Activity

Goián - Esteiro do Miño - Vila Praia de Áncora

Download

Trail photos

Photo ofGoián - Esteiro do Miño - Vila Praia de Áncora Photo ofGoián - Esteiro do Miño - Vila Praia de Áncora Photo ofGoián - Esteiro do Miño - Vila Praia de Áncora

Author

Trail stats

Distance
32.51 mi
Elevation gain
305 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
305 ft
Max elevation
74 ft
TrailRank 
41
Min elevation
-10 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 6 minutes
Coordinates
3490
Uploaded
July 17, 2022
Recorded
August 2021
Be the first to clap
Share

near Goián, A Galiza (Espanha)

Viewed 27 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofGoián - Esteiro do Miño - Vila Praia de Áncora Photo ofGoián - Esteiro do Miño - Vila Praia de Áncora Photo ofGoián - Esteiro do Miño - Vila Praia de Áncora

Itinerary description

Ruta en bicicleta polo Esteiro e Desembocadura do Miño, na que gozaremos das dúas beiras do río (Galicia e Portugal) e nos achegaremos ata Vila Praia de Áncora, pasando por Vilanova da Cerveira e Caminha. Trátase dun percorrido circular, que aproveita a Ecopista do Minho e as pistas e sendeiros de pescadores da beira galega, totalmente chan e que conta co atractivo de cruzar o río Miño en barco de Caminha a Camposancos (A Guarda). Por este motivo, é indispensable á hora de preparar a ruta ter en conta os horarios das mareas e dos transbordadores, xa que varían dun día a outro (recoméndase consultalos na páxina web do concello da Guarda). É unha ruta para realizar en bicicleta de montaña ou gravel, xa que non se trata dun terreo técnico pero si conta cun firme irregular (de terra e algún treito de area).

CRÓNICA

O punto de inicio da nosa ruta é o embarcadoiro de Goián, xa que se trata dun espazo no que é moi sinxelo aparcar e que nos permite chegar ao descanso obrigado do traxecto en barco con boa parte do quilometraxe xa realizado (aínda así, ao tratarse dun percorrido circular, pode comezarse dende calquera outro punto que consideremos interesante para axustar os horarios das mareas e dos barcos).

Dende o embarcadoiro de Goián dirixirémonos río arriba, durante un curto treito, por unha pista perfectamente sinalizada que nos levará ata a ponte internacional de Goián – Vilanova da Cerveira, unha construción recente pola que cruzaremos a Portugal sen maior problema. Unha vez nos atopamos na beira portuguesa, enlazaremos coa Ecopista do Rio Minho para continuar en dirección contraria, cara o océano Atlántico. Deste xeito, avanzamos deixando a nosa dereita as illas da Boega e dos Amores, formadas polos sedimentos que arrastra o río, ata a freguesía de Lanhelas. Alí, a ecopista non ten un carril adicado senón que temos un treito de pouco máis de medio quilómetro compartido cos vehículos de motor.

Abandonamos a estrada para continuar tranquilamente pola ecopista ata Seixas, unha freguesía de Caminha onde volvemos a ter un traxecto máis longo pola N13. É unha mágoa que neste punto non exista un carril para bicicletas xa que os vehículos circulan a alta velocidade, pero a ponte que cruza o río Coura tampouco ten a suficiente amplitude.

Deste xeito chegamos á vila de Caminha*, onde pararemos á volta mentres agardamos polo transbordador, xa que agora continuaremos enganchados ao río con dirección á Foz do Minho: unha praia que entra no río e que se trata do punto máis próximo entre as dúas beiras no Estuario. Alí, cambiaremos a nosa dirección xa que abandonamos o curso do río, que desemboca no Atlántico, para seguir cara o sur pola costa de camiño a Vila Praia de Âncora.

En primeiro lugar, atravesaremos a Mata do Camarido, o maior piñeiral atlántico de Portugal, por un sendeiro de area onde podemos pedalear sen ningún problema para despois continuar enganchados ao mar unha vez deixamos atrás Moledo (o treito pola freguesía de Moledo, moi turístico, será o máis tedioso pola cantidade de coches e persoas que se moven por alí). Dende alí, tanto a ida como a volta, gozaremos dun percorrido cunhas vistas espectaculares ata que chegamos a Vila Praia de Âncora.

De volta a Caminha, faremos unha breve visita ao pobo mentres agardamos ao transbordador. O traxecto a bordo do barco, trátase dunha moi breve e cómoda singradura, cunhas vistas marabillosas sobre a desembocadura, o Forte da Ínsua e o Monte Trega. Dende o embarcadoiro de Camposancos, temos un primeiro treito ata Tamuxe onde combinaremos pistas e estradas con algo de tráfico, pero unha vez chegados a Tabagón regresaremos ás pistas e sendeiros máis tranquilos. Así, gozaremos dun tramo final ben bonito e apracible á beira do río.

*Aquí a ruta, en función do nivel e tempo de cada un, pode continuar directamente subindo ao transbordador e pechando a ruta pola beira galega. A ampliación ata Vila Praia de Âncora trátase dunha proposta que consideramos moi interesante polo que aporta a nivel paisaxístico.
---------------------------------------
Ruta realizada o 22 de agosto do 2022 sobre unha base de diPri OHío (https://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=147024)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 13 ft
Photo ofSenda do Miño

Senda do Miño

PictographBridge Altitude 55 ft
Photo ofPonte da Amizade Photo ofPonte da Amizade

Ponte da Amizade

PictographPhoto Altitude 2 ft
Photo ofEcopista do Rio Minho

Ecopista do Rio Minho

PictographBridge Altitude 1 ft
Photo ofPonte sobre o río Coura

Ponte sobre o río Coura

PictographFlora Altitude 39 ft
Photo ofMata do Camarido

Mata do Camarido

A Mata do Camarido (Caminha) é o maior piñeiral atlántico portugués

PictographCastle Altitude 24 ft
Photo ofForte da Lagarteira

Forte da Lagarteira

PictographPhoto Altitude 17 ft
Photo ofEcovia do Atlântico

Ecovia do Atlântico

PictographBeach Altitude 9 ft
Photo ofPraia de Moledo

Praia de Moledo

Photo ofEmbarcadoiro de Caminha

Embarcadoiro de Caminha

PictographFerry Altitude 0 ft
Photo ofTransbordador Caminha - A Guarda Photo ofTransbordador Caminha - A Guarda

Transbordador Caminha - A Guarda

PictographPhoto Altitude 3 ft
Photo ofSendeiros de pescadores do río Tamuxe e Miño Photo ofSendeiros de pescadores do río Tamuxe e Miño

Sendeiros de pescadores do río Tamuxe e Miño

PictographCar park Altitude 4 ft
Photo ofEmbarcadoiro de Goián

Embarcadoiro de Goián

PictographWaypoint Altitude 17 ft

Vila Praia de Âncora

PictographPhoto Altitude 20 ft
Photo ofCaminha

Caminha

Comments

    You can or this trail