Activity

De Ferrol a Fisterra. Etapa 3: Corme-Camariñas

Download

Trail photos

Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 3: Corme-Camariñas Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 3: Corme-Camariñas Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 3: Corme-Camariñas

Author

Trail stats

Distance
49.72 mi
Elevation gain
4,685 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
4,718 ft
Max elevation
1,005 ft
TrailRank 
62 5
Min elevation
12 ft
Trail type
One Way
Time
8 hours 46 minutes
Coordinates
5953
Uploaded
October 19, 2017
Recorded
September 2017
  • Rating

  •   5 1 review
Share

near Corme-Porto, Galicia (España)

Viewed 1121 times, downloaded 73 times

Trail photos

Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 3: Corme-Camariñas Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 3: Corme-Camariñas Photo ofDe Ferrol a Fisterra. Etapa 3: Corme-Camariñas

Itinerary description

Despois do susto de onte, empezo a xornada facendo uns quilómetros por estrada ata retomar o meu camiño, ó final do núcleo de Corme, onde o deixei onte.

Uns metros de asfalto, chego á praia da Ermida, tranquila e fermosa nun entorno rural e protexido. Fronte a ela está a illa da Estrela, cun pasado que se perde na prehistoria:nela hai un castro e restos dunha capela adicada á virxe do mesmo nome. Na illa hai tamén antigas sepulturas de mariñeiros descoñecidos que traía o mar. Por último, no caso de marea viva (coma cando fun eu, mira a foto), é posible pasar a pé ó illote.

Saio da praia por un carreiro que pasa a camiño e me deixa ó pe dun novo hito, a sonadapedra da serpe de Gondomil, asombrosa representación dunha serpe alada, único caso coñecido en todo o mundo occidental.

Uns metros máis adiante xa aparece a aldea de Gondomil, e o noso camiño xa pasa por pistas de terra dende as que pode admirar fermosas vistas da pedra do Lagatón e da ría de Corme e Laxe.

A pista morre nunha estrada moi tranquila que remontamos ata os 139 m de alto, a 200 metros do mirador do monte Branco (eu non fun velo, do que me teño arrepentido motas veces), para acometer outra desas baixadas que se lembran: moita pedra solta, curvas e, ainda por riba, terreo esbaradizo.

Deste xeito, remata a baixada a nivel do mar, no medio dunha vexetación moi particular: estou no esteiro do río Anllóns, para pedalear por unha fermosa senda que nos vai metendo na vila de Ponteceso.

Danos a benvida a ponte que lle da nome á vila, porque ata a idade media, o Anllóns se lle chamaba río Zeso. Nunha casa á súa beira naceu, en 1835, o poeta e bardo Eduardo Pondal.

Cruzo a ponte e, polo tanto, o río Anllóns, e entro no concello de Cabana de Bergantiños, facendo uns metros de estrada, da que deseguida me aparto para ir na percura da senda do Anllóns, unha senda marítima peonil, que percorre a desembocadura do río durante 4 qms de agradable paseo, sen desniveis, e sen perder de vista o mar.

Este paseo remata nas Grelas, onde só temos que atravesar unha estrada polo paso de peóns e xa nos metemos no rego dos muíños, un paseo en plena natureza no que vemos 24 muíños ó longo dun regato, que vai ascendendo progresivamente por un terreo que alterna firme de pedra fina con pasarela de madeira moooi esbaradiza en días húmidos, e nos desniveis máis marcados, chanzos feitos con troncos, que tamén hai que abordar con precaución.

Neste tramo, o Camiño dos Faros deixa por primeira vez a costa de forma clara, pero é que no interior hai cousas que no se poden pasar por alto...

A primeira delas aparece ben pouco despois de rematar o rego dos muíños, no medio dunha carballeira: é o castro de Borneiro, un dos primeiros da Galiza en ser excavado, e moi interesante por ser un dos poucos castros con todas as construccións (neste caso, 36), de forma redonda, por non estar influenciado polos románs.

Deixo atrás o fermoso castro por unha pista moi arbolada, cruzo as estrada provincial e empezo a rodar por corredoiras, ata que chego a unha estrada e, fronte a min, vexo unha construcción de boa envergadura; algo importante albergará!

E tanto que sí: no seu emprazamento orixinal se fixo un centro de interpretación, e non é inmerecido, porque o dólmen de Dombate é considerado “a catedral do megalitismo” na Galiza. Visitei o dólmen e mais a réplica exacta que teñen no centro para que se vexan con detalle uns grabados e restos de pintura que aínda conserva.

Deixo atrás o monumento e, tras uns centos de metros de asfalto, viro a unha pista de terra que logo pasa a ser un carreiro cunha forte pendente. Tan forte que varios tramos teño que facelos a pé. Claro que, cando remata o ascenso, estou a 320 metros sobre o nivel do mar. É o castelo de lourido, punto máis alto do Camiño dos Faros. Aí hai un vértice xeodésico dende o que según din, se pode ver unha magnífica perspectiva de Laxe e máis da desembocadura do Anllóns, pero o día que eu fun había unha néboa pecha que nnon deixaba apenas ver.

A baixada foi como as anteriores: sendeiro estreito, limpo e con boa pendente. Tanta, que boite en falta a tixa telescópica. Amais, a terra húmida fixo todo un punto máis divertido.

Total, que acaba a terra e aparecen casas: Dornela, Canduas, Taboido... e baixo cara ó mar. De súpeto, non vexo o track na pantalla do GPS. Pero sí vexo marcas: serán as correspondentes ó percorrido a pé, polo que volto atrás a buscar o meu cruce.

Pero ó chegar a él, entendo o motivo polo que se me pasou: o camiño estaba pechado de vexetación, impracticable. A opción pasa a ser continuar pola outra ruta.

Esa ruta bordea a liña da costa nun contínuo sube e baixa non sempre ciclable, pero sí espectacular. Paga a pena camiñar coa bici na man, vendo a natureza.

Chegando á praia de Rebordelo contacto de novo có track de bicicleta, que neste punto se aparta uns metros do mar para ir á estrada provincial un par de centos de metros e volver saír na busca dun promontorio rochoso, a punta do cabalo, dende onde teño unha vista privilexiada da ría.

Continúo o meu camiño por uns sendeiros entre vexetación baixa, ata que chego á estrada, xa a tiro de pedra de Laxe.

Concretamente, do seu paseo marítimo, que percorre, de punta a punta, toda a praia da localidade, aproximadamente 1600 metros. Xusto nese punto, o camiño aparta da primeira liña de mar para ir buscar a punta de Laxe, onde imos atopar o faro de Laxe, onde aparte da esperable construcción, idéntica ó de Roncudo, tamén poderemos ver unha especie de mesas con claro aire de castro celta, e unha fermosa escultura de bronce, denominada “a espera”, e mostra unha nai có seu fillo en brazos, mirando á costa para atopar o barco que nunca chegará. Tal escultura resiste o paso do tempo de igual maneira que o fan as familias que superan a ausencia dos mariñeiros desaparecidos.

No mesmo faro xa sae o noso carreiro, que baixa cara ó mar serpenteando entre rocas. Unha vez máis, non vexo posible continuar polo percorrido das bicicletas, e sigo o dos andaríns, polo que alterno os equilibrios cós porteos.

Deste xeito, completo a volta ó saínte para continuar cara ó sur, e por unhas tranquilas pistas de terra chego á praia de Soesto, que atraveso por un camiño medio terra, medio area. Logo de deixar atrás o areal, xa continúo por uns fermosos camiños estreitos e con moita pedra, o que obriga continuamente a elexir ben a trazada...

Nestas chego á praia de Trabe, e deseguida, a lagoa do mesmo nome. O camiño está perfectamente delimitado por madeiras que nos permiten o pedaleo despreocupado, centrado no desfrute e non en evitar a erosión.

Deixado atrás o entramado artificial, volvo ó camiño costeiro, que neste punto da un xiro máis ó bravío. O denominado “camiño a Camelle” é un sendeiro con pedra, moita pedra, tanta que se fai dificultoso o pedaleo a estas horas, coa fatiga acumulada e a mochila no lombo. Sen estes atrancos, abofé que sería delicioso!!.

Como era de esperar, pronto vin a praia de Camelle, unha pequena vila mariñeira que hoxe é coñecida por albergar as obras de Man, o artista que ligou gran parte da súa vida e da súa obra á vila.

Despois de pasar a praia, o porto e os museos de Man, remata a pequena Camelle. Agora o meu camiño continúa pola ruta do litoral de Camariñas. É unha ruta sinxela, que transcorre por unha paisaxe virxen, con solitarias praias e espectaculares vistas. Pasarei á beira da duna do monte branco, a máis alta de europa cós seus 157 metros de alto, que ademais é a maior reserva de caramiñas de galicia, pranta que da nome ó municipio.

Todo o percorrido ten firme de terra ou asfalto, é ancho e moi solitario, polo que supón un goce prós sentidos...

Un dos hitos mais chamativos deste tramo é o cemiterio dos ingleses, un lugar que sobrecolle polo seu emprezamento, pero máis aínda pola súa historia.

Volto á pista de terra, e continúo pedaleando nese fermoso paraxe, ata que chego a un novo faro, neste caso o Faro de Cabo Vilán, outro dos hitos do Camiño, un sitio singular dos que paga a pena visitar.

Deixo atrás o faro e a dureza do mar, e continúo o meu camiño por un camiño costeiro que se vai achegando a unha construcción que se ve nun promontorio. Ó chegar ó seu pe, un panel xa me aclara qué vou ver: a ermida da nosa señora do monte, dende onde podemos desfrutar de unhas marabillosas vistas á costa, tanto cara ó norte, onde se ve o cabo Vilán, como cara ó sur, onde poderemos ver Muxía, o monte Buitra e cabo Touriñán.

Dende este punto, camiños favorables xa me achegan ó final da etapa de hoxe, Camariñas, lugar ó que accedo dende unha esplanada que semella un parque urbano e realmente son os restos do castelo do soberano, realmente o que queda dunha antiga batería defesiva.

Nada queda mais que pedalear plácidamente polo seu paseo marítimo, admirando o aroma a mar que emana por todas partes na vila...

Mais información:

-De Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña
-De Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme
-De Ferrol a Fisterra. Etapa 4: Camariñas-Fisterra
-De Ferrol a Fisterra en bicicleta de montaña, pola costa

Máis ainda:
-Travesía do litoral cantábrico galego. Ribadeo-Ferrol

Waypoints

PictographMonument Altitude 13 ft
Photo ofCasa da cultura. Museo de Man Photo ofCasa da cultura. Museo de Man

Casa da cultura. Museo de Man

Axencia de Lectura Municipal de Camelle

Photo ofCastelo Do Soberano

Castelo Do Soberano

Batería Do Soberano

Photo ofCastro A Cibdá de Borneiro Photo ofCastro A Cibdá de Borneiro Photo ofCastro A Cibdá de Borneiro

Castro A Cibdá de Borneiro

PictographPhoto Altitude 33 ft
Photo ofCemiterio Dos Ingleses Photo ofCemiterio Dos Ingleses

Cemiterio Dos Ingleses

Cementerio Dos Ingleses

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Duna de Monte Branco

Photo ofDólmen de Dombate Photo ofDólmen de Dombate Photo ofDólmen de Dombate

Dólmen de Dombate

PictographPhoto Altitude 197 ft
Photo ofErmida de Nosa Señora Do Monte Photo ofErmida de Nosa Señora Do Monte Photo ofErmida de Nosa Señora Do Monte

Ermida de Nosa Señora Do Monte

Ermida de Nosa Señora Do Monte

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofFaro de Laxe

Faro de Laxe

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofFaro Do Cabo Vilán Photo ofFaro Do Cabo Vilán Photo ofFaro Do Cabo Vilán

Faro Do Cabo Vilán

Faro Do Cabo Vilán

PictographPhoto Altitude 61 ft
Photo ofFurnela Mundiña (antes faro) Photo ofFurnela Mundiña (antes faro)

Furnela Mundiña (antes faro)

Camiño Dos Faros

PictographWaypoint Altitude 151 ft

Miradoiro da Ínsua

46 m

PictographSummit Altitude 0 ft
Photo ofMonte Castelo de Lourido Photo ofMonte Castelo de Lourido

Monte Castelo de Lourido

Photo ofMonumento a Pondal

Monumento a Pondal

Zec Costa Da Morte

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofMuseo ó aire libre de Man

Museo ó aire libre de Man

PictographMonument Altitude 61 ft
Photo ofPedra da Serpe Photo ofPedra da Serpe

Pedra da Serpe

A Coruña

PictographBridge Altitude 0 ft
Photo ofPonte de Ponteceso

Ponte de Ponteceso

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofPorto pesqueiro de Camariñas

Porto pesqueiro de Camariñas

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Porto Pesqueiro de Camelle

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia Da Ermida

Praia Da Ermida

Praia Da Ermida

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Arou Photo ofPraia de Arou

Praia de Arou

PictographBeach Altitude 13 ft
Photo ofPraia de Camelle

Praia de Camelle

Dunas

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Laxe

Praia de Laxe

PictographWaypoint Altitude 97 ft

Praia de Lobeiras

Camiño Dos Faros - Btt

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Praia de Reira

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Soesto

Praia de Soesto

PictographLake Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Traba

Praia de Traba

PictographPhoto Altitude 157 ft
Photo ofPunta do Cabalo Photo ofPunta do Cabalo

Punta do Cabalo

Pedra Do Lagartón (52 M)

PictographRiver Altitude 0 ft
Photo ofRego dos Muiños Photo ofRego dos Muiños

Rego dos Muiños

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Senda do Anllóns

Comments  (2)

  • balavag Jul 25, 2022

    Que pena que hayas optado en ponerlo todo en gallego… antes se entendía

  • Photo of julk
    julk Jul 25, 2022

    Buenas! Siento que no entiendas el gallego. Pero se soluciona de manera tan sencillo como poner el texto en un traductor on line, si no te da tu navegador esa opcion de forma automática...

You can or this trail