Activity

De Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña

Download

Trail photos

Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña

Author

Trail stats

Distance
73.73 mi
Elevation gain
6,063 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
6,112 ft
Max elevation
439 ft
TrailRank 
62
Min elevation
-21 ft
Trail type
One Way
Time
9 hours 42 minutes
Coordinates
8422
Uploaded
September 29, 2017
Recorded
September 2017

near Vilar, Galicia (España)

Viewed 2230 times, downloaded 140 times

Trail photos

Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña

Itinerary description

Comezo a ruta no punto no que a rematei o ano pasado, fronte ó Arsenal Militar do Ferrol, moi preto de onde arrinca o Camiño Inglés de Santiago.

De feito, os nosos pasos prácticamente calcan ós da ruta Xacobea no seu percorrido pola cidade departamental, aproveitando a infraestrutura da que ésta desfruta.

Pero, ó chegares á ensenada da Gándara, no canto de seguir bordeándoa por Neda, prefiro ir polo camiño rápido e atraveso pola ponte das Pías, e xusto ó rematalo, na localidade de As Pías, desviarme da estrada nacional para coller outra, palalela á vía do tren, e moito mais tranquila, que deixo para ir primeiro ó peirao de Maniños, e posteriormente baixar á praia a contemplar unha ampla vista do entorno urbano e industrial da cidade de Ferrol. Por certo que na praia non había bañistas, pero sí uns cantos mariscadores.

Retomo o asfalto nunha pista asfaltada e, deseguido, adéntrome nun coidado carreiro que bordea a liña costeira entre unha densa arboleda e desemboca no lugar do Seixo. Fermosísimo e ben limpo, do cal debe ten boa parte da “culpa” a realización dunha marcha organizada, a de “Entre dúas Rías”, e que deixa testigo en moitas pintadas que perduran nos cruces.

Tras atravesar o núcleo de casas, collo asfalto uns metros dirección Mugardos ata que me desvío no parque Beiramar, onde fago unha forte subida por firme esvaradío para logo pedalear entre árbores por uns sendeiros ben tranquilos que nos levan á vila romana de Noville, un mais dos restos que deixaron nesta nosa terra esta xente tan poderosa na súa época.

Continúo uns centos de metros máis por sendeiros, evitando a cerca da pranta de Reganosa, ata contactar cunha estrada: estou vendo xa as primeiras casas da localidade de Mugardos.

Bordeo o núcleo de casas para entrar ó peirao da localidade por pistas mal asfaltadas ou mésmo sen asfaltar, pero de calquera maneira chego ó inicio da península, o que me da unha boa perspectiva xeral da morfoloxía desta. Tamén permíteme percorrer na súa totalidade o paseo marítimo mugardés, cun firme medio en cemento, medio en madeira que estaba do mais perigoso nun día chubioso coma o que tiña eu.

Abandono a localidade pedaleando por unha estreita rúa en costa, flanqueada por fermosas casas, e collo unha tranquila estrada que me leva direitamente ó Castelo da Palma, fortificación que, xunto coa de San Felipe, eran as encargados de salvagardar a ría de Ferrol dos posibles ataques por vía marítima.

A estrada asfaltada pola que viña pasa a ser unha pista de terra compacta, con pedras incrustadas, bo ancho e pouco ou nengún desnivel. Polo tanto, durante 3.6 quilómetros pedaleamos prácidamente por ella, mirando a calma do mar e só apartando nun par de ocasións pola presenza dun par de coches en dirección contraria.

Ó chegar ó final da recta, coincidindo cá Punta Segaño, a estrada fai unha forte curva, xusto no sitio onde temos na fronte restos de asentamentos militares pretéritos. É a Castelo ou Batería de Punta Segaño.Nese momento, busco un sitio para mirar atrás e facer unha foto da entrada da ría de Ferrol.

Non continúo pola pista que viña, que agora ascende pola aba do monte, senón que collo un carreiro que é prolongación natural da pista, e bordea a punta. É un fermoso carreiro, divertido de rodar, que me mostra a aldea e a praia de Chanteiro.

Baixo ó areal para, tras uns metros de camiñata pola area, coller un carreiro que debuxa a liña do mar para logo enlazar cunha pista de terra, bordeando deste xeito a punta Coitelada.

É dicir, cambio de orientación, e ó meu frente comezo a ver Sada, Mera... Pero eu continúo pedaleando pola beira do mar, alternando carreiros con congostras e algunha pista asfaltada para chegar a Ares.

A entrada é polo inicio do paseo marítimo, tranquilo neste día desapacible de outono. Aínda así, pedaleamos tranquilamente pola beiramar, atraveso o parque de Rosalía e deixo a vila por pistas asfaltadas e algunha sen asfaltar para alcanzar a fermosa aldea de Redes, parando a tirar unha foto fronte ás Mirandas de Ares, unhas curiosas illas situadas a pouca distancia da praia do mesmo nome..

Xa na entrada de Redes, antes de ir cara ás casas me desvío para ver a batería ou castelo, situada nunha punta ou saínte de terra, a Punta Modias. Dende alí hai unha boa vista da aldea mariñeira e mais da terra que está á outra banda da ría.

Xa encaminados, cruzo a pequena pero fermosa aldea, recreándome na beleza de algunha edificiación e, finalmente, do conxunto arquitectónico, có seu aire de vila mariñeira pero señorial.

Deixo Redes por un pequeno paseo que pasa a ser un carreiro entre árbores, un delicioso paseo revirado para a bicicleta. Case sen decatarme, chego á aldea de Cabanas. Concretamente, á praia da Madalena, que atraveso por un camiño de terra que discorre todo ó longo dela, á sombra duns frondosos piñeiros.

Cando remata ese paseo, xa estou á beira do mar, e sobre a miña cabeza, a vía do tren. Remonto uns metros ata ela, e aproveito a ponte de ferro do tren para salvar a boca da ría. Podese facer sen medo, porque esta ponte ten unha pasarela peonil, do ancho xusto do manillar, así que nada de facelo montado, pero camiñando sí se pode atravesar, desfrutando ó tempo das fermosas vistas dende ela.

Unha vez cruzada a ponte, un carreiro me pon na estrada que leva á estación do tren e, unha vez nela, collo outro carreiro que descorre paralelo á vía, cun trazado sinuoso e divertido que se prolonga quilómetro e medio, anque a min me pareza mooito menos...

De súpeto, unha igrexa, a de Centroña, me tira do carreiro. E agora o meu camiño vai asfaltado, por pequenas estradas e un tramo pola estrada que une Pontedeume con Miño... só me desvío dela para visitar a Punta Carboeira, desde a que se pode admirar unha completa vista de toda a ría de Betanzos, e punto reconocible pola illa do mesmo nome que está no primeiro plano.

Xa de volta á estrada, temos un aburrido por pouco habitual rodaxe por asfalto ata a entrada da praia de Miño, que atravesamos polo seu paseo de madeira (se a xente e o tempo nolo permiten).

Logo aparece a localidade de Miño, que atravesamos, e saímos seguindo camiño de Santiago, a finde evitar un tramo de estrada nacional que dende onte do Porco non poderemos esquivar.

De feito, pedalearemos por ela cruzando a ponte da ría, a ponte do Pedrido, e uns metros mais, ata que na localidade de Fiobre a deixamos para pedalear por tranquilas estradas dun carril que nos achegan á praia de Gandarío.

Ó final desta praia temos que saír á estrada para cruzar a localidade de Sada, menos a paréntese da propia praia da vila, na que pedaleamos polo seu paseo.

Deseguida saimos de Sada e, no cercano lugar de Fontán, collemos un desvío para adentrarmos no Roteiro Mariñán costa Doce, que seguiremos uns bos quilómetros, nos cales pedaleamos por sendeiros divertidos, sempre ó carón da línea costeira, lonxe de aglomeracións e descubrindo interesantes recantos.

Na fermosa praia de Cirro despedimos este roteiro para ir lixeiramente cara ó interior. Non moito, pero a uns metros da costa atopamos interesantes carreiros para serpentear coa bicicleta e achegarme á costa de Dexo e ó Seixo Branco, unha zona moi sonada entre os ciclistas da comarca, polas vistas e mais polos sendeiros tan fermosos que posúe.

Deixo atrás este monumento natural para dirixirme, xa por asfalto, ó faro da veciña localidade de Mera, que mais que por sí mesmo, nos interesa pola magnífica panorámica que dende a súa posición na punta do mesmo nome se ten sobre a cidade da Coruña.

Atraveso Mera pola estrada que vai dirección coruña, da cal me aparto para chegar a Santa Cruz por outra vái mais tranquila, anque tamén sexa asfaltada, pero polo menos vou tranquilo e podo ver o castelo e a praia de Santa Cruz.

Aproveito o parque das Galeras para seguir avanzando e chegar a Bastiagueiro, outra das icónicas praias da comarca e, case a continuación, Santa Cristina e polo Paseo da Ría, chego á Ponte Pasaxe que me mete case no casco da Coruña.

Antes tomo un desvío polo hospital Materno Infantil e o de Oza, aproveitando unha estrada estreita (ollo, de único sentido inverso ó noso!), e có que chego á paia de Oza pasando pola fronte da Escola de Fisioterapia. Xa estou á altura do porto da Coruña.

Dada a imposibilidade de circular polo seu interior, vémonos na obriga de bordealo para non perder a perspectiva do mar intentando evitar o mais posible o agobio da cidade. Nesto, chego á marina e, deste xeito, o carril bici que vai polo Paseo da Cidade Herculina.

Así, vou pasando por diante da marina, do Castelo de San Antón, el dique de abrigo... Al llegar a la altura de San Amaro bajo a la playa, para bordear el Club del Mar y en Adormideras pedalear polo denominado “Paseo dos Menhires”, cós menhires pola Paz e o monumento ás vítimas do franquismo. Un achegamento á Punta Herminia, e xa estou na Torre de Hércules.

Tras tirar unhas fotos da Torre e mais da Rosa dos Ventos, baixo ó carreiro que rodea a torre e volvo a incorporarme ó paseo marítimo en dirección Riazor, pasando pola Casa dos Peces, a Casa do Home...

Eiquí remata a xornada.

-De Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme
-De Ferrol a Fisterra. Etapa 3: Corme-Camariñas
-De Ferrol a Fisterra. Etapa 4: Camariñas-Fisterra
-De Ferrol a Fisterra en bicicleta de montaña, pola costa

Máis ainda:
-Travesía do litoral cantábrico galego. Ribadeo-Ferrol

Waypoints

PictographPhoto Altitude 75 ft
Photo ofCaracola de Punta Herminia

Caracola de Punta Herminia

Coberturas Artificiais

PictographCastle Altitude 43 ft
Photo ofCastelo Da Palma Photo ofCastelo Da Palma Photo ofCastelo Da Palma

Castelo Da Palma

Castelo Da Palma

PictographCastle Altitude 13 ft
Photo ofCastelo de San Antón

Castelo de San Antón

Muro

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofCastelo Ou Batería Do Segaño Photo ofCastelo Ou Batería Do Segaño Photo ofCastelo Ou Batería Do Segaño

Castelo Ou Batería Do Segaño

Castelo Ou Batería Do Segaño

PictographPhoto Altitude 59 ft
Photo ofEntrada ó sendeiro do Seixo

Entrada ó sendeiro do Seixo

España

PictographPhoto Altitude 161 ft
Photo ofFaro de Mera

Faro de Mera

Mato

PictographPanorama Altitude 49 ft
Photo ofMenhires Pola Paz

Menhires Pola Paz

Menhires Pola Paz

PictographPhoto Altitude 66 ft
Photo ofMirador da ría Photo ofMirador da ría

Mirador da ría

20 m altura

PictographPhoto Altitude 49 ft
Photo ofMonumento Ás Vítimas Do Franquismo

Monumento Ás Vítimas Do Franquismo

Monumento Ás Vítimas Do Franquismo

PictographPhoto Altitude 117 ft
Photo ofO Seixo Branco Photo ofO Seixo Branco Photo ofO Seixo Branco

O Seixo Branco

Senda

PictographPhoto Altitude 22 ft
Photo ofPaseo Marítimo de Ares Photo ofPaseo Marítimo de Ares Photo ofPaseo Marítimo de Ares

Paseo Marítimo de Ares

Avenida Saavedra Meneses

PictographPanorama Altitude 10 ft
Photo ofPaseo marítimo de Mugardos Photo ofPaseo marítimo de Mugardos Photo ofPaseo marítimo de Mugardos

Paseo marítimo de Mugardos

Porto de Mugardos

Photo ofPeirao de Maniños

Peirao de Maniños

Curva de Nivel Intermedia

PictographPhoto Altitude 12 ft
Photo ofPonte sobre a Liña Ff.Cc. Photo ofPonte sobre a Liña Ff.Cc.

Ponte sobre a Liña Ff.Cc.

Línea Ff.Cc.

PictographBeach Altitude 14 ft
Photo ofPraia da Madalena. Cabanas

Praia da Madalena. Cabanas

Ru Doctor Lopez Lallan

PictographBeach Altitude 29 ft
Photo ofPraia de Cirro Photo ofPraia de Cirro

Praia de Cirro

Zonas Urbanas

PictographBeach Altitude 12 ft
Photo ofPraia de Gandarío

Praia de Gandarío

Praias

PictographBeach Altitude 18 ft
Photo ofPraia de Maniños

Praia de Maniños

Camino

PictographBeach Altitude 7 ft
Photo ofPraia e castelo de Santa Cruz

Praia e castelo de Santa Cruz

Praias

PictographPhoto Altitude 27 ft
Photo ofPunta Carboeira Photo ofPunta Carboeira

Punta Carboeira

Mato

PictographPhoto Altitude 23 ft
Photo ofPunta Modia Photo ofPunta Modia Photo ofPunta Modia

Punta Modia

España

PictographPhoto Altitude 44 ft
Photo ofRedes Photo ofRedes

Redes

España

Photo ofTorre de Hércules Photo ofTorre de Hércules Photo ofTorre de Hércules

Torre de Hércules

Torre de Hércules (103.48 M)

Photo ofVilla Romana de Noville Photo ofVilla Romana de Noville

Villa Romana de Noville

PictographPhoto Altitude 66 ft
Photo ofVista de As Mirandas Photo ofVista de As Mirandas

Vista de As Mirandas

Cultivos E Prados

PictographPhoto Altitude 33 ft
Photo ofVista de Navantia e a Ponte das Pías Photo ofVista de Navantia e a Ponte das Pías

Vista de Navantia e a Ponte das Pías

PictographPhoto Altitude 8 ft
Photo ofVista dende o Seixo

Vista dende o Seixo

España

Comments  (2)

  • Photo of jertopgun
    jertopgun Dec 17, 2017

    Hola por favor he estado echandole un vistazo, me podias decir si es todo por camino,

    Gracias de antemano

  • Photo of julk
    julk Dec 18, 2017

    Todo, todo... Mira, esto é Galicia. Haiche moito sendeiro, pero se metes todo sendeiro, corres o risco de que en seis meses a ruta esté impracticable...

    Polo tanto, eu metín todo o que puiden, evitando os carreiros "novos", que teñen os seus días contados.

    Entre Miño e Sada, por outra banda, non hai moito onde rascar, así que ese tramos vai por estrada, tentando evitar a nacional, malia que sexa imposible por momentos

    Agardo que despexara as túas dúbidas. Un saúdo!

You can or this trail