Activity

DESEMBARCO NO CASTELO DE SAN FELIPE, FERROL, A CORUÑA.

Download

Trail photos

Photo ofDESEMBARCO NO CASTELO DE SAN FELIPE, FERROL, A CORUÑA. Photo ofDESEMBARCO NO CASTELO DE SAN FELIPE, FERROL, A CORUÑA. Photo ofDESEMBARCO NO CASTELO DE SAN FELIPE, FERROL, A CORUÑA.

Author

Trail stats

Distance
4.36 mi
Elevation gain
3 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
13 ft
Max elevation
46 ft
TrailRank 
25
Min elevation
0 ft
Trail type
One Way
Coordinates
45
Uploaded
June 10, 2016
Be the first to clap
Share

near Ferrol, Galicia (España)

Viewed 2547 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofDESEMBARCO NO CASTELO DE SAN FELIPE, FERROL, A CORUÑA. Photo ofDESEMBARCO NO CASTELO DE SAN FELIPE, FERROL, A CORUÑA. Photo ofDESEMBARCO NO CASTELO DE SAN FELIPE, FERROL, A CORUÑA.

Itinerary description

DESEMBARCO NO CASTELO DE SAN FELIPE
FERROL, A CORUÑA. 30 de xullo | 10.00 h

PUNTO DE ENCONTRO
Peirao de Curuxeiras, do Porto de Ferrol
Como chegar: pola estrada Porto Graña ou polo paseo da Mariña (rúa Espírito Santo).

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Esta andaina propónnos experimentar a mirada e a observación desde dentro do contorno privilexiado da ría de Ferrol. A súa configuración de porto natural ofrece un perfecto abrigo dos ventos dominantes e dos temporais, fronte ao inmenso Atlántico que agarda á volta do Cabo Prioriño. O paseo ten como obxectivo desembarcar no Castelo de San Felipe, utilizando a súa entrada natural por mar, xa en desuso. Con esta experiencia, poderemos comprender por que a ría foi elixida como lugar de asentamento desde os tempos antigos (dos castrexos, dos romanos, dos normandos) e
por que, no século XVI, fronte aos ataques da Armada inglesa,
se ergueron os castelos de San Felipe, A Palma e San Martiño, na bocana de ría, e a fixeron inexpugnable.

MONUMENTA DIVULGA
Coñeceremos o patrimonio marítimo dos portos, os sinais marítimos, a hidrotoponimia e as fortalezas militares exemplo da arquitectura granítica marcada pola combinación de modelos defensivos clásicos e do estilo tradicional dos canteiros.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Rebeca Blanco Rotea, investigadora asociada do Grupo de Investigación Síncrisis, Universidade de Santiago de Compostela e colaboradora do INCIPIT e do CSIC. Xaquín Ferrer Cruz, arqueólogo ferrolán cunha ampla experiencia en escavacións e restauracións por toda Galicia.

A ANDAINA
- Hora de saída: 10.00 h
- Hora de regreso estimada: 13.30 h
- Duración total: tres horas e media (incluídas as viaxes no barco)
- Dificultade: baixa
- Itinerario: saída en barco desde Porto de Ferro (Peirao Curuxeiras) ás 10.00 h. da mañá. Paseo pola ría durante unha hora e desembarco no castelo de San Felipe. Visita ás instalacións da fortaleza durante dúas horas e regreso no barco (travesía de 30 min).
- Observacións: existen escaleiras de acceso, pequenas ramplas e tramos curtos de chan irregular con pozas de auga.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, chapeu, impermeable
(por se chove), auga e un petisco.

INSCRICIÓN
- Prezo do barco: o barco ata o castelo ten un custo de 3 euros por billete (inclúe a volta) e unha capacidade de 90 prazas.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
- Inscrición previa: imprescindible inscrición, do 12 de xullo ao 29 de xullo, na web de Monumenta: https://galiciamonumenta.wordpress.com.
- Admisión por orde de inscrición.

MÁIS INFORMACIÓN

- festivalmonumenta@gmail.com
- info@sinsalaudio.org
- Teléfono 619 637 211

View more external

Comments

    You can or this trail