Activity

Kilómetro Vertical do Courel, na Subida dende Ferreirós de Abaixo ata o Piapaxaro por Penaboa.

Download

Trail photos

Photo ofKilómetro Vertical do Courel,  na Subida dende Ferreirós de Abaixo ata o Piapaxaro por Penaboa. Photo ofKilómetro Vertical do Courel,  na Subida dende Ferreirós de Abaixo ata o Piapaxaro por Penaboa. Photo ofKilómetro Vertical do Courel,  na Subida dende Ferreirós de Abaixo ata o Piapaxaro por Penaboa.

Author

Trail stats

Distance
8.93 mi
Elevation gain
3,999 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
3,999 ft
Max elevation
5,267 ft
TrailRank 
59 4.8
Min elevation
1,749 ft
Trail type
Loop
Coordinates
454
Uploaded
November 21, 2013
Recorded
November 2013
  • Rating

  •   4.8 9 Reviews

near Ferreirós de Abaixo, Galicia (España)

Viewed 20347 times, downloaded 408 times

Trail photos

Photo ofKilómetro Vertical do Courel,  na Subida dende Ferreirós de Abaixo ata o Piapaxaro por Penaboa. Photo ofKilómetro Vertical do Courel,  na Subida dende Ferreirós de Abaixo ata o Piapaxaro por Penaboa. Photo ofKilómetro Vertical do Courel,  na Subida dende Ferreirós de Abaixo ata o Piapaxaro por Penaboa.

Itinerary description

Esta ruta dende o km 1.2( na Ponteciña, unha ponte e madeira sobre un regato) ata o cumio do Piapaxaro 2, fai un km de desnivel en tan só 4.4 km de distancia; o que na carreiras de Trail se coñece como “km vertical”, o único practicable que se coñece en Galicia.
Saímos de Ferreirós de Abaixo ( 533 msnm ), que está no km 28.3 da estreda Lu651. Arranca diante do muíño que está na estrada, por un sendeiro que sobe á súa dereita e pasa por debaixo de unha casa de pedra, seguides por debaixo da seguinte casa, que está caendo . Seguindo sempre o sendeiro que ten o río sempre á súa esquerda. Cen metros despois de cruzar un regato por unha ponte de madeira ( A Ponteciña), convértese nun camiño ata Ferreirós de Arriba. Levamos feitos dous km.
En Ferreirós de Arriba subides dende a praza por entre o río e a parte dereita da aldea , logo pola rúa empinada que vai paralela ó río. O acabar as casas colledes á dereita . Trece metros despois da casa máis alta tomades o camiño da dereita por un camiño chao de todo (140 metros), cruzades o río, logo subides 80 metros( A Travesa), logo curva á esquerda, seguides subindo (Abredos) durante 130 metros e deixades o camiño, pola dereita por unha senda recta e case vertical polo medio do monte arriba . Logo de 500 metros por unha senda case vertical que fai varios escalóns e varias pequenas trepas, chegamos ao penedo, Castreliños, dende onde se ve a pirámide do Pico de Penaboa, ao final de unha lomba máis suave de un km de longo.
Dende o Penedo que está na base de Penaboa, ata o cumio hai 300 metros de distancia e 150 metros de desnivel. A pendente é brutal, hai mato e pódese un agarrar á base das uces mirando de que non vaian romper. Debemos calcular ben as nosas posibilidades, o vento, o xeo a neve , a néboa , mellor renunciar a ter que voltar dende o medio da pirámide agatuñando e marcha a trás . Seguir sempre a senda marcada, procurando non asomarnos a arista da esquerda que está no alto de un cortado de case 400 metros de altura, só para alpinistas con sangue fría.
No cumio de Penaboa( 1457 msnm), hai unha terraza –mirador para disfrutar das impresionantes vistas do Canón do río Ferreirós e de todo o Courel do poñente, non vos finquedes nos pasamáns que poden ceder. Penaboa quere dicir rocha sagrada. Na vila e Folgoso , chámanlle Pico dos Bois ou Mirador dos Bois, que parece que fai referencia aos mozos guerreiros(Bois)
Despois de Penaboa, podedes seguir ata o Piapaxaro: atravesades o mirador, logo seguides a arista do acantilado durante 450 metros, coa mesma dirección que o cortalumes, tede moito coidado de non despistarvos estamos no alto do cortado vertical e maior desnivel da Serra do Courel. Logo empezades a subir polo cortalumes, andades por el 400 metros e logo colledes á dereita a pista que sube durante 200 metros, cando cheguedes ao pe do Piapaxaro 2 ( ten 70 metros de altura sobre a base e 1613 msnm), cruzades un pouco de mato e escalades o cumio ata arriba, ides polo cordal ata o Piapaxaro 1( O cumio que ten a caseta coas antenas, 1610 msnm) .
Dende aquí, volvedes pola pista ata Penaboa( durante 2 km, o dobre máis longa que o cortalumes da subida), poucos metros antes do mirador de Penaboa, colledes o cortalumes da esquerda, e baixades por el( durante 2 km) por unha pendente inverosímil, ata a pista que vai de Ferreirós a Folgoso.
Cruzádes esta pista e seguides o cordal( durante un km) ata o Pico do Coto, que sube suave, pero remata nunha costa importante ao coroar Coto. Moito coidado non despistarse, a cara do poñente ten un cortado vertical de 100 metros, logo alí, pola esquerda tedes que buscar o sendeiriño que se mete polo medio de unha gran fenda do Pico, bordea o Pico pola súa base e baixa culebreando ata a estrada asfaltada, dous quilómetros e dende esta a Ferreirós de Abaixo polo quilómetro final colgados sobre a aldea.
Duración: máis de tres horas.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 2,869 ft
Photo ofChanzos

Chanzos

Tallados na pedra non se sabe canto tempo atrás...

PictographFountain Altitude 2,346 ft
Photo ofFonte

Fonte

En Ferreirós de arriba.

PictographWaypoint Altitude 2,602 ft
Photo ofFonte estacional

Fonte estacional

PictographWaypoint Altitude 1,966 ft
Photo ofPe

Pe

PictographWaypoint Altitude 4,715 ft
Photo ofPenaboa

Penaboa

17-NOV-13 12:47:25

PictographWaypoint Altitude 5,256 ft

Piapaxaro

17-NOV-13 13:50:45

PictographWaypoint Altitude 5,266 ft
Photo ofPiapaxaro 2

Piapaxaro 2

17-NOV-13 13:40:31

PictographWaypoint Altitude 3,376 ft

Pico do Coto

17-NOV-13 15:47:17

PictographBridge Altitude 2,520 ft
Photo ofPoldras

Poldras

PictographWaypoint Altitude 1,946 ft

Ponte

17-NOV-13 9:46:44

PictographWaypoint Altitude 3,145 ft

Trepe

17-NOV-13 11:02:12

PictographWaypoint Altitude 3,226 ft

Trepes

17-NOV-13 11:08:09

PictographWaypoint Altitude 2,869 ft

Chanzos

17-NOV-13 10:40:50

Comments  (35)

You can or this trail