Activity

2ª saída social Ultreia 2024 Montes de Ameixenda

Download

Trail photos

Photo of2ª saída social Ultreia 2024 Montes de Ameixenda Photo of2ª saída social Ultreia 2024 Montes de Ameixenda Photo of2ª saída social Ultreia 2024 Montes de Ameixenda

Author

Trail stats

Distance
28.13 mi
Elevation gain
3,123 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,123 ft
Max elevation
1,689 ft
TrailRank 
30 4.3
Min elevation
648 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 45 minutes
Coordinates
3713
Uploaded
February 19, 2024
Recorded
February 2024
  • Rating

  •   4.3 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Santiago de Compostela, Galicia (España)

Viewed 72 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo of2ª saída social Ultreia 2024 Montes de Ameixenda Photo of2ª saída social Ultreia 2024 Montes de Ameixenda Photo of2ª saída social Ultreia 2024 Montes de Ameixenda

Itinerary description

Esta ruta circular discorre pola liña de cumbres que situadas ao Norte de Compostela protexe á parroquia amiense de Ameixenda e constitue a divisaria de augas entre o Tambre e o río Sar.
O ciclista de montaña partirá da cidade cara o Norte transitando polos camiños en torno á parroquia compostelá de A Peregrina para iniciar a ascensión a Castromaior. Durante a escalada pasará ao pé do petroglifo denominado Pedra que Fala nas proximidades do lugar de Vilar do Rei rodando sobre variadas vías entre pistas forestais e breves tramos de asfalto sen ciculación no entorno de explotacións mineiras abandoadas.
Desde estas zonas altas o que pedalea divisará o encaixoado río Tambre e o entorno das Terras de Santiago. Co guiador da bicicleta dirixido ao fronte divisará, no seguinte cumio onde dirixirse, a ciclópea edificación da estación de seguimento aéreo. Trátase do monte Espiñeira, o punto máis elevado do término compostelán a 530 metros sobre o mar.
Tras o descenso o ciclista atravesará con precaución a estrada Santiago-Sta. Comba seguindo de fronte por unha pista ancha co bo firme de terra. Deste xeito adentrarase no extremo Norte do Concello de Ames pola parroquia de Santa María de Ameixenda. Circulando polas ladeiras de Chan do Monte e Liñaredo chegará a cruzar o Rego de Riamonte e iniciará o ascenso ao senlleiro Monte San Marcos, emprazamento de antigo castro e posterior ermida da que toma o nome. Desde o cumio poderá extender a visión sobre o amplo val da Mahía, berce do río Sar.
O xinete sobre dúas rodas comezará o retorno pola outra aba do cativo val de Ameixenda circulando por corredoiras custodiadas polos omnipresentes eucaliptais e atravesando a aldea de Quintáns. Para regresar ao punto de partida o ciclista de btt deberá poñer rumbo ao coñecido monte Pedroso e descender pola súa cara Sur.

Comments  (1)

  • xoan.ozores Feb 24, 2024

    I have followed this trail  View more

    Esta mañán cinco compañeiro completamos o percorrido con tres pequenas variantes, duas por pequenos atallos de centenarios camiños de carro, e finalmente recortamos no tramo final do monte Pedroso xa que a mín xa me estaba pasando factura o esforzo.O meu nivel de entrenamento e baixo e concretamente hoxe o terreno estaba especialmente enlamado.

You can or this trail