Activity

Bastavales- Ponte Maceira - Portomouro- Monte do Pedroso e volta por Chaves de Carballo

Download

Trail photos

Photo ofBastavales- Ponte Maceira - Portomouro- Monte do Pedroso e volta por Chaves de Carballo Photo ofBastavales- Ponte Maceira - Portomouro- Monte do Pedroso e volta por Chaves de Carballo Photo ofBastavales- Ponte Maceira - Portomouro- Monte do Pedroso e volta por Chaves de Carballo

Author

Trail stats

Distance
33.56 mi
Elevation gain
3,435 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,435 ft
Max elevation
1,460 ft
TrailRank 
34
Min elevation
69 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 13 minutes
Coordinates
9101
Uploaded
May 17, 2017
Recorded
May 2017
Be the first to clap
Share

near Bastavales, Galicia (España)

Viewed 672 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofBastavales- Ponte Maceira - Portomouro- Monte do Pedroso e volta por Chaves de Carballo Photo ofBastavales- Ponte Maceira - Portomouro- Monte do Pedroso e volta por Chaves de Carballo Photo ofBastavales- Ponte Maceira - Portomouro- Monte do Pedroso e volta por Chaves de Carballo

Itinerary description

O día das letras do 2017, adicado a Carlos Casares, o clan Rodicio reunido saía desde Bastavales. Temíase chuvia, e certamente a mañá estaría gris e ameazante, mais finalmente non chegamos a catar as augas do maio. Guiados polo nativo da zona, comezamos a ruta que tiña fama de ser algo dura, pero moi agradecida, e así foi.

A ruta sae de Bastavales cara Brión, e desde ala vai nun continuo sube e baixa rompepernas por estradas secundarias a través dos bosques da comarca. É un tramo moi fermoso, no que se vai atravesando os consecutivos vales e os ríos que rodean Santiago. Iso si, cada baixada ten a súa correspondente contrasubida. Neste primeiro tramo hai unha parte compartida co camiño de Santiago que vai cara Fisterra, e o ciclista afortunado verase acompañado polos peregríns. Atravesamos así a espectacular ponte Maceira, coa que cruzamos o Tambre, e despois de separarnos da ruta compostelana, continuamos buscando outro río, desta volta o Dubra. Atopámolo xusto cando vai desembocar no Tambre, atravesamos as dúas pontes de Portomouro, e collendo a provincial comezamos o ascenso ao Pedroso.

Desde Portomouro ata que nos separamos da estrada principal, é a parte máis difícil da ruta, unha longa subida que nos deixa xa moi preto do alto. Quizais tamén é a parte onde hai que ser máis coidadoso, xa que desta volta os acompañantes son os coches, aínda que subindo os carrís de aceleración axudan á seguridade. De todos os xeitos, unha vez abandonada a estrada, e pasado un pequeno descanso antes da última subida, as vistas desde o Pedroso xa apagan o cansazo das pernas. A recompensa do alto son unhas vistas espectaculares da cidade de Santiago desde o alto, así como de todo o val do sur da cidade. Ademáis da baixada claro.

Unha vez baixado do alto, volvemos ata casa, desta volta polo leste facendo unha circular, que nos fai atravesar ata en dúas ocasións o outro río que nos quedaba da zona, o Sar. Hai de novo un sube-baixa, máis moderado que o da primeira parte da ruta, pero ao que hai que engadir os kilómetros que xa levas nas pernas.

Como resumo, trátase dunha ruta non demasiado complicada, os 50 kilómetros non son excesivamente esixentes, aínda que a subidad ao Pedroso pode asustar a algún. A modo de comentario, cabe dicir que a pesares de que a inclúo como bici de montaña, a ruta é case 100% estrada, co que iso significa. Non ten dificultade técnica algunha, pero hai algunha parte na que hai que ter coidado cos coches.








Comments

    You can or this trail