Activity

Coruña - Estorrentada - Guísamo - encoro de Cecebre, explorando os seus camiños.

Download

Trail photos

Photo ofCoruña - Estorrentada - Guísamo - encoro de Cecebre, explorando os seus camiños. Photo ofCoruña - Estorrentada - Guísamo - encoro de Cecebre, explorando os seus camiños. Photo ofCoruña - Estorrentada - Guísamo - encoro de Cecebre, explorando os seus camiños.

Author

Trail stats

Distance
35.93 mi
Elevation gain
2,467 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,467 ft
Max elevation
389 ft
TrailRank 
41
Min elevation
0 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 21 minutes
Coordinates
11072
Uploaded
January 15, 2017
Recorded
January 2017
Be the first to clap
Share

near Visma, Galicia (España)

Viewed 1257 times, downloaded 17 times

Trail photos

Photo ofCoruña - Estorrentada - Guísamo - encoro de Cecebre, explorando os seus camiños. Photo ofCoruña - Estorrentada - Guísamo - encoro de Cecebre, explorando os seus camiños. Photo ofCoruña - Estorrentada - Guísamo - encoro de Cecebre, explorando os seus camiños.

Itinerary description

A ruta sae desde o centro da Coruña e basicamente é unha variante para chegar ao encoro de Cecebre por unha ruta distinta á habitual do paseo fluvial do río Mero.

Precisamente esa variante comeza no Burgo, onde cruzamos a ponte buscando o monte Barcala e a Estorrentada por unhas pistas espectaculares, algún tramo mesmo de certa dificultade técnica. A partir de ahí acompañamos as pistas que van preto da autopista, ata coller un desvío que nos leva ata Guísamo, nunha subida suave que nos mostra fermosas vistas do encoro que ben merece unha foto.

Despois xa baixamos desde Guísamo ata Cecebre, e unha vez alí exploramos diversos camiños do encoro, que sempre ten novas sorpresas reservadas. Desta vez collimos o camiño que vai desde a igrexa de San Martiño de Orto, ata o Pazo de Orto. A pesares de que hai un camiño aberto e claro, nun punto desvíamonos máis preto da auga como marca o track, e acabas metido nun camiño demasiado estreito e cheo de troncos, non moi recomendable para a bici, que por outra parte ten o encanto de ser máis salvaxe. Tamén subimos ata a igrexa de San Pedro de Crendes, que desde o alto ten unha bonita panorámica da parte traseira do encoro. Buscamos outras pistas que nos acercasen aos distintos puntos de observación de aves que hai agochados por aquí e aló, que valen moito a pena para aproveitar a rica fauna que vive nesas augas.

Para a volta ata Coruña, collimos o paseo fluvial do Mero, que non por moi cómodo ou moi habitual, deixa de ser estupendo para rodar, cun ritmo rápido e divertido de volta.

No cómputo xeral é unha ruta sinxela xa que non ten demasiado desnivel nin lugares de moita dificultade, aínda que é certo que se coma nós, fala no inverno, o barro dos camiños aumenta a súa dificultade e a pesadez dos kilómetros, xa que é moi btt, con moita pista.

Por último comentar que toda a variante pola Estorrentada e Guísamo que non coñecía, está baseada neste track do usuario JOLIN (https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9729298), que é unha fonte inesgotable de camiños para os demais.

Comments

    You can or this trail