Activity

20. Morgadáns. Camiñando por Prado

Download

Trail photos

Photo of20. Morgadáns. Camiñando por Prado Photo of20. Morgadáns. Camiñando por Prado Photo of20. Morgadáns. Camiñando por Prado

Author

Trail stats

Distance
4.03 mi
Elevation gain
423 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
423 ft
Max elevation
1,768 ft
TrailRank 
39
Min elevation
1,339 ft
Trail type
Loop
Time
51 minutes
Coordinates
152
Uploaded
November 20, 2018
Recorded
November 2018
Be the first to clap
Share

near Morgadáns, Galicia (España)

Viewed 599 times, downloaded 11 times

Trail photos

Photo of20. Morgadáns. Camiñando por Prado Photo of20. Morgadáns. Camiñando por Prado Photo of20. Morgadáns. Camiñando por Prado

Itinerary description

Esta ruta discorre pola aldea de maior altura sobre o nivel do mar de todo o municipio; o lugar supera os 425 m. e emprázase en plena Serra do Galiñeiro, a metade de camiño aproximadamente entre As Gallas e O Monte Aloia, este xa en Tui. É un territorio onde a natureza se mostra con forza, onde a climatoloxía é máis severa e onde non é estraño atoparnos con animais salvaxes. Entre estes destacan os équidos coñecidos no lugar como "burras", "cabalos do monte" ou "garranos" que son o eixe dos curros de Morgadáns e O Galiñeiro. Tamén podemos dar con gando ovino, se ben os grandes rabaños que en tempos existiron vense agora moi diminuídos. Ao longo do percorrido existen un par de lugares para abastecemento.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,427 ft
Photo ofO Fabal

O Fabal

Por este lugar, no Portelo do Cura, ao oeste da capela, ante o que debía ser a súa fachada principal e non obstante é a cabeceira, fóra do recinto murado e algo máis ao sur que aquela, consérvanse dous túmulos megalíticos, un moi transformado, dos sete conservados neste gran campo de enterramentos prehistóricos coñecido como A Chan das Moutas; inicialmente chegáranse a descubrir nove dos cales se destruíron dous.

PictographReligious site Altitude 1,440 ft
Photo ofCapela de San Xosé e recinto de festas.

Capela de San Xosé e recinto de festas.

Segundo documentos do arquivo municipal de Gondomar, a capela foi construída a instancia dos veciños tras obter estes o visto bo de instancias superiores. Erguerase nun lugar duns "10 ferrados" doados para a causa pola corporación municipal no ano 1864. É de planta rectangular e na fachada norte posúe un anexo para a sancristía. A nave ten cuberta a dúas augas coa fachada principal rematada en espadana de dobre van para dúas campás. A sancristía cóbrese a tres vertentes. O templo oriéntase segundo o costume atendendo á dirección leste-oeste pero, estrañamente, coa porta principal situada na fachada nacente, xusto ao contrario do habitual. Ante a porta sempre existiu unha cruz alta á que os veciños chaman cruceiro. Este é o punto de xiro nas procesións de conmemoración. San Xosé de Prado é anexo da parroquial dende 1904.

PictographWaypoint Altitude 1,440 ft
Photo ofA Chan das Moutas

A Chan das Moutas

Descritivo topónimo que utilizamos xenericamente, e polo tanto con pouca corrección, para referirnos á maior parte desta chaira. Esta planicie, situada a uns 454 m. sobre o nivel do mar, é un gran xacemento arqueolóxico de enterramentos megalíticos; o maior campo de enterramentos rituais prehistóricos do Val de Miñor. Inicialmente foron nove túmulos pero no 2001 Anta da Moura xa só contabilizou sete mámoas que segundo Cuñarro e Goberna teñen medidas variables entre os 8 e os 26 m. de diámetro con alturas de 0,50 m., a menor, e 1,50 m. a máis alta. Todas as mámoas están violadas e, a dicir dos arqueólogos, algunhas posúen ortostatos que en casos foron utilizados para o muro de peche do adro da inmediata capela. Os túmulos están parcialmente cubertos por vexetación. Estímase que estes enterramentos megalíticos en Galicia proceden do arco temporal que vai de finais do V ou principios do IV milenio a.C. ao II milenio a.C.

PictographWaypoint Altitude 1,401 ft
Photo ofO Lousado

O Lousado

Este lugar pecha polo oeste o aro construído que rodea a superficie fértil e cultivada do barrio. É o primeiro da parte alta ao que chegan os camiños de Vilas e Bouzas, este proveniente da parroquial. Esta condición e a proximidade da capela, algo desviada da área construída de Prado como consecuencia, seguramente, de achegala a Vilas, servíronlle para ser elixido como sede da localización da agora desocupada escola unitaria, con casa para o mestre. Emprázase ao sur da Chan das Moutas.

PictographWaypoint Altitude 1,444 ft

A Lagoa

Nesta pequena depresión remata por levante a parte plana en que nos atopamos. Entre a vexetación, fronte a un cruzamento de camiños, será relativamente doado atopar a que en tempos foi unha cruz alta ou de alto varal. Como acabamos de dicir está xunto a unha encrucillada e ante ela paraban as comitivas fúnebres, aínda que a súa orixe parece que foi conmemorar a morte que aquí lle deron ao irmán de quen foi coñecida no lugar como "tía Porfica". Polo tanto, é unha cruz de mala morte. Hai algún tempo a peza foi subtraída por uns individuos da parroquia de Matamá, concello de Vigo, pero a veciñanza deu con eles e obrigounos a repoñela. A cousa é que entre as idas e vindas perdeu parte do varal.

PictographWaypoint Altitude 1,437 ft

A Sepultura

Trátase dun sarcófago medieval escavado en rocha natural na súa localización orixinaria. Está situado inmediato ao lugar da Brulla. As medidas do sarcófago son: 1,70 m. de lonxitude; 0,50 m. de ancho con redución a 0,45 nun dos extremos; e 0,30 m. de profundidade. Presenta a seguinte decoración: un suco curvilíneo unindo polo exterior os dous ángulos do extremo máis estreito e, dentro do sarcófago, no mesmo extremo, unha cazoleta duns 20 cm. de diámetro da cal parte un suco centrado, duns 70 cm. de lonxitude, que se cruza perpendicularmente con outro máis curto.

PictographWaypoint Altitude 1,473 ft
Photo ofA Brulla

A Brulla

Ademais das tradicionais casas e do rochoso territorio natural no que se asentan, este lugar reuniu con certa densidade dous tipos de edificacións adxectivas: os hórreos e as cortes exentas. As últimas son un tipo de edificación moi frecuente en Vilas e Prado. Teñen planta rectangular ou cadrada, de pequena superficie, a máis grande pode andar polos 18 m2, e están construídas en cachotaría de granito en seco con cuberta de tella xeralmente a dúas augas. Tamén en tempos se empregou para a cubrición a palla e a pedra e, ocasionalmente, podían presentar unha soa vertente. O acceso é a través dunha pequena porta e polo xeral non teñen ningún outro oco producíndose a ventilación a través de muros e cuberta. A altura dos muros é mínima, podendo darse o caso de que diante da porta se forme un recinto, con inicio e remate na corte, pechado mediante un murete das mesmas características e materiais que aquela, con función de curral ao que se accede mediante unha cancela.

PictographWaypoint Altitude 1,430 ft
Photo ofA Veiga Photo ofA Veiga

A Veiga

Todo Prado foi un lugar de interesantes obras de cantería realizadas con granito propio da zona. Unha das mostras máis abundantes foron os hórreos, construídos aquí con certas peculiaridades dentro da tipoloxía coñecida xenericamente como Pontevedra. Unha das particularidades máis repetidas é a solución dada aos beirís dos costais. Estes, en vez da habitual solución de tella cerámica voada sobre a soleira, ou lintel superior, con ou sen cornixa, resólveno colocando sempre unha cornixa ben pronunciada enriba da cal morren e desaugan as tellas. Deste xeito axudan a que o vento, forte nestas partes altas, non levante as tellas desprotexidas do beirado. Pero na Veiga existe outra peculiaridade non habitual no Val de Miñor: o hórreo sobre celeiro. Neste caso os pés quedan substituídos por un almacén rectangular construído en granito e os tornarratos ou “mos” por unha cornixa voada formada polas lousas que pechan a cara superior do celeiro. Esta cornixa recibe o nome de rateiras e a función, como nas “mos”, é evitar o paso de roedores ao interior do hórreo. Neste lugar viviu a familia dos Forneiros, que segundo o seu alcume anuncia vivían de construír fornos de pedra; aínda se conserva a casa con infinidade de enxeñosas solucións construtivas en pedra mesmo para parte do mobiliario. Pois ben, estes foron os que construíron dous dos hórreos máis orixinais de Prado. Un é de celeiro e o outro, asentado sobre unha plataforma e cos claros resoltos mediante “pastas” de granito furadas, ten a cruz de remate figurada cun Cristo, a única que coñecemos no Val de Miñor.

PictographWaypoint Altitude 0 ft

A Cañoteira

A área cultivable da aldea sitúase no centro, está rodeada de casas, agás polo sur, e atravésana dúas canles de augas das cales a máis importante é o Río do Penedo que, coa anterior, á que se une á altura da Presa do Cocho do Muíño, rematan por configurar o que terras abaixo se coñece como Río de Prado. Toda esta zona de cultivo emprázase arredor da Cañoteira, A Chan da Renda e outros lugares. Un carreiro de servizo coñecido como Camiño da Dentro cruza as leiras dende A Torre ata O Lousado.

PictographWaypoint Altitude 1,529 ft

A Torre.

A uns metros da encrucillada que forman o Camiño da Dentro co que chega da Baixiña existe outra cruz alta. Case fronte a ela, entre o casarío, as ruínas dunha orixinal casa onde o granito de Prado chega a resolver parte do mobiliario e das cubertas. Sobre ela contáronnos no 2006 unha historia con final de acusada inclinación moral, historia moi repetida no lugar, que reproducimos a continuación: “Hai moitos anos era o seu propietario un feirante de gando ao que coñecían como O Nabor. Segundo contan, un home intentou entrar na casa con intención de roubarlle pero en canto abriu a porta da planta baixa puxo sobre aviso o propietario. Este, cando durmía, colocaba a cama sobre o couzón da devandita porta polo que calquera pequeno movemento desta o alertaba inmediatamente poñéndose el en garda. Foi o que sucedeu esta vez e en canto o ladrón asomou o primeiro brazo ao interior da vivenda, coa intención de seguir abrindo portas, dun machadazo segoulle a man. Ao cabo dun ano O Nabor, na feira do Porriño, mira a un manco e un calafrío percórrelle o corpo. O manco mírao fixamente e achégase. Xa ao pé del, convídao a unha cunca e cando ía de remate dálle as grazas por cortarlle a man. A razón, segundo lle referiu, é que non volvera roubar”. O que non aclarou é se deixara de facelo por convicción ou por incapacidade física.

PictographWaypoint Altitude 1,568 ft
Photo ofAs Gondas

As Gondas

Esta parte alta do municipio que son as terras de Prado foi lugar de certa abundancia en acivros. Hoxe apenas quedan algúns exemplares e un deles, cun porte de certa consideración, emprázase entre as ruínas dunha das casas desta barriada. Outras próximas a ela foron rehabilitadas e acondicionadas seguindo un programa de turismo rural ao que están a servir. Quizais sexa esta unha das posibles opcións para dinamizar minimamente o ámbito.

PictographWaypoint Altitude 1,739 ft

A Pedra do Acordo.

Neste marco xurisdicional conflúen hoxe tres municipios constitucionais (Tui, O Porriño e Gondomar) e case cinco parroquias (Morgadáns, Chenlo, Pazos de Reis, Rebordáns e, moi preto, Malvas). O lugar xa era referencia na delimitación do Couto de Tui enunciada no ano 1095 polos condes de Galicia Raimundo de Borgoña e Urraca, filla de Afonso VI, con motivo da doazón ao Bispo de Tui dos dereitos de señorío que sobre el tiñan. En documentos do ano 1726 referidos aos límites territoriais de Tui cítase A Pedra do Acordo como o marco común das xurisdicións de Pexegueiro, O Porriño, Baiona e a citada cidade. Anos despois, en 1753, o Catastro de Ensenada volve mencionala como marco xurisdicional ("Piedra del Consejo o Acordo"). A pedra conservada, procedente da Idade Moderna, é unha peza de granito de planta pentagonal con cruces gravadas en catro das caras verticais e unha marca sobre un pedestal na quinta, o cal lle dá unha direccionalidade que non somos capaces de interpretar. O remate superior deste prisma pétreo é a xeito de pirámide truncada cunha lenda percorrendo as caras inclinadas tras iniciarse na que se sitúa sobre a do pedestal. Non se sabe se foi este particular carácter fronteirizo presente dende o medievo quen rematou por pasarlle ao lugar un sentir concreto ou, pola contra, se foi o propio ancestral "genius loci" do lugar o que induciu a súa elección como límite xurisdicional. Tampouco se o topónimo apareceu como consecuencia do consenso que posibilitou a orixe do marco ou como resultado de posteriores tratos e acordos pechados ante el. Sexa como fose, o segundo suposto moi probablemente se produciu nalgunha ocasión.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMuíño dos Forneiros

Muíño dos Forneiros

Emprázase na Lemeiriña, por debaixo da presa da Rascadiña. Foi un muíño de particulares, neste caso da familia asentada na Veiga cuxa actividade profesional era a de facer fornos de pan en granito e, por extensión, a de canteiros. É un muíño construído pola citada familia na modalidade de canle executado cun primeiro tramo horizontal e aberto, sobre piares, e unha segunda de subministro ao inferno inclinada e pechada sobre murete macizo. Tivo cuberta a dúas augas con capias nos muros pincho.

PictographWaypoint Altitude 1,499 ft
Photo ofVista panorámica

Vista panorámica

Dende este camiño que pasa polas Cabanas tense unha espléndida vista das zonas de socalcos e terreos de cultivo da aldea, pechados ao fondo pola silueta da Serra do Galiñeiro. A perspectiva dáse ao inicio do tramo, segundo baixada. Logo o camiño métese entre piñeirais.

PictographWaypoint Altitude 1,358 ft

Camiño 'tumbal' de Murxido

Ao sur de Prado, nunha zona de menor cota, aséntase outra aldea á que se chega polo camiño que arranca de Cerdeira. Chámase Murxido e queda aos pés da arruinada ermida de San Martiño, xa existente no século XVI. Este camiño, que continúa ata a parroquial pasando polo Lago, foi un dos principais para a xente máis meridional de Prado. O de "tumbal" vénlle porque era o utilizado polas comitivas fúnebres, principalmente de Murxido, para transportar os defuntos ata as foxas dos cemiterios primitivo, na igrexa, e actual. O transporte facíase a pé e parando ante as encrucilladas e numerosas cruces, hoxe minimamente conservadas, que marcaban o percorrido para rezar responsos e pregarias pola persoa morta. O tortuoso ritual desapareceu coa chegada dos tanatorios. Hai poucos anos variouse parcialmente, ampliouse e asfaltouse o antigo camiño.

PictographWaypoint Altitude 1,394 ft

Cerdeira

Este núcleo estrutúrase ao redor dunha encrucillada que polo menos dende o ano 1787, segundo inscrición conservada no antigo pedestal da actual, estivo presidida por unha cruz á que aínda hoxe din cruceiro. Esta, que sempre ocupou o centro dos tres camiños que conforman a encrucillada, na actualidade está emprazada nun lateral para facilitar o transito rodado. Aquí arranca o camiño que pasando por Murxido baixa ata a parroquial da Pedra. A pouca distancia da cruz, no lugar coñecido como Campo Vello, lindando co camiño que conduce ao Lousado, emprázase a reconstruída Fonte do Buxeiro, con auga canalizada dende a orixinal, cuxo manancial se conserva no lugar citado: O Buxeiro.

PictographWaypoint Altitude 1,348 ft

Peirao do Cocho do Muíño.

Cando en 1960 a Entidade Local Menor de Morgadáns constrúe o agora inutilizado lavadoiro público cuberto, todo en formigón armado, citado como “O da Ponte”, xa existía dende antigo a presa inmediata que neses anos remata por reestruturarse. Esta presa, con auga subtraída ao Río do Penedo, regou sempre as terras emprazadas por enriba de Bouzas. A pouca distancia da presa, campo arriba, aínda se conserva, se ben con augas non aptas para o consumo humano, a secular fonte de biqueira do Lousado.

PictographWaypoint Altitude 0 ft

New waypoint

Comments

    You can or this trail