Vía Verde do Salnés
near Caldas de Reis, Galicia (España)
Viewed 867 times, downloaded 28 times
Trail photos
Itinerary description
Coñécense coma Vías Verdes aos itinerarios pedonais ou ciclistas que van por antigas vías de ferrocarril que, ao quedar fóra de uso, adáptanse para as actividades citadas. En toda España hai case 300 quilómetros repartidos en 115 destas infraestructuras as que se lles deu o novo uso.
En Galicia ata o de agora só existía a Vía Verde do Eo, pero coa renovación das vías de ferro entre Vigo e A Coruña por mor da alta velocidade, quedaron libres de tráfico ferroviario os antigos trazados que actualmente por zonas estanse a reconverter en Vías Verdes.
A Vía Verde do Salnés, pola que vai o noso percorrido, segue a antigo traxecto que desde 1899 ligaba Vilagarcía de Arousa e Pontevedra, nun treito duns 9 quilómetros polos concellos de Caldas de Reis, Portas e Vilagarcía.
Comezaremos no mesmo centro urbano de Caldas de Reis, facendo una fermosa primeira parte pola beira do río Umia -que é un engadido- para conectar coa Vía Verde e finalmente prolongaremos tamén o percorrido fora da vía para saír ao carón de cemiterio de Rubiáns, onde rematamos.
O recorrido -que eu fixen a pé- e máis axeitado para facer en bicicleta que andando por resultar tremendamenta monótono ao ser por unha pista moi uniforme e que na maior parte vai entre arboreda de acacia mimosa.

Waypoints
Photo
37 ft
Balneario Davila
Centro balneario de augas minero-mediciñais no centro de Caldas de Reis.
Waypoint
106 ft
Cemiterio Rubians - Fin
Cemiterio de Rubiáns, punto final do noso percorrido. Na estrada nacional N-640A que liga Pontevedra con Vilagarcía de Arousa.
Photo
207 ft
Vistas Igrexa Sta Maria Godos
Vistas da igrexa de Santa María de Godos desde a Vía Verde do Salnés.
Comments (1)
You can add a comment or review this trail
I have followed this trail verified View more
Information
Easy to follow
Scenery
Easy
Genial empezar en Caldas de Reis y seguir el cauce del Umia hasta enlazar con la vía en dirección a Vilgarcía. Como es una ruta corta y fácil, a la vuelta de puede llegar hasta Portas y ver la azucarera, antes de volver a Caldas