Activity

Circular Serra da Groba

Download

Trail photos

Photo ofCircular Serra da Groba Photo ofCircular Serra da Groba Photo ofCircular Serra da Groba

Author

Trail stats

Distance
34.32 mi
Elevation gain
3,560 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
3,560 ft
Max elevation
1,716 ft
TrailRank 
70 4.2
Min elevation
18 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 55 minutes
Coordinates
9397
Uploaded
October 25, 2020
Recorded
October 2020
  • Rating

  •   4.2 2 Reviews
Be the first to clap
4 comments
Share

near Mougás, Galicia (España)

Viewed 449 times, downloaded 26 times

Trail photos

Photo ofCircular Serra da Groba Photo ofCircular Serra da Groba Photo ofCircular Serra da Groba

Itinerary description

Ola a todos.

Percorrendo esta ruta que subo, visitaredes una escolla dos mellores lugares dos moitos que ofrece esta preciosa Comarca.

Curro de Mougás, Pozo do Arco, Burgueira, Pozas do rio Cal, Muíños Picón e Folón, Capela de San Martiño, Miradoiro de San Vicente, Monte Torroso, Mosteiro de Oia….

A ruta arranca da estrada PO-552 entre Baiona e A Garda a altura do cámping O Muiño. Nada mais arrancar, deixámola estrada monte arriba por pista ancha, este primeiro tramo é o mais duro da ruta, pasando do nivel do mar os 400 m de altitude en menos de 4 Km (algunha rampiña do 20% toparedes). O Curro de Mougás marcará o fin da subida dura, pasando despois a rodar en altura con algún repeito menor, ata cruzar a estrada EP-2202 que vai por toda a Serra da Groba, dende Baiona a Loureza.

Pouco despois de cruzala EP-2202 iniciámolo descenso cara o lugar de Bonaval (parroquia de Burgueira) onde nos atopamos cunha paraxe singular coñecida como Pozo do Arco. Un area de lecer con muíños, pozas, e unha ponte de madeira que nos permite cruzar o rio Tamuxe no seu primeiro tramo do curso.

Deixámolo Pozo do Arco e dirixímonos cara o pobo Burgueira, pasando a carón da súa Igrexa de San Pedro, colleremos unha estrada durante 1 km que deixaremos para entrar nunha pista a esquerda que iniciará a segunda subida da ruta cara o pobo de Mabia. Esta subida é bastante menos exixente que a primeira do Curro de Mougás, en 3 km salvamos un desnivel duns 170 metros.

Deixámolo pobo de Mabia a esquerda e iniciamos un tramo de rodar por unha chaira sempre mantendo unha cota entre 350 é 400 metros dirixíndonos cara o sur e podendo desfrutar xa dunhas vistas do Val do Rosal, desembocadura do Miño, Tecla e A Garda espectaculares.

Iniciamos un descenso por unha pista con bastante pedra solta ata chegar As Pozas do Picón ou do rio Cal, non moi coñecidas pero cunha pinta estupenda para o verán. Nada mais pasalas chegamos o conxunto de Muiños quizás dos mais pintorescos de Galicia. Os Muiños do Folón e Picón, punto para deterse e admirar dende a súa parte alta esta singular paraxe.

Deixámolos Muiños atrás e en menos de 1,5 Km, facemos unha paradiña obrigada na Capela de San Martiño ata onde en procesión se sube tódolos Novembros dende o pe do monte.

Logo da visita ó San Martiño, rodamos durante 2,5 km por unha chaira con algún repeito pequeno ata enlazar cunha pista que nos levará nunha rápida baixada ata o Alto da Portela. Este alto está xusto na estrada que une San Xian co Rosal, aquí sa pasamos a ter a impresionante vista do Océano durante o resto da ruta.

Achegámonos un intre o monte Torroso, pasando polo mirador de San Vicente (antigo campo de tiro), no Torroso podedes visitar as figuras zoomorfas que fixeron aproveitando os penedos existentes.

De volta o alto da Portela facemos unha rápida baixada ata o pobo de San Xian co mar sempre a nosa esquerda, cruzamos este pequeno pobo e por unhas corredoiras de terra, caemos na estrada de A Garda a Baiona, de alí ata o noso seguinte punto de parada temos uns 3 km.

O Mosteiro de Oia, parada obrigada e un derradeiro descansiño antes de rematar a ruta pudendo tomar algo nalgún dos baretos a carón do Mosteiro.

Dende o Mosteiro ata o punto final dende onde arrancamos a ruta rodamos 7,5 Km polo Camiño de Santiago da Costa, cun derradeiro tramo de asfalto pola PO-552.

Déixovos enlaces para os que teñades interese en coñecer mellor todos estes lugares polos que transitou a ruta. Para os que vos animedes a facela, en función da vosa forma física contade con 5-6 horas parando e desfrutando tódolos puntos de interese.
Facendoa do tirón con menos de 4 horas listo, a min levoumas parando a facer fotos e con calma.

Waypoints

PictographReligious site Altitude 1,035 ft
Photo ofCapela de San Martiño

Capela de San Martiño

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-baixo-mino/o-rosal/san-matino-do-rosal/

PictographIntersection Altitude 924 ft
Photo ofCartel Pozo do Arco

Cartel Pozo do Arco

Oia

PictographPhoto Altitude 1,170 ft
Photo ofCurro Mougas

Curro Mougas

Curro

PictographWaypoint Altitude 915 ft

Igrexa Burgueira

Pista

PictographPanorama Altitude 741 ft
Photo ofMiradoiro de San Vicente

Miradoiro de San Vicente

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/esculturas-de-monte-torroso/

PictographSummit Altitude 952 ft
Photo ofMonte Torroso

Monte Torroso

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/esculturas-de-monte-torroso/

Photo ofMosteiro

Mosteiro

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/stamariaoia/

PictographPhoto Altitude 856 ft
Photo ofMuiños Folon

Muiños Folon

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/folon/

PictographPhoto Altitude 804 ft
Photo ofMuiños Folón

Muiños Folón

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/folon/

PictographPhoto Altitude 895 ft
Photo ofMuiños Picón Photo ofMuiños Picón

Muiños Picón

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-baixo-mino/o-rosal/picon/

PictographPanorama Altitude 841 ft
Photo ofPanoramica 1

Panoramica 1

Costa OIA cara o Norte

PictographPanorama Altitude 1,177 ft
Photo ofPanoramica 2

Panoramica 2

Val do Rosal e desembocadura do Miño

PictographRiver Altitude 853 ft
Photo ofPozas do Folon Photo ofPozas do Folon

Pozas do Folon

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-baixo-mino/o-rosal/fervenzas-molinos-del-rio-da-cal/

PictographPhoto Altitude 787 ft
Photo ofPozo do Arco

Pozo do Arco

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pozo-do-arco/

PictographPanorama Altitude 814 ft
Photo ofPozo do Arco 1 Photo ofPozo do Arco 1

Pozo do Arco 1

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pozo-do-arco/

Comments  (4)

  • Photo of delfinpensado
    delfinpensado Apr 1, 2021

    I have followed this trail  View more

    Ruta perfecta para descubrir esos montes, muy fácil de seguir, sin ninguna dificultad técnica, un entorno fantástico y con lugares de visita obligatoria si quieres conocer la zona, todo perfectamente enlazado, la hicimos en 3 horas y algo. Nosotros salimos del Monasterio para calentar. Muchas gracias por la ruta.

  • Photo of delfinpensado
    delfinpensado Apr 1, 2021

    Por cierto las fotos y explicaciones que hace Josiño son muy buenas, una guía perfecta de lo que te vas a encontrar todo muy trabajado. Muy de agradecer.

  • Photo of Josiño
    Josiño Apr 1, 2021

    Gracias por el comentario y valoración delfinpensado, un placer compartir y disfrutar de las buenas rutas que se suben a wikiloc.....

  • fonchitor Aug 11, 2022

    I have followed this trail  View more

    Bonita ruta

You can or this trail