18 fornos, 18 lacenas das abellas, 7 muíños… etc ) fan do lugar toda unha rica e variada mostra da arquitectura popular tradicional.
Quedan exemplares de vellas casas-vivenda que xa se atopan nun estado máis ou menos ruínoso, como:
-As casas da Rata e das Ribeiras que xa tan só manteñen “en pé” restos dagúns muros, a piques de caer. Quedan como tesouros das dúas, algunhas das súa construcións complementarias: os dous cabazos, os pozos, os fornos, e a carón da da Rata conserva rehabilitadas unha eira e unha cabana.
- A Casa Grande de Alonso de Lema II, datada de 1607, que ten problemas de cuberta, pero que conserva todos os muros exteriores; e tamén a construción anexa, noutrora destinada a corte do gando; o chan da eira e o cabazo.
- A casa do Patín (ou do Gandiño), que perdeu a cuberta a causa dun incendio a comezos dos anos 80, pero que aínda conserva os seus muros exteriores. É unha construción con dous teitos a dúas augas, compartindo un desaugadoiro central de pedra. Dos elementos máis singulares desta casa, ó longo da súa fachada norte, é a escaleira cun patín, noutrora pechado polos laterais e cuberto, que daba acceso ó sobrado. Na dependencia destinada a cociña aínda se mantén en pé a lareira, unha cheminea de considerables dimensións, xunto cun forno moi ben conservado. E nunha das paredes do sobrado perdura tamén unha lareira con cheminea, para calefacción.
(Boa parte da documentación deste texto procede do traballo de campo " Inventario do Patrimonio Etnográfico sobre o concello de Vimianzo" feito en 1993 por Xosé María Lema, Roberto Mouzo e Moncho Gándara.)

PictographWaypoint Altitude 812 ft

Centro de Acollida de Peregrinos. INFO Berdoias. Tel: 655045735

(https://goo.gl/maps/kktXnvnbMAi1iBeR7)
(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Berdoias.pdf)

(XXIV). MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-17-patrimonio-de-berdoias-norte-69556257)
(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-16-patrimonio-de-berdoias-sur-71073552)
AS CASAS-VIVENDA NO LUGAR DE BERDOIAS
Berdoias ten 45 casas-vivenda, aínda que delas permanecen habitadas, na actualidade, tan só 22.
Preto dun 85% destas casas son de pedra, que, si as sumamos ás súas construcións adxectivas (28 cabazos, 8 eiras, 18 fornos, 18 lacenas das abellas, 7 muíños… etc ) fan do lugar toda unha rica e variada mostra da arquitectura popular tradicional.
Quedan exemplares de vellas casas-vivenda que xa se atopan nun estado máis ou menos ruínoso, como:
-As casas da Rata e das Ribeiras que xa tan só manteñen “en pé” restos dagúns muros, a piques de caer. Quedan como tesouros das dúas, algunhas das súa construcións complementarias: os dous cabazos, os pozos, os fornos, e a carón da da Rata conserva rehabilitadas unha eira e unha cabana.
- A Casa Grande de Alonso de Lema II, datada de 1607, que ten problemas de cuberta, pero que conserva todos os muros exteriores; e tamén a construción anexa, noutrora destinada a corte do gando; o chan da eira e o cabazo.
- A casa do Patín (ou do Gandiño), que perdeu a cuberta a causa dun incendio a comezos dos anos 80, pero que aínda conserva os seus muros exteriores. É unha construción con dous teitos a dúas augas, compartindo un desaugadoiro central de pedra. Dos elementos máis singulares desta casa, ó longo da súa fachada norte, é a escaleira cun patín, noutrora pechado polos laterais e cuberto, que daba acceso ó sobrado. Na dependencia destinada a cociña aínda se mantén en pé a lareira, unha cheminea de considerables dimensións, xunto cun forno moi ben conservado. E nunha das paredes do sobrado perdura tamén unha lareira con cheminea, para calefacción.
(Boa parte da documentación deste texto procede do traballo de campo " Inventario do Patrimonio Etnográfico sobre o concello de Vimianzo" feito en 1993 por Xosé María Lema, Roberto Mouzo e Moncho Gándara.). (https://www.quepasanacosta.gal/tags/tesouros-berdoias)

Comments

    You can or this trail