Activity

Carballiño-Barbantiño-Trasalba-Amoeiro

Download

Trail photos

Photo ofCarballiño-Barbantiño-Trasalba-Amoeiro Photo ofCarballiño-Barbantiño-Trasalba-Amoeiro Photo ofCarballiño-Barbantiño-Trasalba-Amoeiro

Author

Trail stats

Distance
29.95 mi
Elevation gain
3,419 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,419 ft
Max elevation
1,741 ft
TrailRank 
53 5
Min elevation
368 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 41 minutes
Coordinates
1881
Uploaded
May 25, 2014
Recorded
May 2014
  • Rating

  •   5 1 review
Be the first to clap
4 comments
Share

near O Carballiño, Galicia (España)

Viewed 2021 times, downloaded 81 times

Trail photos

Photo ofCarballiño-Barbantiño-Trasalba-Amoeiro Photo ofCarballiño-Barbantiño-Trasalba-Amoeiro Photo ofCarballiño-Barbantiño-Trasalba-Amoeiro

Itinerary description

Ruta con moita terra e pouco asfalto, moito carreiro e pouca pista. Moito de fermoso e pouco do de sempre.

E si, os primeiros quilómetros son pista paralela á autoviía ata Maside. Pero xa. Deande eiquí baixamos ó Barbantiño polo coñecido camiño dos escalóns, pero ó chegar ó río, baixamos pola súa marxen dereita.

Nada mais contactar có asfalto, seguemos o Barbantiño, pero non polo sendeiro natural, senón por un camiño anterior que ten encanto.

Deixamos a compaña do Barbantiño para subir cara a aldea de A Golpillería, para o que collemos un estreito carreiro que nos obliga a cruzar o regato Casardomato. Agora, en maio, apenas leva auga; pero no inverno ese pequeno tramo (5-6m) fai que mollémo-los pes. Moi divertido, en calquera caso.

Dende a devandita aldea xa seguemos subindo por un antiguo camiño que tras moitos anos pechado, volve a estar transitable -a ver canto dura...-, que nos leva a cruzar a vía do tren por unha ponte e despois nos achega a Soutomanco, anque solo intuimos as casas: desviámosnos por unha pista de servicio de viñas, con boa pendente ascendente e mellor sombra.

Nestre punto vemos un pequeno camiño, que non collemos; pero, tan só uns metros mais adiante, miramos á nosa esquerda e vemos entre a maleza a dónde leva aquela entrada. Unha antiga mina cun lavadoiro, ambos en perfecto estado, e que paga a pena observar.

Sen parar de subir (subidón!!!), chegamos á estrada Sta Cruz-Amoeiro, pero tan só una metros mais adiante, desviámosnos á esquerda para transitar por fermosos carreiros entre leiras que nos deixan á porta do Pazo Museo de Otero Pedraio, en Trasalba.

Rodeamos o seu muro por un fermoso carreiro, cheo de pedra e subimos de novo a Trasalba, pero mais adiante. Tan só para coller outro camiño tradicional, con marcas de carro, que morre en Albeiros.

Cruzámo-la aldea e outro fermoso carreiro vainos alonxando de todo rastro urbano cando, sen mais, comeza unha forte baixada por sendeiro revirado e exento de dificultade salvo pola pendente.

Chegamos a Formigueiros, onde tiramos unha foto da súa curiosa capela, que conta cunha gran pedra castrexa encastrada na parte alta da súa fachada principal. Todo un alarde de reciclaxe.

Aproveitamos o acondicionamento do regato Formigueiros para baixar polo camiño, ver a fermosa ponte, e subir polo trazado antigo, evitando as pesadas escadas modernas.

Enlazamos tramos asfaltados con camiños pouco transitados ata chegar a Amoeiro, localidade na que collemos un camiño ó oeste que nos vai lenvado cara ó Camiño de Santiago, aforrándonos moitos metros de asfalto.

Mantemos o trazado dos peregrinos ata a aldea de Pulledo, onde nos desviamos por un camiño que morre en Pereda. Dende esta aldea sae outro camiño que nos deixa a uns metros de Castrelo, onde xa collemos o habitual trazado San Fagundo-Fontaiñas-Agro da Quinta, e, finalmente, O Carballiño.

Waypoints

PictographReligious site Altitude 1,024 ft
Photo ofCapela de Formigueiro

Capela de Formigueiro

Formigueiro

PictographRisk Altitude 627 ft
Photo ofEscaleiras

Escaleiras

Bosque

PictographFountain Altitude 950 ft
Photo ofMina e Lavadoiro

Mina e Lavadoiro

Bosque

PictographInformation point Altitude 1,053 ft
Photo ofMuiños

Muiños

España

PictographDoor Altitude 1,221 ft
Photo ofPaso estreito

Paso estreito

España

PictographCastle Altitude 1,292 ft
Photo ofPazo Otero Pedraio

Pazo Otero Pedraio

Cima de Vila

PictographRiver Altitude 400 ft
Photo ofRegato Casardemato

Regato Casardemato

Regato Casardemato

PictographBridge Altitude 1,010 ft
Photo ofRegato Formigueiro

Regato Formigueiro

Río Formigueiro

PictographRiver Altitude 368 ft
Photo ofRío Barbantiño

Río Barbantiño

Bosque

PictographRisk Altitude 1,228 ft
Photo ofSendeiro entre fincas

Sendeiro entre fincas

España

PictographPanorama Altitude 363 ft
Photo ofSendeiro fermoso

Sendeiro fermoso

Bosque

PictographRisk Altitude 1,273 ft
Photo ofTramo con pedras grandes

Tramo con pedras grandes

España

Comments  (4)

  • Photo of Nelson costa
    Nelson costa Jul 10, 2014

    Ruta feita o día 10-07-14,gustoume moito a subida que vai dende o Barbantiño ata arriba a Soutomanco,xa que nunca tiña subida por ahí e descoñocia por completo,está moi bonito o percorrido por esas corredoiras fermosas e por eses camiños cheios de encanto.


    Decir que solo alterei un poco o inicio xa que fun pola zona de Partovia,Aguisar,Grixoa,San Roque e baixei polo pobo de Freás cara a Puxin,dende ahi collin a tua ruta e me encantou.

    Grazas.

  • Photo of julk
    julk Jul 11, 2014

    Grazas a ti polo comentario, Nelson. Alégrame que a ruta fora do teu agrado ;)

  • Photo of brunosousa
    brunosousa Feb 13, 2015

    I have followed this trail  View more

    Ruta feita 13-02-2015, muy bonita con zonas de mucha piedra que me encantaran principalmente as zonas de subida, hoy también había barro que iso a ruta un poco más dura... me divertí, una maña estupenda de BTT!
    Gracias Julián (Julk)😉😉😉

  • Photo of julk
    julk Feb 13, 2015

    Grazas a ti polo comentario, Bruno... :)

You can or this trail