Activity

Xacebáns ao Outeiro de Pena Gache (Penagache). Quintela de Leirado

Download

Trail photos

Photo ofXacebáns ao Outeiro de Pena Gache (Penagache). Quintela de Leirado Photo ofXacebáns ao Outeiro de Pena Gache (Penagache). Quintela de Leirado Photo ofXacebáns ao Outeiro de Pena Gache (Penagache). Quintela de Leirado

Author

Trail stats

Distance
11.79 mi
Elevation gain
2,323 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,323 ft
Max elevation
4,051 ft
TrailRank 
51
Min elevation
1,891 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 54 minutes
Time
6 hours 3 minutes
Coordinates
3294
Uploaded
September 17, 2021
Recorded
September 2021
Share

near Jacébanes, Galicia (España)

Viewed 306 times, downloaded 4 times

Trail photos

Photo ofXacebáns ao Outeiro de Pena Gache (Penagache). Quintela de Leirado Photo ofXacebáns ao Outeiro de Pena Gache (Penagache). Quintela de Leirado Photo ofXacebáns ao Outeiro de Pena Gache (Penagache). Quintela de Leirado

Itinerary description

Ruta moi recomendable nun entorno ben fermoso. Feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/roteiro-de-penagache-3320825#comment_2208150 aínda que con modificación, como logo comento.
Comeza na aldea de Xacebáns, na que podemos atopar o contraste entre fermosos elementos arquitectónicos tradicionais e outros "modernos". Na praza hai lugar onde estacionar. Xa dende aquí podemos seguir os abundantes indicadores da ruta que sobe ao "Miradoiro", que non é outro que o curuto do Outeiro da Pena Gache ou Penagache, como simplificou a toponimia españolista. A subida é constante e regular dende o comezo. Descorre por unha pista limpa e consonte ascende vainos dando fermosas vistas dunha ampla contorna que pode chegar, seica, en días claros ata ver os tesos do Courel. No cume do Pena Gache hai unhas penas graníticas (coroadas pola inevitable e apropiadora cruz) onde tamén atoparemos o tópico "mellor banco" que, neste caso, parece merecer tal título. As vistas dende aquí son magníficas.
Voltando á pista de subida proseguimos en dirección ao Alto da Portela de Pau ata chegar ao marco 21 de fronteira, momento no que xiramos cara a esquerda a través do planalto. Aquí aínda podemos atopar un dos tantos túmulos funerarios, as mámoas ou motas, É doado atopar tamén gando solto coma as fermosas vacas cachenas.
Nesta ocasión, no tempo de comezar a baixada derramouse o tempo meteorolóxico, subindo a néboa e botándose a chover, polo que acurtamos o percorrido, quedando se poder contemplar as vistas dende o Coto do Castelo e demais. Outra vez será...
Parte desta variación vai por camiños non tan limpos pero transitables. Paulatinamente entramos en zona de touzas e camiño moi ben rozado ata chegar ao punto de comezo/fin.
Non é unha ruta difícil para quen estea afeit@ a camiñar por montaña. Ten un considerable desnivel pero sóbese de xeito progresivo. Bos camiños en xeral.
A parte alta é descuberta polo que hai que considerar a climatoloxía para transitala.

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,346 ft
Photo ofPraza. Xacebáns. Photo ofPraza. Xacebáns. Photo ofPraza. Xacebáns.

Praza. Xacebáns.

Di unha estrofa da Muiñeira de Xacebáns: Bangueses, campiños verdes; Mourisca pinta colores; Xacebáns, paniños finos, onde teño os meus amores.

PictographReligious site Altitude 2,129 ft
Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa

Igrexa

A carón da igrexa, debaixo dun corredor, unha cruz de estación dun Via Crucis.

PictographFountain Altitude 2,143 ft
Photo ofCruceiro. Fonte e lavadoiro. Cartaces de ruta. Photo ofCruceiro. Fonte e lavadoiro. Cartaces de ruta. Photo ofCruceiro. Fonte e lavadoiro. Cartaces de ruta.

Cruceiro. Fonte e lavadoiro. Cartaces de ruta.

PictographPhoto Altitude 2,408 ft
Photo ofMiradoiro ... Photo ofMiradoiro ... Photo ofMiradoiro ...

Miradoiro ...

O que ven sendo unha comedeira de cartos...

PictographPanorama Altitude 2,793 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographSummit Altitude 3,945 ft
Photo ofOuteiro do Pena Gache, ou alto do Penagache. Photo ofOuteiro do Pena Gache, ou alto do Penagache. Photo ofOuteiro do Pena Gache, ou alto do Penagache.

Outeiro do Pena Gache, ou alto do Penagache.

Panorámicas infindas...

PictographWaypoint Altitude 4,033 ft
Photo ofMarco 21 Photo ofMarco 21 Photo ofMarco 21

Marco 21

Photo ofMámoa Photo ofMámoa

Mámoa

PictographDoor Altitude 2,252 ft
Photo ofCancela gandeira. Photo ofCancela gandeira. Photo ofCancela gandeira.

Cancela gandeira.

Castelanizada!!

Comments

    You can or this trail