Activity

VMLG.16.Patrimonio. Zas-Vimianzo (2021)

Download

Trail photos

Photo ofVMLG.16.Patrimonio. Zas-Vimianzo (2021) Photo ofVMLG.16.Patrimonio. Zas-Vimianzo (2021) Photo ofVMLG.16.Patrimonio. Zas-Vimianzo (2021)

Author

Trail stats

Distance
13.63 mi
Elevation gain
640 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
866 ft
Max elevation
1,360 ft
TrailRank 
51
Min elevation
743 ft
Trail type
One Way
Coordinates
333
Uploaded
May 6, 2021
Recorded
May 2021
Be the first to clap
Share

near Brandomil, Galicia (España)

Viewed 850 times, downloaded 33 times

Trail photos

Photo ofVMLG.16.Patrimonio. Zas-Vimianzo (2021) Photo ofVMLG.16.Patrimonio. Zas-Vimianzo (2021) Photo ofVMLG.16.Patrimonio. Zas-Vimianzo (2021)

Itinerary description

Rexistro de Patrimonio en Baiñas realizado por Roberto Roget, Asociación de Veciños de Baiñas e Concello de Vimianzo...Baiñas no Camiño.. (https://www.facebook.com/bainasnocamino)...
Rexistro de Patrimonio en Brandomil realizado por Enrique Iglesias, Asociación Cultural Grandimirum e Concello de Zás...(https://www.facebook.com/BrandomilOficial)...
Patrimonio Galego.. (http://patrimoniogalego.net/)..
Rexistro de Patrimonio de Berdoias. Por Moncho Gándara. (https://www.quepasanacosta.gal/tags/tesouros-berdoias). Asociación Parroquial de Berdoias. (https://www.facebook.com/Asociacion-Parroquial-De-Berdoias-212724922221849/). SEMESCOM. (http://semescom.gal/). Colectivo A Rula. (https://colectivoarula.com/)

Waypoints

Photo ofINFO de BRANDOMIL

INFO de BRANDOMIL



CONCELLO DE ZAS. . (http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/portada/gl). .BRANDOMIL ROMANO. .(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiro-brandomil-romano-34766363)

PictographRuins Altitude 986 ft
Photo ofCastro de Brandomil

Castro de Brandomil


Catalogouno Manuel Rial
Cronoloxía: Idade do Ferro

Descrición:
Cruzando a ponte de ascendencia romana sobre o río Xallas chegamos ás murallas do castro de Brandomil. Trátase dun castro romanizado de tipo mixto, con características dos de chaira e dos de outeiro. A croa deste castro, que hoxe ten uso agrario, é bastante plana. As murallas (a maior parte artificiais) non teñen moita altura cara ao interior, pero si no exterior, sobre todo na parte que dá ao Xallas, a máis inaccesible. Conserva parte do foxo neste lado. Ao carón deste castro posiblemente pasaba a vía romana número XX per loca maritima e nela estaba a mansión Grandimirum que se pode identificar con Brandomil. E así o proba a abundancia de achádegos romanos nas inmediacións do lugar.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=6640)

PictographBridge Altitude 955 ft
Photo ofPonte de Brandomil Photo ofPonte de Brandomil Photo ofPonte de Brandomil

Ponte de Brandomil



Catalogouno Xose Troiano
Cronoloxía: Época Altomedieval

Descrición:
Esta ponte consta de catro arcos cunha luz de 8,20 metros tres deles e, outro máis pequeno. Os dous centrais, coinciden co curso do río, están formados por dúas roscas cuns vinte centímetros de voladizo. As bóvedas e os tímpanos son de sillería. Consérvase ben os pretís e un tramo de calzada que se alonxa por un dos seus extremos chegando a cruzar a estrada xeral.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=4449)

PictographReligious site Altitude 982 ft
Photo ofIgrexa de San Pedro de Brandomil Photo ofIgrexa de San Pedro de Brandomil

Igrexa de San Pedro de Brandomil





PictographOvernight Altitude 1,016 ft
Photo ofCampo da Festa

Campo da Festa


Lugar para pernocta dos animales

PictographRuins Altitude 988 ft
Photo ofCidade romana de Brandomil

Cidade romana de Brandomil


CIRCUITO ROMANO. (https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiro-brandomil-romano-34766363)
Catalogouno Manuel Rial
Tradición oral: A explicación que dan os veciños de Brandomil para poder entender de onde saen tantas "paredes" e pedras cando traballan nas súas leiras é que a aldea foi afundida. Como contan as lendas de asolagamentos de antigas cidades, nesta tamén parece ser que un desastre arrasou coa anterior vila hai moitos séculos, ou que incluso os seus cimentos viñéronse abaixo e quedaron soterrados baixo as beiras do Xallas. De aí lle vén o nome, segundo contan aínda os vellos, "Van dio-mil" que quere dicir "Van dous mil" mortos nese afundimento ou desastre.

Descrición:
En Brandomil erguíase unha cidade romana de ó redor de 25 hectáreas. Cruzada, de seguro, pola vía XX per loca maritima, que ía de Braga a Astorga pola parte costeira da Gallaecia e subía cara Brigantium. A vía daba esta volta cara o Finisterrae para chegar ata as minas que se explotaban moi preto dalí, coma o pozo de Limideiro. Nas escavacións de hai catro anos atopáronse moedas, cerámicas africanas de diferentes épocas, xoias, vidros, aras, placas, frontón de mausoleos… Todo isto quedará como mostra da importante cidade que foi Brandomil, onde se estableceron membros da Administración imperial; E como todas as estradas, tiña que ter unha parada para repoñerse; sobre todo tendo en conta como eran antes os camiños e os días que podía levar facer esas viaxes. A mansio Grandimiro ou Glandomiro foi localizada en Brandomil por varios historiadores como esa estación na vía XX.

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=25063)

PictographRuins Altitude 963 ft

1. Restos de Muros

Posible edificio termal

PictographRuins Altitude 981 ft
Photo of2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas Photo of2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas Photo of2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas

2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas


Na casa situada en fronte a igrexa, ó outro lado da carretera, atopamos no xardín distintos restos romanos usados como adornos.
<

PictographRuins Altitude 981 ft
Photo of3. Gran capitel cuadrangular Photo of3. Gran capitel cuadrangular Photo of3. Gran capitel cuadrangular

3. Gran capitel cuadrangular


Capitel cuadrangular, de forma troncopiramidal invertida. Componse cun groso bocel, listel liso e escocia.
Está reutilizado como remate nunha esquina do muro do atrio da igrexa parroquial.

PictographRuins Altitude 978 ft
Photo of4 Estela funeraria Photo of4 Estela funeraria

4 Estela funeraria



A estela funeraria atópase rota na metade da inscripción, da que só se ven as últimas letras das dúas primeiras líneas. Contra o remate semella haber unha cabeza antropomorfa dun busto togado.

PictographRuins Altitude 982 ft
Photo of5. Fuste de columna de granito Photo of5. Fuste de columna de granito

5. Fuste de columna de granito



Dado as súas grandes dimensións varios estudiosos identificárono como un miliario anepigráfico. Hoxe en día a función de fuste de columna parece a máis probable.
É unha peza de gran formato, cilíndrica aínda que lixeiramente con forma de cono e arredondada. Ten unha fendadura lonxitudinal rebaixada, así como varios ocos, que pode indicar que foi reutilizada como piar

PictographRuins Altitude 988 ft
Photo of6. Basa / Capitel

6. Basa / Capitel



Esta peza, de granito, está formada por unha simple moldura redondeada dende onde arranca un fuste levemente en forma de cono.
Reutilizado de banqueta na porta da casa.

PictographDoor Altitude 986 ft

7. Camiño de Trapeso

Restos de construccións

PictographRuins Altitude 994 ft
Photo of8. Basa / Capitel

8. Basa / Capitel



Moldura convexa e redondeada, de granito, con un resalte cilíndrico a modo de colariño.
Reutilizado como chanzo para subir a un cabazo.

PictographRuins Altitude 998 ft
Photo of9. Basa / Capitel toscano Photo of9. Basa / Capitel toscano Photo of9. Basa / Capitel toscano

9. Basa / Capitel toscano



Basa ou capitel toscano, de granito de gran fino. É unha peza moi ben traballada con ábaco, toro e escocia. Apréciase un estreito filete, duns 5 ou 6 mm de separación entre o toro e a escocia.
Reutilizado como chanzo para subir ó cabazo.

PictographRuins Altitude 990 ft

10. Basa/Capitel

10. Basa/Capitel

PictographRuins Altitude 984 ft
Photo of11. Ara votiva a deusa Fortuna

11. Ara votiva a deusa Fortuna



Conserva a base e a cornixa por todos os lados. Mide 40 cm (alto), 22 - 19 (ancho) e 13 - 10 (groso).
A inscripción di o seguinte:
FONTIUN-
AE M[arcus] SE[mpronius?]
AGATON
EX V[oto]
Atópase in situ no xardín desta casa.

PictographRuins Altitude 988 ft
Photo of12. Basa / Capitel Photo of12. Basa / Capitel Photo of12. Basa / Capitel

12. Basa / Capitel



Basa ou capitel de granito. Moldura convexa redondeada e cun resalte cilíndrico a modo de colariño.
Reutilizado como chanzo para subir ó cabazo.

PictographRuins Altitude 993 ft

13. Pedra do Altar

Restos de estructuras murarias de época romana

PictographRuins Altitude 981 ft
Photo ofMina de ouro do Limideiro Photo ofMina de ouro do Limideiro Photo ofMina de ouro do Limideiro

Mina de ouro do Limideiro



Catalogouno Xose Troiano.
DESCRICION:
No ano 138 a. C., o procónsul Décimo Xuño Bruto chega ás ribeiras do Miño emprendendo a conquista da Gallaecia. Como tódolos invasores, o seu afán sería sobre todo o de recadar ouro. Coa Galiza conquistada, esta pasa a constituír un inmenso couto mineiro romano, limitado polo mar e pola liña Braga-Astorga-Lugo, gardada pola VII Legia Gémina. Estes xacementos foron inmensamente explotados ata a caída do imperio romano. Limideiro é unha desas minas de ouro explotadas ó aire libre polos romanos nunha zona de banda milonítica sendo o seu paraxénese, Mispiquel, Au. A mina abarca un amplo territorio formando un gran oco a modo de lagoa da que mesmo se di que se pode pescar, dado que nela desemboca un regato. Na actualidade, aos pés da mina, por onde desauga, hai unha especie de lavadoiro onde van a limpar as cisternas con restos de augas fecais e demais restos.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=12217)

PictographReligious site Altitude 989 ft
Photo ofCruceiro dos Currais

Cruceiro dos Currais

(https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipOE-_nHMvlCflGlqrjqz7dfpaY-5a-LpSQtPu2i=w1440-h1440-pd)

PictographMountain hut Altitude 993 ft
Photo ofCamping Sta Mª de Brandoñas Photo ofCamping Sta Mª de Brandoñas Photo ofCamping Sta Mª de Brandoñas

Camping Sta Mª de Brandoñas

campamentoturisticobrandonas@gmail.com 0034981191283/660476831
(https://www.facebook.com/Campamento-Tur%C3%ADstico-Santa-Mar%C3%ADa-de-Brando%C3%B1as-2073039259480225/).
(https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/zas/2019/05/05/lugar-descansar-via-mariana-altura-brandonas/0003_201905C5C10992.htm).
esta instalación, que tienen desde bungalows hasta casa rural y zona de acampada. Un lugar para el descanso, pues. En una inauguración conducida por su hijo Damián, Rokiño, los responsables del negocio -Estrella Busto y José Manuel Rodríguez Blanco- estuvieron arropados por muchas palabras, como las del periodista Santiago Garrido y las de la joven escritora Natalia Lema, que recordó aquellos pueblos «asolagados» hace más de 50 años por el asentamiento del embalse de Fervenza. Mencionó la importancia de ser conscientes de la historia y la relevancia de los lugares, como es el caso. Asimismo tuvo palabras Pepe Formoso, sobre la Vía Mariana, (https://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/zas/2019/05/04/inauguracion-campamento-turistico-santa-maria-brandonas-imagenes/01101557000040855924583.htm)

PictographReligious site Altitude 1,012 ft
Photo ofIgrexa de Santa María de Brandoñas Photo ofIgrexa de Santa María de Brandoñas

Igrexa de Santa María de Brandoñas



(https://goo.gl/maps/3oYok8anuzhL5a8K7)
(https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipMCeHoJvdCt0EI1r_f7cTBQqBRG5rGVmvZjxGGZ=w1440-h1440-pd)
(https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22053/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-brandonas?langId=es_ES&tp=8&ctre=31)
Descripción
Tiene nave de planta rectangular, muros de mampostería y sillería, cubierta a dos aguas y tejado de teja. La fachada, de sillería granítica, tiene una puerta adintelada enmarcada por una hornacina, que alberga una imagen. Espadaña de dos vanos coronada por un frontón triangular.
IMAGEN: (https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/86/Igrexa_de_Brando%C3%B1as%2C_Zas.JPG/1280px-Igrexa_de_Brando%C3%B1as%2C_Zas.JPG)

PictographReligious site Altitude 1,006 ft
Photo ofCruceiro de Brandoñas Photo ofCruceiro de Brandoñas

Cruceiro de Brandoñas



(https://www.turismo.gal/imaxes/mdaw/mdy1/~edisp/~extract/TURGA065843~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg)

(https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipNxzTqahSy1HgjwtcevbXyCIJz-_lqYyWK2NJts=w1440-h1440-pd)

Centro de Interpretación del Encoro

https://maps.app.goo.gl/BBCs7CwVQfqGXnam6

PictographReligious site Altitude 968 ft
Photo ofCruceiro de Orbellido Photo ofCruceiro de Orbellido

Cruceiro de Orbellido



Catalogouno Xosé Troiano. Cruceiro de tipo crucifixo. Ten a plataforma enterrada e o seu pedestal, cuadrangular, é de formigón. O varal, cadrado con chafráns, é de granito. O capitel, rectangular, é de formigón, ó igual ca cruz, rectangular. Polo anverso represéntase a Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita con coroa de espiñas. Ten as mans abertas e o pano de pureza anoado á dereita. Enriba da cabeza, un cartel coas siglas INRI. Polo reverso non posúe imaxe. (http://patrimoniogalego.net/index.php/12332/2012/01/cruceiro-do-orbellido/)

PictographWaypoint Altitude 1,014 ft

Necrópole megalítica (6 mámoas)

Necrópole megalítica (6 mámoas)

INFO Baiñas

INFO Baiñas. Asociación Baiñas no Camiño

PictographRuins Altitude 1,081 ft
Photo ofNecrópole megalítica de Cabral Photo ofNecrópole megalítica de Cabral

Necrópole megalítica de Cabral



-Descrición:
A arca de Rabós principia un rico conxunto monumental, con 20 mámoas máis, que se estende cara o Leste ao longo de 1 quilómetro. A mámoa ou medoña é un amoreamento artificial de terra, para agochar a estrutura pétrea do dolmen, lugar de enterramentos característico da cultura megalítica. Casualmente ou non, no centro deste extenso campo de mámoas, foi construído o actual cemiterio da parroquia de Baíñas.

PictographRuins Altitude 1,024 ft
Photo ofArca do Rabós

Arca do Rabós



Dolmen Arca de Rabós..

-Descrición:
Son os restos dun monumento megalítico funerario do período Neolítico, situado no lugar de Rabós, que conserva 3 chantas do corredor e parte da tampa. Xunto coa Pedra da Arca, fai parte da Ruta dos Dolmens da Terra de Soneira, cun total de 9 lugares lendarios que conforman unha das áreas máis prolíficas de todo o arco atlántico europeo para este tipo de construcións.

Catalogouno Manuel Rial.
Desde o chan do Cabral a Rabós e Baíñas sitúase un extenso campo de mámoas, caracterizado por terreos con pequenas lombas topográficas e terreos húmidos con brañas. Unha típica paisaxe megalítica que deixa ao descuberta no Rabós parte dunha anta: a Arca. Conserva parte da tampa da cámara poligonal, que está soportada por dous esteos inclinados cara ao interior. Si se conserva parte do corredor (tres chantas verticais) orientado cara ao leste nesta mámoa profundamente profanada.
Segundo Ramón Boga, a cámara tería sete esteos, dos que só se conservan dous. Tamén di que se poden conservar gravados no seu interior.


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=5951)

PictographWilderness hut Altitude 1,030 ft
Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO Baiñas Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO Baiñas Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO Baiñas

Centro de Acollida de Peregrinos. INFO Baiñas

ALBERGUE BAIÑAS.
(https://goo.gl/maps/LJWMBj4a4ZSmSX7Y6).
Lugar do Outeiro. Centro Cultural
Josefina e Ramón. Tel 0034 606625927 e 682712072
Asociación Baiñas no Camiño. (https://www.facebook.com/bainasnocamino/).
10 camas literas, cuarto de baño con ducha zona de cocina.Microondas

PictographRuins Altitude 1,023 ft
Photo ofCasetas da Feira de Baiñas Photo ofCasetas da Feira de Baiñas Photo ofCasetas da Feira de Baiñas

Casetas da Feira de Baiñas



-Descrición:
A FEIRA DE BAÍÑAS. OS SULEIROS DA FEIRA
FOTOS MATILDA ANDERSON.
(https://images.app.goo.gl/FSRE7KJmYYJaEzjz8).
A Feira de Baíñas foi un importante mercado comarcal entre os séculos XVIII e XX e aínda se conservan varias casetas tradicionais (aínda que tapiadas as súas partes superiores) onde se gardaban as mercadorías.
O medre de Baíñas estivo estreitamente vencellado a un importante feito socioeconómico como foi a súa feira mensual, de sona comarcal (como as de Baio, Ponte do Porto, Vimianzo) que se celebraba cada primeiro domingo de mes, (e un feirón, de menor importancia o 3º sabado do mes), A feira de Baíñas xa aparece consolidada nos séculos XVIII, XIX, e boa parte do XX. Contra finais do século pasado entrou en crise, e paulatinamente rematou desaparecendo. O espazo da feira extendíase por todo o lugar: no Outeiro situábase a feira do gando (cabalar, vacuno e porcino), e ó longo de toda estrada, o resto da feira cos produtos do campo, e unha extensa variedade de tendeiros ambulantes: produtos alimenticios tecidos, calzados, cerámica, ferretería…
Vinculados ó acontecemento da feira habia construcións non permanetes para ralizar a compravenda de produtos, e mais outras construcións permanentes, hoxe desaparecidas, tan só quedan vestixios, ós que chamaban os suleiros da feira. Estes suleiros, penedellos ou galpóns, que tiñan unhas dimensións de 2-3m. de ancho por máis de trinta metros de longo, eran unhas construcións elementais de pedra, que se alugaban, destinadas a protexer das condicións climatolóxicas adversas aos feirantes que viñan expoñer e e negociar as súas mercadurías. Estaban localizados estes pendellos en ámbolas dúas marxes da estrada que atravesa Baíñas, e a súa fronte aparece aberta, unicamente interrumpida por toscos pilares de pedra que sostiñan o teito, e cuns mostradores dunha cachotería moi elemental, o mesmo cós muros posteriores. Nalgún casos, os diferentes postos de venta instalados nos suleiros estaban separados entre eles por uns taboados de madeira.



PictographReligious site Altitude 1,008 ft
Photo ofIgrexa de Santo Antoíño de Baíñas Photo ofIgrexa de Santo Antoíño de Baíñas Photo ofIgrexa de Santo Antoíño de Baíñas

Igrexa de Santo Antoíño de Baíñas



-Descrición:
Con orixe no século XIII e estilo románico rural, o corpo actual da igrexa é unha nave de cantería con torre e campanario, froito de sucesivas reformas.
Do templo orixinal conserva, por exemplo, uns chamativos canzorros con motivos sexuais. Interesante engadido medieval, na fachada norte, é o tímpano con relevo de figura ecuestre. No interior consérvanse varias esculturas relixiosas de madeira do século XVIII.
Considérase que o templo se construíu a principios do séc. XIII, concretamente entre 1215 e 1220, principalmente polo tipo de bóveda de canón apuntada do interior da ábsida ou capela maior, e polos arcos faixón –que sostén esta bóveda- e triunfal -de entrada desde a nave-, tamén apuntados (este apuntamento anuncia a proximidade do estilo gótico).
Son interesantes os capiteis das semicolumnas que soportan os arcos, vexetais, con follas esquemáticas de pouco volume que se curvan acubillando bólas ou se enrolan formando volutas.
O arco triunfal presenta unha rica molduración e remata nunha arcada axadrezada envolvente, disposta en catro fileiras superpostas. No interior da capela maior aínda se conserva, acaroada ós tres muros, a bancada que ocupaban os monxes do priorado nos oficios litúrxicos.
Na porta travesa do muro norte chama a atención o seu tímpano cun relevo, un tanto desgastado, dunha figura humana montada sobre un cabalo ou asno: seguramente se trata dunha representación de san Martiño no momento en que parte a súa capa para darlla a un pobre.
IMAXES. A causa dunhas reformas do ano 1967 desapareceron o retablo maior e o lateral de san Brais. Quedaron algunhas das súas imaxes, entre as que se poden salientar as seguintes: santo Antoíño, o patrón, vestido cos atributos dos diáconos (obra barroca de finais do séc. XVIII); san Bieito (vestido co hábito negro dos bieitos, coa mitra ó pé e un corvo cun pan; obra tamén barroca de finais do XVIII; a súa presenza explícase pola pertenza á orde beneditina dos monxes baiñáns); unha Inmaculada (de principios do séc. XIX); un san Brais (home vestido de bispo que leva a man á gorxa; obra barroca de mediados do XVIII), un san Roque (vestido de peregrino, de mediados do XVIII). .
..(http://semescom.gal/archivos/867)..
(https://www.vimianzo.gal/patrimonio/ficha.php?idioma=es&directorio=1) Esta iglesia pertenecía, en su origen, a un antiguo monasterio medieval, reducido a priorato a finales del siglo XV, con solo unos cuantos monjes. En la zona sur aún quedan en pie parte de sus dependencias, que actualmente están en ruinas. Dependía del monasterio benedictino compostelano de San Martín Pinario y su desmantelamiento podría ser fruto de la Desamortización de 1836. La iglesia responde al esquema típico del románico rural: de pequeñas dimensiones, formada por un ábside rectangular abovedado y una nave única, que estuvo cubierta por un armazón de madera hasta que fue incendiada por los franceses en 1809. Se cree que la construcción del templo data de principios del siglo XIII, principalmente por el tipo de bóveda de cañón apuntada del interior del ábside o capilla mayor, y por los arcos fajón -que sujetan esta bóveda- y triunfal –de entrada desde la nave- que son también apuntados. Este apuntamiento ya anuncia la proximidad del estilo gótico. Son muy interesantes los capiteles de las semicolumnas que soportan los arcos, con formas vegetales esquemáticas, y el arco triunfal, que está enmarcado por un ajedrezado. En el interior de la capilla mayor aún se conserva la bancada que ocupaban los monjes del priorato en los oficios litúrgicos. En el exterior, destacan los canzorros bajo el tejado, con figuras humanas en escenas de tipo circense o incluso amorosas, como ocurre en el muro norte, donde parece representarse un coito. Hay que recordar que en los canzorros románicos se solían representar los vicios o pecados, para así evitarlos. También resulta interesante la puerta lateral del muro norte, actualmente tapiada, en la que llama la atención su tímpano con relieve desgastado y tosco, con un hombre que monta sobre un caballo o un asno, que posiblemente se trate de una representación de San Martín en el momento que parte su capa para dársela a un pobre. Su presencia se explicaría por la dependencia del priorato al monasterio de San Martín Pinario de Compostela. La fachada y la sacristía corresponden a una época posterior, ambas añadidas en el siglo XIX. Datadas a inicios de 1802, la fachada habría sufrido daños en 1853 por un temporal que derrumbaba parte de la espadaña que la remataba. En la última década del siglo XIX se levantó la torre-campanario que corona la fachada en la actualidad, obra del cantero Manuel Muíños. Con las reformas de 1967, desaparecen el retablo mayor y el lateral de San Blas, aunque quedaron algunas de las imágenes como la del patrón San Antolín, obra barroca de finales del siglo XVIII, vestido con los atributos de diácono. De igual datación es San Benedicto, quien aparece por la pertenencia a la orden benedictina de los monjes de este priorato, vestido con hábito negro tradicional de la orden, con mitra a los pies y un cuervo con pan. Barrocos y de mediados del siglo XVIII son un San Blas (con vestido de obispo y la mano en la garganta) y un San Roque (de peregrino con perro); y ya de comienzos del siglo XIX es una Inmaculada.




PictographRuins Altitude 1,007 ft
Photo ofMosteiro de Sto. Antoiño de Baiñas

Mosteiro de Sto. Antoiño de Baiñas



-Descrición:
A igrexa de Santo Antoíño pertencía a un mosteiro bieito cluniacense, con mencións documentais de hospedaxe á peregrinación desde o século XII, conformando un completo conxunto arquitectónico (actualmente en ruínas). Na antiga casa reitoral consérvanse unhas impoñentes dovelas da abadía e na igrexa poden observarse outros restos coma contrafortes, arcos ou as bancadas de pedra do altar, que ocuparían os freires durante os oficios litúrxicos...
.... (http://semescom.gal/archivos/867) ... Segundo o padre Fr. Antonio Yepes na súa Crónica de la Orden de San Benito (Valladolid, 1613-1615), Santo Antoíño de Baíñas, na Idade Media “era monasterio en Tierra de Soneira; goza de título de abadía; fue anejo al de San Pedro de Fora por privilegio de D. Lope de Mendoza, arzobispo de Santiago, e hízose la unión el año mil quatrocientos diez y siete”. Despois, contra 1487, o mosteiro quedou reducido a simple priorado con tan só uns cantos monxes. Tiña, cando escribe Yepes, un couto dunha legua de longo e outra de ancho, con xurisdición civil e criminal; “tiene iglesia y claustro, con indicios de haber sido un buen monasterio”.

PictographReligious site Altitude 1,007 ft
Photo ofCruceiro da Igrexa de Sto. Antoiño Photo ofCruceiro da Igrexa de Sto. Antoiño

Cruceiro da Igrexa de Sto. Antoiño



..
-Descrición:
Cruceiro de pedra sobre plataforma de tres chanzos e fuste octogonal, con capitel decorado e imaxes de Cristo e Virxe nas respectivas caras do crucifixo.

PictographMonument Altitude 990 ft
Photo ofEira de mallar

Eira de mallar



-Descrición:
Coñecida como "eira do Castaño", trátase dun enlousado de pedra duns 30 metros cadrados, onde se levaba a cabo a malla. A malla é unha tarefa agrícola ancestral, consistente en bater cereais contra o chan para extraer o gran, manualmente (por grupos de xente armada con manlle) ou mediante animais de tiro. Esta aira ten un cerramento de chantas de pedra, unha canle de drenaxe e un cuberto.

PictographMonument Altitude 1,000 ft
Photo ofHorreos de Baiñas

Horreos de Baiñas



O núcleo de Baíñas conta con 14 hórreos catalogados, agrupados en 2 conxuntos: 7 unidades no conxunto Norte e outros 7 no Sur. Todos en cantería completa de pedra (agás a cuberta lixeira) e estilo fisterrán, oscilan entre os 5 e os 7 esteos de lonxitude (agás 2 con celeiro).

PictographOvernight Altitude 975 ft
Photo ofPolodeportivo de Baiñas

Polodeportivo de Baiñas



Campamento Base

PictographMonument Altitude 1,067 ft
Photo ofConxunto de muíños de Cabral Photo ofConxunto de muíños de Cabral

Conxunto de muíños de Cabral



-Descrición:
Subindo o monte de Cabral e bordeando o río homónimo, desde Baíñas, atópanse 3 muíños hidráulicos consecutivos (un deles con teito de lousa). Conservan a edificación de mampostería e o cano por onde recibían a auga que, mediante un sistema impulsor de madeira, facía xirar as moas ou pedras de moer o gran para obter fariña.

PictographRuins Altitude 1,090 ft
Photo ofMámoa nº2

Mámoa nº2

Mámoa nº2

PictographReligious site Altitude 1,113 ft
Photo ofCruceiro de Cabral Photo ofCruceiro de Cabral

Cruceiro de Cabral



-Descrición:
Cruceiro de pedra, semellante ao da igrexa de Baíñas, illado no alto do monte. Aos pés deste cruceiro venerábase a Virxe Cabralexa e, ocultos nesta zona boscosa, están os restos das Casas de Cabral. Estas, serían o destino final dos últimos monxes do mosteiro de Baíñas, tras a súa desaparición no século XIX.

PictographRuins Altitude 1,132 ft
Photo ofMámoa nº1 Photo ofMámoa nº1

Mámoa nº1

Mámoa nº1

Patrimonio de Berdoias. Circuito Sur

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-16-patrimonio-de-berdoias-sur-71073552 http://viamarianalusogalaica.eu/wp-content/uploads/Patrimonio-VMLG.16.pdf

Photo ofGRIXOA

GRIXOA



O LUGAR DE GRIXOA.

No que se refire a Casas- Vivenda do lugar de Grixoa podemos citar: A casa do Varelo e a da Chasca. A do Varelo que aínda conserva na súa fachada principal 4 pousadoiros ornamentados de antigas lacenas de abellas. E tamén dispón de construcións adxectivas coma eira e cabana, cortes do gando, lacenas de abellas, unha alvariza lineal, cabazo de tipo do arco fisterrán...
A casa da Chasca (do Cancela) que aínda ten o patín de acceso ó sobrado onde ,noutros tempos, se facían panilladas nas que participaban mulleres do Grixoa e de lugares veciños, así como foi espazo para o baile. Na súa fachada leste hai lacenas de abellas.

- En canto a cosntrucións de transformación do gran: eiras, muíños e fornos. Grixoa conserva hoxe 4 eiras: unha, terrea; e tres, de chans lousados. E 8 fornos.

- No tocante a construcións de almacenamento de gran, Grixoa ten 14 cabazos, todos eles do tipo arco fisterrán: algúns da variedade rústica; e, a maioría, da variedade soneira...

- No que se refire a construcións de cría e habitación de animais ten 17 lacenas de abellas, e 1 alvariza lineal.

- Con respecto ás construcións do territorio, Grixoa conserva exemplos de camiños, valados, e pasos coma os portelos do camiño da escola e da misa, cara Berdoias...

- Como construción de Relixiosidade: a cruz de Grixoa ou do Varelo, no comezo do camiño cara a vella igrexa hai tempo desaparecida. http://viamarianalusogalaica.eu/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Grixoa.pdf

Photo ofRomar

Romar





- En canto a cosntrucións de transformación do gran, Romar conseva hoxe 5 eiras, dúas delas incompletas. E 8 fornos.,
PDF
- No tocante a construcións de almacenamento de gran, Romar ten 13 cabazos, case todos eles do tipo arco fisterrán : a gran maioría, da variedade soneira; e un, da variedade rústica. Así mesmo, hai un exemplar de cabazo, sen pés, sobre repisa maciza e outro construído enteiramente de ladrillo.

- No que se refire a construcións de cría e habitación de animais ten 17 lacenas de abellas, tres delas activas.
- En construcións de aproveitameto da auga: a fonte e lavadoiro de Romar
http://viamarianalusogalaica.eu/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Romar.pdf

Photo ofA Casanova

A Casanova



http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Casanova.pdf
A Casanova é do grupo dos lugares máis pequenos da parroquia, de 4 veciños. Do seu Patrimonio material:
PDF
Dentro das construcións de transformación do gran, conserva:
4 eiras, sendo a eira circular de Rúa, a que está completa, un fermoso exemplo de adaptación ó medio, co seu chan dunha rocha alisada in situ.
Un pequeno muíño de regato
Dous fornos

No tocante a construcións de almacenamento do gran, ten 3 exemplares de vellos cabazos do tipo arco fisterrán, da variedade soneira rústica e soneira

Con respecto a pequenas construcións de cría e habitación de animais conseva tres lacenas de abellas. http://viamarianalusogalaica.eu/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Casanova.pdf

Photo ofBerdoias

Berdoias





(XXIV). MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-16-patrimonio-de-berdoias-sur-71073552)
AS CASAS-VIVENDA NO LUGAR DE BERDOIAS
Berdoias ten 45 casas-vivenda, aínda que delas permanecen habitadas, na actualidade, tan só 22.
Preto dun 85% destas casas son de pedra, que, si as sumamos ás súas construcións adxectivas (28 cabazos, 8 eiras, 18 fornos, 18 lacenas das abellas, 7 muíños… etc ) fan do lugar toda unha rica e variada mostra da arquitectura popular tradicional.
Quedan exemplares de vellas casas-vivenda que xa se atopan nun estado máis ou menos ruínoso, como:
-As casas da Rata e das Ribeiras que xa tan só manteñen “en pé” restos dagúns muros, a piques de caer. Quedan como tesouros das dúas, algunhas das súa construcións complementarias: os dous cabazos, os pozos, os fornos, e a carón da da Rata conserva rehabilitadas unha eira e unha cabana.
- A Casa Grande de Alonso de Lema II, datada de 1607, que ten problemas de cuberta, pero que conserva todos os muros exteriores; e tamén a construción anexa, noutrora destinada a corte do gando; o chan da eira e o cabazo.
- A casa do Patín (ou do Gandiño), que perdeu a cuberta a causa dun incendio a comezos dos anos 80, pero que aínda conserva os seus muros exteriores. É unha construción con dous teitos a dúas augas, compartindo un desaugadoiro central de pedra. Dos elementos máis singulares desta casa, ó longo da súa fachada norte, é a escaleira cun patín, noutrora pechado polos laterais e cuberto, que daba acceso ó sobrado. Na dependencia destinada a cociña aínda se mantén en pé a lareira, unha cheminea de considerables dimensións, xunto cun forno moi ben conservado. E nunha das paredes do sobrado perdura tamén unha lareira con cheminea, para calefacción.
(Boa parte da documentación deste texto procede do traballo de campo " Inventario do Patrimonio Etnográfico sobre o concello de Vimianzo" feito en 1993 por Xosé María Lema, Roberto Mouzo e Moncho Gándara.) http://viamarianalusogalaica.eu/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Berdoias.pdf

PictographWilderness hut Altitude 812 ft
Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO Berdoias Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO Berdoias Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO Berdoias

Centro de Acollida de Peregrinos. INFO Berdoias

Teléfonos de atención al Peregrino. Paquita: +34655045735. Sonia: 0034 644472371

(https://goo.gl/maps/kktXnvnbMAi1iBeR7)
(http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Berdoias.pdf)

(XXIV). MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-17-patrimonio-de-berdoias-norte-69556257)
(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-16-patrimonio-de-berdoias-sur-71073552)
AS CASAS-VIVENDA NO LUGAR DE BERDOIAS
Berdoias ten 45 casas-vivenda, aínda que delas permanecen habitadas, na actualidade, tan só 22.
Preto dun 85% destas casas son de pedra, que, si as sumamos ás súas construcións adxectivas (28 cabazos, 8 eiras, 18 fornos, 18 lacenas das abellas, 7 muíños… etc ) fan do lugar toda unha rica e variada mostra da arquitectura popular tradicional.
Quedan exemplares de vellas casas-vivenda que xa se atopan nun estado máis ou menos ruínoso, como:
-As casas da Rata e das Ribeiras que xa tan só manteñen “en pé” restos dagúns muros, a piques de caer. Quedan como tesouros das dúas, algunhas das súa construcións complementarias: os dous cabazos, os pozos, os fornos, e a carón da da Rata conserva rehabilitadas unha eira e unha cabana.
- A Casa Grande de Alonso de Lema II, datada de 1607, que ten problemas de cuberta, pero que conserva todos os muros exteriores; e tamén a construción anexa, noutrora destinada a corte do gando; o chan da eira e o cabazo.
- A casa do Patín (ou do Gandiño), que perdeu a cuberta a causa dun incendio a comezos dos anos 80, pero que aínda conserva os seus muros exteriores. É unha construción con dous teitos a dúas augas, compartindo un desaugadoiro central de pedra. Dos elementos máis singulares desta casa, ó longo da súa fachada norte, é a escaleira cun patín, noutrora pechado polos laterais e cuberto, que daba acceso ó sobrado. Na dependencia destinada a cociña aínda se mantén en pé a lareira, unha cheminea de considerables dimensións, xunto cun forno moi ben conservado. E nunha das paredes do sobrado perdura tamén unha lareira con cheminea, para calefacción.
(Boa parte da documentación deste texto procede do traballo de campo " Inventario do Patrimonio Etnográfico sobre o concello de Vimianzo" feito en 1993 por Xosé María Lema, Roberto Mouzo e Moncho Gándara.). (https://www.quepasanacosta.gal/tags/tesouros-berdoias)

Comments

    You can or this trail