Activity

Madanela-Vilar-Carballeda-Vilarello-Vilariño-Fondo de Cea

Download

Trail photos

Photo ofMadanela-Vilar-Carballeda-Vilarello-Vilariño-Fondo de Cea Photo ofMadanela-Vilar-Carballeda-Vilarello-Vilariño-Fondo de Cea Photo ofMadanela-Vilar-Carballeda-Vilarello-Vilariño-Fondo de Cea

Author

Trail stats

Distance
30.23 mi
Elevation gain
3,727 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,727 ft
Max elevation
2,773 ft
TrailRank 
39 5
Min elevation
784 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 51 minutes
Coordinates
2003
Uploaded
March 16, 2014
Recorded
March 2014
  • Rating

  •   5 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near O Carballiño, Galicia (España)

Viewed 1983 times, downloaded 30 times

Trail photos

Photo ofMadanela-Vilar-Carballeda-Vilarello-Vilariño-Fondo de Cea Photo ofMadanela-Vilar-Carballeda-Vilarello-Vilariño-Fondo de Cea Photo ofMadanela-Vilar-Carballeda-Vilarello-Vilariño-Fondo de Cea

Itinerary description

A ruta comeza enlazando carreiros ata chegar ó rio Arenteiro, que acompañamos uns metros para dirixirnos cara Boedes.

Nesta aldea cambia o tipo de camiños, pasando a ser pistas polas que bordeamos o monte Madanela, desfrutando de fermosas vistas. Deixamos estas pistas baixando para a aldea de Vilar, e o facemos por un camiño tradicional con moito encanto.

Tan só uns metros de asfalto mais tarde, atopamos outro camiño tradicional, con ponte de lousas e firme irregular, que remata na autoestrada Ourense/Santiago, xusto á altura dun paso inferior.

Cruzamos por baixo e collemos unha das pistas de servicio para enlazar có Camiño de Santiago e seguilo ata a aldea de Carballeda.

Un carreiro cementado, que conserva un antigo cruceiro, nos achega a Corneas, lugar onde comenzamos a enlazar fermosos sendeiros que unen as aldeas de Barreiros e Alén.

Un pouco de asfalto e, pasando polo lugar de Pazo de Coiras (onde podemos ver o pazo que o da nome), chegamos a Carballediña. Neste punto coincidimos có outro tramo do Camiño de Santiago, a variante de Oseira.

Facemos uns metros deste camiño en sentido inverso e atopamos un carreiro cheo de pedra que leva a Vilarello, aldea que deixamos atrás para acometer a subida ó coto feo.

Dende aí temos unha longa baixada, de firme irregular, que remata na aldea de Veiga de Abaixo.

Na fonte collemos auga antes de cruzar o regato oseira pola súa ponte semi derruida.

Rodamos por fermosos carreiros que nos levan a Freas da Canda e, dalí, a Cotelas, onde novamente atopamos frechas amarelas, anque só uns metros, porque na aldea de Mirela apartamos para coller unha pista que nos leva a Vilariño.

De Vilariño imos a Fondo de Cea e, aí, baixamos ó regato do Toxo por un carreiro con moito encanto e moita pedra. Deixámolo nos arredores de San Facundo, punto no cal imos enlazando camiños e pistas ata chegar ó Carballiño.

Comments  (1)

  • Photo of brunosousa
    brunosousa Apr 11, 2014

    I have followed this trail  View more

    Ruta hecha 09/04/2014, muy exigente con mucha piedra.

You can or this trail