Activity

O Calvario - Lagares - Saiáns (GR53) - Coruxo - Pozos - Alba - Cepudo - regreso pola estrada de Valadares e Lagares

Download

Trail photos

Photo ofO Calvario - Lagares - Saiáns (GR53) - Coruxo - Pozos - Alba - Cepudo - regreso pola estrada de Valadares e Lagares Photo ofO Calvario - Lagares - Saiáns (GR53) - Coruxo - Pozos - Alba - Cepudo - regreso pola estrada de Valadares e Lagares Photo ofO Calvario - Lagares - Saiáns (GR53) - Coruxo - Pozos - Alba - Cepudo - regreso pola estrada de Valadares e Lagares

Author

Trail stats

Distance
26.82 mi
Elevation gain
2,989 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,989 ft
Max elevation
1,661 ft
TrailRank 
43
Min elevation
10 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 14 minutes
Coordinates
3139
Uploaded
November 24, 2020
Recorded
November 2020
Share

near Vigo, Galicia (España)

Viewed 208 times, downloaded 9 times

Trail photos

Photo ofO Calvario - Lagares - Saiáns (GR53) - Coruxo - Pozos - Alba - Cepudo - regreso pola estrada de Valadares e Lagares Photo ofO Calvario - Lagares - Saiáns (GR53) - Coruxo - Pozos - Alba - Cepudo - regreso pola estrada de Valadares e Lagares Photo ofO Calvario - Lagares - Saiáns (GR53) - Coruxo - Pozos - Alba - Cepudo - regreso pola estrada de Valadares e Lagares

Itinerary description

Saíndo do Calvario descendemos para seguir o paseo do Lagares até Muíños (km 7,9) para enlazar coa estrada da vía pola que imos até a rotonda de Saiáns (km 14,5). Subimos pola Baixada á Praia até a rotonda da estrada vella de Baiona (km 15,8), xa no GR53 (Sendeiro Panorámico de Vigo) a partir de aí seguimos as marcas do sendeiro (brancas e vermellas).
Ao pouco de comezar a subida cara ao parque forestal de Saiáns, bifúrcase o GR53.1, pero seguimos polo GR53 e axiña chegamos á pequena fraga de Cal de Outeiro (km 16,3). De aí ao parque forestal temos oitocentos metros. Neste parque forestal hai fonte e aquí comeza o Sendeiro Local de Saiáns, perfectamente sinalizado.
Moi perto do parque forestal de Saiáns pasamos polo de Oia (km 17,7), punto de partida tamén doutro sendeiro local. Unha pista sen desnivel, ben ampla e cómoda lévanos cara a Coruxo. Nesta pista temospasamos mesmo á beira do miradoiro do Carballoso e mais da fonte da Fontiña, e pouco antes do petróglifo da Pedra Moura (ben visíbel, km 20,8) temos á esquerda o desvío cara ao punto de inicio do Sendeiro Local de Coruxo.
Logo deses máis de tres quilómetros ben chans, ao pasar a Pedra Moura hai un breve descenso da potente ascensión que vai culminar no monte Cepudo.
Logo desa baixada temos un tramo de asfalto con algunhas ramplas ben duras, mesmo ao saír á estrada do Zondal pola que transitamos durante medio quilómetro até completar este duro treito cunha subida de terra. Por exemplo, entre os quilómetros 22 e 24 salvamos douscentos metros de desnivel.
No percorrido de toda a ruta hai varias ascensións con moita rocha e pedra bastante traballadas pola auga que obrigan (polo menos a min) a levar a bici na man durante varios treitos. Se lle sumas os tramos de pico e follas molladas, pode cadrarche día de botar pé en bastantes ocasións (eu en total, non sabería calculalo ben, pero igual botei un quilómetro a pé sumando todos os tramos camiñando e tirando da bici).
Logo do km 24 temos un breve descanso de medio quilómetro para coller folgos e volta a subir por terra, agora de xeito máis suave, para por fin tomarnos un descanso no monte dos Pozos (aquí coincidimos un bo pedazo co Sendeiro Local de Valadares). Saímos dos Pozos por pista chá, seguimos pista até saírmos á cruz da Pinguela (onda o cemiterio privado de Valadares), seguimos pola estrada do Freixo e novo treito de pista de ascensión ben dura. Para chegar ao alto do monte Alba temos un treito de 1,2 km con 150 metros de desnivel... para coller aire coas vistas das que imos gozar dende a ermida.
Descendemos do santuario polas escaleiras e último treito duro do día, a breve subida final ao cumio do monte Cepudo, dende o que se pode dar toda unha clase de xeografía da provincia de Pontevedra e máis alá.
A partir de aquí, case 1,5 quilómetros de descenso rápido por pista totalmente chea de cascallos até saír á estrada do Alba (máis de douscentos metros de desnivel nesa distancia). En total, uns 15 km do Panorámico de Vigo, do GR53.
E, xa no asfalto de volta á casa, descenso continuo de máis de sete quilómetros até Castrelos, paseo do Lagares... e a estirar e ducharse, que boa falta fai.

Info municipal sobre o GR53: https://www.turismodevigo.org/gl/senda-panoramica-de-vigo-gr-53

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 197 ft

Deixamos o Lagares para ir pola estrada da vía

PictographPark Altitude 754 ft
Photo ofParque forestal Saiáns - inicio sendeiro local Photo ofParque forestal Saiáns - inicio sendeiro local Photo ofParque forestal Saiáns - inicio sendeiro local

Parque forestal Saiáns - inicio sendeiro local

PictographFountain Altitude 568 ft
Photo ofFraga e muíños de Cal de Outeiro e fonte Photo ofFraga e muíños de Cal de Outeiro e fonte Photo ofFraga e muíños de Cal de Outeiro e fonte

Fraga e muíños de Cal de Outeiro e fonte

PictographPark Altitude 734 ft

Parque forestal de Oia - inicio sendeiro local

PictographWaypoint Altitude 879 ft
Photo ofO Carballoso

O Carballoso

PictographFountain Altitude 870 ft
Photo ofFonte da Fontiña

Fonte da Fontiña

PictographPark Altitude 1,417 ft

Parque forestal Coruxo

PictographWaypoint Altitude 721 ft
Photo ofInicio sendeiro local Coruxo

Inicio sendeiro local Coruxo

Photo ofPetróglifo Pedra Moura

Petróglifo Pedra Moura

PictographPark Altitude 1,278 ft

Monte dos Pozos

PictographSummit Altitude 1,830 ft
Photo ofMonte Alba Photo ofMonte Alba Photo ofMonte Alba

Monte Alba

PictographSummit Altitude 806 ft
Photo ofMonte Cepudo Photo ofMonte Cepudo

Monte Cepudo

Comments

    You can or this trail