Activity

Xiro Pequeno dos Montes de Compostela

Download

Trail photos

Photo ofXiro Pequeno dos Montes de Compostela Photo ofXiro Pequeno dos Montes de Compostela Photo ofXiro Pequeno dos Montes de Compostela

Author

Trail stats

Distance
20.86 mi
Elevation gain
2,989 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,989 ft
Max elevation
1,496 ft
TrailRank 
66 4.8
Min elevation
525 ft
Trail type
Loop
Coordinates
1430
Uploaded
June 21, 2021
Recorded
June 2021
  • Rating

  •   4.8 4 Reviews

near Pardaces de Arriba, Galicia (España)

Viewed 2862 times, downloaded 220 times

Trail photos

Photo ofXiro Pequeno dos Montes de Compostela Photo ofXiro Pequeno dos Montes de Compostela Photo ofXiro Pequeno dos Montes de Compostela

Itinerary description

Un ano despois da última intervención no Monte do Viso, o Concello de Santiago abriu en xuño do 2021 a senda Xiro dos Montes de Compostela, que bordea a cidade unindo os montes urbanos para percorrelos a pé ou en bicicleta, achegando un alto valor ecolóxico e paisaxístico. A actuación enmárcase nas actividades do Obradoiro de emprego CREAS III.

O roteiro conforma un gran corredor de 34 quilómetros de lonxitude que rodea a cidade e comunica entre si os principais montes urbanos (Monte do Viso, Monte do Gozo, Monte de Deus, Monte Pedroso, Monte de Vidán, Monte de Conxo, Monte de Santas Mariñas e Monte Gaiás), poñéndoos á súa vez en relación co itinerario verde urbano e as restantes zonas verdes existentes: con outros parques e xardíns, cos carreiros rurais e forestais e cos diferentes Camiños de Santiago, creando unha gran senda verde que facilita a integración e o diálogo da cidade coa súa contorna natural.

O acondicionamento do Xiro dos Montes levouse a cabo dentro do obradoiro de emprego CREAS III, un programa de emprego-formación que se centra na aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional por parte de persoas desempregadas maiores de dezaoito anos. Consta dunha etapa formativa en alternancia coa práctica profesional, de 9 meses.

En toda a ruta leváronse a cabo labores de roza da vexetación de matogueira, apeo dalgún exemplar arbóreo, eliminación de especies exóticas invasoras nas marxes da intervención, retirada do material sobrante e traslado a punto limpo, mellora de pavimentos, regularización das superficies de xeito puntual con achega de xabre, execución dalgún punto de drenaxe con cachote ou con simple cuneta, e instalación de mobiliario e sinalización. Esta concretouse na colocación dun mapa xeral do percorrido en cada punto de inicio - fin etapa, cun módulo de descanso; na sinalización en cada cruzamento e balizado cada 50 metros de percorrido cun poste de PK cada 500 metros; e na sinalización de cada elemento de interese natural ou cultural. A actuación consistiu no trazado e delimitación dunha senda que une os montes urbanos da cidade:

Etapa 1: Monte do Viso - Monte do Gozo (4,7 km, 1h 50m)
Etapa 2: Monte do Gozo - Monte de Deus (6,7 km, 2h 5m)
Etapa 3: Monte de Deus - Monte Pedroso (5,3 km, 1h 51m)
Etapa 4: Monte Pedroso - Monte de Vidán (3,5 km, 1h)
Etapa 5: Monte de Vidán - Monte de Conxo (4,6 km, 1h 38m)
Etapa 6: Monte de Conxo - Monte de Santas Mariñas (3,6 km, 55m)
Etapa 7: Monte Santas Mariñas - Monte Gaiás (2,9 km, 50m)
Etapa 8: Monte Gaiás - Monte do Viso (2,5 km, 50m)

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,221 ft

1-Monte do Gozo (Altitude: 372 m.)

Roteiro 1: Monte Viso - Monte do Gozo

PictographWaypoint Altitude 1,103 ft

2-Monte de Deus (Altitude: 337 m.)

Roteiro 2: Monte do Gozo - Monte de Deus

PictographWaypoint Altitude 1,493 ft

3-Monte Pedroso (Altitude: 457 m.)

Roteiro 3: Monte de Deus - Monte Pedroso

PictographWaypoint Altitude 730 ft

4-Monte de Vidán (Altitude: 232 m.)

Roteiro 4: Monte de Vidán - Monte de Conxo

PictographWaypoint Altitude 786 ft

5-Monte de Conxo (Altitude: 240 m.)

Roteiro 5: Monte Vidán - Monte de Conxo

PictographWaypoint Altitude 854 ft

6-Monte de Santas Mariñas (Altitude: 265 m.)

Roteiro 6: Monte de Conxo - Monte de Santas Mariñas

PictographWaypoint Altitude 948 ft

7-Monte Gaiás (Altitude: 289 m.)

Roteiro 7: Monte Santas Mariñas - Monte Gaiás

PictographWaypoint Altitude 1,267 ft

8-Monte do Viso (Altitude: 395 m.)

Roteiro 8: Monte Gaiás - Monte do Viso

Comments  (7)

  • Photo of luzcostagarcia
    luzcostagarcia Aug 23, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Bien señalizada, salvo algunos puntos en Conxo y Gozo, pero que se salvan bien. Las mejores vistas de la ciudad

  • Photo of Aventuras en Galicia
    Aventuras en Galicia Oct 27, 2021

    Rutaza. Muy buen proyecto. Necesitamos más iniciativas de este tipo.

  • Photo of Enfgomi
    Enfgomi Nov 16, 2021

    I have followed this trail  View more

    Puntúo menos la facilidad para seguir las indicaciones porque a 16-11-2021 ya faltan bastantes postes o palos de indicaciones (sobre todo en la zona del monte Gaiás y monte Pedroso). Por lo cual es mejor llevar un GPS con la ruta cargada para evitar problemas.
    En cuanto a la ruta tiene bastantes partes de asfalto.

  • SecunStg Dec 27, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Excelente iniciativa para dar a coñecer os montes da contorna de Compostela.

  • Photo of Silvosa
    Silvosa Jul 13, 2022

    Moi bo proxecto crear esta ruta. Pena que xa haxa carteis tirados, o que nos fixo perdernos nun punto e desviarnos un bo tramo e que a partir do pedroso hai bastante asfalto. Para ir con cans non é moi recomendable por esta cuestión.

  • Photo of Runnercello
    Runnercello Nov 13, 2022

    No acceso ao Pedroso falta algunha marca ou está tapada. Tamén de Vidán o Conxo está algo confuso..Coido que falta xa algunha marca. Polo demáis formidable ideia.

  • Alejandro Pombo Jan 12, 2024

    Gran ruta pero señalización deficiente en un par de puntos antes do Monte do Gozo e do Pedroso, recomiendo echarle un ojo al mapa de vez en cuando para no desviarse. Esencial buen calzado por si está mojado.

You can or this trail