Activity

VMLG17.Camino Arriero.2021.07

Download

Trail photos

Photo ofVMLG17.Camino Arriero.2021.07 Photo ofVMLG17.Camino Arriero.2021.07 Photo ofVMLG17.Camino Arriero.2021.07

Author

Trail stats

Distance
10.96 mi
Elevation gain
817 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,532 ft
Max elevation
810 ft
TrailRank 
31
Min elevation
810 ft
Trail type
One Way
Coordinates
344
Uploaded
April 4, 2021
Recorded
April 2021
Be the first to clap
Share

near Berdoyas, Galicia (España)

Viewed 125 times, downloaded 15 times

Trail photos

Photo ofVMLG17.Camino Arriero.2021.07 Photo ofVMLG17.Camino Arriero.2021.07 Photo ofVMLG17.Camino Arriero.2021.07

Waypoints

Albergue e local social de Berdoias



Albergue e local social de Berdoias (https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vieiro-fidalgo-55536374#wp-55536378)
by Turismo de Vimianzo (https://www.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=2889607)
Coordinates (lat,lon): 43.056036,-9.085551


Photo ofCruceiro de Berdoias Photo ofCruceiro de Berdoias

Cruceiro de Berdoias



Moncho Gándara Martínez

https://www.facebook.com/moncho.gandaramartinez.7/posts/158429559170405

O CRUCEIRO PROCESIONAL DO ADRO.
Ubicado, fronte a fachada da igrexa, na zona oeste do adro. Ten unha plataforma cuadrangular de tres banzos, un pequeno pedestal e un pousadoiro a carón. No seu varal octogonal ten esculpida en relevo unha figura de S. Pedro. O cruceiro remata nunha cruz con figuras primitivistas: dun Cristo crucificado e dunha Piedade.
Xosé María Lema, despois de diversas consideracións, aventura a posible datación do cruceiro no século XVIII. Deste mesmo autor, presidente do Seminario de Estudos Comarcais, proceden datos deste texto, así como as fotografías cedidas relativas á bóveda, á clave, inscrición, arco, e esculturas.

Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)

Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma cuadrangular e pedestal cubico cunhas inscricions ilexibles. O seu varal e octogonal e a un terzo ten a imaxe de San Pedro. O seu capitel, cilíndrico, conten astragalo circular e liso, abaco, lados curvos e vertices achafranados, volutas e cabezas de anxo con as. O capitel parece que foi reparado con pezas de ferro. A cruz, cuadrangular, ten brazos achafranados e remates florenzados con boton central. Polo anverso da mesma represéntase unha imaxe de Cristo crucificado con tres cravos inclinando un pouco a cabeza cara a dereita con coroa de espinhas. Enriba da cabeza ten a cartela coa lenda INRI. As mans, abertas, e o pano de pureza anoado á esquerda. Polo reverso ten a Piedade sobre unha peanha dun anxo con as. A cruz está un pouco ladeada cara a dereita. Todo o cruceiro e de granito





PictographReligious site Altitude 762 ft
Photo ofIgrexa de San Pedro de Berdoias Photo ofIgrexa de San Pedro de Berdoias Photo ofIgrexa de San Pedro de Berdoias

Igrexa de San Pedro de Berdoias



Moncho Gándara Martínez.

https://www.facebook.com/moncho.gandaramartinez.7/posts/158429559170405

A construción de finalidade relixiosa máis emblemática é a igrexa de Berdoias que, a partir do século XVII, sustituíu á antiga igrexa parroquial, hoxe desaparecida, ubicada no lugar de Grixoa.
Consta esta igrexa de Berdoias dunha nave de planta de salón que comunica coa capela maior, cadrada, mediante un arco campanel sobre piares. Esta capela está cuberta por unha bóveda de cruzaría nervada e estrelada, con cinco claves. Precisamente na clave central figura o anagrama co nome de Alonso de Lema II , o fidalgo que mandou construír a capala maior en 1617, como aparece tamén nunha inscrición dun muro exterior.
A fachada da igrexa, edificada a mediados do século XIX, está presidida, enriba da porta, por unha escultura pétrea de San Pedro, o patrón da parroquia, e sobre todo por unha esvelta torre-campanario, de tipoloxía barroca, rematada por un tambor octogonal e unha lanterna.

Igrexa de San Pedro de Berdoias
Manuel Rial

http://patrimoniogalego.net/index.php/6823/2011/10/igrexa-de-san-pedro-de-berdoias/

Inclúe cruceiro e imaxe da Virxe da O. Ademais a igrexa parroquial antiga era de Santa María e estaba no lugar de Grixoa.









PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofConstruccións anexas do Pazo Photo ofConstruccións anexas do Pazo Photo ofConstruccións anexas do Pazo

Construccións anexas do Pazo



CONSTRUCCIÓNS ANEXAS o PAZO de BOALLO
Na contorna do pazo aínda se conservan unha boa mostra doutras construcións adxectivas:
A carón da fachada principal, no lado oeste, permanecen restos da calzada que discorre cara fóra do lugar; no pinchón sur, leva adosado o edificio dunha tulla; e na extensa finca, no leste do pazo: unha eira, un pozo e un lavadoiro, dous vellos cabazos atlánticos- soneiráns, e os restos dunha capela e dun cruceiro…

* A CAPELA DE SAN ROQUE E O CRUCEIRO, en Boallo, son dúas pequenas arquitecturas, hoxe en estado ruínoso e de abandono, vinculadas ao pazo de Boallo, construído a mediados do século XVII. Da capeliña tan só quedan as paredes. Do cruceiro, unha plataforma escalonada de catro banzos,sobre o que se conserva só o varal: cuadrangular na súa parte baixa, e cilíndrico e acanalado no resto onde hai esculpida unha figura non identificada. Cabe a posibilidade de que a imaxe represente a do bispo San Ildefonso ou mesmo a de San Martiño, xa que calquera dos dous teñen nomes que aparecen na liñaxe desta casa dos Lema de Berdoias.

Varal do cruceiro do pazo de Boallo

* CABAZOS do PAZO
Vellos cabazos soneiráns do pazo de Boallo
Variedade de soneira rústica, cos seus pés curtos e grosos, pouco debastados, o mesmo que as súas capas convexas. Sen testas nas partes estreitas, ten unha cámara conformada por ringleiras de pedras irregulares, moi pouco labradas
Tipo Arco Fisterrán, variedade soneira- rústica

* CALZADA do PAZO
Detalle duns tramos de Calzada empedrados en Boallo, a carón do paredón do pazo e do portalón de entrada e saída do lugar
Tramos de calzada en Boallo

PORTALES do PAZO
PORTAIS en Boallo, de entrada e saída do lugar ou de fincas, son accesos de importantes dimensións., moitas veces asociados a pazos e casas fortes. Lugares de paso para a xente, os animais e os carros. En Berdoias e Boallo houbo e aínda hai varios exemplares.

POZOS e FONTES
Pozo e lavadoiro no pazo, en Boallo

EIRA do PAZO

https://www.facebook.com/moncho.gandaramartinez.7/posts/121901546156540









PictographRuins Altitude 719 ft
Photo ofPAZO DE BOALLO Photo ofPAZO DE BOALLO Photo ofPAZO DE BOALLO

PAZO DE BOALLO



PAZO DE BOALLO. Pazo de Martiño de Castiñeira
Tesouros de Berdoias (XXIV)


O PAZO DE BOALLO
Encadrado na aldea de Boallo, é unha espléndida casa fidalga de pedra, de 18 m de lonxitude, que se atopa practicamente en ruínas, seguen en pé as paredes de cachotería e de cantería de tamaño irregular.
Na fachada, lado oeste, aínda quedan os restos dunha escaleira de pedra que conduce a un patín cuberto, e que daría acceso ó sobrado.
Na parte posterior do edificio (lado leste) tamén queda unha escaleira de pedra de dous tramos que remata nunha solaina co teito apoiado en 5 columnas.
Na parede norte, sobre parte dun sobrado de grandes lousas de pedra, aínda seguen en pé os restos dunha espléndida cheminea, e dun forno, o máis grande dos da parroquia e con cheminea propia tamén. O tambor cuadrangular deste forno sobresae ó exterior sobre tres columnas (hoxe, quédanlle só dúas).
Na contorna do pazo aínda se conservan en pé unha boa mostra doutras construcións adxectivas: a carón da fachada principal, no lado oeste, permanecen restos da calzada que discorre cara fóra do lugar; no pinchón sur, leva adosado o edificio da tulla; e na extensa finca no leste do pazo: unha eira, un pozo e lavadoiro, dous vellos cabazos atlánticos- soneiráns, e os restos dunha capela e dun cruceiro…
(1) (Berdoias garda memoria sobre a Inquisición, a través desta copla popular que, transmitida polos vellos, chega a nós pola veciña e cantareira Carme da Gelfa:
" A Santa Inquisición murríu / vai cos demos no inferno /
os demonios tan contentos / teñen leña pró inverno")
Desde a segunda metade do século XVI deica finais do século XIX a longa saga fidalga dos Lema señoreou os coutos de Berdoias e Boallo, e incluso os coutos das Edreiras (Zas) e Soesto (Laxe). Despois, as rendas destes territorios remataron sendo outorgadas, no 1887, ós Blanco Rajoy.

O PAZO DE BOALLO (ALA LOESTE).
Escaleira e solaina no pazo de Boallo (ala leste)

A LAREIRA DO PAZO
Cheminea grande do pazo, e forno con cheminea propia

FORNO DO PAZO
Boca e bóveda do forno
Bombo exterior do forno do pazo de Boallo

Tesouros de Berdoias (IX): Os Fornos

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/tesouros-berdoias-ix-fornos/20200905091919121648.html

















PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofEIRA de FRANCISCO

EIRA de FRANCISCO



EIRA, CABAZO E FORNO

Cabazo de 10 pares de Pés.

Entre os estudosos hai coincidencia xeral en subliñar a harmonía dos cabazos coa paisaxe. Mesmo, Xosé María Lema ten manifestado que: “A simple presenza dun cabazo fainos recoñecer unha paisaxe rural galega”.
Cabazos en Boallo e Romar, os máis longos da parroquia, de dez pares de pés. Son os dous da variedade soneira e nos que se poden apreciar diversas solucións construtivas.

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofEIRA do CENTINELA Photo ofEIRA do CENTINELA Photo ofEIRA do CENTINELA

EIRA do CENTINELA



EIRA, CABAZO E FORNO

MOA DE MOER,
muíño circular de man da casa do Centinela en Boallo

E falando de muíños, non queremos deixar de mencionar ós máis primitivos e antigos dos que se ten coñecemento, tales coma, entre outros, OS MUÍÑOS CIRCULARES DE MAN, ós que os veciños chaman “AS MOAS DE MOER”. Precisamente, nos lugares de Santa Cristiña, A Bouza, Boallo e Petón aínda se conservan un total de 6 exemplares deste tipo.





PictographMonument Altitude 712 ft
Photo ofLacenas de Fernanda Photo ofLacenas de Fernanda

Lacenas de Fernanda



FACHADA
Parte interior dunha Lacena de abellas / Parte Exterior dunha Lacena de abellas

Poder achegarmos, con mirada atenta e curiosa, ás lacenas das abellas, esas vellas “tatuaxes” que aínda perviven nas paredes de moitas das nosas arquitecturas rurais, foi toda unha aprendizaxe. AS LACENAS das abellas veñen ser unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter a man a posibilidade de satisfaceren as súas necesidades de mel e cera.

Cando os canteiros costruían as casas-vivenda, e ou outras construcións complementarias da casa coma as cortes, as cabanas, os cabaneis...etc. adoitaban construír tamén nos seu muros uns compartimentos, uns habitáculos para as abellas. Pola súa parte interior viñan ser uns ocos cuadrangulares de ata uns 60 cm de alto, entre 40 cm e 50 cm de ancho, e de fondo o que permitía o grosor da propia parede.

A base do habitáculo, por dentro, vén ser a soleira, unha lousa que adoita sobresair ó exterior como unha repisa ou pousadoiro para as abellas. Nos laterais do interior van dúas lousas que, nalgúns casos, sobresaen polo exterior como abeiros, abrigos coa función de tornachuvias e ou torrnaventos.
O oco remata pola parte superior coa tapa, outra lousa que adoita sobresair cara ó exterior coma un topete ou pestaniña coa función tamén de tornachuvias.Finalmente, todo o compartimento queda pechado polo exterior cunha lousa frontal vertical que ten na súa base a piqueira, nalgún caso màis de unha, pequeno buratiño para a entrada e saída das abellas.
Unha vez rematada xa a lacena, esta adoitaba pecharse pola parte interior cunha tampa de madeira, precintada con bosta de vaca polo bordes, e que non se abría ata o momento de facer a castra das abellas: coa retirada da parte dos panais de mel e cera que correspondían

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofCASA da GANDARA Photo ofCASA da GANDARA

CASA da GANDARA



EIRA e CABAZO de 9 PARES DE PES

Para os estudosos, o cabazo, que está plena e fermosamente integrado na nosa paisaxe, é a construción complementaria máis coñecida e emblemática da casa-vivenda. Un graneiro especializado, perfectamente deseñado para conservar o millo, secalo e gardalo.
Na parroquia localizáronse 99 cabazos, case na súa totalidade de pedra de granito e sobre pés (só hai cinco de ladrillo, e non chega a unha ducia aqueles carentes de pés, entre os que se inclúen o pequeno grupo singular dos cabazos “sen elevación”, coa cámara a rentes do chan).
Integrados na Terra de Soneira e na Costa da Morte, máis do 85% dos cabazos de Berdoias son do tipo ARCO FISTERRÁN, ou tamén denominados do tipo ATÁNTICO ou FISTERRÁN, e que se caracterizan por:
• Seren unhas construcións integramente de pedra (agás portas e teitos).
• Posuíren unhas cámaras de planta rectangular, estreitas, máis ou menos longas e asentadas sobre un número indeterminado de parellas de pés de formas diversas, e coroados estes con cadansúa capa ou tornarratos de forma circular.
• E teren as doelas (bloques de pedra que conforman as paredes) e as físgoas (ventos) das cámaras dispostas horizontalmente polos catro lados: nos costais ou lados longos, e nos penais ou lados estreitos.
A gran maioría destes cabazos do tipo arco fisterrán de Berdoias pertencen ás variedades «rústica» e, sobre todo, á «soneira». Tan só hai unha moi pequena porcentaxe dos de cantaría (variedade «carnota»), e doutras.
Os cabazos da variedade RÚSTICA, posiblemente dos máis vellos, construídos de forma ruda:
• Teñen uns pés grosos, algo redondeados, ás veces simples postes, moi pouco desbastados, asentados directamente no chan ou sobre repisas pouco elevadas; con capas de forma máis ou menos planas e máis ou menos circulares;
• Posúen cámaras moi bastas, sostidas por laxes que van de capa a capa (chamadas «pontes»nos lados costais e «testas» nos lados penais), sobre as que se van superpoñendo cachotes irregulares de pedra moi pouco labrados, e sendo os ventos os buratos resultantes da superposición desas pedras.
• Non adoitan levar pinches ou son moi elementais, nin adoitan rematar con lampións ornamentais.

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofEira, Lacenas e cabazo do Farruquiño Photo ofEira, Lacenas e cabazo do Farruquiño Photo ofEira, Lacenas e cabazo do Farruquiño

Eira, Lacenas e cabazo do Farruquiño



A EIRA DO FARRUQUIÑO, un espazo arquitectónico rehabilitado, formando un todo: fisicamente unida á casa –vivenda, ó cabanel e á cabana, caso diferente da maioría das eiras da parroquia, que adoitan ubicarse preto das casas pero en espazos separados e independentes delas.
Esta eira do Farruquiño, de pequenas dimensións, ten o chan enlousado e cun bordo sólido de cachotería de 1,20 m de altura.
Moi pretiño dela, algo moi habitual nestes casos, a compañía de vellos cabazos atlánticos ou fisterráns.

CABAZO de 10 PARES de PES

LACENAS das ABELLAS
lacena de abellas, na cabana da casa do Farruquiño





PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofCASA e FORNO da SONIA Photo ofCASA e FORNO da SONIA Photo ofCASA e FORNO da SONIA

CASA e FORNO da SONIA



CABAZOS
Pequeno cabazo en Boallo, do tipo Arco Fisterrán, variedade soneira

Cabazo novo do tipo de arco fisterrán, da variedade soneira
Os cabazos novos da variedade SONEIRA xa teñen, a maior parte, pés troncónicos máis longos, máis estlizados e esveltos; con tornarratos e con capas tamén troncocónicas e delgadas. A cámara ten aspecto hermético, de doelas de diferentes tamaños e superpostas, sen apenas facerse desbastes entre as unhas e as outras para a aireación

FORNO. Bombo exterior



PictographRuins Altitude 721 ft
Photo ofPombal da Sonia Photo ofPombal da Sonia

Pombal da Sonia



Construcións adaptada o terreo empinado, cercano á casa-vivenda.
Son estes pombais, como acontece na maioría, dous corpos cilíndricos, de base circular, e con portas de pequenas dimensións. No pombal de Boallo a medida do seu diámetro interior-4,23 m- coinciden coa altura dos seus muros.
En ambos os dous, os muros son de cachotería, e estaban revocados polo exterior con barro caleado, mellor conservados, neste aspecto, os do de Boallo. O hermetismo dos pombais tan só se rompe cunha porta de reducidas dimensións e cos ocos, de entrada e saída das pombas ubicados enriba do beiril no que rematan os muros.
No interior conservan o conxunto contínuo de nichos de pedra para aniñar as pombas, e tan só no de Boallo conserva unha mesa central rectagular onde se depositaba a comida das pombas.
Interior, nichos do pombal de Boallo.

PictographFountain Altitude 706 ft
Photo ofFonte e lavadoiro de Boallo Photo ofFonte e lavadoiro de Boallo Photo ofFonte e lavadoiro de Boallo

Fonte e lavadoiro de Boallo



- A Fonte e Lavadoiro no lugar de Boallo, a carón da estrada Berdoias- Muxía, pola súa marxe esquerda. Enteiramente de pedra, é unha fonte de cano, restaurada hai uns 40 anos. O picho verte a súa auga nun pequeno estanque que a suministra ao lavadoiro, o recipiente rectangular rodeado de lousas inclinadas para lavar. A auga resultante era utilizada para a rega dos herbales de cada veciño, segundo os turnos acordados.

https://www.quepasanacosta.gal/media/quepasanacosta/images/2020/11/14//2020111409281628352.jpg









Photo ofCruceiro de Suxo Photo ofCruceiro de Suxo

Cruceiro de Suxo



Foto de Cruceiro de Suxo
Foto de Cruceiro de Suxo

Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=47265/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular moldurado e cunhas figuras a modo de greca de dentes. A súa cruz é cuadrangular e polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita sen coroa e cun pergamiño coas siglas “INRI”. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun bo estado a regular de conservación.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47265)

Photo ofCRUCEIRO da CAPELA do PILAR Photo ofCRUCEIRO da CAPELA do PILAR

CRUCEIRO da CAPELA do PILAR



Cruceiro da Capela do Pilar

Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=47258/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O varal é cadrado achafranado que leva un capitel cuadrangular moldurado con cabezas de anxos con ás. A súa cruz é cuadrangular, estando rota polo brazo dereito mirando cara o reverso. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara adiante e á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas “INRI”. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados. O cruceiro é todo de formigón cun bo estado a regular de conservación.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47258)

Photo ofCapela do Pilar Photo ofCapela do Pilar

Capela do Pilar



Inclúe cruceiro. http://patrimoniogalego.net/index.php/49754/2013/09/capela-do-pilar/
Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=49754/#respond
Descricion:
Igrexa dunha soa nave, con dúas xanelas rectangulares cos muros caleados pola cara norte. O teito esta cuberto a dúas augas con tella curva do país. A fachada pricipal e moi sinxela, cun esquema pentagonal. Nela destaca a porta rectangular que sobresae lixeiramente do plano da fachada. Na doela central da porta ten unha cruz patada, en relevo. Nun perpiaño superior ten gravada a data de construcción da igrexa: 1913. Máis arriba, ábrese unha xanela rectangular e rompendo o vértice do pincho, un pequeno corpo rectangular que serve de base á espadana. Esta posúe dous corpos, un inferior con dous arcos de medio punto apoiados sobre piares que acollen ás campás, coroado cun friso sinxelo onde se apoian os remates do corpo superior que están formados por tres acroterios: Un central con bóla e coroado cunha cruz de pedra e flanqueado por dous piramidais.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=49754)

Photo ofCruceiro de Castelo Photo ofCruceiro de Castelo

Cruceiro de Castelo



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=24893/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cadrangular de tres chanzos e pedestal cadrangular rematado cunha roda moldurada, ademais ten unha caveira coas tibias en X. O varal é octogonal disminuíndo cara o capitel cilíndrico decorado con diversas caras de anxos. A súa cruz é cadrangular cos brazos achafranados e rematados con frores. No remate esquerdo está rota a flor. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela copas siglas INRI. O pano de pureza teno anoado á dereita. Polo reverso fica a Inmaculada cos dedos das mans entrelazados. Ten á lúa ós seus pés sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=24893)

Photo ofPeto de Animas de san Isidro

Peto de Animas de san Isidro



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=47189/#respond
Descricion:
PPeto de ánimas situado no muro norte da capela de San Isidro, formado por unha base rectangular de bos perpiaños. Dous perpiaños a cada lado da base formando a fornela tapada por un bloque piramidal con molduras e coroada por unha cruz cuadrangular e cos brazos en chafráns. Dentro da fornela, unha pedra cunhas imaxes de tres ánimas. Todo o conxunto está feito de granito cun moi bo estado de conservación.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47189)

Photo ofCapela de San Isidro Photo ofCapela de San Isidro

Capela de San Isidro



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=47178/#respond
Descricion:
Capela de planta basilical cunha soa nave, e unha capela maior de reducidas dimensións, con teito a dúas augas de tella curva do país. A nave ten unha porta lateral polo muro norte e outra entrada pola sancristía polo muro sur. Nos muros laterais tan son ten unha xanela cadrada no muro sur da sancristía o carón da porta lateral. No eixo da fachada, de traza pentagonal, de abaixo arriba temos a portada principal, con porta alintelada situada a cinco chanzos do chan e cun pasamáns a cada lado das escaleiras, todo de granito, cunha imaxe dun anxo con ás e unha cruz na parte superior onde ten inscrito na pedra o ano da igrexa flanqueando a dita imaxe, “1927”. Máis arriba hai unha xanela rectangular que da luz ó interior do templo e, todo este conxunto vese rematado por un pequeno corpo rectangular que serve de base á espadana dun corpo. Esta está formada por dous arcos de medio punto sobre piares que acollen a dúas campás. Este conxunto está coroado por dous acroterios piramidais ós lados e un acroterio coroado cunha cruz de sección octogonal de pedra no centro.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47178)

Photo ofCruceiro da praza de Quintans Photo ofCruceiro da praza de Quintans

Cruceiro da praza de Quintans



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=47110/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O pedestal polo lado do seu anverso ten unha inscrición coa súa data: “1930”. O varal é octogonal rematando en cadrado e leva un capitel cúbico con volutas, cunchas e cabezas de anxo con ás. A cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e con remates florenzados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda, lado onde semella haber unha imaxe esculpida en baixorrelevo. Polo reverso da cruz fica a Piedade co Cristo en brazos. O cruceiro é todo de granito cun estado regular a malo de conservación.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=47110)

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofHorreo de San Martiño de Ozon

Horreo de San Martiño de Ozon



Catalogouno elixiovieites (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/elixiovieites)
http://patrimoniogalego.net/?p=24588/#respond
Descricion:
O hórreo forma parte do conxunto do Mosteiro de San Martiño de Ozón e a súa reitoral. Esta datado no século XVIII e está dentro dos máis longos de Galicia. A cámara está soportada por 22 pares de pés cadrados, que conforman 21 vans, todos eles con tornarratos circulares . A cámara é de sillería, con físgoas entre as fiadas para facer posible a aireación. Ten tellado a dúas augas con cuberta de tella curva e remata con pináculos nas sobrepenas.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=24588)

Photo ofCruceiro de San Martiño de Ozon III

Cruceiro de San Martiño de Ozon III



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96517/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo “De Cruz” enriba dunha soleira de pedra, sen plataforma e cun pedestal circular. O varal é cuadrado con chafráns soportando un capitel cuadrangular. A súa cruz é cuadrangular cun círculo no medio e cunha inscrición en forma de cruz; dentro do círculo, polos dous lados que di: “PP. PASIONISTAS 1958”. O cruceiro é unha mistura de granito e formigón, sendo desta última, o capitel a a súa cruz, tendo un estado bo a regular de conservación. .
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96517)

Photo ofCruceiro de San Martiño de Ozon II

Cruceiro de San Martiño de Ozon II



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96514/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo “De Cruz”con plataforma cuadrangular de catro chanzos situado sobre unha soleira de pedra e pedestal cuadrangular. Ten un varal octogonal que comeza en cadrado cos paramentos recadrados e remata en circular para encaixar no capitel cuadrangular moldurado e con astrágalo circular. A súa cruz é octogonal con remates florenzados e botón central. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96514)

Photo ofMosteiro de San Martiño de Ozon Photo ofMosteiro de San Martiño de Ozon

Mosteiro de San Martiño de Ozon



Catalogouno EvaFdez (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/evafdez) o
http://patrimoniogalego.net/?p=90750/#respond
Tradicion oral: As referencias ao mosteiro de Moraime son continuas; as crenzas populares falan de pasadizos que unían ambos lugares. Tamén se considera que en Ozón convivían monxes pobres, á sombra das riquezas das que gozaban os monxes veciños.

Descricion:
O conxunto orixinal correspondería a unha distribución anular anexa ó muro sur da igrexa, do cal desapareciu a banda sur que encerraba o claustro. Posteriormente execútase un novo volume alongando á banda leste no ano 1706, e máis tarde no ano 1772 amplíase cunha nova nave. Estas novas construcións corresponden á arquitectura etnográfica. Aprécianse uns canzorros, propios da sala capitular existente no pavillón do ano 1706, constituíndo parte dun balcón-solario. No interior, a popular cociña de lareira con lavadoiro consérvase en óptimas condicións. Resulta chamativo baixo a mesma atopar un amplio arco de medio punto soterrado, que é mostra do gran recheo de entullo e terras sobre o claustro.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=90750)
Historia recente do ben: Tralas obras levadas a cabo durante 1964-1974 para adaptar a nave de 1706 como reitoral, o conxunto sumiuse no abandono e ruína ata a incursión dunha cooperativa sen ánimo de lucro que actualmente leva a cabo o mantemento e coidado dos vestixios do antigo mosteiro.

Photo ofCruceiro de San Martiño de Ozon I Photo ofCruceiro de San Martiño de Ozon I

Cruceiro de San Martiño de Ozon I



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96503/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular. O varal é octogonal comezando en cadrado cos paramentos recadrados. Ten un capitel cuadrangular moldurado que soporta unha cruz cuadrangular cos brazos en mediacana e con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé esquerdo sobre o dereito. Inclina a cabeza cara adiante cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Inmaculada, coroada e coas mans xuntas, coa lúa ós seus pés sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é unha mistura de granito e formigón, sendo desta última, o pedestal e o varal. Ten un estado regular a malo debido a erosión das imaxes.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96503)

Photo ofIgrexa de San Martiño de Ozon Photo ofIgrexa de San Martiño de Ozon

Igrexa de San Martiño de Ozon



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=12399/#respond
Descricion:
Na súa orixe, a Igrexa de San Martiño de Ozón era prerrománica. Máis tarde, en época románica, transformouse, engadíndoselle unha tripla ábsida semicircular. Actualmente só se conservan a central e a lateral da parte sur. Pertenceu ó antigo Mosteiro de Santa María de Ozón. A ábsida central accédese mediante un arco triunfal de medio punto que se apoia sobre columnas. Este espazo cóbrese cunha bóveda de canón. A ábsida do lateral sur, tamén de estilo románico, é de menor dimensión. A terceira ábsida, hoxe desaparecida, foi substituída, no ano 1708, por unha construción rectangular, alterando deste xeito a perfecta simetría compositiva da cabeceira tripartita. En época barroca reformouse o interior ó derruba-lo muro sur para amplia-la nave. Apégase tamén unha torre de planta cadrada, de ruda estrutura, na que destaca o corpo de campás con dous arcos de medio punto, apoiados en pilastras, e un remate cóncavo coroado por tres pináculos piramidais rematados en bóla. Este corpo presenta volutas nos seus estremos. Da primitiva fábrica románica conserva un van na ábsida central formado por un arco de medio punto con decoración xeométrica e apoiado sobre columnas con capiteis vexetais de follas de acanto e bólas. Os canzorros que soportan as cornixas das ábsidas son outro elemento escultórico a destacar.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=12399)

Photo ofCruceiro do cemiterio de San Martiño de Ozon

Cruceiro do cemiterio de San Martiño de Ozon



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96525/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo “De Cruz” sen Plataforma nen pedestal. O varal e a cruz está feito todo dunha peza diferenciándose no grosor do varal que é cuadrangular. Os brazos da cruz semellan a unha cruz de patada porque parecen máis anchas nos estremos que no centro. Ten acaroada unha mesa-altar ó pé do varal.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96525)

Photo ofCruceiro de San Martiño de Ozon IV

Cruceiro de San Martiño de Ozon IV



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96520/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular rematado cun cuarto bocel inverso. O varal é octogonal comenzando en cadrado cos paramentos recadrados e rematando tamén en cadrado. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso, ademais ten, volutas, follas de bordes lobulados e querubíns. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito e sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96520)

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofCabazos de Muiños Photo ofCabazos de Muiños Photo ofCabazos de Muiños

Cabazos de Muiños

https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipOZhlYNYi1kveUOWGROxQd81tmAFOlINl2gxQBM=h1440 https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipNdccvFOEHXOPeqfKZcaa0nC2QPIKbNlbV9vCB-=w1440-h1440-pd https://lh5.googleusercontent.com/p/AF1QipNbe1EpqiGwRQGA9KrrX0NjooTy5OcbDlPo65ux=h1440

Photo ofCruceiro de San Xiao de Moraime II Photo ofCruceiro de San Xiao de Moraime II

Cruceiro de San Xiao de Moraime II



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96247/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular. O varal é octogonal comezando en cadrado que soporta un capitel cilíndrico. A súa cruz está rota amosando no seu anverso a Cristo Crucificado da cintura para abaixo. Ollamos o pé dereito sobre o esquerdo e na súa orixe, Cristo debía estar con tres cravos. Polo anverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar. O cruceiro é todo de granito cun estado malo de conservación.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96247)

Photo ofCruceiro de San Xiao de Moraime I

Cruceiro de San Xiao de Moraime I



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96238/#respond
Descricion:
Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular e cunha mesa exenta. Ten un varal octogonal comezando en cadrado e cos paramentos recadrados. O seu capitel é cúbico que soporta unha cruz cuadrangular con remates en punta de diamante. O cruceiro é todo de granito agás a súa cruz que é de formigón cun estado de conservación de regular a malo.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96238)

Photo ofIgrexa de Moraime Photo ofIgrexa de Moraime

Igrexa de Moraime



http://patrimoniogalego.net/index.php/2694/2011/07/igreja-de-moraime/#respond (http://patrimoniogalego.net/index.php/2694/2011/07/igreja-de-moraime/#respond )
Catalogouno Ulmo de Arxila (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/ulmo-de-arxila) o
http://patrimoniogalego.net/?p=2694/#respond
Descricion:
A igreja románica de Sam Jiám de Moraime foi construída no século XII e integrava-se no mosteiro beneditino do mesmo nome. O mosteiro dos santos Jiám e Basilissa de Moraime foi fundado no século XI e sofreu o ataque dos piratas normandos, trás o qual foi reformado graças à intervençom de Pedro Froiaz de Trava em 1105. Foi no século XII quando se ergueu o templo actual com um novo mosteiro. A sua construçom foi possível mercê à protecçom do rei Afonso VII, que estivera refugiado no mosteiro quando criança durante as luitas entre os seus partidários e os de sua mae, a rainha Orraca. A decadência do cenóbio começou no século XIV, devido sobretodo às agressons por parte da pequena aristocracia da comarca, e, trás depender do mosteiro de Sam Martinho Pinário, os Reis Católicos integrárom-no no Real Monasterio de San Benito de Valladolid. Manuel Chamoso Lamas dirigiu excavaçons na vertente sul da igreja em 1972 e descobriu restos de um povoado romano e vários enterramentos.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=2694)

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofFonte romana de Moraime Photo ofFonte romana de Moraime

Fonte romana de Moraime



Catalogouno XABIER MOURE (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xabier-moure)
http://patrimoniogalego.net/?p=59088/#respond
Descricion:
Descuberta nas escavacións de 1972, atópase totalmente abandonada nunha finca que linda co adro da igrexa mosteiral, a pesares de tratarse dun dos tres exemplares, como ben di o historiador e arquiveiro Pablo Sanmartín, que se coñecen en todo o mundo. Pertence á tipoloxía denominada “meta sudans”, ou fonte de elevación, como a de Roma, xa desaparecida e que lle deu nome ás outras, ou a da cidade romana de Djemila, en Arxelia, que é Patrimonio da Humanidade. Este tipo de fonte tiña unha dobre concepción, tanto funcional como decorativa. Constaba dunha base pétrea circular, duns dous metros de diámetro, tiña estanque pechado e un elemento superior de carácter decorativo. Xunto os restos da fonte está parte da canalización.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=59088)

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofPombal da reitoral de Moraime

Pombal da reitoral de Moraime



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96273/#respond
Descricion:
É un exemplo dos típicos pombais galegos, de planta circular e corpo cilíndrico, realizado con pezas de cachotería encintadas. Unha única porta serve de acceso ó mesmo, onde se dispoñen, arredor dos muros, os pombeiros ou nichos para que as aves poidan aniñar, e para a entrada das pombas situáronse preto da cima uns buratiños cadrados baixo o beirado, dispoñéndose baixo os mesmos, en todo o perímetro, un beiril de pedra para que as pombas se poidan pousar. A cuberta é cónica, con tella curva do país, situándose no cumio un fermoso pináculo piramidal.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96273)

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofCabazo da reitoral de Moraime

Cabazo da reitoral de Moraime



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96370/#respond
Descricion:
Cabazo que poderíamos encadrar dentro dunha transición do estilo Costa da Morte ao Noia. Os perpiaños da cámara non deixan de ser aínda irregulares pero amosan un patrón de ringleira para a ventilación. Acabado con maior detalle que o tipo Costa da Morte, pero moi basto no acabado dos penais e sobrepenas. Fáltanlle os turulecos; a cruz e o falo. Apoia a cámara en 8 pés troncocónicos con tornarratos de forma cilíndrica onde apoian os linteis da cámara e sobre unha soleira irregular de cachotería. A cuberta é a dúas augas con tella curva do país.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofFonte lavadoiro de Moraime

Fonte lavadoiro de Moraime



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96278/#respond
Descricion:
Lavadoiro de planta rectangular construída en cadeirado granítico con dúas follas para as labores da roupa e cinguido dun banco corrido e un muro de pedra que pecha o recinto. Accédese a este espazo mediante unha escaleira tamén de pedra. Nunha das esquinas hai unha fonte encostada entre o muro de contención do espazo que cingue o lavadoiro. Consta dunha fronte de cachote de granito cun cano que deita sobre unha pía de pedra. Enriba do cano e no centro da fronte, hai un perpiaño cadrado cunha inscrición que pon: ANO 86. Na parte superior remata cun frontón triangular rematado nunha cornixa a modo de tellado..
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96278)

Photo ofCruceiro da Praia da Cruz Photo ofCruceiro da Praia da Cruz

Cruceiro da Praia da Cruz



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=48753/#respond

Descricion:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos sen pedestal e cun varal octogonal. Ten un capitel cuadrangular cos brazos en mediacana e remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita e ten unha cartela coas siglas “INRI”. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados. O cruceiro é todo de granito estando moi erosionado polo que ten un estado de conservación malo.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=48753)

Photo ofCruceiro da Encarnación Photo ofCruceiro da Encarnación

Cruceiro da Encarnación





Photo ofRestos da antiga capela da Encarnacion

Restos da antiga capela da Encarnacion



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=96375/#respond
Descricion:
Restos da antiga capela da Encarnacion de Muxia, de forma cadrada, cuberta a catro augas e porta de arco semicircular que foi fundada no seculo XVI por D. Alonso Garcia. Segundo as testemunhas, foi destruida nos anos 70 do seculo XX para construir os nichos do camposanto que hoxe vemos O caron dos restos, no lugar da antiga capela. Tratase dos alicerces dos muros da fachada oeste da capela e que hoxe estan apoiados directamente na rocha natural. Os restos murarios foron recrecidos para a sua posta en valor en febreiro do 2015.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96375)

Photo ofIgrexa de Santa Maria de Muxia Photo ofIgrexa de Santa Maria de Muxia

Igrexa de Santa Maria de Muxia



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=48993/#respond
Descricion:
Situado na ladeira do Monte Corpiño sobre un terreo rochoso, este templo ten planta basilical cunha soa nave, con capela maior rectangular cuberta con bóveda de canón lixeiramente apuntada e soportada por tres arcos faixóns que descansan sobre semicolumnas apegadas. A comunicación entre a ábsida e a nave realízase mediante un arco triunfal apuntado que descansa tamén sobre semicolumnas apegadas con capiteis decorados. A nave central cóbrese cunha teitume de madeira e tellado a dúas augas. Está dividida en tres tramos mediante arcos apuntados que descansan en feixes de columnas apegadas ós muros laterais con capiteis historiados. A fachada principal, no camiño que conduce ó Santuario da Barca, está formado por un arco apuntado cunha arquivolta que posúe unha moldura semicircular convexa o toro, rodeada por cabezas de cravos; apóiase sobre dúas columnas acobadadas que teñen como base dous capiteis romanos reutilizados. O tímpano é liso e está sostido por mochetas esculpidas, unha das cales semella a figura dun frade. No muro aparece unha capela de estilo gótico datada a finais do século XIV, con acceso dende o interior da nave. Esta capela, chamada do Rosario, presenta unha forma rectangular e cóbrese cunha bóveda cupuliforme de crucería apoiada en arcos diagonais que descansan en ménsulas figuradas. Na parte sur e no testeiro da igrexa destacan os contrafortes que reforzan os muros. Este templo pertence ó arciprestado de Nemancos e á diocese de Santiago. Crese que foi levantado sobre un edificio anterior prerrománico e que no ano 1203 foi doado coas súas pertenzas ó mosteiro cisterciense de Carracedo, no Bierzo.

Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=48993)

Photo ofCruceiro de Santa Maria de Muxia Photo ofCruceiro de Santa Maria de Muxia

Cruceiro de Santa Maria de Muxia



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano)
http://patrimoniogalego.net/?p=49002/#respond

Descricion:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo”, estando asentado na parede dunha rocha do adro e semellando ser uns restos doutro. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo tamén cuadrangular e liso, co ábaco de lados curvos e vértices agudos. Ten ademais volutas, cunchas e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e sinalando co índice da man dereita. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun estado malo de conservación. Está moi erosionado.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=49002)

Photo ofCruceiro do santuario da Virxe da Barca

Cruceiro do santuario da Virxe da Barca



Catalogouno Xose Troiano (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/xose-troiano

http://patrimoniogalego.net/?p=96381/#respond

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular moi moldurado cunha gran escocia. Un dos chanzos quedou soterrada polo novo chan feito fai poucos anos. O varal é octogonal comezando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular moldurado que soporta unha cruz cuadrangular cos brazos en chafrán. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=96381) http://patrimoniogalego.net/index.php/96381/2017/10/cruceiro-do-santuario-da-virxe-da-barca/#respond

Photo ofSANTUARIO DA VIRXEN DA BARCA Photo ofSANTUARIO DA VIRXEN DA BARCA

SANTUARIO DA VIRXEN DA BARCA



http://www.concellomuxia.com/
Catalogouno Manuel Rial (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/manuel-rial) o 09-09-2011
Outra denominación: Nosa Señora da Barca, Pedra de Abalar, Pedra dos Cadris, Pedra do Temonn
Rating: 4.67/5 (3 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=4693/#respond))
Tradicion oral:
- PEDRA DA BARCA (A DE ABALAR) A barca propiamente dita, ten propiedades adiviñatorias. Se abala soa ao presaxio de naufraxios ou desgracias. Tamen ten propiedades propiciatorias, porque se os romeiros conseguen movela e sinal de boa disposicion da Virxe. Incluso se un e puro de corazon non conseguira abalala el so. Finalmente, posue propiedades fecundativas, pois o romeiro que quixera ter fillos deberala bailar o seu redor para pregar pola descendencia.
- PEDRA DA VELA (A DOS CADRIS) Chamada a pedra dos cadris, porque hai que anicarse para pasar por baixo dela e porque che cura a dor de cadris, a dor renal. O ritual consiste en pasar polo oco natural que hai debaixo da pedra. O numero de veces son sete, o numero maxico. E como di Laredo Verdejo: "Coma noutras pedras de culto, estamos diante dun rito de paso, dun renacemento espiritual e fisico que se logra o atravesar esas portas simbolicas."

Descricion:
O pagan e o sagrado mesturanse nesta punta da Costa da Morte. As primeiras noticias sobre o santuario datan do seculo XV, pero a adoracion a estas pedras debe vir de moito antes. Unha lenda ancestral cristianizada como tantas outras. A tradicion conta que a Virxe chegou a estas costas para confortar a Santiago na sua predicacion. Disque chegou navegando nunha barca de pedra gobernada por dous anxos, e ali na beiramar quedaron ata hoxe. Mais esta non e a unica barca de pedra na que chegan santos. Santiago o de Compostela ou San Andres o de Teixido tamen arribaron en estrañas embarcacions petreas. Pero mesmo en Irlanda, Cornualles, Bretaña, Gales ou Escocia en todalas fisterras atlanticas os santos viaxan en barcos de pedra. Asi o conta Xose Luis Laredo Verdejo: "Como noutros moitos outros lugares, tamen en Muxia e doado adiviñar a cristianizacion dun culto antigo. A situacion do santuario nun cabo orientado a poente, nun dos moitos posibles Fins do mundo de Galicia, e o grande protagonismo acadado aqui por un barco de pedra, podenos levar a deducir antigas crenzas relacionadas coa viaxe a illa do Paraiso, con ese Mais Ala de onde veñen os santos que navegan sobre pedras sucando o Atlantico." Ata este punto chegan peregrinos, romeiros e devotos para cumprir coas tradicions das tres pedras, que contarei no apartado de tradicion oral. Aqui limitareime a describilas, para que saiba o que as visite cal e cada unha.
PEDRA DE ABALAR: E unha grande laxe de granito de so 30 cm de grosor e uns 9 m de longo por 7 m de ancho. Tratase dunha pedra oscilante con propiedades adivinatorias, como tantas como habia por Galicia (case medio cento).
PEDRA DOS CADRIS Seria a vela da barca. Tratase dunha pedra cunha forma bastante singular que esta furada cun oco.
PEDRA DO TEMON Esta pedra atópase actualmente fendida. Semella un temón de espadiña, os utilizados nas antigas embarcacións nórdicas. Como di Laredo, “Este detalle pódenos permitir datar a orixe do culto como anterior ó século XIII, época na que se xeneralizou o temón de codaste.”
Finalmente, respecto ó santuario; os primeiros escritos datan dos séculos XIV e XV, concretamente do 1544, onde nos falan dunha pequena capela dedicada á Virxe da Barca. No século XVII, debido ós misteriosos milagres que lles contaban os devotos, o templo logrou o seu máximo apoxeo. Por iso, no 1719 construíuse a actual igrexa, gracias ás donacións dos Duques de Maceda, señores das Torres de Cereixo. O santuario é de pranta de cruz latina, dunha soa nave, de estilo barroco. Uns arcos faixóns sosteñen a bóveda que cobre a parte da nave. Na parte central, cúbrese con bóvedas de arestas. As torres da fachada son posteriores, do século pasado, no 1958.
No interior, atopamos a imaxe gótica da Virxe da Barca,

Comments

    You can or this trail