Activity

CAMIÑO DA RAÍÑA SANTA. Tramo 3 (Alto do Vieiro-Parderrubias)

Download

Trail photos

Photo ofCAMIÑO DA RAÍÑA SANTA. Tramo 3 (Alto do Vieiro-Parderrubias) Photo ofCAMIÑO DA RAÍÑA SANTA. Tramo 3 (Alto do Vieiro-Parderrubias) Photo ofCAMIÑO DA RAÍÑA SANTA. Tramo 3 (Alto do Vieiro-Parderrubias)

Author

Trail stats

Distance
17.5 mi
Elevation gain
1,040 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,549 ft
Max elevation
2,815 ft
TrailRank 
37
Min elevation
1,027 ft
Trail type
One Way
Coordinates
442
Uploaded
August 30, 2012
Be the first to clap
Share

near Portela, Galicia (España)

Viewed 3629 times, downloaded 50 times

Trail photos

Photo ofCAMIÑO DA RAÍÑA SANTA. Tramo 3 (Alto do Vieiro-Parderrubias) Photo ofCAMIÑO DA RAÍÑA SANTA. Tramo 3 (Alto do Vieiro-Parderrubias) Photo ofCAMIÑO DA RAÍÑA SANTA. Tramo 3 (Alto do Vieiro-Parderrubias)

Itinerary description

Ver CONTEXTO HISTÓRICO en Tramo 1 (Portela do Home-AS Conchas)

O ROTEIRO


Desde a fonte do Vieiro, comeza o descenso ata Celanova por terras do concello de Verea; así, pasa a beira do Cruceiro de Santa Eulalia, ascende ata as mámoas do Outeirón, e bordea a media ladeira os Montes de Pena Edra, entre as aldeas de Gontán, Canón e Casasoá, onde comeza un forte descenso ata o Mosteiro de San Salvador de Celanova, que alberga un magnífico claustro barroco e esconde unha fermosa capeliña mozárabe.
Desenvolvéndose por terras do concello de Celanova, aborda o amoreado medieval de Vilanova dos Infantes, dominado pola torre de homenaxe dunha antiga fortificación medieval e baixo a atenta mirada dos Coelerni ubicados en Castromao. Prosegue descendendo entre as aldeas de Carfaxiño e Viveiro, pola vertente oeste do río Orille ata a Ponte Grande, onde atravesa o río Arnoia na ponte da Barxiña.
Unha vez cruzado o Arnoia, intérnase no territorio de Cartelle e, pasando por Ulfe, chega ata o santurario relixoso de As Marabillas, cuxas instalacións gozan de gran culto popular.
A partir deste punto, o Camiño da Raíña, entra no seu último tramo polos terreos do Bosque Máxico, desenvolvéndose por domínios do concello de A Merca, bordeando A Manchica e a aldea de Parderrubias, esta cun interesante núcleo tradicional.
O camiño prosegue polo concello de San Cibrao das Viñas, ata divisar o Miño e entroncar coa Via da Prata en Ourense.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 2,694 ft
Photo ofCruceiro de A Fenteira

Cruceiro de A Fenteira

AO pé do Camiño da Raíña Santa, o cruceiro de A Fenteira, marca o camiño dos peregrinos.

PictographWaypoint Altitude 2,641 ft

Igrexa Parroquial de Santa Eulalia

PictographWaypoint Altitude 2,661 ft
Photo ofMámoas do Outeirón

Mámoas do Outeirón

Pequena necrópole megalítica de tres mámoas. situada ao pé do camiño da Raíña Santa. Como moitos investigadores apuntan, as mámoas poden siñnalar antigas vías de tránsito neolíticas, situadas en lugares ben visibeis, principalmente nas liñas de divisoria de augas.

PictographWaypoint Altitude 2,303 ft
Photo ofCastro de A Cividade-Os Castros

Castro de A Cividade-Os Castros

Tremenda Cividade Castrexa de máis de 5 Ha, con muraia defensiva e triple foxo, dominando o val do río Ourille. Na actualidade atópase inabordábel, polo abandoo ao que ben sendo sometida polas institucións locais.

PictographWaypoint Altitude 2,326 ft

Fonte

PictographWaypoint Altitude 1,683 ft

Fonte e Lavadoiro

PictographWaypoint Altitude 1,706 ft
Photo ofClaustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova Photo ofClaustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova

Claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova

PictographWaypoint Altitude 1,729 ft
Photo ofCapela Mozárabe de San Miguel Photo ofCapela Mozárabe de San Miguel

Capela Mozárabe de San Miguel

A capela mozárabe de San Salvador de Celanova, ubicada na horta do Mosteiro, foi declarada Monumento Nacional en 1923. Segundo se relata nun documento de principios do século XI, esta pequena xoia de 8’5 m de lonxitude e 3’85 m de ancho, foi edificada no ano 940 por Rosendo Gutierrez de Dumio, en memoria do seu irmán Froila, fundador do Mosteiro. Excelente mampostería para unha nave cadrada sen compartimentos laterais, unha antesala ou adro e unha ábside diminuta, separdos entre sí por arcos de ferradura prolongados ata 2/3 do radio e enmarcados por un alfiz moldurado. A senlleiridade desta peza única e a diferenza de cubertas empregada en cadansúa nave. A principal con bóveda de tixolo sostida con arcos peraltados; a bóveda do adro e de canón en forma de ferradura apoiada nunha moldura de arranque; e a teitura da ábside cóbrese cunha bóveda formada pola interseción de oito casquetes esféricos.

PictographWaypoint Altitude 1,568 ft
Photo ofVilanova dos Infantes Photo ofVilanova dos Infantes

Vilanova dos Infantes

Pequeno e fermoso amoreado medieval coroado coa torre de homenaxe da foralaleza medieval de Vilanova dos Infantes. Núcleo que tódolos 17 de maio, día das letras galegas, alberga unha interesantísima festa etnográfica.

PictographWaypoint Altitude 2,287 ft
Photo ofCastromao Photo ofCastromao

Castromao

Capital da Civitas dos Coelerni, que aparcen no Padrâo dos Povos de Chaves, coma un dos 10 pobos indíxenas do Convestus Bracaraugustanus que colaboraron coa Legio VII Gemina na construción da Ponte Romana de Chaves. Ademáis, en Castromao foi atopada a Tessera Hospitalis,unha pequena placa de bronce, na que se firma un pacto de amizade entre os Coelerni e o prefecto da Cohors I Celtiberorum. Hoxe pódense contemplar en Castromao, as ruínas dun castro Galaico, con varias construcións arquitectónicas castrexas, muraias, foxos... desta gran Cividade da comarca de Celanova.

PictographWaypoint Altitude 1,096 ft

A Barxiña

Área de Lecer nun pequeno remanso do río Arnoia.

PictographWaypoint Altitude 1,358 ft

Templo Parroquial de Parderrubias

Comments

    You can or this trail