Activity

VMLG.17.Berdoias-Muxía. 2024

Download

Trail photos

Photo ofVMLG.17.Berdoias-Muxía. 2024 Photo ofVMLG.17.Berdoias-Muxía. 2024 Photo ofVMLG.17.Berdoias-Muxía. 2024

Author

Trail stats

Distance
11.93 mi
Elevation gain
965 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,683 ft
Max elevation
835 ft
TrailRank 
49
Min elevation
835 ft
Trail type
One Way
Coordinates
455
Uploaded
February 15, 2024
Recorded
February 2024
Be the first to clap
Share

near Berdoyas, Galicia (España)

Viewed 72 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofVMLG.17.Berdoias-Muxía. 2024 Photo ofVMLG.17.Berdoias-Muxía. 2024 Photo ofVMLG.17.Berdoias-Muxía. 2024

Itinerary description

Ruta de Berdoyas a Santuario Virxe da Barca pasando por:
- Igrexa de San Martiño de Ozon (10.5 km)
- Monasterio de Moraime (14.6 km)
- Capela de San Roque (15.5 km)
- Praia de Espiñeirido (17.0 km)
- Praia da Cruz (17.6 km)
- Iglesia de Santa Maria de Muxia (18.6 km)

Waypoints

Photo ofBerdoias

Berdoias

http://viamarianalusogalaica.eu/wp-content/uploads/PATRIMONIO-DE-BERDOIAS-SUR.VMLG_.16.pdf

(XXIV). MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-16-patrimonio-de-berdoias-sur-71073552)
AS CASAS-VIVENDA NO LUGAR DE BERDOIAS
Berdoias ten 45 casas-vivenda, aínda que delas permanecen habitadas, na actualidade, tan só 22.
Preto dun 85% destas casas son de pedra, que, si as sumamos ás súas construcións adxectivas (28 cabazos, 8 eiras, 18 fornos, 18 lacenas das abellas, 7 muíños… etc ) fan do lugar toda unha rica e variada mostra da arquitectura popular tradicional.
Quedan exemplares de vellas casas-vivenda que xa se atopan nun estado máis ou menos ruínoso, como:
-As casas da Rata e das Ribeiras que xa tan só manteñen “en pé” restos dagúns muros, a piques de caer. Quedan como tesouros das dúas, algunhas das súa construcións complementarias: os dous cabazos, os pozos, os fornos, e a carón da da Rata conserva rehabilitadas unha eira e unha cabana.
- A Casa Grande de Alonso de Lema II, datada de 1607, que ten problemas de cuberta, pero que conserva todos os muros exteriores; e tamén a construción anexa, noutrora destinada a corte do gando; o chan da eira e o cabazo.
- A casa do Patín (ou do Gandiño), que perdeu a cuberta a causa dun incendio a comezos dos anos 80, pero que aínda conserva os seus muros exteriores. É unha construción con dous teitos a dúas augas, compartindo un desaugadoiro central de pedra. Dos elementos máis singulares desta casa, ó longo da súa fachada norte, é a escaleira cun patín, noutrora pechado polos laterais e cuberto, que daba acceso ó sobrado. Na dependencia destinada a cociña aínda se mantén en pé a lareira, unha cheminea de considerables dimensións, xunto cun forno moi ben conservado. E nunha das paredes do sobrado perdura tamén unha lareira con cheminea, para calefacción.
(Boa parte da documentación deste texto procede do traballo de campo " Inventario do Patrimonio Etnográfico sobre o concello de Vimianzo" feito en 1993 por Xosé María Lema, Roberto Mouzo e Moncho Gándara.)

PictographMountain hut Altitude 812 ft
Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO Berdoias. Tel: 655045735 Photo ofCentro de Acollida de Peregrinos. INFO Berdoias. Tel: 655045735

Centro de Acollida de Peregrinos. INFO Berdoias. Tel: 655045735

(https://goo.gl/maps/kktXnvnbMAi1iBeR7)
BERDOIAS.: Sonia +34 644472371 / Paquita +34 655045735

(XXIV). MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-17-patrimonio-de-berdoias-norte-69556257)

PictographReligious site Altitude 762 ft
Photo ofIgrexa de San Pedro de Berdoias Photo ofIgrexa de San Pedro de Berdoias Photo ofIgrexa de San Pedro de Berdoias

Igrexa de San Pedro de Berdoias



Moncho Gándara Martínez.

https://www.facebook.com/moncho.gandaramartinez.7/posts/158429559170405

A construción de finalidade relixiosa máis emblemática é a igrexa de Berdoias que, a partir do século XVII, sustituíu á antiga igrexa parroquial, hoxe desaparecida, ubicada no lugar de Grixoa.
Consta esta igrexa de Berdoias dunha nave de planta de salón que comunica coa capela maior, cadrada, mediante un arco campanel sobre piares. Esta capela está cuberta por unha bóveda de cruzaría nervada e estrelada, con cinco claves. Precisamente na clave central figura o anagrama co nome de Alonso de Lema II , o fidalgo que mandou construír a capala maior en 1617, como aparece tamén nunha inscrición dun muro exterior.
A fachada da igrexa, edificada a mediados do século XIX, está presidida, enriba da porta, por unha escultura pétrea de San Pedro, o patrón da parroquia, e sobre todo por unha esvelta torre-campanario, de tipoloxía barroca, rematada por un tambor octogonal e unha lanterna.

Igrexa de San Pedro de Berdoias
Manuel Rial

http://patrimoniogalego.net/index.php/6823/2011/10/igrexa-de-san-pedro-de-berdoias/

Inclúe cruceiro e imaxe da Virxe da O. Ademais a igrexa parroquial antiga era de Santa María e estaba no lugar de Grixoa.









PictographBridge Altitude 699 ft
Photo ofPontella. Caminho das Carreixas Photo ofPontella. Caminho das Carreixas

Pontella. Caminho das Carreixas



Camiño das Carreixas (

1. Camiño das Carreixas. Via Mariana

Camiño das Carreixas en Berdoias, tramo empedrado no que, como solución ós problemas de tránsito no inverno, se reserva, nalgún tramo, un paso máis elevado, e polo tanto enxoito, para o paso da xente. As Carreixas aínda conserva tamén algún tramo de empedrado no chan.

a. Pontella das Carreixas no Rego de Berdoias.
Tesouros de Berdoias (XXII)

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xxii-caminos-cercados-pontes/20201205095133123736.html

A Pontella rural das CARREIXAS, de 3 ollos , ten de machóns ou piares de apoio unhas antas colocadas de canto en sentido vertical, e que sosteñen os pontillóns que conforman os seu chan.
3.  Muiño do Gandiño

Nas beiras do rego de Berdoias e nas doutros regatos, así coma no tramo do río Castro que atravesa a parroquia, atopamos, na actualidade, un total 21 MUÍÑOS hidráulicos, xa ningún deles en funcionamento, e, a maioría, nun estado ruínoso.
Os muíños, esas arquitecturas do pan, uns de propiedade privada e outros veciñais, son construcións de transformación de gran, de muros de cachotería, con teitos de tella ou pedra. Pequenos muíños de río, rego ou de regato, de canle ou de cubo, todos dunha soa moa para moer o millo- tan só había un muìño para moer trigo- e que funcionaban todo o ano, agás os 6 muíños de regato que había, que o facían só nas épocas máis chuviosas.
Polo seu mellor grado de consrvación podemos nomear tres muíños de rego ou de rio: o do Chibarra, o que se conserva máis completo; o do Gandiño e o da Grabiela, os tres a carón do rego de Berdoias, e ubicados moi preto da Vía Mariana.

c. Muíño do Chibarra, O máis completo e mellor conservado de Berdoias

d. Muíño da Grabiela
POSICION: 43.06103, -9.08856

PictographBridge Altitude 697 ft
Photo ofVA PEDROSO Photo ofVA PEDROSO Photo ofVA PEDROSO

VA PEDROSO



Vao Pedroso (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vieiro-fidalgo-55536374#wp-55536394)
VAO PEDROSO
a. Pasadoiro de Escada no Va Pedroso. A carón do camiño que vai de Berdoias a Boallo, polo que discorre hoxe a Vía Mariana, moi pretiño da ponte do Va Pedroso e das alvarizas de Francisco, atopamos un singular en enxeñoso pasadoiro que, pola parte do camiño, tén unha estrutura de pedra á que se lle acoplan dous banzos de madeira a xeito dunha escada. E por dentro do valado, o mesmo pasadoiro ten habilitados dous ocos na parede para colocar os pés.

b. A PONTELLA DO VA PEDROSO, no camiño de Berdoias-Boallo, apoiada sobre 6 machóns ou cepas, que son os piares de cachotería que sosteñen os pontillóns lonxitudinais do chan da ponte, e sobre os que se asentan outras pedras irregulares. As cepas ou machóns están apuntados e algo redondeados, sobresaíndo augas arriba para facilitar unha mellor circulación da auga. No medio de cada un dos 5 ollos ou boquetes hai colocadas unhas estreitas laxes verticais para dificultar a posible obstrución no interior da ponte. Aínda así, as fortes enchentes e o abandono na limpeza deixaron danado este importante e singular paso. POSICION: 43.06567, -9.09072. https://goo.gl/maps/fV4tJJb2bPR4sqgS6
Pontella do Va Pedroso, augas arriba e augas abaixo

c. Muiño do Frances
Tesouros de Berdoias (VIII).MUIÑOS
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-vii-muinos/20200829085707121541.html
Muíño do Francés no va Pedroso, en estado ruinoso
POSICION: 43.06643, -9.09018. https://goo.gl/maps/6YzDqe8M5iZEdqAG6

- Outra Alvariza En Boallo, nunha estrema dunha finca privada que limita coa Vía Mariana. É tamén unha construción aberta, e de planta en L. Na actualidade, en deficiente estado de conservación, pero que aínda se poden apreciar a súa forma e algunhas marquesiñas onde se instalaban as colmeas.
Tesouros de Berdoias (XVI).ALVARIZAS
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-xvi-alvarizas/20201024115848122823.html
w.wikiloc.com/wikiloc/upload.do)

Photo ofBoallo Photo ofBoallo Photo ofBoallo

Boallo

.http://viamarianalusogalaica.eu/wp-content/uploads/PATRIMONIO-de-BERDOIAS-2021.pdfhttp://viamarianalusogalaica.eu/wp-content/uploads/PATRIMONIO-DE-BERDOIAS-NORTE.-VMLG.17.pdf
BOALLO é o lugar máis occidental da parroquia, limita co concello de Muxía, e acompaña, moi pretiño pola esquerda, o remate do tramo da Vía Mariana que discorre dentro dos lindes do concello de Vimianzo, e que se dirixe cara Muxía.
Neste pequeno lugar pode apreciarse unha abundante e variada riqueza patrimonial
AS EIRAS DE BOALLO
Recopiláronse en Boallo un total de 5 EIRAS empedradas e privadas, de formas: cuadrangulares, circulares, ou mixtas.
Casi todas son de chans enlousados e mesmo en tres eiras, nun exemplo de adaptación ó medio, proveñen de terreos rochosos, aplanados in situ .
Os bordos perimetrais de moitas das eiras son sólidos- con máis de 1 m de altura e máis de 0,50 m de ancho- e están compostos por valados de cachotería, completados con lousas en parte da súa cara interior, ou combinados, nalgúns casos, con tramos de antas chantadas no chan.
Dentro das 35 eiras, aínda que hai na Parroquia unhas oito están incompletas e mais tres moi modificadas, chama poderosamente a atención o máis que aceptable estado de conservación da maioría delas, que aínda seguen a ser protagonistas de espazos máxicos, singulares e únicos.
(https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vmlg-17-patrimonio-de-berdoias-norte-69556257)

PictographReligious site Altitude 827 ft
Photo ofCruz da Pedra do Frade Photo ofCruz da Pedra do Frade

Cruz da Pedra do Frade



AS CRUCES DE PEDRA DO FRADE: unha delas, coa plataforma dun penedo natural, ten como lenda asociada a dun monxe devorado por lobos neste lugar, cando ía de camiño polo monte cara o mosteiro de Moraime.

POSICION: 43.073525, -9.092644. https://goo.gl/maps/uMpxxCezsTamSaVD9

Segundo a tradición popular, este cruceiro fíxose na honra dun frade que se refuxiou infrutuosamente no alto da pedra que se ve na imaxe para evita-lo ataque dos lobos, pero alí foi devorado e sinalouse o lugar cunha cruz que da nome a unha pequena aldea cercana (a cal tamén ten un cruceiro). Atópase ao pe do percorrido da Vía Mariana
Cruz da Pedra do Frade (Roberto Roget)
Segundo a tradición popular, este cruceiro fíxose na honra dun frade que se refuxiou infrutuosamente no alto da pedra que se ve na imaxe para evita-lo ataque dos lobos, pero alí foi devorado e sinalouse o lugar cunha cruz que da nome a unha pequena aldea cercana (a cal tamén ten un cruceiro). Atópase ao pe do percorrido da Vía Mariana
Inclúe "lenda de lobos": Segundo a tradición popular, un frade buscou refuxiarse dos lobos enriba da pedra, infrutuosamente, sinalándose o lugar coa cruz.

Xose Troiano
(http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)

http://patrimoniogalego.net/?p=96162/#respond

Tradicion oral: Este cruceiro construiuse a partires da morte dun frade que ia polo caminho real con direccion a Muxia. Ali foi asaltado por uns ladrons que lle deron morte. A partires dese intre, o peton empezou a chamarse "A pedra do Frade".

Cruceiro de tipo "De Cruz" sen plataforma nen pedestal. A cruz e cuadrangular con chafrans e comezando en cadrado. Esta encravada nun peton a beira do antigo caminho real de Vimianzo a Muxia. A cruz e de granito cun estado regular de conservacion.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96162)

PictographReligious site Altitude 497 ft
Photo ofCruceiro de Suxo Photo ofCruceiro de Suxo

Cruceiro de Suxo



Foto de Cruceiro de Suxo
Foto de Cruceiro de Suxo

Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=47265/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular moldurado e cunhas figuras a modo de greca de dentes. A súa cruz é cuadrangular e polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita sen coroa e cun pergamiño coas siglas “INRI”. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun bo estado a regular de conservación.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47265)

PictographReligious site Altitude 505 ft
Photo ofCapela do Pilar Photo ofCapela do Pilar

Capela do Pilar



Inclúe cruceiro. http://patrimoniogalego.net/index.php/49754/2013/09/capela-do-pilar/
Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=49754/#respond
Descricion:
Igrexa dunha soa nave, con dúas xanelas rectangulares cos muros caleados pola cara norte. O teito esta cuberto a dúas augas con tella curva do país. A fachada pricipal e moi sinxela, cun esquema pentagonal. Nela destaca a porta rectangular que sobresae lixeiramente do plano da fachada. Na doela central da porta ten unha cruz patada, en relevo. Nun perpiaño superior ten gravada a data de construcción da igrexa: 1913. Máis arriba, ábrese unha xanela rectangular e rompendo o vértice do pincho, un pequeno corpo rectangular que serve de base á espadana. Esta posúe dous corpos, un inferior con dous arcos de medio punto apoiados sobre piares que acollen ás campás, coroado cun friso sinxelo onde se apoian os remates do corpo superior que están formados por tres acroterios: Un central con bóla e coroado cunha cruz de pedra e flanqueado por dous piramidais.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=49754)

PictographReligious site Altitude 282 ft
Photo ofCruceiro da praza de Quintans Photo ofCruceiro da praza de Quintans Photo ofCruceiro da praza de Quintans

Cruceiro da praza de Quintans



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=47110/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O pedestal polo lado do seu anverso ten unha inscrición coa súa data: “1930”. O varal é octogonal rematando en cadrado e leva un capitel cúbico con volutas, cunchas e cabezas de anxo con ás. A cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e con remates florenzados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda, lado onde semella haber unha imaxe esculpida en baixorrelevo. Polo reverso da cruz fica a Piedade co Cristo en brazos. O cruceiro é todo de granito cun estado regular a malo de conservación.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47110)

PictographReligious site Altitude 176 ft
Photo ofMosteiro de San Martiño de Ozon Photo ofMosteiro de San Martiño de Ozon Photo ofMosteiro de San Martiño de Ozon

Mosteiro de San Martiño de Ozon



Catalogouno EvaFdez (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/evafdez) o
http://patrimoniogalego.net/?p=90750/#respond
Tradicion oral: As referencias ao mosteiro de Moraime son continuas; as crenzas populares falan de pasadizos que unían ambos lugares. Tamén se considera que en Ozón convivían monxes pobres, á sombra das riquezas das que gozaban os monxes veciños.

Descricion:
O conxunto orixinal correspondería a unha distribución anular anexa ó muro sur da igrexa, do cal desapareciu a banda sur que encerraba o claustro. Posteriormente execútase un novo volume alongando á banda leste no ano 1706, e máis tarde no ano 1772 amplíase cunha nova nave. Estas novas construcións corresponden á arquitectura etnográfica. Aprécianse uns canzorros, propios da sala capitular existente no pavillón do ano 1706, constituíndo parte dun balcón-solario. No interior, a popular cociña de lareira con lavadoiro consérvase en óptimas condicións. Resulta chamativo baixo a mesma atopar un amplio arco de medio punto soterrado, que é mostra do gran recheo de entullo e terras sobre o claustro.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=90750)
Historia recente do ben: Tralas obras levadas a cabo durante 1964-1974 para adaptar a nave de 1706 como reitoral, o conxunto sumiuse no abandono e ruína ata a incursión dunha cooperativa sen ánimo de lucro que actualmente leva a cabo o mantemento e coidado dos vestixios do antigo mosteiro.

PictographWaypoint Altitude 344 ft

Vilar de Sobremonte

Vilar de Sobremonte

PictographWaypoint Altitude 237 ft

Labexo

Labexo

PictographMonument Altitude 147 ft
Photo ofCabazos de Muiños Photo ofCabazos de Muiños Photo ofCabazos de Muiños

Cabazos de Muiños

https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipOZhlYNYi1kveUOWGROxQd81tmAFOlINl2gxQBM=h1440 https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipNdccvFOEHXOPeqfKZcaa0nC2QPIKbNlbV9vCB-=w1440-h1440-pd https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipNbe1EpqiGwRQGA9KrrX0NjooTy5OcbDlPo65ux=h1440

PictographReligious site Altitude 181 ft
Photo ofIgrexa de Moraime Photo ofIgrexa de Moraime Photo ofIgrexa de Moraime

Igrexa de Moraime



http://patrimoniogalego.net/index.php/2694/2011/07/igreja-de-moraime/#respond (http://patrimoniogalego.net/index.php/2694/2011/07/igreja-de-moraime/#respond )
Catalogouno Ulmo de Arxila (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/ulmo-de-arxila) o
http://patrimoniogalego.net/?p=2694/#respond
Descricion:
A igreja románica de Sam Jiám de Moraime foi construída no século XII e integrava-se no mosteiro beneditino do mesmo nome. O mosteiro dos santos Jiám e Basilissa de Moraime foi fundado no século XI e sofreu o ataque dos piratas normandos, trás o qual foi reformado graças à intervençom de Pedro Froiaz de Trava em 1105. Foi no século XII quando se ergueu o templo actual com um novo mosteiro. A sua construçom foi possível mercê à protecçom do rei Afonso VII, que estivera refugiado no mosteiro quando criança durante as luitas entre os seus partidários e os de sua mae, a rainha Orraca. A decadência do cenóbio começou no século XIV, devido sobretodo às agressons por parte da pequena aristocracia da comarca, e, trás depender do mosteiro de Sam Martinho Pinário, os Reis Católicos integrárom-no no Real Monasterio de San Benito de Valladolid. Manuel Chamoso Lamas dirigiu excavaçons na vertente sul da igreja em 1972 e descobriu restos de um povoado romano e vários enterramentos.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=2694)

PictographReligious site Altitude 369 ft
Photo ofCapela de San Roque de Moraime

Capela de San Roque de Moraime

Capela de San Roque de Moraime

PictographBeach Altitude 3 ft

Praia Espiñeirido

Praia Espiñeirido

PictographBeach Altitude 11 ft

Praia Da Cruz

Praia Da Cruz

PictographMountain hut Altitude 98 ft
Photo ofAlbergue Publico Muxía

Albergue Publico Muxía

Albergue Publico Muxía
https://concellomuxia.com/es/item/albergue-muxia/

PictographMountain hut Altitude 39 ft
Photo ofAlbergue Arribada

Albergue Arribada



+34 981 74 25 16  
https://goo.gl/maps/rM9AM2mAzATLrLBUA
https://www.arribadaalbergue.com/es/

PictographMountain hut Altitude 47 ft
Photo ofAlbergue Bela Muxía

Albergue Bela Muxía

Albergue Bela Muxía. https://www.belamuxia.com/

Photo ofSANTUARIO DA VIRXEN DA BARCA Photo ofSANTUARIO DA VIRXEN DA BARCA Photo ofSANTUARIO DA VIRXEN DA BARCA

SANTUARIO DA VIRXEN DA BARCA



http://www.concellomuxia.com/
Catalogouno Manuel Rial (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/manuel-rial) o 09-09-2011
Outra denominacion: Nosa Señora da Barca, Pedra de Abalar, Pedra dos Cadris, Pedra do Temon
.....(http://patrimoniogalego.net/?p=4693/#respond))....
Tradicion oral:
- PEDRA DA BARCA (A DE ABALAR) A barca propiamente dita, ten propiedades adiviñatorias. Se abala soa ao presaxio de naufraxios ou desgracias. Tamen ten propiedades propiciatorias, porque se os romeiros conseguen movela e sinal de boa disposicion da Virxe. Incluso se un e puro de corazon non conseguira abalala el so. Finalmente, posue propiedades fecundativas, pois o romeiro que quixera ter fillos deberala bailar o seu redor para pregar pola descendencia.
- PEDRA DA VELA (A DOS CADRIS) Chamada a pedra dos cadris, porque hai que anicarse para pasar por baixo dela e porque che cura a dor de cadris, a dor renal. O ritual consiste en pasar polo oco natural que hai debaixo da pedra. O numero de veces son sete, o numero maxico. E como di Laredo Verdejo: "Coma noutras pedras de culto, estamos diante dun rito de paso, dun renacemento espiritual e fisico que se logra o atravesar esas portas simbolicas."

Descricion:
O pagan e o sagrado mesturanse nesta punta da Costa da Morte. As primeiras noticias sobre o santuario datan do seculo XV, pero a adoracion a estas pedras debe vir de moito antes. Unha lenda ancestral cristianizada como tantas outras. A tradicion conta que a Virxe chegou a estas costas para confortar a Santiago na sua predicacion. Disque chegou navegando nunha barca de pedra gobernada por dous anxos, e ali na beiramar quedaron ata hoxe. Mais esta non e a unica barca de pedra na que chegan santos. Santiago o de Compostela ou San Andres o de Teixido tamen arribaron en estrañas embarcacions petreas. Pero mesmo en Irlanda, Cornualles, Bretaña, Gales ou Escocia en todalas fisterras atlanticas os santos viaxan en barcos de pedra. Asi o conta Xose Luis Laredo Verdejo: "Como noutros moitos outros lugares, tamen en Muxia e doado adiviñar a cristianizacion dun culto antigo. A situacion do santuario nun cabo orientado a poente, nun dos moitos posibles Fins do mundo de Galicia, e o grande protagonismo acadado aqui por un barco de pedra, podenos levar a deducir antigas crenzas relacionadas coa viaxe a illa do Paraiso, con ese Mais Ala de onde veñen os santos que navegan sobre pedras sucando o Atlantico." Ata este punto chegan peregrinos, romeiros e devotos para cumprir coas tradicions das tres pedras, que contarei no apartado de tradicion oral. Aqui limitareime a describilas, para que saiba o que as visite cal e cada unha.
PEDRA DE ABALAR: E unha grande laxe de granito de so 30 cm de grosor e uns 9 m de longo por 7 m de ancho. Tratase dunha pedra oscilante con propiedades adivinatorias, como tantas como habia por Galicia (case medio cento).
PEDRA DOS CADRIS Seria a vela da barca. Tratase dunha pedra cunha forma bastante singular que esta furada cun oco.
PEDRA DO TEMON Esta pedra atópase actualmente fendida. Semella un temón de espadiña, os utilizados nas antigas embarcacións nórdicas. Como di Laredo, “Este detalle pódenos permitir datar a orixe do culto como anterior ó século XIII, época na que se xeneralizou o temón de codaste.”
Finalmente, respecto ó santuario; os primeiros escritos datan dos séculos XIV e XV, concretamente do 1544, onde nos falan dunha pequena capela dedicada á Virxe da Barca. No século XVII, debido ós misteriosos milagres que lles contaban os devotos, o templo logrou o seu máximo apoxeo. Por iso, no 1719 construíuse a actual igrexa, gracias ás donacións dos Duques de Maceda, señores das Torres de Cereixo. O santuario é de pranta de cruz latina, dunha soa nave, de estilo barroco. Uns arcos faixóns sosteñen a bóveda que cobre a parte da nave. Na parte central, cúbrese con bóvedas de arestas. As torres da fachada son posteriores, do século pasado, no 1958.
No interior, atopamos a imaxe gótica da Virxe da Barca,

Comments

    You can or this trail