Activity

Volta polo Courel (versión Heavy Metal)

Download

Trail photos

Photo ofVolta polo Courel (versión Heavy Metal) Photo ofVolta polo Courel (versión Heavy Metal) Photo ofVolta polo Courel (versión Heavy Metal)

Author

Trail stats

Distance
53.61 mi
Elevation gain
10,741 ft
Technical difficulty
Experts only
Elevation loss
10,741 ft
Max elevation
5,271 ft
TrailRank 
88 5
Min elevation
1,287 ft
Trail type
Loop
Time
10 hours 50 minutes
Coordinates
4239
Uploaded
September 24, 2014
Recorded
August 2014
  • Rating

  •   5 2 Reviews

near Campodola, Galicia (España)

Viewed 5711 times, downloaded 132 times

Trail photos

Photo ofVolta polo Courel (versión Heavy Metal) Photo ofVolta polo Courel (versión Heavy Metal) Photo ofVolta polo Courel (versión Heavy Metal)

Itinerary description

Ruta moi, moi dura, feita con ánimo de reunir a maior cantidade de puntos de interese do Courel posibles.

Neste caso, facendo o percorrido marcado, atravesarás unha lagoa glaciar, tres fermosas fervenzas, dous dos picos mais altos da serra, numerosos miradores... Sen deixar de mencionar os incontables recantos que irán aparecendo no noso camiñar.

Saimos do alto do Boi pola pista da canteira, cun firme irregular e en continuo ascenso que progresivamente vai achegándonos ó Pia Paxaro, cumio que coronamos tras facer un pequeno desvío, que paga a pena por admirar a vista que temos dende o alto.

Non deixamos as pistas irregulares, pero xa en lixeiro descenso, ata chegar á campa da Lucenza. Neste punto temos tres dirección posibles: baixar cara a Devesa de Rogueira, ir ó pico Formigueiros, ou baixar á lagoa.

Optamos por esta última opción para ir por un estreito sendeiro cara á Lagoa de Lucenza, so visible no inverno/primaveira. Tras bordear esta lagoa afrontamos un tramo moi técnico pero curto, que nos preferimos baixar a pe.

Logo destes metros enlazamos de novo cun camiño que xa é mais ancho e ciclable, moi divertido con curvas entrelazadas e boa pendente favorable. Deseguida atopamos un desvío sinalizado para ver a fervenza do Fondo da Petada, que imos ver.

De volta, continuamos a diversión baixando e levantando a cabeza de cando en vez para admirar o entorno. No momento en que remata o porcentaxe favorable atopamos unha cancela, e tras franqueala, o ruido do auga xa nos avisa da proximidade da fervenza do Fócaro. Unha vez mais, paga a pena perder un par de minutos para admirar a beleza do lugar.

Xa estamos na aldea de A Seara, que atravesamos para sair á estrada que leva a Vieiros. Antes de entrar nesta poboación, collemos un desvío á dereita que nos leva cara ó río por uns sendeiros moi divertidos pero esixentes físicamente. A estas alturas do día xa non sobra nada...

Por iso, cando enlazamos cun camiño mais ancho, temos a dúbida de se baixar ou continuar subindo. Porque son non mais de 30 metros, pero cunha pendiente moi acentuada. Eso sí, paga a pena facelos para ver a fervenza de Vieiros, a mais característica do Courel.

Tras uns intres de reflexión, voltamos sobre os nosos pasos e retornamos ó camiño ascendente, atravesando un par de sequeiros, construccións nas que se gardaban as castañas para que secasen.

Estamos de novo na estrada, pero na saída de Vieiros: agora collemos a pista de subida ó Formigueiros, unha pista de forte ascenso e firme irregular o que, unido a maleza que en ocasión case pecha o noso paso, convirte o ascenso en todo un reto. En 6 quilómetros pasamos de 980 a 1545 metros no punto mais alto, cando vemos a senda de ascenso ó punto mais alto do Courel.

A partires deste punto xa comezamos a baixada por unha senda mooooi divertida e estreita entre árbores e arbustos que anticipan a presenza da Devesa de Rogueira.

No único punto de relax, viramos a cabeza á direita e vemos a sonada Fonte do Cervo ou da Fame, na que podemos atopar dous nacentes diferentes: un, de auga clara, caliza; e o outro, con marcado ton roxizo, debido á presenza de partículas ferruxinosas. A calidade deste auga é mio coñecida dende anos atrás, e mesmo dende o Bierzo viña xente con problemas do sistema dixestivo para beber dela, de aí o nome de "fonte da fame".

Tras beber desta auga tan boa comezamos a baixada pola devesa de Rogueira. Unha baixada chea de curvas cerradas e cunha pendente moi acusada, que fai que fagamos a maior parte dela a pe, para non erosionar o manto vexetal desta maravilla natural, unha fraga singular e non intervida, e na que podemos atopar polo menos un exemplar de tódolas árbores que se dan na Galiza, excepción feita das marítimas.

En calquera caso, hai descenso de sobra para desfrutar. Con boa pendente, pedras e curvas que non decepcionarán ós mais habilidosos, que chegarán ó aula da natureza con ganas de mais.

Pero neste punto tomamos un respiro e nos deixamos ir pola estrada que vai a Seoane do Courel, admirando os escarpados montes que temos a cada lado. Por certo, que nun cruce á esquerda (o que vai a Parada), podemos atopar un monolito homenaxe a uxio Novoneyra, denominado poeta do Courel, e nado nesta aldea.

O chegares á Ferreiría Nova viramos á esquerda e collemos o sendeiro da Ruta do Castro da Torre en sentido inverso; esta ruta forma parte dun antigo camiño que unía Seoane con Folgoso, as dúas poboacións mais importantes do Courel, e hoxe en día é un sendeiro que percorremos durante 10.8 kms.

Os primeiros 4.7, ata Ferreirós de Abaixo, son unha delicia para a bicicleta: sendeiro limpo, lixeiramente irregular e con certos puntos técnicos. Pero sempre nun entorno fabuloso.

Logo temos 4.4 Qms, dende que cruzamos a estrada xeral ata a ponte de Traspando, nos que o denominado sendeiro do Lor alterna tramos pechados pola maleza con outros ciclables e outros demasiado complicados para a bici. O resultado é que aproximadamente un 40% deste tramo hai que hacelo a pe, desfrutando, eso sí, do entorno e a sensación de estar nun sitio moi especial, pero algo falto de mantemento.

Tras cruzar o Lor pola fermosa ponte de Traspando collemos un fermoso carreiro que vai á aldea de Touzón. Neste punto comezamos unha subida por asfalto primeiro e pista forestal despois que nos leva dende os 445 do río ata os 1029 do alto do monte do Castro.

A subida a estas horas xa se nos fai moi pesada, e as fermosas vistas que imos descubrindo conforme rodeamos o monte xa non nos distraen. Pero si confirman a dureza deste terreo.

Unha vez chegados ó refuxio de cazadores da Golada, comeza un rápido descenso por pistas en bo estado e finalmente por asfalto para chegar a Froxan.

Na entrada de esta poboación atopamos a Fonte do Milagro, que aproveitamos para repoñer auga ó carecer a aldea de outros servicios ("este bar é gratis", díxome unha lugareña). Saímos por un carreiro que descende cara ó río cun trazado cheo de lousas, o que fai o descenso moi divertido e cun puntiño técnico.

De volta ó Lor, collemos unha estrada que vai paralela ó leito ata chegares á aldea de Castro Portela, punto no que nos desviamos á esquerda por unha pista que ascende progresivamente dende os 479m do cruce ata os 1058 do alto do Convento. 579m de ascenso engadidos en 8 quilómetros.

Por fin, ya temos 2 quilómetros descendentes ata chegar ó alto do Boi, punto de inicio -e fin- desta ruta.

Waypoints

Photo ofA Seara

A Seara

Indicador de situación del pueblo de "A Seara".

Aula da Natureza

Indicador de situación del aula da naturaleza de Moreda.

PictographRisk Altitude 0 ft
Photo ofCampa Da Lucenza (1484 m)

Campa Da Lucenza (1484 m)

Indicador de situación del lugar de "A Campa da Lucenza".

PictographDead-end street Altitude 4,724 ft

Desvío al mirador de Penaboa

1440 m altura

PictographMountain hut Altitude 1,837 ft
Photo ofFerreirós de Abaixo

Ferreirós de Abaixo

560 m altura

PictographWaterfall Altitude 0 ft
Photo ofFervenza de Fondo da Petada Photo ofFervenza de Fondo da Petada

Fervenza de Fondo da Petada

Indicador de situación del paso del "Rego do Lago".

PictographWaterfall Altitude 3,032 ft
Photo ofFervenza de Vieiros Photo ofFervenza de Vieiros

Fervenza de Vieiros

Río Selmo

PictographWaterfall Altitude 3,454 ft
Photo ofFervenza de Fócaro Photo ofFervenza de Fócaro

Fervenza de Fócaro

PictographFountain Altitude 0 ft
Photo ofFonte do Cervo

Fonte do Cervo

Indicador de situación del lugar en donde está situada "A Fonte do Cervo".

PictographFountain Altitude 1,549 ft
Photo ofFonte Do Milagro. Froxán

Fonte Do Milagro. Froxán

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofFraga de 'A Devesa da Rogueira' Photo ofFraga de 'A Devesa da Rogueira'

Fraga de 'A Devesa da Rogueira'

PictographMountain hut Altitude 1,484 ft
Photo ofFroxán

Froxán

Carretera sin pavimentar

PictographLake Altitude 0 ft

Lagoa da Lucenza

Indicador de situación de la "Lagoa da Lucenza".

PictographPanorama Altitude 4,751 ft
Photo ofMirador de Penaboa

Mirador de Penaboa

Penaboa

PictographWaypoint Altitude 2,198 ft
Photo ofMonumento a Novoneyra

Monumento a Novoneyra

Bosque

PictographSummit Altitude 5,265 ft
Photo ofPia Paxaro Photo ofPia Paxaro Photo ofPia Paxaro

Pia Paxaro

Folgoso Do Courel

PictographSummit Altitude 0 ft
Photo ofPico Formigueiros (1639 m)

Pico Formigueiros (1639 m)

Indicador de situación del pico Formigueiros.

PictographBridge Altitude 1,472 ft
Photo ofPonte de Sudrias Photo ofPonte de Sudrias

Ponte de Sudrias

Río Lóuzara

PictographBridge Altitude 1,524 ft

Ponte de Traspando

Río Lor

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Senda de ascenso a Formigueiros

Indicador de situación de la senda del ascenso al alto de Formigueiros.

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Vieiros

Indicador de situación del pueblo de Vieiros.

Comments  (23)

  • Photo of sainzajump
    sainzajump Nov 1, 2014

    Pintaza, moi parecida a ésta que fixemos
    RUTA NO COUREL DESDE FROXÁN

  • Photo of julk
    julk Nov 1, 2014

    Si, é verdade. Cambia que aquela non ten a baixada á Lucenza (có paso polas fervenzas), nin a subida ó Formigueiros.

    Logo ten a baixada dende Rogueira ata Seoane por camiños -eu a fixen por asfalto por descansar algo).

    Por último, tamén non fai a subida ó alto do Castro. Pero, polo demais, si é bastante parecida.

  • Photo of sainzajump
    sainzajump Nov 1, 2014

    Fareina sen duda; faltanme por coñecer a baixada que dís da Lucenza, as Fervenzas, e o Formigueiro, o demáis xa me é coñecido. A ver cando podo ir a facela.
    Saúdos

  • Photo of julk
    julk Nov 6, 2014

    Paga a pena, xa verás!!! Agora xa baixa auga polas fervenzas ;)

    Saúdos :)

  • Photo of Xaquin66
    Xaquin66 Jan 16, 2015

    Se estas disposto a repetir este verao en Agosto xuntámonos un grupo bon perto de Monforte que estariamos encantados de facer unha qdd. Este ano fixemos unha pequeniña unha tarde dende Santa Eufemia deica Froxán por Vilar e volta polo alto do Boi que nos encantou e deixounos a todos con gañas de máis...Saúde.

  • Photo of julk
    julk Jan 16, 2015

    Claro que estou disposto! De feito, voltarei ó Courel antes ;)

    Non podo garantir que esté en disposición de ir, pero se avisades con tempo, farei o posible por estar no evento. E, se cadra, levar xente.

    Un saúdo!

  • Photo of Xaquin66
    Xaquin66 Jan 16, 2015

    Pois con certeza sei que que en semana santa si que podería ser. ademáis pode ser que xa sexamos 3 mínimo para rutear Fran, Carlota e mais eu e os que se acheguen .podería molar moito...

  • Photo of julk
    julk Jan 16, 2015

    Eu en Semana Santa non podo. Pero, sacando eso e pouco mais, todo é plantexalo.

    Que non quede en boas intencións!

  • Photo of Fran Presedo
    Fran Presedo Jan 24, 2015

    Muchas gracias por compartir esta rutaza Julk, creo que recorre lo más representativo del Caurel. Antes de verano la hago seguro, zona espectacular. Este verano pasado he hecho el "Boamorte Desafio Courel" (creo que se llamaba asi) de unos 98 kms. y me encantó. Lo dicho muchas gracias.

  • Photo of julk
    julk Jan 25, 2015

    Gracias a ti por tu comentario, Tron8. Y no dejes de hacernos llegar tus impresiones cuando hagas la ruta!

    Un saludo.

  • Photo of sainzajump
    sainzajump Sep 26, 2015

    I have followed this trail  View more

    Ruta feita o día 25/09/2015, ata a Ponte de Traspando, o resto por carretera por falta de tempo. A ruta é un rutón, por paisaxe por dureza, por todo, peeero...ten un sendeiro bastante complicado (POLO MENOS ATA QUE O LIMPEN DE MALEZA), o que vai dende Ferreirós de Abaixo ata a Ponte de Traspando, NON MERECE a pena , perder o tempo neste sendeiro, por dous motivos, un o porteo, e outro que é o mais importante, moita maleza que fai que o camiño sea unha odisea pasar por el e que se perda moito tempo, aínda que as vistas son espectaculares. Para evitalo, aconsello ir por estrada, para baixar a coller o track , antes da ponte de traspando baixando despois de folgoso nunha curva coller á dereita pasando ó lado dunhas mesas de pedra e volver a conectar co track antes da Ponte de Traspando

    . A Fervenza de Vieiros, espectacular, o pobo de A Seara tamén, a baixada da devesa da rogueira , xa a había baixado, pero disfrutei moito, e eso que ten bastantes árbores caídas. O courel é espectacular, e disfrutamos moito do día e da ruta que está moi moi ben en conxunto . A subida do Formigueiros dura dura, pero faise. As vistas no Pía Paxaro tamén, a fonte do Cervo, etc, etc. Viva o Courel, voltarei a facer a ruta pero sen o sendeiro ese, jaja. que xa o había feito na ruta de Elaryas, pero non estaba tan mal coma onte.
    Un 9 para esta ruta, gracias julk por dar a coñecer todas as fervenzas que non coñecía e por tanta info, con waypoints incluidos.

  • Photo of julk
    julk Sep 26, 2015

    O de "solo expertos" non era gratuíto, non Sainza?

    Moitas grazas polo teu comentario. É certo que se pode salvar o treito do sendeiro do Lor ata a ponte de Traspando indo pola estrada, pero eu non o fixen por ideais (tento evitar o asfalto no posible) e mais porque anteriormente fora por esta ruta e lembro facela sen problemas. Imaxinaba que o estado no que o atopei eu sería casual, pero desgraciadamente vexo que non, que en todo caso vai a peor :(

    En fin. Que estes contratempos non nos quiten as ganas de explorar.

  • Photo of Danielvictor
    Danielvictor Jul 28, 2016

    Soy de Cordoba y me voy a Galicia a pasar unos días con la bici, pero veo que esas vistas las tenemos por aquí https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/volta-polo-courel-version-heavy-metal-7868883/photo-4534117

  • Photo of julk
    julk Jul 28, 2016

    Hola! Cuando vuelvas de Galicia me cuentas. Si, claro que en tu tierra hay sitios preciosos, pero por aquí no lo son menos.

    Un saludo! https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/volta-polo-courel-version-heavy-metal-7868883/photo-4534117

  • Photo of Danielvictor
    Danielvictor Jul 29, 2016

    Estoy deseando conocer tu tierra, ya conozco Asturias y me encantó, pero soy fanático del mtb y me fascina meterme por senderos con arboles y agua. Un saludo https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/volta-polo-courel-version-heavy-metal-7868883/photo-4534117

  • Photo of julk
  • URTISTA2 Aug 2, 2018

    Buenas Julk. Este verano quiero ir con mi mujer desde el Sur a conocer esa parte de Galicia y esta ruta me atrae mucho. No nos asusta el desnivel ni que las rutas tengan una cierta técnica pero la calificación de "Solo expertos" me preocupa un poco. ¿Cual es el motivo?. También me gustaría saber si podemos encontrar muchos senderos intransitables como el que comenta sainzajump porque ya he tenido malas experiencias en Galicia con caminos infectados de zarzas.

    ¿Hay problemas de abastecimiento de agua en la ruta? ¿Algún restaurante o bar donde reponer fuerzas?

    Muchas gracias por tu ayuda

  • Photo of julk
    julk Aug 5, 2018

    Hola! Pues yo hace meses que no voy por la zona, así que no te puedo informar con detalle. Pero me temo que el tramo del río Lor, el que comenta Sainza más arriba, continúa sin limpiar, asi que un poco de asfalto si ves que la cosa se complica.

    Fuera de eso, no creo que tengas mayor problema (así, a botepronto) con la ciclabilidad. Otro tema es la dificultad física. Ojo que es un terreno duro, cuesta avanzar, y el acumulado hay que pagarlo a precio de oro. La calificación "solo para expertos" no es por dificultad técnica, sino por la física.

    Agua! Pasas por varias aldeas, con fuentes. No son muchas, hay que ser previsor. Bares? En A Seara (magnífica aldea!) hay una casa de turismo rural con servicio de comedor. En el río Lor, justo en el punto donde empieza el tramo del camino antiguo, hay un restaurante/bar muy bonito, O Pontón (http://www.oponton.es/ )

  • URTISTA2 Aug 6, 2018

    Muchas gracias !!! Si sobrevivimos comentaremos :)

  • URTISTA2 Aug 19, 2018

    Bueno, finalmente realizamos la ruta el 14/08/2018, aunque por motivos de tiempo tuvimos que optar, al llegar al Puente de Traspando, por tomar la versión más corta (Power Pop) https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/volta-polo-courel-version-power-pop-7874734.

    Puedo decir que ha sido la ruta más bonita que he hecho hasta el momento y también la más dura. Dureza y diversión a raudales. El problema es que entre las subidas, los tramos técnicos y las continuas paradas y desvíos para admirar los paisajes de la zona, y una parada para comer en un restaurante del camino, al final te coge el toro. Cuando llegamos al Puente Traspando teníamos claro que no nos daba tiempo a terminar la ruta larga sin que se nos hiciera de noche e hicimos bien en optar por la corta porque llegamos por los pelos. Al final el GPS marcó 75 Kilómetros con 3.200 metros de desnivel positivo, aunque GogleEarth marca 3.400 metros.

    La subida a Formigueiros durísima y la bajada por el sendero de la Devesa de Rogueira muy larga y poco ciclable en muchos tramos (al menos para los mortales como yo). El sendero de bajada a la aldea de A Seara precioso pero hay que ir con mucha precaución porque la vegetación oculta demasiadas trampas: (Piedras, agujeros, mangueras, una víbora, ...). Tuvimos la precaución de evitar el sendero desde el restaurante O Ponton hasta el puente Traspando y, por lo que pude vislumbrar desde la carretera, creo que hicimos bien. Por lo demás los caminos bastante limpios, quitando algún pequeño tramo.

    En resúmen: Pedazo de ruta muy currada que no olvidaremos. Muchas gracias por compartir.

  • URTISTA2 Aug 19, 2018

    I have followed this trail  View more

    Olvidé poner mi valoración...

  • Photo of julk
    julk Aug 19, 2018

    Muchas gracias por tu comentario, URTISTA2! alivia saber que mas gente piensa como yo del Caurel; a veces pienso si me ciega la pasión :D

    Un gusto poder ayudar a conocer esta tierra nuestra, de todos.

    Saludo!

  • Photo of julk
    julk Aug 19, 2018

    PD: (lo de "solo expertos" no era gratuíto, eh?) ;)

You can or this trail