Activity

Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 4: Valdoviño-Ferrol

Download

Trail photos

Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 4: Valdoviño-Ferrol Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 4: Valdoviño-Ferrol Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 4: Valdoviño-Ferrol

Author

Trail stats

Distance
45.21 mi
Elevation gain
3,868 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,622 ft
Max elevation
749 ft
TrailRank 
64
Min elevation
-86 ft
Trail type
One Way
Time
8 hours one minute
Coordinates
5715
Uploaded
October 12, 2016
Recorded
September 2016
Be the first to clap
Share

near Lago, Galicia (España)

Viewed 3405 times, downloaded 205 times

Trail photos

Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 4: Valdoviño-Ferrol Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 4: Valdoviño-Ferrol Photo ofTravesía do litoral cantábrico galego. Etapa 4: Valdoviño-Ferrol

Itinerary description

Saio aproveitando o paseo marítimo da praia da Frouxeira, ata que pasa a ser un sendeiro entre árbores, paralelo á lagoa da Frouxeira; o paseo ben paga a pena, por belo e mais por tranquilo.

Remata na estrada AC-116, pero deseguida a deixamos para baixar a ver outra vista da praia da Frouxeira, dende as pasarelas de madeira.

Bordeo o areal, alternando pistas de terra con outras de area, para chegar á punta Frouxeira, saínte no que hai un característico faro. Á volta aparto para mirar o Portiño, zona protexida da costa, unha das mais bonitas da costa, na que hai unha piscifactoría, e dende onde tamén podemos apreciar a curiosa capela de A Virxen do Porto ou Nosa Señora do Mar.

Volto atrás pola estrada de acceso ó faro, e me aparto para admirar a praia dos Botes e, especialmente, a praia de Meirás, que atraveso grazas a un paso de madeira.

Deixo atrás esa fermosa costa para adentrarme nunha estrada entre casas unifamiliares que apunta ó ceo, pero antes de chegar a él pasa a ter firme de terra e serpentear dun xeito acusado para gaár altura: de 0 a 212 metros nun momentiño. E logo, ¿Qué hai aí arriba?

Pois os restos de cando se xogaba á guerra: as baterías de Campelo, que ocupan o monte do mesmo nome. Eu aproveito a subida para admirar a ampla visión que hai dende ese outeiro, e para reflexionar no absurdo de algunhas actuacións...

Baixo pola pista, chea de pequenas pedras incrustadas, e tan pronto como vexo a aldea de Montefaro, xa saio dela por unha pista de concentración. Nese punto contacto coa senda litoral costa Ártabra, só que en canto de ir pola pista litoral, escollo a alternativa de crestear os montes de O Val para admirar as fermosas vistas da costa antes de baixar á senda costeira. Neste punto vexo a primeira indicación do centro BTT Valle de Esmelle que, con numeracións diferentes,.vou ver en repetidas ocasións dende agora.

Este percorrido que pasa pola fermosa praia de Ponzos, antes de dirixirme cara ó cabo Prior, pasando preto da. Ermida de Sta Comba e da lavadoiro da mina de Covadarreiras, unha mina que pode ser tido explotada dende os tempos dos romanos e quizás antes, na idade do Ferro.

Con esto, chego ó Cabo Prior, imponente accidente xeográfico que albergou no pasado unha nutrida dotación militar defensiva, da que hoxe quedan restos, pero hoxe é mais coñecido polas vistas, o faro, e o fermoso solpor que din se pode apreciar dende ese punto. Dou un bo rodeo ó cabo, o que me permite apreciar as vistas das praias veciñas, aparte da curiosa perspectiva de ver mar por todos lados, case estrangulando a terra.

Por último, ó virar do cabo descubrimos a vista das praias do concello de Ferrol. A primeira pola que pasamos é pola praia do Vilar, tamén coñecida coma praia de Covas.

Deseguido aparece un carril bici polo que pedaleo tranquilamente ata que chego á altura da praia praia de San Xurxo, fermoso areal menos concurrido que o de Doniños, pero con mais encanto ó meu parecer. Accedo a el dando un rodeo pola estrada, pois os carreiros de acceso estaban en bastante mal estado este día, desgraciadamente.

Logo de bordear a praia e desfrutar das súas vistas continúo bordeando a liña costeira, subindo ó monte San Xurxo de pedalando polas pistas entre sendeiros perfectos que atravesan piñeirales e rematan na veciña praia de Doniños, extensa e con moita xente, mésmo un xoves calquera como era o día no que pasei por ela. Recoñecible pola lagoa do mesmo nome, que bordeo por un paseo de madeira.

Cando remata ese paseo, nun outeiro, deixo a estrada para seguir a liña costeira por uns sendeiros que por momentos se volven demasiado estreitos mésmo para unha bici, e os toxos arrabuñan as miñas pernas. Pero o fermoso das vistas e o punto técnico da marcha ben pagan a pena.

A intención era chegar ó cabo Prioriño Chico, pero unha cerxa pechada por unha parte, e o non ver claramente o paso por outra, fai que colla a subida directa ó monte Ventoso para poder admirar a fermosa vista da entrada da ría de Ferrol, o porto exterior e a costa da Coruña que dende ese punto se pode observar.

Dende ese punto xa o trazado é lixeiramente descendente, e por momentos ata francamente divertido e cun puntiño técnico, coma un tramo de boa baixada cunhas pedras grandes coma melóns que poñen a proba as forxas dos meus brazos a estas alturas da travesía.

Sexa como for, ó chegar á aldea de O Confurco e cruzar a N-655, collo un novo camiño sinalizado coma “Ruta a pé polo Chá de Brión”, pequena ruta sinalizada 4 km que nos permite dende as alturas do Chá de Brión dominar as panorámicas aos 4 ventos e coñecer, a través dos paneis interpretados o pasado neolítico de Ferrol, e a batalla contra os ingleses que tivo lugar nestes lares.

Xa atrás esta ruta por pistas elevadas, á altura do castelo de San Felipe baixo á solitaria estrada que pouco a pouco vai perdendo altura para irse achegando á cidade do Ferrol, sempre pegados ó mar, ata chegar ó Parador, punto no que dou por rematada esta Travesía.

A idea era chegar á Coruña, pero un malestar muscular xa adiantaba que estaba incubando un bo catarro. Polo que o mais prudente sería deixar o último tramo para outra ocasión.

Mais información:
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 1: Ribadeo-Covas
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 2: Covas-Ortigueira
-Travesía do litoral cantábrico galego. Etapa 3: Ortigueira-Valdoviño

Waypoints

PictographRuins Altitude 255 ft
Photo ofBaterías de Cabo Prior

Baterías de Cabo Prior

Cp-3606

PictographReligious site Altitude 105 ft
Photo ofErmida de Sta Comba Photo ofErmida de Sta Comba

Ermida de Sta Comba

Ferrol

PictographPanorama Altitude 286 ft
Photo ofFaro de Cabo Prior Photo ofFaro de Cabo Prior Photo ofFaro de Cabo Prior

Faro de Cabo Prior

Cp-3606

Photo ofMina de Covadarreiras

Mina de Covadarreiras

Matorral

PictographPanorama Altitude 394 ft
Photo ofMiradoiro praia de Frouxeira Photo ofMiradoiro praia de Frouxeira

Miradoiro praia de Frouxeira

Matorral

PictographPanorama Altitude 284 ft
Photo ofMirador ó Ferrol

Mirador ó Ferrol

Maleza

PictographPanorama Altitude 682 ft
Photo ofMonte Campelo Photo ofMonte Campelo Photo ofMonte Campelo

Monte Campelo

Carretera sin pavimentar

PictographPanorama Altitude 456 ft
Photo ofMonte Ventoso Photo ofMonte Ventoso Photo ofMonte Ventoso

Monte Ventoso

España

PictographPhoto Altitude 25 ft
Photo ofO Ferrol

O Ferrol

España

PictographPanorama Altitude 68 ft
Photo ofo Portiño Photo ofo Portiño

o Portiño

Matorral

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia Da Frouxeira Ou de Valdoviño Photo ofPraia Da Frouxeira Ou de Valdoviño Photo ofPraia Da Frouxeira Ou de Valdoviño

Praia Da Frouxeira Ou de Valdoviño

Praia Da Frouxeira Ou de Valdoviño

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Doniños

Praia de Doniños

Praia de Doniños

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Meirás

Praia de Meirás

Praia de Meirás

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de Ponzos

Praia de Ponzos

Praia de Ponzos

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPraia de San Xurxo Photo ofPraia de San Xurxo Photo ofPraia de San Xurxo

Praia de San Xurxo

Praia de San Xurxo

PictographBeach Altitude 52 ft
Photo ofPraia Lume Bo

Praia Lume Bo

España

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPunta Frouxeira

Punta Frouxeira

Punta Frouxeira

Comments

    You can or this trail