Activity

De Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme

Download

Trail photos

Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme

Author

Trail stats

Distance
68.62 mi
Elevation gain
7,795 ft
Technical difficulty
Very difficult
Elevation loss
7,733 ft
Max elevation
860 ft
TrailRank 
63
Min elevation
39 ft
Trail type
One Way
Time
10 hours 42 minutes
Coordinates
8958
Uploaded
October 15, 2017
Recorded
September 2017
Share

near A Coruña, Galicia (España)

Viewed 2445 times, downloaded 108 times

Trail photos

Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme

Itinerary description

Comezo a xornada frente á praia de Riazor, xusto no punto na que o deixei onte, no paseo marítimo da Coruña, fronte á praia de Riazor.

Polo momento aínda podo pedalear polo paseo marítimo da cidade herculina, buscando a beira do mar por detrás das Escravas e buscando o Millenium, moderna construción que pecha a entrada á bahía da Coruña, comprementando á icónica Torre de Hércules.

A partires deste momento, o paseo marítimo vai deixando progresivamente de ser urbano. Á altura do elevador panorámico do Monte de San Pedro me deteño un intre para mirar a panorámica da cidade dende a escultura do polbo de San Pedro, unha curiosa escultura recuberta con fragmentos de cerámica de cores que lle dan un aspecto cambiante segundo lle dea o sol.

Continúo a miña marcha, xa con andarines mais “profesionais”, cara ó portiño, onde fotografío a sonada escultura da ventana ó Atlántico, e poño punto final ó extenso Paseo Marítimo da Coruña.

Porque aínda hai un tramo habilitado ó carón do mar ata mais adiante, bordeando a depuradora, pero xa non ten nada que ver có anterior en canto a firme e, sobre todo, número de usuarios.

Uns metros mais adiante, xa se remata a terra para entrar nunha estrada ben solitaria pola que pedaleo sen deixar o mar cara o lugar de Suevos, deténdome antes para ver unha panorámica do monstruoso (por pouco estético) porto exterior da Coruña, e avanzar cara Sabón, onde a tranquila praia e o coidado paseo non logran disimular a presenza da pranta térmica nin do resto de fábricas do polígono do mesmo nome do concello de Arteixo.

Sexa como for, pedaleamos por este amplo e tranquilo espazo con zonas delimitadas para o tránsito de bicicletas ata a praia de Barrañán, mentras polo camiño se van sucedendo pequenos e senlleiros areais, e algún mais grandiño, coma o de Valcobo.

Tiramos unha foto á praia de Barrañán, recoñecible polas dunas, e moi recoñecida polos surfistas.

Uns centos de metros por unha estrada local, sen coche algún, e xa enlazo có sendeiro denominado “Romería da Virxe dos Milagres de Caión: roteiro a pé”. este roteiro, a pesar do indicado, é perfectamente utilizable polas bicicletas, e nos leva por sendeiros e pistas ben tranquilas, totalmente ciclables, ata os últimos metros antes da poboación, nos que inevitablemente hai que acudir á estrada. Pero a visión de Caión dende o alto tamén paga a pena...

Por certo que a baixada tamén ten o seu puntiño. As rúas da vila teñen unha pendente considerable, e algún tramo con cemento raiado e curvas pronunciadas hai que negocialo có cú ben atrás do sillín. Quedades avisados.

Dou unha volta polo porto, bordeo a península na que está enclavada a vila, e xa chego ó paseo marítimo, moi tranquilo e agradable de pedalear. De feito, é un sendeiro azul.

xa fora do ámbito urbano, pasa a ser unha coidada pista pedestre e, máis tarde, unha pista máis ancha, sen perder de vista o mar.

E nesas andamos, pisteando á beira do mar, ata chegar ós arredores da lagoa de Baldaio, un fermoso conxunto lagoar con praia salvaxe. Tras tirar a foto, teño a dúbida de atravesar o areal, o bordealo alternando pistas de terra/area e asfalto. Opto pola segunda opción, máis rápida e continuísta...

Aínda así, cruzala non é gratis, polo que case me alegro cando deixo atrás o entorno da lagoa en entro no contiguo da praia de Razo, con moitos servizos e bastante animación.

Deixo atrás Razo por unha estrada con forte pendente, que pasa a ser unha pista de terra pola que case non se da pedaleado. A partires de eiquí, pistas de terra se alternan con carreiros case pechados de maleza, todo moi salvaxe e cun punto técnico. En esencia, e con pequenas modificacións, é a Ruta dos pinos no mar, que une xusto o areal de Razo con Malpica. A ruta, de 30 qms, está sinalizada, amais de polas pertinentes liñas paralelas branca e amarela, por un símbolo de bicicleta, posto que está pensada para este medio de locomoción.

Quero anotar que a ruta non é lineal, e que tiven que dar varias voltas porque algún camiño estaba pechado, e algún outro impracticable, como a continuación dos muiños da ribeira, lugar ó que accedín, pero tiven que voltar polo mesmo camiño.

Xa neste, pronto alcanzo a seguinte localidade: Malpica.

Accedo á localidade bergantiñana polo porto, que ten unha curiosa estatua na que se lembra que “en tempos, os fortes homes de Malpica cazaban a balea por lonxanos mares”. Posteriormente bordeo a localidade para, ó uotro lado do promontorio, chegar á praia de Area Maior, e o paseo que a acompaña. Neste punto tamén vezo por primeira vez as illas sisargas e contacto có Camiño dos Faros, unha fermosa iniciativa que me vai guiar nas xornadas sucesivas ata chegar a Fisterra.

A Asociación Camiños dos Faros, creada a finais do 2012, levou a cabo a idea de xuntar un trazado que unira Malpica con Fisterra nunha senda á beira do mar. Eu xa daquela andaba interesado na ciclabilidade de tal ruta, así que contactei con eles e me informaron que era pouco factible facela en bici, pero que estaban traballando nun percorrido paralelo, adaptado ás BTT.

Xusto no 2017, cando eu estaba disposto a facer o meu propio percorrido, a asociación da a coñecer o prometido traballo. Era finais de xuño, e eu ía facer a miña viaxe en setembro. Decidido!

Ben. Como ía decindo, en Malpica engancho có percorrido dos Faros, que primeiro vai polo paseo da praia de Area Maior, aínda dentro do núcleo urbano,para logo pasar a ser un carreiro de pedra miúda que ascende progresivamente ata chegar a unha construcción de base plana, que serve como miradoiro para Malpica e as Illas Sisargas.

Agora o camiño pasa a ser asfalto sen deixar de ascender. Estamos no alto de San Adrián, no que tamén atopamos un pequeño descampado que dende a estrada non se aprecia, pero a uns metros que nos separemos podemos ver unha magnífica panorámica das Illas.

Ó pouco de coroar, deixamos o asfalto para comezar a baixada pola outra cara do cabo de San Adrián, admirando novas vistas á praia de Esteiro e a Punta Nariga.

Pero non adiantemos acontecementos: o descenso dende os 160 ata os 30 sobre o nivel do mar son moi divertidos, por carreiros no que apenas entra a bici e dos que rozan as pernas, pero alegran o espírito. Se todas as baixadas son coma esta, nos imos divertir!!!

A baixada remata na aldea de Beo, da que saimos por un tremendo sendeiro pegado á praia do mesmo nome que non quixéramos que rematara nunca, pero que morre prosaicamente nunha pista de concentración parcelaria. Logo de uns quilómetros de asfalto vemos outra praia, a de Seiruga ou Esteiro, na que desemboca o río Esteiro. Se non fose porque tiña que marchar, quedaba un rato neste sitio tan especial, tranquilo, con moito en canto, e con vistas de novo ás Sisargas.

Deixo atrás a fermosa praia subindo ó monte da Ínsua por unha pista para descender e pedalear pola parte sur, accedendo a un novo areal, de novo moi fermoso e recollido, o de Barizo, ó que entramos por unha curiosa calzada empedrada.

Coa cabeza aínda pensando no ben que estaríamos lendo na praia, comezamos o ascenso ó monte Asalo, de 222 m sobre o nivel do mar. Afortunadamente, non chegamos ó cumio, pero a subida é dura, peleona e por veces, desesperante. Ó principio é asfalto, pasa logo a ser pista de terra e, finalmente, sendeiro con tramos de pendente imposible, unido a vexetación que quere pecharnos o paso.cando chegamos ó noso punto mais alto, o GPS marca 194m sobre o nivel do mar. Acadados en 3.3 qms sen piedade...

Unha baixada “marca da casa”, por sendeiro serpenteante, nos deixa nunha estrada asfaltada. A pantalla do GPS di que estamos a 138m sobre do nivel do mar, e hai unha bifurcación. Pois nada, toca deixarse ir pendente abaixo cara Punta Nariga para logo volver ascender a este punto. Non contemplo outra alternativa.

O faro de Punta Nariga sobrecolle polo seu enclave, a súa soledade e, unah vez alí, pola súa construcción, con forma de proa de barco.

Volvo a ascender pola estrada ata prácticamente o sitio onde saín antes do sendeiro para coller outro no mesmo sentido, de modo que baixo cara a outra parte do Asalo, coma sempre por uns sendeiros ben divertidos. O problema chega cando tocamos a altura do mar, porque o borde é rochoso, e compartimos percorrido có trazado sendeirista, pero neste caso non é moi fluído para a bicleta. Con paciencia e non sen coidado chegamos á praia de Niñóns, xa no concello de Ponteceso.

Con certo recelo atraveso o areal, porque non tiña claro que houbera algo do outro lado. Pero sí había, un carreiro fermoso que vai dar a unha pista rodeada de árbores e morre na aldea de Niñóns.

Unha vez alí, collo a estrada de Ponteceso a Laxe un par de quilómetros para desviarme á dereita nun cruce que anunciaba “mirador monte do Faro”.

Unha corta pero intensa subida por asfalto morre na capela da Nosa Señora do Faro, unha pequena capela rural cunha construcción no seu adro, unha curiosa torre de 39 metros de altura e á que se pode ascender, salvando 133 chanzos, pra ver a panorámica dende arriba, unha fermosa vista ó porto de Corme, á ría de Corme e Laxe, e mésmo se pode ver o Cabo Vilán. Din que é unha das mellores vistas da Costa da Morte, pero persoalmente non iría tan lonxe. Sería, eso sí, un dos puntos máis curiosos e interesantes da comarca (ver artigo na prensa).

Deixo atrás o monte por pistas en bo estado para contactar de novo coa estrada que baixa a Corme, pero tan só uns metros, porque deseguida o camiño aparta á dereita, cara ó monte da Barda. Ascendo polas pistas do parque eólico mirando cara a praia da Barda a ata Punta Nariga, ata chegar á aldea do Roncudo, lugar onde se cambia a vista, e xa se ve Punta Roncudo e Laxe...

Xa na baixada cara ó mar, me deteño uns intres para admirar esa paisaxe e tirar unhas fotiños.

O resto entra dentro da tónica: unha baixadiña por sendeiro, con moita curva e perfectamente mantida. Chego á estrada moi preto do faro de Roncudo e có ánimo polas nubes.

Baixo ata o faro e, deseguida, reparo nas cruces brancas que alí hai, postas polos familiares en honra ós pescadores desaparecidos, e cuxos corpos non apareceron (nos ultimos anos se estima que ó redor de 150).

Có corazón encollido, emprendo a marcha cara Corme por unha especie de carril bici, un carril estreito pintado pola parte dereita da estrada, pero sin sinalizar. Deste xeito chego á vila, con intención de rematar aí a miña xornada.

Porque o sol estaba baixo, e xa levaba unha chea de quilómetros hoxe. Así, preguntei a uns veciños e xa me indicaron un hotel no núcleo (O HOTEL). A miña sorpresa veu cando chego á recepcioón e me din ¡que está cheo!. Un mércores de finais de setembro!. En fin, cousas do directo... Dez quilómetros de estrada cara Ponteceso, e rezar por ter sorte alá!.

Así, o track remata na saída de Corme, non reflexa a volta a maiores. Esta parrafada é para avisar de que estas cousas pasan.

Mais información:

-De Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña
-De Ferrol a Fisterra. Etapa 3: Corme-Camariñas
-De Ferrol a Fisterra. Etapa 4: Camariñas-Fisterra
-De Ferrol a Fisterra en bicicleta de montaña, pola costa

Máis ainda:
-Travesía do litoral cantábrico galego. Ribadeo-Ferrol

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Aldea do Roncudo

PictographPhoto Altitude 135 ft
Photo ofBanco panorámico

Banco panorámico

Cultivos E Prados

Photo ofCaión Photo ofCaión Photo ofCaión

Caión

Mato

PictographPhoto Altitude 744 ft
Photo ofCapela da Nosa Señora do Faro Photo ofCapela da Nosa Señora do Faro Photo ofCapela da Nosa Señora do Faro

Capela da Nosa Señora do Faro

Edificio

PictographPanorama Altitude 0 ft
Photo ofFaro de Punta Nariga Photo ofFaro de Punta Nariga

Faro de Punta Nariga

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofFaro Roncudo Photo ofFaro Roncudo Photo ofFaro Roncudo

Faro Roncudo

PictographLake Altitude 31 ft
Photo ofLagoa de Baldaio

Lagoa de Baldaio

PictographPhoto Altitude 46 ft
Photo ofMillenium Photo ofMillenium

Millenium

Millenium

PictographPhoto Altitude 419 ft
Photo ofMiradoiro das Sisargas

Miradoiro das Sisargas

Mato

PictographPhoto Altitude 218 ft
Photo ofMiradoiro Malpica Photo ofMiradoiro Malpica Photo ofMiradoiro Malpica

Miradoiro Malpica

Camiño Dos Faros

PictographPhoto Altitude 414 ft
Photo ofMirador do Roncudo

Mirador do Roncudo

Muro

PictographPhoto Altitude 23 ft
Photo ofMirador. Paseo de Caión Photo ofMirador. Paseo de Caión Photo ofMirador. Paseo de Caión

Mirador. Paseo de Caión

Cultivos E Prados

Photo ofMuíños da ribeira Photo ofMuíños da ribeira

Muíños da ribeira

Mato

PictographPhoto Altitude 130 ft
Photo ofO Polvo de San Pedro

O Polvo de San Pedro

A Coruña

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Porto de Corme

Photo ofPorto de Malpica

Porto de Malpica

PictographBeach Altitude 8 ft
Photo ofPraia de Area Maior Photo ofPraia de Area Maior

Praia de Area Maior

Praias

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Barrañán Photo ofPraia de Barrañán

Praia de Barrañán

Praia de Barrañán

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Esteiro Photo ofPraia de Esteiro

Praia de Esteiro

Praia de Esteiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Praia de Niñóns

PictographBeach Altitude 30 ft
Photo ofPraia de Razo Photo ofPraia de Razo Photo ofPraia de Razo

Praia de Razo

Área Recreativa

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Valcovo Photo ofPraia de Valcovo

Praia de Valcovo

Praia de Valcovo

PictographPhoto Altitude 62 ft
Photo ofVentá ó Atlántico

Ventá ó Atlántico

Mirador Ventana Al Atlántico

PictographPanorama Altitude 15 ft
Photo ofVista da praia de Riazor Photo ofVista da praia de Riazor Photo ofVista da praia de Riazor

Vista da praia de Riazor

Cantís E Rochas Costeiras

PictographPanorama Altitude 171 ft
Photo ofVista do porto exterior Photo ofVista do porto exterior

Vista do porto exterior

52 m

Comments

    You can or this trail