Activity

Buscando sendeiros polo Irixo e Piñor

Download

Trail photos

Photo ofBuscando sendeiros polo Irixo e Piñor Photo ofBuscando sendeiros polo Irixo e Piñor Photo ofBuscando sendeiros polo Irixo e Piñor

Author

Trail stats

Distance
41.32 mi
Elevation gain
4,131 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
4,131 ft
Max elevation
2,789 ft
TrailRank 
44
Min elevation
1,243 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 52 minutes
Coordinates
5871
Uploaded
September 13, 2015
Recorded
August 2015
Be the first to clap
Share

near O Carballiño, Galicia (España)

Viewed 1199 times, downloaded 19 times

Trail photos

Photo ofBuscando sendeiros polo Irixo e Piñor Photo ofBuscando sendeiros polo Irixo e Piñor Photo ofBuscando sendeiros polo Irixo e Piñor

Itinerary description

Ruta dura polo firme, no que escasea o terreo regular e incide en sendeiros con pedra solta e terra pola que se fai complicado avanzar. Moitos destes sendeiros están un pouco agachados, motivo polo cal son pouco practicados e tenden a desaparecer. Hai que desfrutar mentras se poda...

Saimos polo clásico sendeiro de Vilar, pero pronto viramos por unha variante que nos deixa en Veiga. Atravesamos a aldea e encaramos dirección a Barreira.

Subimos por un fermoso sendeiro que ascende a Madarnás, pero nas primeiras casas viramos cara a cima do monte por un carreiro semi pechado por fentos que remata na pista -agora asfaltada- que vai á Madanela.

Pedaleamos por dous quilómetros por este firme regular e solitario para, xusto antes de chegar á subestación, virar á esquerda e enlazar carreiros descendentes que dan entrada á aldea de Ribas, que nos recibe cun valado metálico que temos que abrir para continuar o noso camiño, tras volver pechalo para que non se escape o gando.

Nada mais saír á estrada saimos de novo dela, para deixarnos caer por unha especie de cortalumes que pronto enlaza con outro camiño, sempre en sentido dencendente.

De feito, o descenso remata e temos á vista o rio Pedriña, que vadeamos por espazo duns vinte metros. Este tramo é perfectamente realizable, e resulta mio divertido.

Tras esta licenza saimos á estrada que nos deixa na aldea de A Rua. Continuamos por un camiño asfaltado cara Alemparte: Pasadas as casas, viramos á dereita por un camiño entre árbores que nos deixa nunha estrada, estrada que pronto deixamos para baixar por unha pista rápida que morre en Marnotes.

Deambulamos entre as casas da aldea por un divertido paso que pronto enlaza cunha pista ancha e lixeiramente descendente que leva á aldea de Os Casares. Cruzamos a aldea polo medio e medio, e collemos un fermoso carreiro que leva ás leiras, que temos que atravesar cansinamente ata chegar ás inmediacións da aldea de Menaz, que atravesamos ó igual que a aldea de Cardedo.

Morre o camiño cementado e empeza un fermoso carreiro que pasamos pedaleando aínda en baixada dado o pegañento do firme. Saimos tendo á vista o trazado do AVE, polo que temos que recurrir a unha ponte que o sortea polos aires. Ó outro lado xa temos as primeiras casas de a Lama, pero nós non nos achegamos, senón que collemos un carreiro paralelo ó tendido do tren que nos evita o asfalto, deixándonos a no inicio dun camiño que descende ó río Viñao, que salvamos pola ponte medieval das Campinas, ó lado do cal podemos ver un fermoso e ben conservado muiño.

A aldea de As Campinas remata no cruce da fonte, onde deixamos os cemento para coller un camiño entretido, con rodeiras e pasos de auga, que morre nas primeiras casas do Tellado.

Nós viramos á dereita alternando camiños agrícolas e de pescadores con pasos por terreo de cultivo, perfectamente ciclable. O resultado é un pequeno bucle que nos achega á aldea de Outeiro de Caballal, que como o seu nome indica, marca o inicio dun prolongado tramo de ascenso.

Ascenso que comeza en pista ancha pero que pronto abandoamos para coller un sendeiro estreito e serpenteante que remata ós 747 metros de altura (dende os 580 do Outeiro) enlazando coa pista que vai cara á Cruz da Grade. Non obstante, viramos en sentido contrario e pedaleamos dirección á aldea de Abeledo, momento no que enlazamos outro camiño ascendente que nos leva ó alto de San Martiño.

Pisteando vemos os primeiros sinais do Camiño de Santiago, que facemos en sentido inverso un par de quilómetros para coller un fermoso camiño que leva á aldea de Amear.

Tras atravesar a aldea, viramos á dereita para baixar por un carrerio fermosísimo e moi técnico pola presenza de moita pedra de tamaño mediano. Con moita dor de brazos saimos á aldea da Corna, pero evitamos as casas para ascender ó alto e poder descender por un carreiro medio pechado cara á aldea de Barreiros.

Xa na aldea collemos un fermoso camiño enpedrado entre árbores que nos deixa no Pazo de Coiras, onde podemos relaxarnos para ir por asfalto cara á aldea de Carballediña.

A pouco da fonte do outro trazado xacobeo viramos á dereita por un agachado carreiro que de súpeto baixa a un rego que se salva por unha fermosa ponte de poldras, xa nos arredores da aldea de Fontao.

O saír tomamos a pista que une esta aldea coa de Senra, dende onde viramos nun carreiro descendente que nos deixa na aldea da Veiga de Abaixo, e sorteamos o rio Oseira para pedalear pola outra marxen, a esquerda, por un sendeiro estreito e plagado de pedras esvaradizas.

Dito sendeiro morre na aldea de Guimaras, pero nós viramos algo antes para ir cara Folgosa, se ben algo antes de chegar a esta aldea viramos á dereita por un fermoso e técnico sendeiro que vai cara á área recreativa de Freás, que non vemos porque viramos cara ó regato Silvaboa, e enlazamos carreiros de subida e baixada ata que chegamos ós aredores de Cea, localidade que bordeamos para achegarnos cara o lugar de A Grela, cando viramos por uns carreiros que costa atopar e polos que pasamos uns intres divertidos curveando polo trazado.

Chegamos á estrada N-525, que atravesamos para chegar ó lugar de Castrelo. Neste punto, xa facemos o transcurso habitual de baixar cara San Facundo, As Fontaiñas e chegar ó Carballiño pola pista lateral á estrada que vai cara Cea.

Waypoints

PictographBridge Altitude 2,242 ft
Photo ofPonte de poldras. Rego Da Fervenza

Ponte de poldras. Rego Da Fervenza

Rego Da Fervenza

PictographBridge Altitude 1,726 ft
Photo ofPonte románica de As Campinas Photo ofPonte románica de As Campinas

Ponte románica de As Campinas

Entidad o Campo

PictographRiver Altitude 1,908 ft
Photo ofVadeo Río Pedriña Photo ofVadeo Río Pedriña Photo ofVadeo Río Pedriña

Vadeo Río Pedriña

Río Pedriña

Comments

    You can or this trail