Activity

Desde Coruña ao Xalo, indo por Cambre, Andeiro e Sergude, volvendo por Boedo e Ledoño.

Download

Trail photos

Photo ofDesde Coruña ao Xalo, indo por Cambre, Andeiro e Sergude, volvendo por Boedo e Ledoño. Photo ofDesde Coruña ao Xalo, indo por Cambre, Andeiro e Sergude, volvendo por Boedo e Ledoño. Photo ofDesde Coruña ao Xalo, indo por Cambre, Andeiro e Sergude, volvendo por Boedo e Ledoño.

Author

Trail stats

Distance
40.08 mi
Elevation gain
5,072 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
5,072 ft
Max elevation
1,663 ft
TrailRank 
38
Min elevation
-238 ft
Trail type
Loop
Time
7 hours 5 minutes
Coordinates
5294
Uploaded
October 15, 2016
Recorded
October 2016
Be the first to clap
1 comment
Share

near Visma, Galicia (España)

Viewed 1183 times, downloaded 22 times

Trail photos

Photo ofDesde Coruña ao Xalo, indo por Cambre, Andeiro e Sergude, volvendo por Boedo e Ledoño. Photo ofDesde Coruña ao Xalo, indo por Cambre, Andeiro e Sergude, volvendo por Boedo e Ledoño. Photo ofDesde Coruña ao Xalo, indo por Cambre, Andeiro e Sergude, volvendo por Boedo e Ledoño.

Itinerary description

Comezábamos o camiño co monte Xalo na mente, e a idea de chegar ao punto máis alto da comarca. Xa o coroáramos noutra ocasión, pero desta vez pensábamonos achegar a el desde o leste, e facer unha ruta de moitos kilómetros antes e despois do alto.

Saímos desde o centro da Coruña e fomos dirección da ponte pasaxe, aproveitando o paseo da ría do Burgo, e as pistas xunto ao río Mero. A altura de Cambre separámonos do río e fomos cara Meixigo. Neste punto o track parece facer un estraño, mais en realidade fomos nós que tivemos que dar un par de voltas, xa que non atopábamos o camiño, pois nun punto había unha sebe que parecía dunha finca particular, pero que en realidade corta o camiño. Pódese abrir para pasar, pero coidado aos que vaian detrás, é fácil equivocarse.

Continuamos camiño misturando pistas e asfalto polas aldeas de Meixigo, San Lourenzo e Andeiro, ata chegar ao paso da A6, por un tunel preto do centro ecuestre Pinteño. A partir pasamos pola estrada do rego da Breixa, unha subida entre campos de cultivo que aínda que asfaltada penso ten moito encanto. Antes de chegar a Santa María de Vigo, collimos a pista da Fonte Moura (este cruce está sinalizado), e atravesamos unhas pistas forestais moi divertidas que nos levan ata Sergude. Cruzamos a nacional 550 na altura do polígono dos Capelos, preto de Carral, co Xalo xa na vista e desexosos de batirnos.

Achegámonos polas pistas de Vilamouro e da Brexa, e sen chegar á Folgueira, atopamos as faldas do Xalo no rego da Uceira. Neste punto escollimos un sendeiro quizais un tanto pechado de máis, que non permite subir montados na bici, xa que é demasiado estreito e pendente, con moita maleza e raíces. Queda para outra ocasión, pero seguramente hai vertentes máis cómodas para esta parte. Hai uns metros de asfalto no que se fai unha V na estrada, e á dereita collimos unha pista de cemento que sube endiañada cara arriba. Despois vólvese de terra, e leva recta e moi pendiente ata a rúa da Gacela, xa xunto a urbanización do Xalo. Cabe comentar respecto a esta pista que é verdadeiramente difícil, porque se ascende moito en poucos metros, e nós tivemos que botar pé a terra unha boa parte tamén.

Unha vez probadas as dúas vertentes do Xalo, creo que é máis sinxela a subida desde o oeste, polo paseo do rego das Xesteiras e ir buscando as pistas do circo do Xalo. Esta vertente polo leste sube en moitos menos kilómetros, pero obriga a baixar moito da bici. Quizais hai vertentes mellores, como as da ruta jurásica de JOLIN (https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12035816). Probaremos doutra.

A última parte da subida ata o Petón xa é algo máis sinxela, e rodamos algo máis relaxados, vendo preto a meta. No alto aproveitamos para tomar algo de comer e unhas fotos das magníficas vistas. Porén, quedaba aínda a baixada que ía ser máis dura do que esperabamos.

A primeira parte, polo circo do Xalo é sinxela e rodadora, por pistas ben preparadas. O complicado chega cando xa perfilas a baixada cara Boedo polo monte Castelo, máis ou menos no kilómetro 41 do track, onde as baixada énchese de pedras moi grandes e aumenta a pendiente. É un descenso técnico, divertido para facer btt, pero que obriga a facerlo lento, e a botar pé a terra nalgún tramo en concreto perigoso. É un tramo interesante, pero quizais demasiado duro para a ruta longa que pensabamos facer.

Finalmente chegamos a Boedo, máis tarde e máis cansos do que esperabamos. No bar "O puente" decidimos encher de novo os botellíns e comer algo de chocolate, pero tamén acortar un pouco a ruta. A idea inicial era facer a volta polo soto de Bregua, Orro e o monte das Arcas, pero non tiñamos nin o tempo nin as forzas necesarias.

Así que a partir deste punto non collimos apenas máis pistas e escollimos un camiño máis chan. Baixamos ata Ledoño, e desde alá cruzamos ata Culleredo, evitando no posible as estradas máis grandes. Na altura de Vilaboa xa collimos a nacional e entramos a Coruña por Eirís, co que non repetimos nada do camiño da ida.

En resumo, trátase dunha ruta moi bonita, que precisa de todo o día para facerse, polo menos no inverno. Quizais unha maneira de facela máis sinxela sería non dar tanto rodeo antes da subida do Xalo, aínda que penso que as pistas da zona de Vigo e Sergude pagan moito a pena. Tamén creo que xuntar nunha mesma ruta a subida pola zona máis difícil e a baixada máis técnica a Boedo fana demasiado pesada, e iso obriga coller asfalto no último tramo. Porén, tal como está non deixa de ser un reto para todos os que buscan aventuras fortes, e facela completa volvendo polas Arcas, queda prometida para outra vez.

Comments  (1)

  • Photo of JoshuaSom
    JoshuaSom May 20, 2018

    Si conoces la ruta está bien, pero sino.. el track deja bastante que desear.

You can or this trail