Activity

Gozando (e sufrindo) o Xurés

Download

Trail photos

Photo ofGozando (e sufrindo) o Xurés Photo ofGozando (e sufrindo) o Xurés Photo ofGozando (e sufrindo) o Xurés

Author

Trail stats

Distance
52.82 mi
Elevation gain
8,048 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
8,048 ft
Max elevation
4,462 ft
TrailRank 
63 4.8
Min elevation
1,202 ft
Trail type
Loop
Time
9 hours 30 minutes
Coordinates
8590
Uploaded
April 24, 2017
Recorded
April 2017
  • Rating

  •   4.8 2 Reviews
Be the first to clap
3 comments
Share

near Entrimo, Galicia (España)

Viewed 1800 times, downloaded 50 times

Trail photos

Photo ofGozando (e sufrindo) o Xurés Photo ofGozando (e sufrindo) o Xurés Photo ofGozando (e sufrindo) o Xurés

Itinerary description

A idea era facer unha ruta polo Xurés, pero non quedarse só có evidente, a calzada romana e a baixada ás minas, a visita á aldea do Salgueiro ou a volta a Maus de Salas. Todo iso é moi bonito, pero está moi visto e moi trillado, polo que me pregunto por qué hai tan poucas referencias de rutas dende ou ata Entrimo.

Pero, por outra parte, non quería deixar de ver algún deses puntos “quentes”, asi que debía plantexar unha ruta circular, ampla, e en forma de “0”, no que Entrimo estivera mais ou menos polo medio dese díxito.

Dito e feito: comezo a ruta deixando o coche nunha carballeira que hai ó carón da impoñente igrexa de Santa María a real de Entrimo, onde encendo o GPS, e comezo o percorrido entre as casas de localidade.

Saio á estrada que vai á aldea da Illa para, pronto, coller un desvío e aproveitar uns metros de camiño pola sombra, entre piñeiros. De novo na estrada, cruzo un regato para voltar a outra pista, e volta á estrada uns metros. O terceiro desvío é para acceder á ponte de Aceredo en vez de pola aldea de Lantemil, pola beira do encoro de Lindoso, que nos regala fermosas vistas no noso camiño.

Con estas, retorno á estrada xusto no sitio no que aparece a ponte de Aceredo e nos deixa na aldea de Aceredo o novo. Porque a aldea vella de Aceredo está baixo as augas do encoro, e aparece en momentos de seca.

Xa na outra parte do encoro, deixo atrás o embarcadeiro e subo pola estrada buscando as casas da nova aldea, xa situadas a mais altura por riba do auga. Por certo, que atopo unha fonte con boa sombra nun punto de forte desnivel, o que serve de boa escusa para parar uns minutos.

Tan só uns metros mais adiante remata o asfalto, e o camiño pasa a ser de terra e sempre apuntando para arriba. Unha pista de firme irregular que non da pe para moitas alegrías nin para poñer o “piloto automático” e pedalear mecánicamente: non hai trazada recta, continuamente hai que buscar o camiño mellor... E ollo, que non é un reproche.

Deseguida aparece no camiño unha capela, a de Santa Eufemia, situada nun descampado con ovellas que presentan un bucólico conxunto neste perdido recanto do mundo.

Arrancamos a 340 m sobre o nivel do mar, a capela está a 488, e ata os 1004 non hai descanso: sen pausa, pouco a pouco escepto por algún paso ben complicado polo desnivel, todo no ascenso demanda atención contínua: o firme areoso, a pedra solta, os regos...A subida é ben divertida. E, por se non fose dabondo, ó gañar altura aparecen as fermosas vistas.

E...qué pasa ós 1004 metros? Un poste avisa do desvío cara o alto de Sta Eufemia, que supón un desvío no meu camiño (non hai maneira de seguer adiante dende o alto, hai que regresar polo mesmo camiño da ida), pero paga a pena a visita.

Por certo, que o cartel dí claramente que hai dous quilómetros e medio á cima, que leva aproximadamente 25 minutos porque hai que facelos PORTEANDO a bici. Quede claro. Son normas do parque.

Xa dende o alto, a 1098 m por riba do nivel do mar, podo apoiar a bici e desfrutar das fermosas vistas sobre todo o val que excava o río Limia nesta zona. Hai un xeodésico e varias anteas de telefonía que lle restan algo de encanto ó sitio, pero paga a pena a subida polas vistas.

Por certo, que ó pouco da capela comezan a aparecer as indicacións do centro btt do Xurés, concretamente da ruta R9, denominada “Alto de Santa Eufemia”.

Á volta, regresamos ó punto do desvío e seguemos as indicacións uns metros, pero deixamos a sinalización do centro btt para achegarnos á fronteira portuguesa por unha pista rota, chea de pedra solta e area, que se fai do más divertida.

Ó chegar a un alto, comeza unha baixada sen trazada definida e pegada á raia con portugal cando, chegado un momento, saimos por un sendeiro que nos leva a unha pista paralela, mais coidada, xa en terras lusas. Rodamos uns metros por ella, desfrutando da fermosa paisaxe do encoro de Vilariño das Furnas.

Xusto nunha curva da pista, cando parece que vou deixar atrás esa vista, chego a un cruce no que se pode deixar esa pista para ascender por un empinado sendeiro empedrado a unha caseta de vixiancia forestal dende a que podemos apreciar unha fermosa paisaxe. Por certo, que a idea de subir a ese punto saqueina dunha ruta do compañeiro Calan.

unha vez de volta á pista, recollo a bicicleta despois de camiñar por eses penedos e reflexionar sobre o duro que é o camiño ó traballo para algún, e xa enfilo unha baixada por pista en perfecto estado pero con moito rego para evacuar as augas da choiva, e chego á Portela do Home, e ás desmanteladas edificacións do que algún día foron postos fronteirizos. Estou de novo na Galiza.

Tan só uns metros de asfalto abaixo, e volvo a ver as indicacións do centro btt do Xurés, neste caso da ruta R6, que calca a Vía Nova, construida baixo o mandato do emperador Augusto no século I d.C., e que tivo un papel fundamental na vertebración da Galiza, ó unir Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga). A actual ruta é lineal, e comeza xusto na Portela do Home, así que eu a sigo no trazado hoxe recuperado grazas ó programa estatal de Camiños Naturais.

Dende este punto temos un descenso de casi 7 kilómetros polo val do río Caldo, pasando por varios conxuntos de miliarios (antiguo sistema de hitos kilométricos representados por penedos).

Xa na parte baixa do trazado vemos un panel no camiño: Vila Romana: Baños de Río Caldo. É una mansión romana,denominada Aquis Originis, da que podemos observar una serie de arcos pertencentes ó seu espazo termal.

Pouco mais adiante xa chego á altura do moderno balneario de Río Caldo,coa sua zona gratuíta de baños ó aire libre. Pero non me desvío, senón que gano algo de altura e continúo por un carreiro empedrado do cal da idea da sua datación un cruceiro medieval, o de Vilameá.

O nome non é gratuíto, é debido a que pronto aparece a aldea de Vilameá, que atraveso para, deseguida,coller un sendeiro que coincide coa roteiro dos muiños de Vilameá, unha ruta que vai por ambas marxes do río Vilameá, e polo que podemos contemplar 12 antigos muiños restaurados polo parque natural. Destes, dous son có teito de pedra, un con teito de madeira con palla de centeo, e os restantes, de madeira e tella. Ademais,existe unha antiga alvariza, unha ponte do século XVIII, e un área recreativa xunto a ésta.

A ruta R6 pasa pola ponte pero non segue o roteiro, senón que vai cara Lobios por un carreiro que de estreito parece desaparecer por momentos. Pero aí está, para desfrute dos ciclistas.

Chego a unha estrada, a atraveso para ascender por unha pista con pendente absurda porque pouco mais adiante volvo baixar o subido na mesma estrada. Eso si, estou na entrada de Lobios, e frente ó cruceiro de Cimadevila.

Xa estou nos arredores de Lobios, pero no chego a ver mais ca casas baixas e estradas estreitas no punto no que me separo da ruta do centro btt para encaminarme á ponte que salva o encoro de Lindoso na estrada Ou 540, que une Lobios con Celanova.

Claro que eu non vou tan lonxe: nada mais cruzar a ponte, xusto onde está unha gasolineira, sae un carreiro que ascende cara á estrada de Entrimo. Vou por él.

Malamente podo facelo pedaleando, pero deste xeito estou case na poboación de Feira Vella, que conta cun bar no que dan comidas...

Por unha plácida estrada comezo o ascenso, e xusto cando éste de acentúa, me aparto dela para coller unha pista onde un panel anuncia o roteiro arqueoloxico natural “os castelos-Pía da moura” . Trátase de mellorar o acceso por pista ós restos dun antigo castro rochoso que se cre é dos inicios da cultara castrexa, como di esta noticia.

Sexa como sexa, Feira Vella está a 480 m sobre o nivel do mar, e anque pista, o camiño é sempre ascendente e nada regular, o que fai que acumule fatiga e coste pasar algún punto especialmente complicado polas pedras. Porque exceptuando 200 metros nun tramo que un panel dí que estou no “vieiro das mámoas”, no que entre as enormes pedras e as xestas que case pechan o camiño, resulta imposible -pra min- pedalear. Pero todo o restante,14.5 kms de ascenso, 900 metros de diferencia de altura,son 100% ciclables.

Porque o punto alto da subida e da ruta, o vértice xeodésico do Codesal, na serra do Laboreiro, está situado a 1 331 m sobre o nivel do mar.

Dende este punto fago unha pequena baixada e pedaleo uns metros por un terreo húmido polo que costa avanzar, de tal xeito que pretendía subir ó seguinte cumio, pero decidín acurtar e tirar por un camiño de un par de metros de ancho e -de novo- moita pedra, xa metido en terreo luso. Bendita dobre suspensión!!

A cuestión é que dende este punto se alternan os carreiros de maleza baixa cós de pedra alta. Hai que estar pendente da pantalla do gps, anque non haia demasiada perda.

7 quilómetros pedaleando ó redor dos 1 200 m no país veciño, e xusto na baixada entramos no terreo patrio. Quedan 11.9 mais, nos que case non hai que dar pedal e están entre o mai divertido que lembro facer con roupa. Pero non quero adiantar nada...

Xa ós poucos de empezar a baizar aparece un espléndido exemplar de dólmen, o Dólmen de Queguas, un dos dólmenes máis espectaculares de Galicia, tanto polas súas dimensións como polo seu bo estado de conservación.

Pero esto só acaba de comezar: unha pista rota, con forte pendente, pasa fronte un cruceiro que anuncia as primeiras casas das Cortes da Carballeira, que non son senón antigas cortes, aínda en uso, nas que se gardan as vacas na primaveira e mais no veran, cando se subía o gando ó monte na percura de pasto, anque parece unha aldea deshabitada. Amais das casas, hai unha capela, a de Nosa Señora da Ascensión, que ten un carballo senlleiro, e mais unha boa fonte.

Saio das cortes e o seu firme empedrado para enlazar sendeiros con mais ou menos pedra, con mais ou menos dificultade técnica, pero sempre divertidos, para afrontar a última baixada á aldea de Queguas, por unha pista que non pode ter mais pedra irregular.

Deixo Queguas por un novo carreiro empedrado e chego a Venceáns, unha aldea que atraveso e, de reollo, vexo que ten fonte.

Un camiño novamente descendente e empedrado, en forma de calzada, me deixa na aldea de Vilar, onde tomo contacto cá estrada que baixa cara Entrimo e morre en Queguas. Neste punto, eu cruzo a estrada para deixar a aldea por unha nova senda empedrada, pero ós poucos metros pasa a ser un carreiro polo cal apenas pasa a bici; hai marcas de que se fixo algo recentemente,e o firme está limpo, peroo paso é demasiado estreito por veces. É só un quilómetro, pero a estas alturas, a alternancia entre pedalear e empurrar non é benvida, así que igual puiden ter seguido estrada abaixo, pois no meu camiño case contacto con ella xusto no punto no que comeza un tramo que semella ser unha pista de descenso natural: estreita, con firme de pedra compactada, con perfil favorable e curvas enlazadas. Qué mais se pode pedir?

Por se acaso houbera algunha dúbida, no medio da baixada vexo algún salto feito en madeira, que eu non fago por non coñecer a recepción e mais por ir só, pero...

O tema é que desta guisa chego ás primeiras casas de Entrimo, sen acordarme de dar pedais e pedindo que este tramo dure cinco minutos mais, polo menos.

Desafortunadamente, moi pronto aparece a carballeira onde teño o coche, e pese a fatiga acumulada de todo o día, quedo con ganas de mais festa nesta ruta con “happy ending”, con final feliz.

Waypoints

PictographPhoto Altitude 3,570 ft
Photo ofAlto de Santa Eufemia Photo ofAlto de Santa Eufemia Photo ofAlto de Santa Eufemia

Alto de Santa Eufemia

Carretera sin pavimentar

Photo ofAs Cortes Da Carballeira Photo ofAs Cortes Da Carballeira Photo ofAs Cortes Da Carballeira

As Cortes Da Carballeira

As Cortes Da Carballeira

PictographWaypoint Altitude 3,712 ft
Photo ofDólmen Casa da moura. Queguas

Dólmen Casa da moura. Queguas

Parque Natural Da Baixa Limia-Serra Do Xurés

Photo ofConcentración de Miliarios Romanos de A Ponte Nova

Concentración de Miliarios Romanos de A Ponte Nova

Diferentes Miliarios atopados esparcidos pola Vía Nova recolocados na Ponte Nova

PictographPhoto Altitude 1,371 ft
Photo ofCruceiro de As Pontes

Cruceiro de As Pontes

Base de de Cruceiro con pedestal traballado para intruducir unha imaxe.

Photo ofCruceiro de Cimadevila Photo ofCruceiro de Cimadevila

Cruceiro de Cimadevila

Rústico cruceiro de catro gradas.

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Cruceiro Medieval de As Cruces

Rústico cruceiro do século XVI, identificado coma un dos máis antigos do país.

PictographIntersection Altitude 3,300 ft
Photo ofDesvío para Santa Eufemia Photo ofDesvío para Santa Eufemia

Desvío para Santa Eufemia

Pista Forestal

PictographFountain Altitude 3,319 ft
Photo ofErmida Da Ascensión. Fonte

Ermida Da Ascensión. Fonte

Ermida Da Ascensión

Photo ofErmida de Santa Eufemia

Ermida de Santa Eufemia

Ermida de Santa Eufemia

PictographWaypoint Altitude 1,353 ft

Fonte

Carretera

PictographWaypoint Altitude 1,371 ft

Fonte 3

España

PictographWaypoint Altitude 1,356 ft

Fonte2

Aceredo

PictographWaypoint Altitude 2,516 ft

Miliarios da Portela Do Home

Comezo do Roteiro no Conxunto de Miliarios da Milla XXXIV da Vía Romana XVIII.

PictographWaypoint Altitude 3,110 ft

O vieiro das mámoas

España

PictographWaypoint Altitude 1,378 ft

Ponte Rústica de Vilameá

Ponte popular de arco de media volta, posiblemente construída na Idade Moderna.

PictographWaypoint Altitude 1,657 ft

Portela da María

Marco de delimitación territorial ao longo da Idade Media

PictographWaypoint Altitude 3,186 ft

Posto de vixiancia forestal

971 m

PictographWaypoint Altitude 4,365 ft

Vértice xeodésico do Codesal

España

PictographWaypoint Altitude 1,293 ft

Xacemento Romano de Aquis Originis

Restos romanos que se identifican cunha vila termal romana ou coa Mansión Viaria de Aquis Originis.

PictographWaypoint Altitude 3,360 ft

Zona técnica

Vegetacion escasa

Comments  (3)

  • Photo of Panxón
    Panxón Dec 31, 2019

    I have followed this trail  verified  View more

    Fixen o percorrido dos últimos 36 kms desta ruta e quería sinalar o seguinte:
    1. Na bifurcación do km 56 é aconsellable desviarse da traxectoria polo ramal da esquerda, o do track ten unha chea de xestas.
    2. A partir do km 71 non queda outra que portear a bici e rabuñarse as pernas, o mato cubre aproximadamente un kilómetro do camiño e ameaza con pechar outros 500 metros mais.
    3. Como ben apunta Julk, a dobre suspensión agradécese nos enlousados das corredoiras, brazos e pernas cárganse un pouquiño cunha bici ríxida.
    4. Despois de Vilar é obrigado abandoar o trazado e seguir pola estrada ata Entrimo. Dito trazado quedou impracticable na súa totalidade por distintas e sucesivas incidencias: xestas que invaden o camiño, un aproveitamento madeireiro e árbores caídas nunha zona afectada por un lume.
    En resumen, segmento da ruta divertido, duro e de gran beleza paisaxística, mágoa deses 1500m de mato despois do km 71. A minha admiración por facela completa e gracias por compartila, Julk.

  • Photo of julk
    julk Dec 31, 2019

    Grazas a ti, Panxón, polo reporte positivo! É sempre de agradecer que actualicen o estado dunha ruta que tanto traballo levou organiar...

    Un saúdo!

  • Photo of sainzajump
    sainzajump Jan 7, 2020

    I have followed this trail  View more

    Ruta feita o día 5/09/2017, Ruta dura.. cunha primeira parte en ascenso por pista, zonas de bastante pedra e ramas...paisaxes brutales...ruta recomendable...

You can or this trail