Activity

X RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA

Download

Trail photos

Photo ofX RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA

Author

Trail stats

Distance
32.66 mi
Elevation gain
3,983 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,983 ft
Max elevation
953 ft
TrailRank 
29 4.3
Min elevation
189 ft
Trail type
Loop
Coordinates
783
Uploaded
January 27, 2020
Recorded
January 2020
  • Rating

  •   4.3 1 review
Share

near Vedra, Galicia (España)

Viewed 2100 times, downloaded 201 times

Trail photos

Photo ofX RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA

Itinerary description

REGULAMENTO
“X RUTA CICLOTURÍSTICA DA CAMELIA
EN BTT POLO VAL DO ULLA”
1.–O Concello de Vedra, organiza a X Ruta Cicloturística da Camelia en Btt
polo Val do Ulla – Marcha Cicloturística , que terá lugar o domingo 2 de
febreiro de 2020, cun percorrido de 52 km/ aprox., de dificultade técnica e
física media e un itinerario alternativo corto de 26 km aprox. Ambas terán
carácter non competitivo. A saída terá lugar ás 9:30 horas do Velódromo
Municipal de Vedra; Fontao, 18. 15885. Vedra; Coordenadas G.P.S.: 42º 46
´24,88´´N 8º 29´8.99´´ W
2.- Poderán participar na ruta todas as persoas maiores de idade que acepten e
cumpran as condicións regulamentarias e que realizaran axeitadamente o
proceso de inscrición. Ten un custe de 10 €.
3.- Permitirase a participación de rapaces e rapazas menores de idade, dende
os 16 anos en diante, con autorización do/a pai/nai/titor.
4.- O prazo de inscrición finalizará o 28 de xaneiro ás 21:00 horas ou ao acadar
un total de 350 participantes. Realizarase na plataforma de inscricións de
www.galitiming.com. Considerarase efectiva a inscrición unha vez feito o
pago na TPV habilitada para tal fin. Non se admitirán pagos en man nin o
mesmo día da proba. Tampouco se admitirán inscricións baixo ningún concepto,
fóra dos prazos marcados.
5.-A inscrición dará dereito á participación na proba, e incluirá tres puntos de
avituallamento (con líquidos e sólidos), agasallo, participación en sorteos,
servizo de lavado de bicicletas, servizo de taller (parches...) servizo de
ambulancia, seguro R.C. e de accidentes. Só serán considerados participantes,
aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en
todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.
6.- A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:00 horas, do
domingo 2 de febreiro de 2019 no Pavillón Polideportivo Municipal de Vedra. A
saída efectuarase ás 9:30 horas do Velódromo Municipal. A recollida de dorsais
farase de xeito individual.
7.- O emprego do casco é obrigatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal
e da ruta. A organización non se fai responsable dos accidentes, nos que
poidera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes
poideran ocasionar durante a realización da marcha.
8.- O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e
forestais do concello de Vedra, existindo cruces con tramos de estradas, que se
atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a
precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación
contidas na Lei de Seguridade vial e no Regulamento Xeral de circulación.
9.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a
proba, quedando terminantemente prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a
excepción dos colectores situados nos puntos de avituallamento e de inicio e
final de ruta.
10.- En todo momento respectaranse e acataranse as ordes e directrices da
organización, non superando en ningún momento ao vehículo que abre a
mesma, o cal será obxecto de descalificación inmediata.
11.- A Organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos
participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil e de
Accidentes (limitado), non facéndose responsable de ningún accidente nin
gastos fóra desta cobertura. A organización non se fará responsable dos
accidentes, nos que puidera ser causa a neglixencia dos participantes, así como
os danos que estes poideran ocasionar durante a realización da proba.
Enténdese que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
12.- O participante presta o seu consentimento á Organización para que poida
ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas
posibles. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente,
previa comunicación por escrito dirixida ao Concello de Vedra a través do seu
mail: correo@concellodevedra.com
13.- A Organización garante o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de
Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo co disposto en dita lei, o
participante queda informado e presta o seu consentimento para a
incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da
Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con
xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O
participante poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición, mediante escrito dirixido o Concello de Vedra a través do seu mail:
correo@concellodevedra.com
14.- Cada participante será autosuficiente e responsable do seu material e das
avarías que poida ter ao longo do percorrido. A organización na medida do
posible proporcionará axuda cun servizo de reparacións. En caso de que o
participante sufra unha avaría que imposibilite a finalización da proba, este
deberá chamar ao teléfono situado na parte posterior do dorsal para a súa
recollida.
15.- A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así
como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.
16.- O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente
regulamento.

Comments  (1)

  • JuanSilver Feb 2, 2020

    I have followed this trail  verified  View more

    La ruta corta podía ser un poco más larga

You can or this trail