Activity

Sobrado Titan Bike 2017

Download

Trail photos

Photo ofSobrado Titan Bike 2017 Photo ofSobrado Titan Bike 2017 Photo ofSobrado Titan Bike 2017

Author

Trail stats

Distance
67.14 mi
Elevation gain
7,123 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
7,362 ft
Max elevation
2,552 ft
TrailRank 
52 4
Min elevation
1,432 ft
Trail type
One Way
Time
12 hours 15 minutes
Coordinates
9832
Uploaded
May 31, 2017
Recorded
May 2017
  • Rating

  •   4 1 review
Share

near Sobrado, Galicia (España)

Viewed 2244 times, downloaded 49 times

Trail photos

Photo ofSobrado Titan Bike 2017 Photo ofSobrado Titan Bike 2017 Photo ofSobrado Titan Bike 2017

Itinerary description

Gran ruta organizada polos compañeiros do Sobrado Sport Bike e que discurre por pistas e camiños forestais (evitando en todo o posible o asfalto) atravesando os concellos de Sobrado, Toques, Palas de Rei, Guntín, Lugo e Friol.

Saímos de Sobrado dirección monte do Bocelo e facemos cume nos eólicos de Pena Moura (límite entre os concellos de Sobrado e Toques), baixamos hacia o río Furelos e rodamos pola beira do río ata chegar ás Fervenzas de Brañas (Toques).

Deixamos ás fervenzas á dereita e comezamos unha dura subida que nos levará ó cume do Corno do Boi (Friol), desde aquí rodamos polo parque eólico de Pena Armada dirección Serra do Careón (desde donde podemos observar a man dereita o pobo de Melide) ata ir dar ao Camiño Primitivo (este camiño separa os concellos de Toques e Palas de Rei), e colleremos este sendeiro en dirección Lugo (uns 20 km) ata San Román da Retorta (Concello de Guntín), onde aproveitamos para facer avituallamento nun dos albergues da aldea. Xa co depósito cheo, collemos dirección Lugo ata chegar á aldea de Santa Eulalia de Bóveda (xa no Concello de Lugo). Desde aquí enfilamos outro gran ascenso ás canteiras de Facoi. Desde a cima podemos visualizar as canteiras de Vilachá de Mera e detrás destas avistamos a cidade de Lugo. Comezamos un descenso divertido por sendeiros hacia Santa Marta (xa en Friol), cruzamos o río Narla por unha bonita ponte e seguimos por camiños forestais ata ascender ó Cordal de Ousá.

Desde aquí baixamos ata a aldea de Trasmonte e continuamos ata Miraz, cruzando o río Parga. Unha vez en Miraz, collemos de novo o camiño de Santiago dirección Sobrado ata chegar a Anafreita e desde ahí afrontamos o último pico da xornada subindo ata a Cova da Serpe. Desde aquí baixamos por un pequeno e técnico sendeiro ata a aldea de Dombrete e enganchamos unha pista de area que nos levará ata As Cruces. O camiño de As Cruces a Sobrado (uns 5km) fixémolo por asfalto.

Gracias a Josiño e ó resto de compañeiros de Sobrado pola gran xornada de auténtico BTT da que nos fixeron disfrutar.

Comments  (1)

  • Photo of FSEOANEP
    FSEOANEP Jun 1, 2017

    I have followed this trail  View more

    Moi boa descripcion feita por Javi e gracias a Josiño polo traballo desinteresado nesta ruta para que poideramos desfrutar dela.

You can or this trail