Activity

Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira

Download

Trail photos

Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira

Author

Trail stats

Distance
53.12 mi
Elevation gain
6,946 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
6,555 ft
Max elevation
1,074 ft
TrailRank 
78 4.8
Min elevation
-83 ft
Trail type
One Way
Time
9 hours 59 minutes
Coordinates
7742
Uploaded
September 25, 2016
Recorded
September 2016
  • Rating

  •   4.8 2 Reviews
Share

near Covas, Galicia (España)

Viewed 3494 times, downloaded 248 times

Trail photos

Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira

Itinerary description

Retomo o pedaleo no punto no que o deixara onte, xusto no mirador que hai no final da praia de Covas, e a partir de ahí toca unha empinada subida pola parte traseira dunhas vivendas, coma sempre calcando o perfil marítimo.

Cruzo a estrada xeral que vai ó Vicedo e o camiño me leva por unhas pistas cruzando un eucaliptal primeiro para arriba, e logo para abaixo para, logo de cruza a vía do tren por un paso soterrado, cruzar de novo a estrada principal e apartar por otra local.

Neste punto atopamos un novo desvío, neste caso , ó cargadoiro, e ó parque etnográfico da ínsua, antiga mina hoxe moi coidada e que constitúe un fermoso miradoiro á ría de Viveiro.

Regreso atrás ó percorrido orixinal, e deseguida me vexo atravesando un eucaliptal que desemboca ó pe da praia Abrela, unha praia extensa e fermosa.

Volto atrás e comezo de novo a subir por unha estrada local ata chegar ó lugar de Abrela, onde se poden admirar dous magníficos exemplos de hórreo, adosados a sendas casas en perfecto estado de conservación.

Continúa o ascenso, esta vez xa por pistas forestais, e cando o a inclinación se volve negativa, o camiño se volve mais estreito e destrozado polas obras forestais. É o momento de botar o cú atrás e confiar na gravedade.

Xa rematando a baixada collo un desvío á dereita para poder admirar a cruz de San Román e, sobre todo, as fermosas vistas sobre a praia do mesmo nome e a costa de Vicedo, a illa Coelleira e ata a mesma Estaca de Bares.

Continúo o camiño polo sendeiro que arrinca no propio areal, un sendeiro estreito e que se apoia en pasarelas de madeira ata que,tras cruzar por dúas veces a estrada de O Vicedo, se desvía cara á dereita desta para percorrer o cabo cara á illa coelleira. Uns metros antes de chegar á aldea de Vilasuso nos desviamos por unha pista que, pouco a pouco, se vai abrindo e bordea o promontorio rochoso, ofrecendo boas vistas da devandita illa. Esta pista remata na praia de Xilloi.

A saída desde areal non é sinxela; por primeira vez no que levo de Camiño dou cun tramo IMPOSIBLE de facer coa bicicleta. Non son moitos metros, pero o empinado e esbaradizo do camiño fan que sexa impracticable se non é empurrando. E con coidado...

Salvado xa ese tramo, comezo a perder altura pouco a pouco mentras bordeo o cabo e vexo as primeiras casas da aldea de O Campón, que esquivamos para baixar á costa a ver a curiosa praia de caolín, có seu inconfundible cor blanco e a area tan finiña.

Un sendeiro e xa estou na praia de O Vidreiro, case unida ó porto pesqueiro da localidade de O Vicedo. Dende este punto podemos divisar unha bonita paisaxe que inclúe a desmbocadura do río Sor e mais todo o cabo de Estaca de Bares, xa moi próximo.

Localidade que tamén conta có seu paseo marítimo, que .vou percorrendo ata que remata no gran areal do concello, a praia de Arealonga, moi extensa e agradable. O percorrido propón un desvío dende o paseo marítimo, pero se non se fai ese desvío, pedalearemos por sendeiros pegados á area todo ó longo desta praia.

Divertidos sendeiros ben acondicionados que rematan nunha estrada con curiosos adornos. Nótase que estou preto dun lugar especial. E así é, porque ós poucos metros estou fronte á fermosa ponte metálica de O Barqueiro, que salva o río Sor e cuxa colocación supuxo un adianto importante nas comunicacións da zona. Como detalle, ó seu pé hai un monumento homenaxe ós republicanos que, loitando pola democracia coma todo delito, foron executados nese punto.

Este punto supón outro hito no meu camiño: entramos no concello de Mañón, e non volverei ter constancia da obra que nos animou a facer esta viaxe. Bo, algún panel si atopei, pero pouca cousa mais. Menos mal que ía ben provisto de tracks alternativos...

Deste xeito, nada mais rematar o trazado da antiga estrada, e antes de incorporarme á actual, xa vexo un panel que reza “senda litoral de Mañón”. Claro, coma para non collela!

Uns coidados carreiros, flaqueados por pasarelas de madeira, nos achegan ó porto do Barqueiro, fermoso lugar no que, ó redor do porto, se arremuiñan edificacións de forma aparentemente anáquica, aproveitando o escaso espazo libre, estando as mais alonxadas do litoral situadas nunha considerable pendente que fai dificultoso o traxego xa non de coches, senón tamén de xente que non esté en boa forma.

Eu a estas horas xa non as tiña moito para estragar, pero fun saíndo como puden cara arriba. Deseguida collo unha estrada moi solitaria que transcurre paralela á principal, pero a un nivel mais baixo. Coma a un par de quilómetros do porto, o meu camiño apartaba por unha pista que sa á esquerda, pero nela andaban traballando con grandes máquinas: tentei buscar outra alternativa, pero o único que logrei foi baixar á praia de Vilela e volver subir, porque non hai alternativa. Polo cal voltei arriba e fun pasando con coidado, xa non só polas impoñentes máquinas que reducían os eucaliptos chantados a mondadentes en cuestión de segundos, senón tamén por todos os restos de pólas que había espallados polo vial.

Esta pista contacta coa estrada principal para, ó pouco, volver baixar cara á aldea de Vilela, anque nada máis ver as primeiras casas, o camiño retoma o sentido ascendente en forte pendente e con camiños cada vez mais estreitos, pero que afortunadamente deben estar en uso, pois están en moi bo estado.

Este camino pasa a ser unha pista para, nunha curva, comezar a baixar nun carreiro de corenta centímetros. O mellor de todo, as vistas, porq xa estaba a tiro do Porto de Bares, pero algún “simpático” talara os eucalitos e esquecera recollelos, así que un tramo de sesenta metros levoume coma dez minutos, dado o esbaradizo da casca desta árbore. Unha mágoa, porque o carreiro ten que ser de goce estando limpo...

Sexa como fose, este sendeiro morre na praia de Bares, un fermoso areal con moitos servicios e que estaba totalmente solitario.

O mellor é que dende este areal ata o porto de Bares, non hai douscentros metros, así que sen descanso estaba desfrutando deste precioso recanto, moi recollido e cun aire de autenticidade difícil de non perceber e imposible de imitar. Aí estaban, cerveza na man, un grupo de ingleses cós que almorzara esta mañá e que foron en taxi a pasar o día. Boa elección!!.

Continúo por unha pista asfaltada que ascende claramente cara ó semáforo, tan claramente que quedo case sen desarrollo (un sinal marca 25%), pero ós poucos, chego ó cumio deste cabo, no que podemos atopar un hotel rural con moito encanto,e uns coidados xardíns dende os que facer algunha foto se o tempo o permite.

Xa co estómago cheo, reemprendo a marcha cara ó faro de Estaca de Bares, o punto máis ó norte da península ibérica, e un sitio deses nos que costa respirar polo sobrecoxedor da súa situación.

Aínda có corazón encollido, retomo a estrada que vai a Bares para, unha vez pasada a aldea, virar á dereita por unha pista que ten pinta de levar dous telediarios asfaltada, e que, no sen esforzo, nos deixa en outro enclave magnífico: a garita de Bares, edificación que cumpría funcións de vixiancia e comercio hai séculos, e hoxe continúa como testemuña dese pasado.

Xusto dende a garita a pista volve ó seu estado orixinal, esto é, terra; esto fai que a desfrute aínda máis, e que poda para cada poucos metros a admirar o esèctacular da paisaxe, posto que transcorre pola corda do monte e hai unha impresioante vista a ambos lados: á esquerda, as praias de O Vicedo e, á dereita, xa se adiviña Ortigueira e o Cabo Ortegal. Estamos a 320 metros...

Unha divertida baixada con moita pedra achégame a unha canteira, que a estas horas ten moita actividade, o cal fai que baixe algo o ritmo e aumente a vixiancia.

Afortunadamente non hai problemas cós traballadores da canteira, polo que continúo baixando por unha pequena estrada que chega a O Barqueiro, pero como é habitual, nada mais contactar coas primeiras casas, torzo á dereita para buscar a praia de Esteiro, outro estupendo areal que a mediados do setembro está solitario, pese ó bo tempo.

Deixo a praia por un coidado pasaxe de madeira que salva unha zona húmida, e tras atravesar unha ponte de madeira, chego a un punto dende o que se pode admirar unha magnífica perspectiva desta praia. Aquí comeza unha boa rampa que, á súa vez, é o inicio de unha das mellores partes da miña ruta: a da costa de Loibra, pensada seguramente por un ciclista.

Subida/baixada e volta a subir. Así varias veces, e sempre descobrendo tremendas vistas marcadas con mesas de madeira ou bancos.

Porque sí, pronto vexo unha molesta aglomeración de turismos e autocaravanas: xa estou nas inmediacións do sonado mellor banco do mundo,no que curiosamente hai que facer cola se queres unha foto. Polo menos, eso garante que haia alguén que che saque unha foto a ti, así que algo é algo ;)

Nada mais saír dese tumulto (por pista de terra, como corresponde), vexo un letreiro que me chama a atención: “pena furada”. O que aí atopo non o esperaba: outra fermosa paisaxe, diferente á anterior, e a presenza dunha curiosa rocha con dous furados que semella unha ponte de pedra no medio do mar.

Algún kilometriño mais por pistas ben solitarias, e o camiño pasa a ser sendeiro estreito e serpentea entre piñeiros. Pedazo slalom!!! Pena non ter unha cámara para grabar a baixada. Fina, fina...

Como era de esperar, a baixada remata nunha praia. Neste caso, a de Mazorgán. Unha mais para a colección :)

E, de novo, outra estrada con forte pendente. Ó contactar coa estrada provincial me desvío por outra local, sen tráfico por suposto, que me leva diractamente a Espasante, que aparece ante os meus ollos coma o que é, unha perfecta península na cal no istmo está a poboación. Eu entro pola cara leste, a bordeo no sentido contrario ás agullas do reloxio e saio pola cara oeste.

Total, que nada mais chegar á aldea, atopo unha praza cunha curiosa escultura: a de un porco, o de San Antón, que responde a unha antiga costumbre do lugar, como explican aquí. en calquera caso, eu non atopei o exemplar vivo, pero non dubido que debe andar vagando ás súas anchas, alleo a tan cruel final.

Continúo polas rúas da poboación e, nunha praza á beira da praia, vexo un panel do Camiño Natural do Cantábrico. Eso sí, frechas ou sinais para seguir, nin a primeiriña...

Na estreita estrada que bordea a península aparece pronto a garita da Vela de Espasante, unha nova construcción adicada á vixiancia e que tamén servía como referencia ós mariñeiros que entraban nesta costa. Hoxe é un bonito mirador dende o que se pode ver Cariño, a illa de San Vicente de Ortigueira, cabo Ortegal, etc.

A estrada pasa a ser pronto unha pista de terra e, de súpeto, un divertido camiño descendente. Pronto unhas vallas advirten do perigo: zona arqueolóxica, risco de daño. Baixo da bici uns metros, e pronto...¡Deus! Qué é isto??? O castro da Punta dos Prados conserva unha interesantísima e moi escasa neste país estrutura destinada a baños, unha sorte de sauna da que desfrutar entre os séculos IV e I antes de cristo. Unha inesperada xoia, vaia.

Aínda en shock, baixo ó pequeno porto pesqueiro e atraveso a praia da Cuncha para abandoar a bahía polo paseo marítimo, de novo moi coidado.

Saíndo por unha nova estrada local chego a un novo saínte, o da Punta do Tallo, que nunha pequena voltiña pola pista asfaltada me regala de novo fermosas vistas sobre Cariño e Ortigueira.

De novo pedaleando por solitarias estradas veciñais teño que bordear a ría de Ortigueira, polo que opto polo camiño rápido e o fago pola estrada AC-862, anque tento espacar no posible por viais paralelos, moito mais tranquilos.

Nunha destas advirto que a paisaxe cambia: chego a unha especie de parque, ocentro recreativo Cabana do Fos, situado á beira dun novo areal, o da praia de Cabalar, que ten coma punto diferenciador o gran areal, que é o fondo da ría, xusto na desembocadura do río, e de que é no punto no que arrinca un salientable paseo marítimo, no que, ó longo de case tres quilómetros e medio, se alternan tramos de madeira, estreito sendeiro e molestas escaleiras. Aínda así, o tramo resulta interesante e divertido, e morre xusto onde comezan as casas de Ortigueira.

Pouco mais adiante de este punto, comezo un brusco ascenso cara un promontorio, o do campo da torre: aí podemos observar o muíño de vento que o preside, e que, moi lonxe do seu primixenio uso, hoxe en día é un dos emblemas da vila, amais dun bo miradoiro.

Baixo ó centro urbán, e dou por finalizada a segunda etapa.

Mais información:
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 1: Ribadeo-Covas
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 4: Valdoviño-Ferrol

Waypoints

PictographPhoto Altitude 186 ft
Photo ofCantís de Loiba

Cantís de Loiba

Ortigueira

Photo ofCastro de Espasante

Castro de Espasante

Estaca de Bares

PictographPhoto Altitude 296 ft
Photo ofCruz de San Román Photo ofCruz de San Román

Cruz de San Román

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofEspasante Photo ofEspasante Photo ofEspasante

Espasante

PictographSummit Altitude 1,005 ft
Photo ofGarita de Bares Photo ofGarita de Bares Photo ofGarita de Bares

Garita de Bares

Edificación

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofHórreo en Abrela Photo ofHórreo en Abrela

Hórreo en Abrela

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofMuiño de vento

Muiño de vento

Yacimiento Arqueológico

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofO Faro Da Estaca de Bares Photo ofO Faro Da Estaca de Bares

O Faro Da Estaca de Bares

O Faro Da Estaca de Bares

PictographPhoto Altitude 109 ft
Photo ofO mellor banco do mundo Photo ofO mellor banco do mundo

O mellor banco do mundo

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofO Porto de Bares Photo ofO Porto de Bares Photo ofO Porto de Bares

O Porto de Bares

O Porto de Bares

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofParque Etnográfico Da Insua

Parque Etnográfico Da Insua

Parque Etnográfico Da Insua

PictographPanorama Altitude 328 ft
Photo ofPena Furada

Pena Furada

Ortigueira

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofPorto de O Barqueiro

Porto de O Barqueiro

PictographBeach Altitude 219 ft
Photo ofPraia Abrela Photo ofPraia Abrela

Praia Abrela

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Area Longa Photo ofPraia de Area Longa

Praia de Area Longa

Praia de Area Longa

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Bares

Praia de Bares

Praia de Bares

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Cabalar Photo ofPraia de Cabalar

Praia de Cabalar

PictographBeach Altitude 29 ft
Photo ofPraia de caolín Photo ofPraia de caolín

Praia de caolín

Estaca de Bares

PictographBeach Altitude 11 ft
Photo ofPraia de Covas

Praia de Covas

Estaca de Bares

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de O Esteiro Photo ofPraia de O Esteiro

Praia de O Esteiro

PictographBeach Altitude 11 ft
Photo ofPraia de O Vidreiro

Praia de O Vidreiro

Camino

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia Fabrega Photo ofPraia Fabrega

Praia Fabrega

Praia Fabrega

PictographBeach Altitude 332 ft
Photo ofPraia San Román Photo ofPraia San Román

Praia San Román

PictographBeach Altitude 239 ft
Photo ofPraia Xilloi

Praia Xilloi

PictographPanorama Altitude 0 ft
Photo ofPunta Do Tallo

Punta Do Tallo

PictographMountain hut Altitude 0 ft
Photo ofSemáforo de Bares Photo ofSemáforo de Bares Photo ofSemáforo de Bares

Semáforo de Bares

Semáforo

PictographPanorama Altitude 170 ft

Vista do Porto de Bares

Camino

Comments  (4)

  • Photo of FerCoruña
    FerCoruña Oct 1, 2018

    I have followed this trail  verified  View more

    He seguido la ruta desde el puente del Baleo asta el faro de estaca de Vares, ida y vuelta. Un 10 en todo

  • Photo of julk
    julk Oct 1, 2018

    Gracias por tu valoración, Fer. Me alegro de que te haya gustado el tramo que has hecho. Esa zona es impresionante...

    Un saludo!

  • Photo of Alicdp
    Alicdp Aug 7, 2022

    I have followed this trail  View more

    Ruta preciosa. Camino en buen estado. Track facil de seguir, te permite ver caminos y vistas maravillosas. Totalmente recomendable.

  • Photo of julk
    julk Aug 7, 2022

    Gracias por tu comentario. Me alegra mucho que lo hayas disfrutado

You can or this trail