Activity

PR-G 112 Sendeiro de Pescadores río Miño - Tamuxe

Download

Trail photos

Photo ofPR-G 112 Sendeiro de Pescadores río Miño - Tamuxe Photo ofPR-G 112 Sendeiro de Pescadores río Miño - Tamuxe Photo ofPR-G 112 Sendeiro de Pescadores río Miño - Tamuxe

Author

Trail stats

Distance
4.46 mi
Elevation gain
69 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
69 ft
Max elevation
159 ft
TrailRank 
55
Min elevation
21 ft
Trail type
One Way
Moving time
one hour 34 minutes
Time
one hour 46 minutes
Coordinates
1279
Uploaded
June 29, 2022
Recorded
June 2022
Be the first to clap
Share

near Eiras, Galicia (España)

Viewed 421 times, downloaded 14 times

Trail photos

Photo ofPR-G 112 Sendeiro de Pescadores río Miño - Tamuxe Photo ofPR-G 112 Sendeiro de Pescadores río Miño - Tamuxe Photo ofPR-G 112 Sendeiro de Pescadores río Miño - Tamuxe

Itinerary description

PR-G 112 Sendeiro de Pescadores río Miño - Tamuxe

O Sendeiro de Pescadores Río Miño - Tamuxe é unha ruta homologada (PR-G 112) que comunica a praia das Eiras coa área de lecer das Aceñas. Trátase dun sendeiro sen desniveis que vai pola beira dos ríos Miño e Tamuxe, percorrendo zonas pertencentes á Rede Natura 2000 onde poder disfutar da flora e fauna de ribeira. Esta ruta pode ser realizada en familia, como actividade de senderismo ou con cadeira adaptada (Joëlette).

Ficha técnica

Lonxitude: 7'5 km
Percorrido: lineal
Dificultade: baixa
Duración aproximada: 2 horas
Punto de partida: Praia das Eiras

Descrición da ruta

O percorrido iníciase na praia das Eiras, un área de lecer pegada ao río Miño, e vai ata a área de lecer das Aceñas.

Esta ruta permite descubrir toda a riqueza natural, paisaxística, histórica e cultural relacionada co curso fluvial do río Miño e do Tamuxe. Os seus 7,5 km de lonxitude, dan acceso a bosques de ribeira, zonas de esteiro e xunqueira, espazos de interese ornitolóxico, pontes históricas, un serradoiro a vapor, muíños hidráulicos e varias áreas de recreo.

Nas distintas paradas hai paneis e balizas con información ambiental sobre a gran diversidade de especies de fauna e flora que hai nesta zona pertencente á Rede Natura 2000, pero tamén sobre os aspectos vinculados coa tradición pesqueira de especies como a lamprea, o sábalo e a anguía ou meixón, entre outras.

O percorrido, sen pendentes, inclúe zonas de sombra e varias áreas de recreo e descanso, o que a converte nunha opción especialmente cómoda para gozar en familia.

Ten en conta:

  • Esta ruta é apta para ser realizada en cadeira adaptada. O concello do Rosal conta cunha cadeira Joëlette a disposición de calquera persoa con mobilidade reducida que desexe realizar unha ruta adaptada polo concello.
  • Esta é unha ruta apta para todos os públicos e moi axeitada para realizar en familia. O traxecto carece de desniveis e pasa por diversas áreas de descanso.
  • O sendeiro trascurre por unha paraxe natural pertencente á Rede Natura 2000, unha rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade. Deixa o coche nas zonas habilitadas como aparcadoiro e lembra que non está permitido acceder con vehículo a motor ata a beira do río.
  • Lembra levar o teu lixo de volta contigo. Nas zonas de inicio e final da ruta, así como nas áreas de lecer que atopamos durante o percorrido hai colectores de reciclaxe onde poder depositar os refugallos.


Outros puntos de interese cercanos

View more external

Waypoints

Photo ofPraia das Eiras - Inicio do PR-G 112 Photo ofPraia das Eiras - Inicio do PR-G 112 Photo ofPraia das Eiras - Inicio do PR-G 112

Praia das Eiras - Inicio do PR-G 112

O comezo da ruta ten lugar na praia fluvial das Eiras, un lugar no que poder disfrutar dun día de lecer con vistas ao Miño e a Portugal.

Saíndo desde a praia fluvial das Eiras, a Senda dos Pescadores transcorre paralela ao río Miño baixo zonas de bosque autóctono e bosque de ribeira. A contorna do rego de San Miguel e ás vistas ás illas salvaxes situadas a medio camiño entre a ribeira galega e a portuguesa son algunhas das paradas obrigadas no noso camiño.

Estas ínsuas (Morraceira das Varandas, Morraceira do Grilo e Canosa) teñen un grande valor ecolóxico, especialmente pola variedade de aves que albergan, moitas das cales acoden a esta zona para hibernar. O esteiro do Miño foi declarado Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA), sendo un dos poucos pasos migratorios que a ruta entre o Norte de Europa e África ten na Península Ibérica.

PictographMooring point Altitude 106 ft
Photo ofEmbarcadoiro de Tabagón Photo ofEmbarcadoiro de Tabagón Photo ofEmbarcadoiro de Tabagón

Embarcadoiro de Tabagón

O embarcadoiro de Tabagón é o lugar no que se abrigan as gamelas cando non se faena o meixón, a lamprea ou a solla. É un lugar moi agradable onde poder tomar asento e observar ao frente a freguesia de Lanhelas (PT) mentres os corvos mariños e a mesma aguia peixeira se mergullan na procura das súas presas.

PictographBirding spot Altitude 96 ft
Photo ofPunto de observación de aves Photo ofPunto de observación de aves Photo ofPunto de observación de aves

Punto de observación de aves

Paseando entre árbores froiteiras e outros cultivos chegamos a San Miguel. Nesta zona volvemos atoparnos con paraxes a carón dos meandros do río onde poder observar os milleiros de aves acuáticas que, entre os meses de setembro a marzo, chegan do norte de Europa a este espazo para pasar o duro inverno. Anátidos, limícolas, ardeidos e unha boa representaciíon de rapaces (entre as que destaca pola súa escaseza a aguia pescadora) comparten recursos con multitude de pequenos paxaros, entre os que cabe mencionar a folosa acuática, considerada un dos paseriformes máis ameazados do mundo.

PictographPark Altitude 103 ft
Photo ofA Canosa - Igrexa de San Miguel de Tabagón Photo ofA Canosa - Igrexa de San Miguel de Tabagón Photo ofA Canosa - Igrexa de San Miguel de Tabagón

A Canosa - Igrexa de San Miguel de Tabagón

Outro dos lugares polos que trascorre o Sendeiro de Pescadores é o campo de fútbol da Canosa, unha zona deportiva nun espazo natural a carón do Miño, a escasos metros dun regato no que podemos observar unha gran diversidade de fauna que se achega ata el.

Pouco máis adiante chegamos á área de lecer de San Miguel, unha zona de sombra con mesas e bancos onde poder facer un picnic a carón da Igrexa de San Miguel.

A igrexa de San Miguel

Nesta igrexa, que no século XVI dependía dos monxes cistercienses do Mosteiro de Oia, venérase por patrón a San Miguel Arcanxo, cuxa festa é o día 29 de setembro. Sufriu moitas reformas ata chegar ao seu estado actual, sendo a máis importante a do ano 1740, na que se lle fixo a fachada oeste e a torre tal como hoxe as conservamos. Entra as súas imaxes destaca un San Miguel realizado con gran detalle, onde se pode apreciar incluso a súa cota de malla ou as pinturas que decoraban a súa armadura.

Uns metros máis adiante volvemos ter unha zona de descanso á sombra das árbores da Alameda de San Miguel, lugar onde repoñer forzas para continuar o sendeiro no seu tramo final polo río Miño no que xa se pode visualizar a desembocadura deste entre o Monte Trega e Portugal.

PictographBridge Altitude 97 ft
Photo ofPonte do Tamuxe e zona de lecer Photo ofPonte do Tamuxe e zona de lecer Photo ofPonte do Tamuxe e zona de lecer

Ponte do Tamuxe e zona de lecer

A Ponte do Tamuxe

A Ponte do Tamuxe é un dos símbolos do concello do Rosal. De posible orixe romana, tense constancia documental desta infraestrutura desde o século XV. A construción actual é do século XIX (1845). Na actualidade aínda pasan por enriba desta ponte numerosos vehículos ao longo do día así como bicicletas e peóns que a empregan para cruzar dunha beira a outra do río.

Desde o alto da ponte pode observarse a área de lecer e a desembocadura do río Tamuxe no Miño. Unha peculiaridade deste afluente son as fluctuacións de caudal ocasionadas polas precipitacións pero principalmente por influencia das mareas.

Área recreativa do Tamuxe

Preto do punto onde os ríos Tamuxe e Miño unen as súas augas atópase esta área recreativa, un espazo ao aire libre onde a natureza e os equipamentos de lecer conviven con singulares mostras do patrimonio cultural.

Este parque con abundante arborado ocupa o espazo do que no seu día foi o serradoiro “Nandín, Vicente y Compañía”, fundado en 1914 e disolvido en 1932, tras pasar varios anos integrado no consorcio “Serrerías del Miño, S.A.” (“Candeira Hnos”). Na contorna aínda podemos ver restos de muros da factoría e unha alta cheminea circular feita en ladrillo de barro cocido, a cal pertenceu ás caldeiras que movían as serras encargadas do corte da madeira.

PictographRiver Altitude 90 ft
Photo ofRío Carballas Photo ofRío Carballas Photo ofRío Carballas

Río Carballas

O sendeiro de pescadores percorre, na súa parte final, un tramo do río Carballas, un ecosistema natural de gran beleza paisaxística e elevado interese ornitolóxico debido á diversidade de paxaros que poden observarse ao longo de todo o percorrido.

O tramo polo río Carballas remata na área de lecer das Aceñas e, xusto nos seus metros finais, pasa por debaixo dunha vía de alta capacidade que iniciou a súa construcción fai uns anos coa finalidade de conectar a Guarda con Tui e mellorar así as conexións por carretera do Baixo Miño. Na súa construcción pasou por numerosas propiedades, campos de cultivo e zonas de lecer, creando un grande impacto estético e acústico que resulta moi visual na zona do muíño das Aceñas, un elemento de gran valor patrimonial que non quedou impune a esta obra.

PictographMonument Altitude 88 ft
Photo ofÁrea recreativa das Aceñas Photo ofÁrea recreativa das Aceñas Photo ofÁrea recreativa das Aceñas

Área recreativa das Aceñas

A ruta do sendeiro de pescadores remata na área recreativa das Aceñas, unha ampla zona de esparexemento e lecer. Esta área está dotada de mesas e bancos de madeira á sombra das árbores onde poder facer un picnic e desfrutar dunha paraxe natural inigualable. Perto das mesas atopamos unha zona de baño na que poder remollarse nos días cálidos tendo de fondo o muíño das Aceñas.

O Muíño das Aceñas é una construción que data de finais do século XIX e que actualmente alberga unha aula da natureza, centro de interpretación de toda esta contorna natural.

Comments

    You can or this trail