Activity

Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño

Download

Trail photos

Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño

Author

Trail stats

Distance
56.91 mi
Elevation gain
7,710 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
7,730 ft
Max elevation
1,994 ft
TrailRank 
63
Min elevation
-1 ft
Trail type
One Way
Time
10 hours 42 minutes
Coordinates
7601
Uploaded
October 2, 2016
Recorded
September 2016
Be the first to clap
Share

near Santa Marta de Ortigueira, Galicia (España)

Viewed 2440 times, downloaded 211 times

Trail photos

Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño

Itinerary description

Comezo a xornada dando un paseo polo centro da vila e saio dela, como é habitual, encarando unha boa ascensión. A intención é circular bordeando a ría , o mais preto posible do auga, pero evitando ateigadas estradas.

De inicio eso o consigo con ese ascenso, grazas ó cal podo pedalear en tranquilidade e con magníficas vistas á ría, que a estas horas ten un aspecto fantasmagórico pola néboa.

Pero, xusto no parque empresarial, onde a estrada se bifurca para As Pontes ou Ferrol, contacto eu. E collo dirección O Ferrol, evidentemente. É a AC-862, que me acompaña xa durante 6 quilómetros, xusto ata o lugar no que collo o desvío cara Cariño, momento no cal xa podo apartar por unha estrada local, que discorre entre a principal e a ría.

A estrada non ten más de tres metros de ancho, pero non presenta tráfico algún, polo que me permite pedalear en completa paz, fixándome na paisaxe.

Deste xeito pedaleo todo o que podo, pero non me queda mais opción que rematar a chegada a Cariño, os últimos 5.7 quilómetros, pola estrada principal. Non é que estivese especialmente ocupada, pero para min o ideal sería evitala.

A cuestión é que, por esta vía, os metros avanzan moi deprisa, e pronto me vexo entrando no casco de Cariño. Eso sí, nada mais chegar ás primeiras casas, xa me aparto para ir buscar o camiño interior do Mazanteo, unha congostra de algo mais dun quilómetro que me deixa na aldea de Figueiroa, dende onde se divisa unha sorprendente panorámica da ría.

Uns metros mais adiante, aparto por un carreiro que baixa ó nivel do mar, e chego a unha especie de embarcadeiro: é o área de Figueiras. Outra fermosa foto.

Volto atrás pola única estrada que hai e, antes de voltar ó punto polo que cheguei, torzo á dereita para coller unha pista de terra e, posteriormente, outra pequena estrada que me achega á praia de Basteira.

Alternando tramos de madeira con outros de coidado paseo marítimo urbano voume achegando ó núcleo urbano de Cariño; de feito, á pasaro por frente do concello, aparto da línea costeira para pedalear entre estreitas rúas verticais, buscando o cemiterio e a estrada que vai cara Cabo Ortegal.

A uns metros de coller ésta, xa vexo un gran panel que me resulta familiar: de novo un panel do Camiño Natural do Cantábrico, anunciando un novo tramo que arrinca aquí, chamado camiño dos romeiros de Cabo Ortegal. Pois dito e feito: para adiante...

O camiño é impecable: limpo, aillado da estrada, fermoso. Tiven que subir a un eido porque unha árbore pechouno por completo, pero parece un problema puntual: o tronco estaba aínda fresco.

Non son nin dous quilómetros, pero es agradece escapar do asfalto. Ó chegares a San Xiao do Trebo (lugar de peregrinación anual, dahí o nome do camiño), a ruta me saca de novo á estrada da que venía. En calquera caso, xa estou a uns metros da baixada cara ó cabo Ortegal, e deste xeito podo desfrutar dos metros finais e o espectacular da paisaxe.

Así, por moitas veces que un vaia, o cabo e o entorno nunca deixan indiferente: a sensación de pequeñez ante o poder da natureza, a soledade do sitio sen nada á vista e a sensación de que ningunha cámara poderá plasmar tanta beleza xunta. Todo esto se me ven á cabeza cando chego onda o faro. E mais cando teño a sorte de estar só para poder vivir todas esas sensacións.

Volto arriba, pouco máis adiante do cruce do que saín do camiño con anterioridade, e á dereita vexo un panel de sendeiro: camiño do Limo. Ese é o meu destiño.

O que me agardaba era o esperadao: subir, subir e subir. Pero a subida non foi tan dura como agardaba, porque é unha pista de terra con bo firme, e salpicada por unhas vistas magníficas que fan levadeiro o esforzo.

Deste xeito, vexo uns penedos pendurados e rodeados de toxos, pero cun camiño feito, que pronto me deu a entender que terían unha vista interesante. E así era. O primeiro miradoiro, para nada “oficial”.

Segue a subida, e a pista pasa a estar asfaltada. Neste tramo ya aparece outro punto con boa vista, non sinalizado e, uns metros mais adiante, outro punto, non sinalizado pero acondicionado, con bancos e un telescopio: é o miradoiro do Limo.

Esa pista remata na estrada que baixa cara Cariño, que está perfectísimamente asfaltada por obra e gracia da Volta ciclista a España, que na súa edición 2016 contou cun final no alto da Garita de Herbeira, para o cal se acondicionou por enteiro.

Nese mesmo punto, pero no lado oposto, vexo sinalizado o mirador da Miranda. se non fose porque eran tres quilómetros mais, e tocaba subir de novo, iría. Pero non sobraban forzas, e ía moita calor...

Matinando, matinando, chego por fin ó alto. Xusto nese punto hai un aparcadoiro para coches e mésmo autocares, onde antes había un lameiro. É o bo, ou o malo -según se mire- que trae a popularización.

Total, que me aparto da estrada para mirar as vistas dende a Garita de Herbeira, e mentras me baixan as pulsacións miro ó redor e me sorprende que non haia mais de sete persoas neste punto. Pero miro abaixo e, o esperable, acaba de chegar un autocar, do cal se baixan máis de 50 ruidosos turistas que van acabar coa paz do recanto.

Fago as fotos tan aprisa como podo, e marcho estrada abaixo ata chegar ó seguinte miradoiro, o do Cruceiro. A intención era coller o camiño dos mortos, o sendeiro que baixa a Teixido, neste punto. Pero un problema mecánico e o descoñecemento do estado da baixada me axudaron a cambiar de idea. Polo tanto, seguirei estrada abaixo.Para qué negalo, coler esta vía é sinxelo: é todo gratis...

Deste xeito, en cuestión de segundos estou en San Andrés de Teixido, loitando por avanzar entre tanta xente que vaga sen rumbo e me miran coma se me estivera metendo con eles.

Menos mal que a min me interesa menos as tendas típicas que a igrexa e o sepulcro, así que tampoco teño problemas coas fotos. Eso sí, comer me demora algo mais.

Retomo o camiño pola estrada, pero ó chegar ó cruce, collo á esquerda, dirección Cedeira. A quilómetro e medio aparece un novo miradoiro, o dos Carrís e, uns metros mais adiante, outro, o de Chao do Monte.

Volto á estrada e, a uns metros, torzo á dereita por unha pista chea de pedras. Dende este punto, o goce é máximo: este tramo dende o miradoiro ata Cedeira, case sen excepción, é excepcional; sempre pegado á linea costeira, regálanos boas vistas e mellores tramos, con moito sendeiro revirado e cun puntiño de esixencia técnica que non permite o tedio.

Así, chegamos á vila case sen decartarnos: aparece a ermida de San Antonio e, aproveitando a baixada que está cada vez mais rota pero aínda se da pasado, chegamos ó Castelo da Concepción, e ó porto pesqueiro, que aproveitamos para tirar unha foto da boca da ría. Agora o que toca é circular o mais pegado á costa, aproveitando no posible o paseo marítimo, bordeando praia da Magdalena e de san Isidro.

Deixo atrás a vila subindo por unha pista asfaltada que da acceso a unhas vivendas unifamiliares, e que pasa a ser unha pista de terra, primeiro ancha e a cada paso mais estreita: neste punto fago un pequeño desvío para acceder ó faro de punta Robaleira, e admirar a fermosa vista da ría de Cedeira que dende aí se pode apreciar.

Volto atrás e retomo o meu camiño, xa por un sendeiro que seguramente foi un dos mais bonitos de toda a travesía: estreito, serpenteante, totalmente ciclable e moi metido entre unha densa vexetación. Ah! E solitario: tan só me crucei cunha parexa de ciclistas que pareceron estar tan abraiados coma min...

Desafortunadamente, teño que abandoar o sendeiro sinalizado para incorporarme á estrada que vai a Ferrol e poder cruzar a boca da ría. Nada mais terminado o rodeo, collo un desvío á dereita para ir por unha estrada secundaria, moi estreita e solitaria, bordeando a punta Chirlateira, un pequeno saínte que regala fermosas vistas.

Continúo por esa estrada, pero pronto viro á dereita para coller unha pista entre piñeiros que baixa de forma acusada. A baixada atravesa un tramo denso de maleza, polo que teño a impresión de ir por un túnel vexetal. Esa mesma impresión debeu ter outra persoa antes, porque pendurado dunha pola, no alto, hai un cartel que pon “o túnel vexetal”. Impresionante tramo... que remata na praia de Pantín, un puntal importante para o surf neste país, pois acolle unha proba da copa do mundo deste deporte.

Deixo a praia por un tramo de madeira paralela á estrada (de terra), ata que regresa o asfalto. Unha nova subida pola que se suceden os miradoiros, chego a un alto dende o que hai unha especie de miradoiro dende o que se pode ver Valdoviño e a Frouxeira. Unha foto e continúo, costa abaixo. Pero non é tan sinxela a chegada á vila, porque chegando ás primeiras casas saio a un sendeiro que xoguetea coa costa e me deixa fermosas postais antes de morrer no paseo marítimo.

Neste punto poño fin ó día.

Mais información:
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 1: Ribadeo-Covas
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 4: Valdoviño-Ferrol

Waypoints

PictographPhoto Altitude 327 ft
Photo ofCabo Ortegal Photo ofCabo Ortegal Photo ofCabo Ortegal

Cabo Ortegal

Muro

PictographWaypoint Altitude 156 ft
Photo ofCamiño interior do Mazanteo

Camiño interior do Mazanteo

Camino

PictographReligious site Altitude 408 ft
Photo ofErmida de San Antonio de Corveiro

Ermida de San Antonio de Corveiro

Ermida de San Antonio de Corveiro

PictographPanorama Altitude 2,005 ft
Photo ofGarita Da Herbeira Photo ofGarita Da Herbeira

Garita Da Herbeira

Garita Da Herbeira

PictographPanorama Altitude 1,135 ft
Photo ofMiradoiro

Miradoiro

346 m

PictographPanorama Altitude 164 ft
Photo ofMiradoiro a Valdoviño Photo ofMiradoiro a Valdoviño

Miradoiro a Valdoviño

50 m

PictographPanorama Altitude 1,140 ft
Photo ofMiradoiro Chao do Monte

Miradoiro Chao do Monte

Matorral

PictographPanorama Altitude 1,221 ft
Photo ofMiradoiro do Limo Photo ofMiradoiro do Limo

Miradoiro do Limo

Pista

PictographPanorama Altitude 1,317 ft
Photo ofMiradoiro dos Carrís Photo ofMiradoiro dos Carrís

Miradoiro dos Carrís

Maleza

PictographPanorama Altitude 394 ft

Miradoiro praia de Frouxeira

Matorral

PictographPanorama Altitude 198 ft
Photo ofMiradoiro punta Chirlateira

Miradoiro punta Chirlateira

Carretera sin pavimentar

PictographPanorama Altitude 216 ft
Photo ofMiradoiro á ría de Cedeira

Miradoiro á ría de Cedeira

España

PictographPanorama Altitude 1,088 ft
Photo ofMiradoiro do Cruceiro

Miradoiro do Cruceiro

Cedeira

PictographPanorama Altitude 290 ft
Photo ofMirador á ría de Ortigueira

Mirador á ría de Ortigueira

Cariño

PictographWaypoint Altitude 56 ft
Photo ofO túnel vexetal

O túnel vexetal

Matorral

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia Da Madalena Photo ofPraia Da Madalena

Praia Da Madalena

Praia Da Madalena

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia Do Rodo Ou de Pantín Photo ofPraia Do Rodo Ou de Pantín Photo ofPraia Do Rodo Ou de Pantín

Praia Do Rodo Ou de Pantín

Praia Do Rodo Ou de Pantín

PictographWaypoint Altitude 49 ft
Photo ofPunta Robaleira Photo ofPunta Robaleira Photo ofPunta Robaleira

Punta Robaleira

España

PictographMonument Altitude 462 ft
Photo ofSan Andrés de Teixido Photo ofSan Andrés de Teixido

San Andrés de Teixido

Teixido (Santo André)

Comments

    You can or this trail